Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate parlamentario

A Cámara rexeita o bloqueo de Estados Unidos a Cuba

A proposición non de lei, impulsada polo BNG, contou co apoio do PSdeG, e mais do PPdeG nun punto sobre axuda humanitaria.

Redacción - 19:00 24/09/2008
Xosé Ramón Paz, do BNG

Xosé Ramón Paz, do BNG

O Parlamento rexeitou esta cuarta feira a "continuación de calquera tipo de sanción" que prexudique a poboación de Cuba e "en particular, o bloqueo de Estados Unidos". Ademais, insta a Xunta a "continuar os seus esforzos de cooperación" co país.
Socialistas e nacionalistas aprobaron a proposición non de lei impulsada polo BNG no seu conxunto; porén, o PPdeG solicitou votar por separado o apartado referido á axuda humanitaria para facer constar a súa posición favorábel só neste asunto.

Ademais, a Cámara, cos votos de BNG e PSdeG, reclámalle á Xunta que lle solicite ao Estado a continuidade da "promoción activa no seo da UE" para "normalizar as relacións políticas e económicas sobre a base do respecto ao Dereito Internacional co levantamento das sancións impostas a Cuba en 2003".

Visión distintas dos tres grupos
Durante o debate parlamentario, o deputado do PPdeG Enrique López Veiga incidiu en que "Cuba si" mais que non se lle pode dar un "cheque en branco", ao tempo que defendeu seguir "na liña da UE".

Xosé Ramón Paz Antón, do BNG, lembrou que "non hai razón para sinalar Cuba como un país que viole os dereitos humanos", e lembrou que a república recibiu recoñecemento internacional polo seu éxito na loita contra o racismo, a sida ou a homofobia. Ademais, sinalou que o debate non é sobre "Cuba si ou Cuba non".

Pola súa banda, a deputada socialista Beatriz Sestayo defendeu a vía da "diplomacia" e o "diálogo político" para conseguir "achegamentos".


5/5 (6 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 25/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pronunciamento axustado contra a inxerencia USA do bloqueio, mais outras hai, que desesperadamente intentan os aliados do desastre climático -desastre do que a responsabilidade cubana é tan cativa que en medida é despreciable en termos cuantitativos, non así o caso do ACOSADOR USA, directamente moi altamente implicado no desastre climatolóxico-.

Dificilmente o Reino €$pañol pode "normalizar" as relacións en xeral co "Crocodrilo Verde" con vimios tan doentes como a atlantista diplomada nos USA Trinidad Jimenez, ben dificil será, mais están de sobra preparados.

BonKarallan #2 25/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O bloqueo de EEUU a Cuba e un xenocidio e un crime de guerra. Xa dura en demasía.

Que cheque en branco nin que carallo!! si os matades de fame. Non me veñas con caralladas Lopez Veiga.

estrela_vermella #3 26/Setembro/2008 estrela_vermella
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Agardemos que non só sexan boas intencións e que se materialicen axiña en axuda de verdade ao pobo cubano.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete