Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NA REDE

Renóvase o dicionario inglés–galego máis completo

Elaborado por investigadores da Universidade de Vigo contén uns 20 mil termos con exemplos e explicacións gramaticais.

Redacción - 10:50 30/09/2008

Até o de agora se queriamos facer unha tradución do inglés ao galego ou viceversa tiñamos que acudir a un dicionario ponte, é dicir, empregar de intermediario ben o portugués, ben o castelán. De forma impresa non existen dicionarios de referencia, senón unicamente dous glosarios que actúan máis ben de compendio de palabras que de dicionario ao uso. Porén, a rede achegounos unha nova opción, da que podemos facer uso libremente. Vén de presentarse a segunda edición do Dicionario CLUVI inglés-galego, un glosario que achega 20 mil entradas e 30 mil acepcións con cadanseu exemplo de uso real tirado dun corpus de máis de oito millóns de palabras.

Dicionario para todos
É unha iniciativa do Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo, un grupo coordinado polos profesores Xavier Gómez Guinovart e Alberto Álvarez Lugrís e no que colaboraron nos últimos anos uns 12 bolseiros. Segundo explican, este é o primeiro dicionario inglés-galego de envergadura e vén cubrir un baleiro importante na lexicografía da nosa lingua. A súa principal novidade é a súa elaboración a partir de traducións de inglés a galego de dez millóns de palabras. Cada unha das acepcións das distintas entradas conta asemade cun exemplo de texto real, xunto con diversas informacións gramaticais e de uso. Ademais, inclúe categoría gramatical, referencia bibliográfica abreviada da fonte e información fraseolóxica como locucións, frases feitas, refráns e americanismos.

É un dicionario de acceso libre, que pode ser de utilidade tanto a escolares, como a comunidade universitaria, como a tradutores: "é para todos os usuarios da lingua", dinos Álvarez Lugrís, quen cifra en varias decenas de miles as visitas que o portal de internet ten mensualmente. Este mesmo departamento é o responsábel doutros traballos anteriores que tamén están ao dispor do público en internet, como o tradutor automático español-galego OpenTrad-apertium, o corrector ortográfico en liña de galego OrtoGal, o Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI) orientado cara á tradución do galego, o Corpus Técnico do Galego (CTG) de orientación terminolóxica especializada, a Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo, a Neoteca - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo, o dicionario de toponimia galega Aquén, e o etiquetador FreeLing para a análise lingüística automática do galego.

Para o futuro, xa están a traballar en novas iniciativas: unha delas será a ampliación deste dicionario galego-inglés, para unha terceira edición. Tamén están a desenvolver proxectos similares co francés e co alemán.


Ligazóns

4,83/5 (6 votos)


Comentarios (2)

OBSERVADOR #1 30/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

huas huas huas huas!!!!

O "mais completo" e resulta que lhe faltam uns 200 milhões de falantes...

Foda-se...

carxeva #2 30/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Que educado. Foda-se...
Algúns reintegracionistas ou sodes parvos ou tedes metido na cachola outra cousa. O importante é sumar, non restar. Facede mañá vós un dicionario do mesmo e eu tamén o mercaría e non pasaría nada. Podo consultar o Estravís e do mesmo xeito o de Ir Indo. Exclusións as menos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete