Dow Jones pechou cun 6,92% de perda, abrindo numerosos interrogantes sobre a evolución da economía mundial.
Desesperación. Esa é unha das palabras máis acaídas ao que se viviu nas últimas horas nos mercados financeiros. A Cámara de Representantes dos EUA rexeitou o plan que o goberno Bush presentara como panacea para aliviar a crise económica mundial. A noticia tróuxolle a Wall Street unha caída histórica. A confianza non acaba de chegar ás bolsas. O Dow Jones pechou con perdidas dun 6,92
Ampliar información aquí:
Os Congresistas norteamericanos acaban de dar unha lección de democracia que xa nos gustaría ver por aquí. A pesar de que os líderes Republicanos, Bush e McCain por un lado, e os Demócratas con Obama á cabeza por outro, pediron aos dos seus respectivos partidos o apoio ao "Plan de salvamento", ao final cada Congresista votou en conciencia e dixeron non.
¿Alguén se imaxina que Zapatero, Rajoy ou Quintana digan unha cousa e os Deputados dos seus partidos voten a contraria?
O dito, todo un exemplo de democracia e de independencia dos políticos americanos que antes que a Bush, Obama ou aos tabeiróns de Wall Street, puxéronse de lado dos "contribuíntes" como gusta dicir por alí, ou da "cidadanía" como diríamos por aquí.
Que envexa.
#1
Exemplo de democracia? Máis ben, electoralismo puro e duro. Interese político por riba do interese nacional. Non vexo eu que o rexeitamento ao plan sexa por se pór da beira dos contribuíntes/cidadáns...
A ver se vai resultar agora que os ianquis (republicanos ou demócratas) son paladíns na defensa do pobo... i un güevo!!! Para estes os cartos e o poder ante todo e a costa de quen sexa.