Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Ante o goberno español

O BNG de Ferrolterra presentará unha iniciativa popular para que Navantia constrúa barcos civís

A idea é recoller sinaturas para entregar ao executivo español, instándoo a renegociar coa UE as condicións do estaleiro.

Redacción - 10:00 24/09/2008
Un barco a medio construír no estaleiro de Fene / Flickr: Xoán Porto

Un barco a medio construír no estaleiro de Fene / Flickr: Xoán Porto

A Unión Comarcal do BNG en Ferrolterra vai comezar unha recollida de sinaturas entre os axentes sociais e económicos da bisbarra para presentar unha iniciativa popular no Parlamento de Galiza e, posteriormente, no Congreso dos Deputados, en Madrid, para que Navantia Fene constrúa barcos civís.

A idea é que o Congreso inste ao goberno español a re-negociar coa Unión Europea o levantamento do veto que impide que no estaleiro de Fene se dediquen á construción naval civil. Os nacionalistas de Ferrolterra explicaron que van tentar conseguir, polo menos, 15 mil sinaturas.

"Aproveitar o auxe do sector naval"
Segundo explicou o viceresponsábel comarcal do Bloque en Ferrolterra, Francisco da Silva, "a situación do estaleiro de Fene debe mudar e aproveitar o auxe do mercado naval". Para falar disto, da Silva aportou cifras do Clúster do Naval de Galiza, que revelan que este sector está vivindo un momento de "expansión", xa que en 2007 a construción naval aumentou un 50 por cento, e a carga de pedidos ha supoñer, para as empresas galegas, case 6 millóns de euros até 2012. Con isto habíase dar emprego, segundo estes datos, a uns 15 mil traballadores.

"Temos un estaleiro que, no canto de producir barcos, está destinado a cemiterio industrial, pero é posíbel que en Fene se volvan facer barcos, e só se precisa que o goberno central negocie coa UE", recalcou o responsábel comarcal do BNG, Manuel López Foxo.


4,58/5 (12 votos)


Comentarios (7)

bezoucos #1 24/Setembro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O BNG está en condicións de quitar-lle a careta ao PSOE e poñer en ridículo aos sindicatos de obediencia estatal!!!!!!

Tino #2 1/Outubro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

E q lla kite tamén aos de IU-EU-oi-ai-carallo (estes non teñen unhca careta, teñen varios centos e non saben nin onde as teñen).

remexendo #3 2/Outubro/2008 remexendo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O que non aclara o BN Gas e se quere que Astano constrúa barcos como estaleiro público ou quere que o merque Pucho Viñas o de Barreras?

xoanp #4 2/Outubro/2008 xoanp
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#3 lamentábelmente a disxuntiva é se queremos mantelo cun plantel ridículo para que non constrúa nada como estaleiro "público" namentras a empresa desvía carga a Puerto Real (situación actual). Ou se pola contra queremos que dea traballo a dous milleiros de persoas como estaleiro "privado", independentemente de que sexa Barreras ou outros... tendo en conta que moitos deses traballadores seguramente xa estean a facer tódolos días o traxecto Ferrol-Vigo en bus para gañar o pan, a resposta semella doada.

mceleiro #5 2/Outubro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O problema de fundo não é conseguir o que se pede, senão se realmente é proveitoso (para os que não são empresários) o que se pede. Mal andamos.

remexendo #6 8/Outubro/2008 remexendo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por que pode ter 2000 traballadores se é privado e non os pode ter se é público? Ou é que Pucho Viñas tamén deses empresarios que lle enchen o ollo ó BN Gas de Qintana e Paco Preguntas e por iso hai que regalarlle Astano? Por certo Pucho Viñas estivo ó frente de Astano polo que é responsable da súa situación. Por que Pepe Díaz non subscribe a proposta de Fernando Blanco

xoanp #7 8/Outubro/2008 xoanp
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 desgrazadamente a pregunta que fas non é hipotética, xa foi respostada no seu momento... pregúntalle senon ao Comité de Empresa ao que tanto lle dá representar a 3.000 que a 300, vendendo de paso o futuro dos seus propios fillos, con tal de seguir gastando cóbado sobre a mesa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete