Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Actividade extravehicular (EVA)

Zhai culmina con éxito o primeiro 'paseo espacial' dun taikonauta

China convértese no terceiro país en conseguilo, logo de facelo antes a URSS e EUA.

Redacción - 13:10 27/09/2008
Zhai saúda á cámara

Zhai saúda á cámara

O taikonauta Zhai Zhigang, de 41 anos, culminou este sábado con éxito unha misión de actividade extravehicular (EVA, nas súas siglas en inglés), máis coñecido como 'paseo espacial', a primeira que realiza China na súa historia.

Poucos minutos despois de saír, o seu compañeiro Liu Boming sacou parte do seu corpo a través da escotilla e entregoulle unha bandeira chinesa, que axitou fronte á cámara.

"Síntome ben, e saúdo ao pobo chinés e aos pobos de todo o mundo", declarou Zhai mentres abandonaba a Shenzhou VII, a terceira nave espacial tripulada do país asiático, ataviado co traxe espacial Feitian, de fabricación chinesa.

Feitian, literalmente "voando cara ao ceo" en chinés, conta con 10 capas e pesa uns 120 quilos. A súa fabricación custou 30 millóns de yuanes (4,4 millóns de dólares) e precisa ao redor de 15 horas para ser armado.

O primeiro 'paseo espacial' da historia deuno o cosmonauta soviético Alexei Leonov o 18 de marzo de 1965. Despois virían outras EVAs, as máis coñecidas, as realizadas por astronautas estadounidenses na superficie da lúa.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: