Bieito Lobeira lembrou que a maior parte dos enfermos diríxense aos facultativos en galego e non reciben a atención nese idioma.
A situación da nosa lingua no eido sanitario foi un dos temas que centrou a Comisión de Sanidade. O deputado nacionalista, Bieito Lobeira, reivindicou medidas prácticas que garantan a relación de proximidade entre pacientes e doutores, para o que considerou necesaria a utilización do galego por parte dos facultativos. Así, recordou que a maior parte dos enfermos son maiores de 65 anos e, nesta franxa de idade, o 91% fala sempre ou case sempre en galego. Lobeira recoñeceu avances no cumprimento do Plan de Normalización, mais exixiu unha política que permita ir máis alá e ofrecer unha calidade digna dos servizos sanitarios.
Pola súa banda, a secretaria xeral da Consellaría de Sanidade, Pilar Fernández Romero, asegurou que existe un compromiso para normalizar o uso do galego no sistema público. Neste sentido, mencionou avances na edición de documentos ou nas aplicacións informáticas, como a adquisición por parte da Xunta de programas como o IANUS en galego ou a sinatura dun convenio coa universidade para elaborar un vocabulario específico de medicina en galego.
Mentres, o BNG reiterou que fará un seguimento para que se cumpra esta promesa e para que se avance neste eido. Ao tempo, Bieito Lobeira recriminou ao secretario xeral do Sergas por non se expresar en galego no Parlamento, recordando que é unha obriga do Plano de Normalización. Contra isto contestou novamente Rodríguez Escurdero, quen se comprometeu a trasladar a todos os cargos da administración sanitaria a súa reclamación de expresárense no noso idioma. Con todo, pediulle ao nacionalista comprensión, dado o seu esforzo para falar en galego, cando normalmente é castelán-falante.
Esto si e discriminacion linguistica, e non ter que estudar en galego e castelan.
En que pais vivimos para que os funcionarios, os cales pagamos todos cos nosos impostos, non saben atender na lingua do paciente. Ese e un dereito basico que toda persoa debe ter garantido.
E mais cando estamos a falar da comunicacion entre medico e paciente e algo tan importante como e a saude.
NA GALIZA EN GALEGO! E perdón polo berro.
Os enfermos reciben unha picada e unhas pastilhas en ex-panhol e iso doe de karalho.
Eso es lo que me gusta de ti, y lo que no me gusta de ellos. ¿Para qué toda esa retórica política impresentable de querer aparentar preocupación por los ciudadanos cuando de lo único que se trata de es de imponer unas determinadas ideas políticas a los demás?
Os trolls enferman? En qué lingua os atende o médico?
Cos actuais profesionais do Servizo GALEGO de saúde puco ou nada se poderá facer para que utilicen o galego, salvo pequenas excepcións.
É necesario incidir na formación en galego dos estudantes de medicina ou enfermeria (tamén vai depender de como veñan preparados de primaria e secundaria), para que poidan desenvolvela súa actividade profesional na lingua propia de Galicia.
A ver, que ti non sexas capaz de dominar dúas linguas micsha, non significa que aos demais lles pase o mesmo.
O problema, michsa, está en que a maioría dos profesionais apenas dominan o galego como ocorre noutros eidos.
Non hai problema ,se che falan en castelán libro de queixas e suxestións,se a notificación en castelán idem de idem.Som eses profissionais os que rejeitam a minha lingua e a minha cultura cando se negan a atenderme na minha lingua,que tamén é cooficial, alias se o interessado neste caso o doente assim o pide tenhem a obriga de atende-lo em castelao.
Paréceme ben o que dis papuxa70, pero algúns de nós xa fixemos algunha, que outra, queixa por motivos máis graves dos que, aquí, se discuten e ata hoxe.
Como xa dixen anteriormente vai ser difícil que a maioria dos sanitarios cambie ao galego con aqueles pacientes que sexan galego falantes.
Pero non quere dicir que os responsables do Sergas non poidan adoptar as medidas necesarias, que sexan da súa competencia, para que esta situación de discriminación con respecto aos galego falantes, non te esquezas que falan a lingua propia de Galicia e, polo tanto, a dese organismo, reciban o trato que se merecen e na lingua que se merecen.
Ademais, eu estaba a falar da formación dos futuros profesionais que, seguramente unha vez formados, dominen e falen o galego e o castelán; sen problemas e sen ( o mais importante) prexuízos .
Creo, micsha, tendo en conta os teus antecedentes, que es a persoa menos indicada para falar de: "intelectuales extremistas".
Porque os médicos dependentes do Servizo GALEGO de saúde deberían poder dirixirse, xa que tamén o fan en castelán, na lingua propia de Galicia cos pacientes de Galicia, e non o fan. Esixirlles os novos profesionais que o falen, é o minimo que pode facer o Sergas.
Cando un cidadán se dirixe a un servizo público dependente da Comunidade de Galicia e non o atenden na súa lingua, están a discriminalo.
Eu non odio as linguas, nin os seus falentes.
O meu médico (excelente profesional) é castelá falante e eu nunca lle pedín que se dirixira a min en galego ( e non o faría, aínda que fora un mal profesional), nin llo pedirei.
Nembargantes, quero que o Sergas faga as probas axeitadas que acrediten a competencia en lingua galega do profesional que queira traballar na sanidade pública. Un camiño que se ten que iniciar moito antes de chegar o estudante a facultade de medicina.
Pero... por moito que cho explique, ou cho expliquen, non o vas querer entender.
HOme! Esta ben que se potencie o galego no sergas, pero eu prefiro que ocupen os seus esforzos en potencialo servizo, reducir as listas de espera, mais camas, mais profesionais, que os medicos cumplan o seu horario laboral.... todo iso, despois, o galego.
Iso por descontado severino.
Por iso mesmo, como non se pode obrigar aos profesianais da sanidade pública a falar o galego, se non queren. Hai que intentar que os novos que queiran incorporarse a sandade pública, non só coñezan o galgo senón que ,non teñan ningún problema (prexuízo) en falalo.
E claro, micsha, volvemos ó de sempre a educación.
Son doador de sangue e hai uns días chámaronme por teléfono para avisarme por si podía ir doar, e todo en castelán. Cando fixen como que non entendía, a muller que me falaba pasouse ao galego con ton de mala hostia. Así andamos.
A ver, un médico está prestando un servizo, e se o paciente é galegofaltante, por educación e por respecto o médico debe atendelo en galego, se é que o sabe (e supoño que os médicos galegos - polo menos a inmensa maioría - coñecen o galego ORAL). Polo tanto micsha, de que te queixas?
Consideras máis grave (!) que un médico corresponda con educación a un paciente galegofalante falándolle no seu idioma a que un galegofalante non poida ser atendido na súa lingua?
Por favor...
menos rollo: galegos xa somos e de tan galegos que somos non somos xá outra cousa, nin nacionalistas xiquera. somos galegos e acabouse. sábese de sobra que españa non existe e que o castelán é a língoa de castela que sufriu unha expansión por unha serie de feitos sociais e políticos. xa está pois, xa abonda. andar na volta con estes temas é facerlles o xogo.
pero dentro da sanidade hai debates enormes, problemáticas de moito carallo... que non veñan ahora os que se amosaron incapaces de melloralo sistema nos derradeiros anos con cortinas de fume. o problema na sanidade non é o idioma; o problema é o propio sistema donde persoal facultativo e políticos creense o centro da sanidade cando o protagonista real é o pacente. ese pacente que debe collelo autobús, o taxi ou o coche do fillo ( que pediu o día ) para ir a un hospital a 50 km a facerse unha analítica logo de levar esperando seis meses ( sete, que no medio apareceron vacacións estivais, navideñas ou de calquera índole ) para ver como pupulan sen facer nada auxiliares e celadores mentras os médicos están reunidos debatindo si ir a folga ou non por uns complementos específicos e os políticos xantan cos representanres do colexio dos galenos para garantirlles uns números clausus que manteñan a profesión ben limitada e uns altos emolumentos a quen, entre pacente e pacente, espera o/a viaxante do loboratorio transnacional para ver de facerse cun curso de como achar radio e corda da aspirina bayer na illa de xava.
menudo debate. si o médico fala ou non galego... pero si nos cinco minutos que está co pacente pouco máis pode decir que bos días/ buenos días/ egunon e o resto é todo dispensar receitas a esgalla!!!
Nom se trata de educaçom tratáse de dereitos ;o interessado neste caso o doente tem O DEREITO a seren atemdido na língua que escolha, non na que lhe pete ó pessoal estaTutario trátase de cumprir as LEIS e os médicos som pessoal estatutario e polo entanto sujeitos ás leis .Nom vou perde-lo tempo enumeramdo os decretos e mailas leis nas que me baseo porque nom quero facelo meu post moi longo.Micha Queija ,nom denuncia nom che é o mesmo pero bom ti leva-la auga ó teu muinho como che peta.Sim ti organiza-la vida ,bom a limgua dos demáis sabes dabondo nonsi aqui intelectuais que se gabem dilo só estás ti.Nom ha quartos que paguem ler umha carta da ADMON pedindo desculpas por empregar só o galego.Os únicos bilingües que conheço som os galego-falantes os outros som ou melhor dito VILINGüES FILHARMÓNICOS.Queijádevos sempre por escrito,que quede constancia da queija coma bem sabemos as palabras lévaas o vento.AMI FOREVER¡¡¡
Indo alén da especificación de dereitos, o obrigar a mudar de idioma ao paciente é literalmente mala praxe (e xa non entro no aspecto ético e legal):mesmo en Andorra onde o castelán non é língua oficial, aos médicos contratados, non se lles esixe inicialmente o falalo mais non obrigan ao cidadán a mudar para outro idioma,e ficando comprometidos ao estudo do català que o pròprio sistema sanitario lles facilita.
Os aspectos cruciais do diálogo terapéutico e da entrevista clínica pasan pola empatía e coñecimento do outro expresados na língua de seu.Acontece que os balorentos privilexios de alguns, as prácticas clientelares e o paternalismo asumido teñen levado a moitos facultativos a esqueceren este a priori da pràctica médica.
Ó meu entender, e dentro da política cultural e mais do actual marco xurídico político de soberanía ESPAÑOLA sobre A Galiza, a política lingüística que os galegófilos debemos esixir para A Galiza vai cima da seguinte trepia:
1º pé.
Cumprimento rigoroso do ordenamento xurídico vixente e aplicábel (empezando polos xulgadores!): na Galiza na súa lingua ESPAÑOLA oficial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a territorial propia (desarraigamento ou por motivos igualmente especiais: docendi causa, iocandi causa, ... ).
Isto significa v. g. que o TC use o galego para comunicarse oficialmente cos suxeitos de dereito da Galiza (lingua de destino).
2º pé.
Bilingüismo necesario: lingua propia do territorio e mais unha outra acordada polas comunidades lingüísticas do planeta como interlingua, lingua ponte ou lingua antidiscriminatoria que permita a comunicación e integración de calquera membro de calquera comunidade lingüística con calquera outro e, daquela, en calquera outra do mundo.
A interlingua substituiría o castelán como lingua oficial en todo o territorio do Estado e sería cooficial coas linguas propias do territorio.
3º pé.
Harmonización gráfica ou escrita co galego normalizado de fóra da Galiza.
O primeiro pé da trepia esixe:
1 Un servizo de balde, supervisado pola RAG, de asesoramento sobre o uso correcto da lingua galega que considere igualmente correcto tanto os actuais criterios da RAG coma os doutras institucións análogas para o galego de fóra da Galiza.
2 Outro servizo, tamén de balde, de asesoramento iuslingüístico, representación e defensa xurisdicionais.
3 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.
O segundo:
1 Accións na Galiza, no Estado e mais no eido internacional, nomeadamente coas outras comunidades lingüísticas.
2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.
E, o terceiro pé da trepia:
1 Accións da RAG coas institucións análogas do galego de fóra.
2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.
Algúns non deberades prescindir das seguintes consideracións:
1ª) Desafortunadamente para as comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá , e para os seus membros, existe a crenza xeralizada, desgrazadamente tamén entre xuristas (xudicatura, avogacía, procuradoría,...), de que do réxime de cooficialidade ligüística vixente nos territorios propios das linguas españolas distintas do castelán se deriva o “dereito” a usar indistintamente calquera das linguas oficiais en calquera acto de comunicación lingüística; mais, esta crenza é manifestamente contraria á lóxica (iuslingüística) propia da regulación normativa vixente e aplicábel en materia de linguas e dereitos lingüísticos.
En efecto, xa hai máis de vinte anos que o TC tivo que manexar o concepto de oficialidade aplicado ás linguas españolas, e dixo (STC 82/86, fx 2º): "Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos, como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)".
Daquela, nada impide que calquera poder público recoñeza ou declare como oficial calquera lingua allea (ou a propia, claro!), vg. o concello de Burela o portugués; mais, como se pode tirar doadamente, dese concepto constitucional de lingua oficial DE NINGUNHA MANEIRA SE TIRAN DEREITOS DE USO POR PARTE DOS PARTICULARES, nin en concreto o DEREITO a usaren unha ou outra linguas oficiais os empregados públicos.
Dese concepto constitucional de lingua oficial só se pode derivar a obriga dos poderes públicos de COÑECEREN, na persoa dos seus empregados e autoridades obviamemte! e, eventualmente, USAREN, tamén a través dos seus empregados e autoridades, a ou as linguas declaradas oficiais.
Ven isto a conto porque os galegoexterminadores obxectivos, conscientemente ou non, os defensores obxectivos da progresiva extinción do galego por medio da indebida merma dos seus usuarios, afirman teimuda e temerariamente que da oficialidade do castelán e mais do galego na Galiza se pode deducir o (INEXISTENTE!) dereito a escolleren de entre as oficiais a lingua de uso en calquera actividade ou circunstancia de comunicación lingüística.
Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.
Como o dereito de uso non se limita á facultade de expresarse, senón que integra as facultades de expresarse e mais de informarse (uso activo e pasivo, oral e escrito), cando dous interlocutores pretenden exercitar o dereito de uso de linguas distintas, expresándose en cadansúa lingua, a comunicación resulta imposíbel (agás que se coñeza a lingua do outro!, que será en todo caso algo alleo ó dereito de uso), e o exercitamento do dereito tamén!
Nesta circunstancia o dereito dun deles NECESARIAMENTE ten que quedar suspenso para que o outro poda exercitar o seu. Nesta situación preséntase o problema de discernir cal dos dereitos entra en suspensión e cal deles se exercita. E, a solución, para o caso da Galiza é a seguinte: a) Se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego (14 CE) usarán o galego (3.3 CE); e, b) Se algún dos interlocutores, ou ambos!, sendo españois ambos, descoñece LEXITIMAMENTE o galego (porque razoabelmente non puido aínda aprendelo) usaran o castelán ou outra lingua que coñezan (14 CE).
A solución non é, como algúns pretenden, que cada un se EXPRESE no que lle pete, con tal de que se entendan; pois, o DEREITO non é unha liberdade, é un poder que o titular ten sobre alguén, o dereito ó uso dunha lingua non é viábel sen coñecela e significa esencialmente dispor, coa intermediación do Estado de ser o caso, de interlocutores nesa lingua (uso pasivo); ten unha finalidade social (comunicación, tamén da identidade cultural!) e non só unha satisfacción individual (emitir sons, lingüísticos ou non!, por propio pracer ou interese).
Por outra banda, a CE esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España (3.3 CE) e, daquela, a fortiori, con moita máis razón!, das linguas españolas (calquera que sexa o significado que lle queiramos dar a "modalidade lingüística").
Así, se existira o dereito a ESCOLLER lingua de entre as oficiais na Galiza e todos escolleramos o castelán (de tal “dereito” serí
iamos titulares todos os españois na Galiza, obviamente!), é máis que obvio que o galego NON recibiría absolutamente NINGÚN tipo de protección nin respecto (que como mínimo esixen que se conserve como lingua viva, que non morra, se extinga ou vire en lingua morta!), infrinxíndose manifestamente o art. 3.3 CE. De aí que esta redución ó absurdo nos leva a concluir con clareza que ese dereito de escolla é INEXISTENTE.
Á mesma conclusión se chega se todos escolleran o galego porque; en primeiro lugar, quen non o sabe non o pode escoller (e hai españois que non o saben, non o dubidemos!, e hainos que non o queren saber!), non podería razoabelmente ser titular dun dereito que non pode exercitar e, caso de que o escolla sen ser capaz de usalo, a súa escolla sería gora, inútil, non desempeñaría ningunha función social, sería antixurídica e irracional, algo NUNCA buscado polo dereito nin por ningunha norma xurídica.
Así as cousas, xuridicamente, en dereito é IMPOSÍBEL a existencia do por algúns pretendido “dereito” de OPCIÓN ou escolla de lingua oficial na Galiza ou, analogamente, en calquera outro territorio español con lingua propia oficial distinta do castelán (como é sabido, o caso do uso do castelán no seu territorio propio e do uso de linguas alleas no seu territorio non experimenta ex constitutione ningún cambio verbo da situación preconstitucional).
2ª) Non sendo admisíbel en dereito a pretensión da existencia do “dereito” de opción ou escolla de lingua oficial nos territorios españois con réxime de cooficialidade lingüística procede determinar cando se poden exercitar os dereitos de uso do galego ou do castelán na Galiza, cando hai obriga, no seu caso, de usar un ou o outro e cales son as cargas, prexuízos ou sancións que conleva o incumprimento desas obrigas lingüísticas. Vexámolo!
Como é ben sabido, xa no seu preámbulo a Constitución Española de 1978 constata que a Nación española (os pobos de España) proclama a súa vontade de, entre outros moi poucos obxectivos xerais!, o de “protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos DEREITOS HUMANOS (v.g. art. 27 PIDCP da ONU), das súas CULTURAS, das súas LINGUAS e istitucións”. E, presidindo a relación dos máis valiosos dereitos e liberdades da persoa humana, indica (art. 14 CE) que “os españois son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha..... por calquera condición ou circunstancia persoal ou social” (cfr. co tamén art. 14 CEDH, vía art. 10 CE). Impoñéndolles asemade ós poderes públicos a obriga de “promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removendo os atrancos que impidan ou estorben a súa plenitude..” (art. 9 CE).
Esta prohibición constitucional de discriminación lingüística, xunto cos valores superiores do ordenamento xurídico (1.1 CE), principio xeral do dereito e dereito fundamental á igualdade (14 CE) esixen, por unha banda, TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias entre si e as linguas alleas entre si; isto é, tratar igual os usuarios dunha lingua española no seu territorio propio que os de calquera outra no seu, e tratar igual os usuarios dunha lingua allea que os de outra tamén allea no territorio propio doutra terceira) e, por outra, TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea; isto e, tratar diferente os usuarios da lingua propia no seu territorio verbo dos usuarios de lingua allea no territorio propio doutra).
Mais, ese TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES por motivos lingüísticos non pode ignorar que “a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas” (art. 2); que “os españois teñen dereito a elixiren libremente a súa residencia e a circularen por todo o territorio nacional (art. 19.I CE), e que, “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado (art. 136.1CE).
Por iso xa o constituínte estableceu unha lingua (o castelán, que aínda que no momento de aprobación da Constitución puido ser unha opción herdeira do autarquismo franquista e, daquela, pouco internacionalista, hoxe debería ser substituído como lingua común ou universal por outra que permitira unha comunicación lingüística directa entre membros dun maior número de comunidades lingüísticas do mundo, sen prexuízo da conveniencia de coñecermos os membros de cada comunidade lingüística española a lingua ou linguas das comunidades lingüísticas veciñas) como lingua común ou universal no pequecho universo das linguas españolas impondo a súa oficialidade (deber de coñecemento e eventual uso por parte dos poderes públicos a través dos seus empregados e autoridades) e mais o deber xeral de coñecela PARA, EVENTUALMENTE, USÁRMOLA tamén os particulares con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio (art. 3.1 e 2, e 14 CE).
Esta estrutura complexa do Estado español, tanto desde o enfoque da distribución territorial do poder político-administrativo coma da realidade plurilingüística determinan un réxime de usos lingüísticos no que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso xeral, normal ou habitual no seu territorio propio respectivo (o castelán en Castela, o galego na Galiza, o ... en ... ), como condición necesaria para o seu respecto e protección constitucionalmente esixidos ex art. 3.3 CE e garantía do preceptuado no art. 14 CE; e a lingua común, interlingua, lingua de integración ou antidiscriminatoria (o castelán fóra do seu territorio propio, a substituir por outra de maior potencialidade interlingüística coma o inglés, esperanto, ... ) a lingua que permita a comunicación lingüística directa entre españois membros de distintas comunidades lingüísticas españolas e mais a integración dos españois dunha comunidade lingüística española noutra.
De aí a regra-resumo en materia de dereitos lingüísticos na Galiza: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, SEN PREXUÍZO DE USARMOS LINGUAS ALLEAS, NOMEADAMENTE O CASTELÁN COS OUTROS ESPAÑOIS (inglés, esperanto, ... cos outros terráqueos), CON QUEN LEXITIMAMENTE AÍNDA DESCOÑEZA A LINGUA PROPIA DA GALIZA.
Así todo, como xa se adiantou, o que existe é a obriga de usarmos a correspondente lingua territorial (obxecto de especial respecto e protección) no seu territorio propio respectivo con carácter xeral ou habitual, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente (por falta de arraigamento v.g.) descoñeza a lingua propia do territorio, nomeadamente o castelán cos españois doutras comunidades lingüísticas españolas que descoñezan a nosa, e todo isto sen prexuízo asemade doutros usos de linguas alleas iocandi causa, docendi causa ou por outras causas debidamente xustificadas.
Réxime lingüísico que, completado co art. 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, tamén permite que ENTRE ELES usen a súa lingua persoal os membros de calquera comunidade lingüística distinta da propia do territorio; mais, coa obriga (ex arts. 3.3 e 14 CE) de se integraren na respectiva comunidade lingüística española de cada territorio.
Así o entendeu xa tamén o propio Tribunal Constitucional na referida sentenza 82/86 (fx. 3º), ó dicir que “a posibilidade de usar só unha delas (das linguas oficiais) en vez de ambas á vez, e a de usalas indistintamente, aparece CONDICIONADA, nas relacións cos particulares, polos DEREITOS que a Constitución e os estatutos lles (ós particulares) atribúen....sendo o dereito das persoas (naturais) ó uso dunha lingua oficial un dereito fundado na Constitución e mais no respectivo estatuto de autonomía”.
Tamén o ven entendendo así o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza na súas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo nº 573/95 do 14.09.95, e nº 739 do 16.11.95; cando di que “é oportuno lembrar que o problema suscitado non é o da validez ou carácter oficial do galego ou do castelán, senón o do dereito do cidadán a que se utilice unha ou outra lingua nas súas relacións coa Administración, e a conseguinte obriga desta última a posibilitar o exercicio de tal dereito.
Daquela, se a posibilidade de usarmos os particulares unha ou outra lingua vén condicionada tanto por dereitos subxectivos (non discriminación e igualdade) coma por obxectivos colectivos (respecto e protección do patrimonio cultural da humanidade), tamén está sometido a eses condicionamentos o uso das linguas por parte dos órganos dos poderes e administracións públicas (que adquiren a súa lexitimidade das potestades que lles atribuímos a cidadanía).
Por outro lado, segue plenamente vixente o art. 6.3 do código civil (malia non ter sido aínda publicado en galego) establecendo a nulidade de pleno dereito dos actos contrarios ás normas imperativas e ás prohibitivas (“ Los actos contrarios a las normas imperativas y a las prohibitivas son nulos de pleno derecho, salvo que en ellas se establezca un efecto distinto para el caso de contravención”).
Daquela, sendo imperativas ou prohibitivas tanto as normas constitucionais aludidas coma as estatutarias e legais en materia de dereitos e usos lingüísticos, resulta inexorábel a nulidade dos actos que non se acomoden ó por elas prescrito.
E, amais, ex art. 53.1 CE, corresponde ex officio A TODOS OS PODERES PÚBLICOS (e Administracións públicas) impedir calquera violación do dereito fundamental á igualdade e á non discriminación TAMÉN!! por mor ou causa de lingua (NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo...) e, daquela, aprezar a nulidade e ausencia de todo efecto das condutas lingüísticas infractoras do ordenamento imperativo ou prohibitivo.
3ª) En boa lóxica xurídica, falar de obrigas lingüísticas ou de dereitos lingüísticos é falar da mesma relación xurídica aínda que vista, respectivamente, desde a posición xurídica do obrigado ou do que ten o poder, coa intermediación do Estado de ser o caso, de obrigalo.
O Bieito Lobeira desfruta facendo bailar a buxaina do galego de sector en sector (agora o da Sanidade!), e os irresponsábeis do respectivo sector tamén rin ás gargalladas as súas irrelevantes escenificacións "prometendo darlle pulo á normalización".
Non vos hai medo ningún de que o BNG pomova unha Lei de usos lingüísticos na Galiza ou que impulse a tipificación como delito para a violación dos dereitos lingüísticos.
Isto, polo de agora, só vos é un xogo de demagogos galegoexterminadores (algúns inconscientes!).
nom foi sem tempo, pero a dia de hoxe, o galego na sanidade,segue a estar vetado, e nom e pontoavel nas oposiçons,(creo)e moitos destes senhoritos castrados da sua propia lingua, seguem a pisarno-los direitos dos galegofalantes.
Tiñades que vela cara da rapariga de atención ó usuario do Centro oncológico de Galicia (http://www.cog.es/portada/inde... ten concerto co Sergas cando lle pedín o consentimento informado en galego. Non calquera cousa,o consentimento informado ! Nen o tiña nen fixo nada por disculparse.Cumprimentei a queixa e nen resposta tiven.
Eu son médica, traballo no SERGAS e exerzo en galego. Non sen dificultades.
Non comparto os comentarios daqueles que din que o menor problema que ten a sanidade pública é o do non uso do galego. O SERGAS ten moitas eivas pero o idioma é unha equiparable ás outras, non menor. Non é pouca cousa que solicites unha radiografía de xeonllo dereito a unha paciente e que lla fagan do pé, e que por riba a radióloga responsable teña o valor de berrarche e dicirche que a ver se escribes en español, que ela non ten por que saber esas palabras.
e para quen comentaba que os médicos podían ter obriga de entender o idioma pero non de falalo, eu creo que do que teño obriga á de facerme entender, e así como procuro non falarlle con tecnicismos a alguén alleo á medicina, sei por experiencia propia que se a un galegofalante lle explico o seu tratamento en galego non só o vai entender mellor senon que melloro a relación médico-paciente e facilito que me pregunte se ten dúbidas. A ver se así evitamos eso de "e que che dixo o médico?" "Non o sei".
Por último, se xa non estamos no mellor momento para que os nosos novos falen galego, pódovos asegurar que dos poucos que entren na facultade de medicina de santiago falando galego non saen nin unha cuarta parte facéndoo. Hai moito que facer tamén alí.
Pois eu empezo medicina este ano, a ver que me encontro alí
toda a razón, cilla.
noraboa pola túa loita diaria.
coñezo o caso dunha médica andaluza-catalá que fai esforzos por falar galego e moitos pacientes llo agradecen, en cambio a paiola da auxiliar ou o enfermeiro que a acompaña renegando cada 2 por 3. por non dicir os e as colegas médicos. alucinan. en fin, o mundo do revés.
Cilla #32:
Concordo com isso que dizes da Faculdade de Medicina. Eu conheci há alguns tempos várias moças que estudavam Medicina, e todas elas falantes de Galego. Eu perguntava-lhes em que se davam as aulas e em que idioma falavam elas. É curioso porque todas me diziam que ao entrarem na Faculdade mudavam automaticamente de idioma: passavam do Galego ao Espanhol. Inclusive duas delas contavam que era algo tão mecânico, tão "natural", que nem sequer se apercebiam desta mudança e que elas duas podiam passar de estarem entre eles falando Galego na rua e quando entravam na Faculdade começavam a falar em Espanhol. Pouco a pouco começaram a aperceber-se de que era absurdo mudar de idioma simplesmente por entrarem na Faculdade, e concordaram entre elas em que polo menos entre elas seguiriam a falar em Galego. Imagino que nas aulas, falariam em Espanhol, porque se convinham em que "polo menos" entre elas falariam Galego, é que usariam o Espanhol nas aulas.
Esta história é a história de muitas pessoas que estudam Medicina, e polos vistos doutras pessoas que estudam outras cousas, etc. Também conheci gente que tinha um comportamento similar estudando Direito.
Bem, saúde e reflexão.
Os isolatas dizem que o galego teve um desenvolvimento separado do Galego/português durante os séculos escuros.
Mas pode-se chamar desenvolvimento a:
- Um idioma proibido na Galiza nesse periodo.
- Idioma que deixou de ser escrito.
- Idioma falado só em casa e no mundo rural.
-Idioma que se transmitiu de pessoa a pessoa e de pais para filhos de OUVIDO com todas as deturpações daí resultantes.
- Os galegos obrigados a "hablar" castelhano em vez de falar o seu idioma nativo original da Galiza.
Temos é de ficar satisfeitos com a sorte de a parte a sul da Galiza se tornar independente desta humilhação e conservar a nossa língua materna.
Esta sorte permite-nos recuperar a nossa língua e cultura. Não podemos é fazer o jogo do castelhano colonizador.
Com humor: http://br.youtube...
Há que dizer aos nossos idosos que o PP não vai ganhar.
O próximo presidente da Xunta está nas mãos deles, querem um socialista ou querem a Quintana?
Num país de velhos não se pode pretender mudar democráticamente a situação política sem contar com eles. E ademais, so estão enganados: as comédias Fraga Mata Porcos e Fraga Canha Brava... fez que a gente o vira coma um deles. (E agora ao trapalheiro que quedou no sitio.)
Pro-castehano com pele de cordeiro/ anho.
NINHADA DE RATOS NA CASA DO POVO!!!!!!!
Como galego estou muito satisfeito por ver que os meus compatriotas escrevem cada vez mais em galego na norma internacional.
Com humor: http://br.youtube...
Mais pulo a normalización, nom por favor
Biba a normalizazión e com pulo pontos extra
Laurinha
http://faixaleste.blogaliza.or...
Para dar Pulo, hoje vem no jornal, que o Bieito Lobeira vai levar de novo o plano da normalizazion unanimemente aprovado ao Parlamento para ver que passa. (isso vai fazer-se a partir de agora com todas as normas, seria muito simpático o do nosso Parlamento degreado deste jeito tam simpático e lobuno).
Porque o Lobeira nom desenvolve uma proposiçom de lei de usos do galego e de garantia de direitos linguísticos, e deixa o pulo e repulo normalizador.
O segundo seria muito mais produtivo para o país e para a sua matéria gris tamém, que faria útil ginásia
Para normalizar a nosa lingua no SERGAS descarga o FORMULARIO NA BITÁCORA DA MESA DE LUGO (sexas acompañante ou paciente):
http://www.amesalugo.blogspot....