Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Como líder

Ezequiel Mosquera seguirá no Xacobeo Galicia deica 2010

Anunciouno a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, na recepción que lle ofreceu, xunto co conselleiro de Industria, ao equipo ciclista profesional galego.

Texto: A. Rodríguez / Vídeo: Isabel G. Couso - 18:40 30/09/2008
Mosquera na 'Vuelta'

Mosquera na 'Vuelta'

Algo sabiamos, pero estabamos agardando a confirmación oficial. Esta terza feira chegou: Ezequiel Mosquera, o ciclista tranquilo do "imos indo, imos vendo" e o espectacular escalador da 'Vuelta', seguirá dous anos máis no Xacobeo Galicia.

Tiñamos coñecemento de varias ofertas (até identificado a algúns clubes que o querían no seu cadro de corredores), mais tamén sabiamos que andaba en negociacións cos responsábeis do equipo ciclista profesional galego, e que as cousas ían marchando. Álvaro Pino era optimista.

Precisamente foi Pino quen abriu o acto desta terza en Compostela. Chegou primeiro e colocou aos seus, contándolles un chisco como ía ser todo "eu preséntovos un a un, e ides vindo e tal". Así foi, pasaron un a un, deixando a Ezequiel de último. "Aquí tedes ao noso capo, aínda que a el non lle guste que lle chamemos así", dixo Pino, e Ezequiel ergueuse. Xusto uns minutos despois, na súa quenda de intervención, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, revelaba que o equipo ciclista galego a tempada que vén "vai estar encabezado por Ezequiel Mosquera".

"Sacamos moito máis do que pensabamos"
"Vou ser sincero, aínda que en política non é nada habitual", dixo o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco cando lle tocou falar: "Non agardaba estes bos resultados, non era nada optimista", revelou, referíndose ao momento no que ao anteriormente coñecido coma Karpin Galicia lle fallou o meirande patrocinio que tivo dende o comezo, e a sociedade Xacobeo decidiu investir cartos no proxecto. Mais Blanco estaba contento ("sacamos moito máis do que pensabamos"), sobre todo porque, segundo dixo, "os galegos cada vez se identifican máis co Xacobeo Galicia" e seguir a 'Vuelta', o Giro ou o Tour é "moi diferente se hai nela un equipo galego".

Cando terminou o encontro cos medios, os ciclistas xuntáronse para falar entre si, e as cámaras comezaron a perseguir a Mosquera que andaba lixeiro, con abondos quilos de menos, deixados na estrada nos 23 días que durou a 'Vuelta'.

A posibilidade de correr outra grande
Deixar as ofertas gorentosas non lle pesou ao de Teo. Tiráballe máis ficar na terra e poder competir nunha grande co equipo do seu país. E parece ser que a cousa non ha tardar, porque segundo Mosquera "posibilidades de correr o Giro eu penso que ha de haber", porque os resultados obtidos na 'Vuelta a España' (un cuarto posto, o seu, na xeral, e unha etapa para David García, ademais do posto 14º) "inflúen moito".

Agora, case sen descanso (acabou a 'Vuelta' e marchou, sen apenas descansar, para o Mundial de Varese), vai competir en México, na rolda de Chihuahua, "e a comer picante". Despois, volta a adestrar xuntos, falar de baixas e incorporacións (se cadra, outro escalador que axude a Ezequiel) e tentar, como dixo Álvaro Pino, "seguir nesta liña, levando o nome de Galiza polo mundo enteiro". Cousa doada, se comezan a tempada como terminaron esta.


5/5 (3 votos)

Comentarios (8)

Erasmo #1 1/Outubro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Seica Oscar Pereiro xa morreu...?

http://www.atlantico.net/notic...

Claro é mellor facer canteira que gañar o Tour... jajaja

anacleto #2 1/Outubro/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Oscar..qué?

Tonecha #3 1/Outubro/2008 Tonecha
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Claro, Erasmo, que esa noticia que mandas é importantísima... como para abrir con ela o xornal en letras grandismas!

Aúpa Ezequiel!

dumiense #4 1/Outubro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Forza EZEQUIEL eres o máis grande. Todos sabemos que fas un esforzo económico para quedar na terra, para seguir loitando polo noso equipo e para levar o nome de GALIZA con orgullo polo mundo.

Graciñas campeón, seguiremos apoiándote!!!

rockandroll #5 1/Outubro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

hahahahaha...Oscar Pereiro...escaralho-me de risa...nom, olha, Erasmo...nom se lhe regalam linhas a quem che dá de óstias...regra DE OURO do jornalismo.

Nem Óscar Pereiro, nem David Cal podem sair num méio de comunicaçom pensado em galego. Nom, meu filhinho, nom...

rockandroll #6 1/Outubro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

bueno...e quê merda de notícia é essa, Erasmo?

Xistral #7 1/Outubro/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

É impresionante a noticia Er Asno. Ademais o Atlántico ten unha tirada e unha difusión incribles..., Óscar Pereiro matouse el..., por la boca muere el pez (din en español)

dumiense #8 2/Outubro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gran noticia, Óscar Pereiro pasou o día no colexio Salesianos, uuuuuh que importancia, e... ¿non lle botou a bronca aos profesores por dar as clases en galego?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha foto de familia durante a recepción ofrecida ao XGZ
Unha foto de familia durante a recepción ofrecida ao XGZ
Os corredores do XGZ, con Ánxela Bugallo
Os corredores do XGZ, con Ánxela Bugallo
Na última etapa da 'Vuelta', sabéndose cuarto, con Veloso ao carón
Na última etapa da 'Vuelta', sabéndose cuarto, con Veloso ao carón
Os seareiros arrodeando a Mosquera
Os seareiros arrodeando a Mosquera
Os que teñen unha fotorafía con Ezequiel Mosquera
Os que teñen unha fotorafía con Ezequiel Mosquera



Locais:
GZ-Sete