O Informe Político que se debaterá na vindeira Asemblea Nacional constata un "xiro xacobino" do PSOE e un "simple cambio de formas" no PP.
A dirección do BNG xa ten elaborado o Informe Político que vai presentar na Asemblea Nacional do vindeiro 5 de outubro. O texto, que ten que ser referendado polos delegados, fai un breve repaso dos tres anos de presenza no Goberno e dos obxectivos de cara os comicios do vindeiro ano. No documento, que xa analiza a militancia, deféndese a tese de que “o BNG está asentado como referente político e amplos sectores sociais valoran positivamente as achegas do BNG”. Porén, tamén se recoñece que “para o BNG debe ser prioritario neutralizar o escepticismo existente nalgunhas capas sociais, que pode verse agudizado polo contexto da crise económica”. Fronte a isto, o documento interno sostén que “cómpre ilusionar e mobilizar, e a ilusión e mobilización é sempre máis difícil para as forzas políticas cuxa base estrutural descansa en sectores máis críticos e exixentes, que demandan cambios máis profundos”.
Contexto estatal
Na análise do contexto político estatal o Bloque entende que o PSOE está a xirar “cara a posicións máis xacobinas”. Con respecto á crise, os nacionalistas temen que o goberno Zapatero aposte por reducir o gasto público e pola “flexibilización” do mercado laboral o que fará que “boa parte dos custes recaian nos sectores máis desfavorecidos”. No que respecta ao PP, o Bloque considera que hai un simple cambio nas formas que non se está a traducir en movementos de fondo. Como exemplo sinalan a “ofensiva españolista contra o galego, euskera e catalán”.
Aínda así, o Bloque cre que hai “un amplo campo de xogo para influír na política estatal”. A este respecto, o documento subliña que o PSOE intenta por todos os medios a capacidade de influencia do BNG no Estado “polo temor a repercusión nas eleccións autonómicas”
O BNG no Goberno
O Informe Político fai un balance moi positivo dos tres anos de presenza do nacionalismo na Xunta e advirte que “non se verificou a tese de que é a forza maioritaria quen capitaliza a acción dun goberno bipartito”. Porén, a dirección recoñece que a convivencia co PSdeG non foi fácil: “As tensións e conflitos vividos no Goberno foron moitas veces inevitábeis, pero o BNG, con todo, coidou de que non se criase unha imaxe social de desgoberno ou contradición esencial”.
Logo de repasar os logros en cada un dos departamentos rexidos polo Bloque, o Informe Político recoñece que “houbo erros e deficiencias que, nalgúns casos, puideron ser rectificados e noutros deben formar parte da aprendizaxe: “Despois desta experiencia debemos ter máis claro que hai que mellorar aínda máis a relación do Goberno coa organización en todos os chanzos”.
Ben polo BNG,a seguir traballando e a aprender dos erros
Vaia trinfalismo baleiro, a crítica existe, pero a autocrítica onde está?
Despilfarro no Gaias, falla de protección real do patrimonio, continúa o abandono do rural e a eucaliptización, as canteiras campan as súas anchas, o perigo de Reganosa xa ten o apoio BNG, Ence segue firme no sitio, as eólicas rífanse os nosos montes, a pesca continúase a desmantelar, as piscícolas destrúen a costa, os portos deportivos ameazan ás rías, Santi Dominguez aposta pola motonáutica, pechades os furanchos, permitides que existan alcaldes-promotores e pluses de altos cargos...
Non, si a financiación da campaña xa a debedes ter ben gañada!!
Ademáis do despilfarro no Gaiás, moita "poltrona" e pasar por ser "progres". Que casualidade que sempre que gobernou o PSOE co BNG, sempre o bloque perdeu votos. Se queremos semllar ser como os socialistas, para que as copias se temos o orixinal?
Qué máis lle falta ao Bloque? Autocrítica, menos UPG, menos Galiza Nova (que xa non tiña que existir), Máis País (moito máis),máis presenza no rural e nas vilas medias. Afastarse do socialismo español e dos comunistas e ter un líder que saiba falar claro e ben outo no País e no Estado. Que polas súas palabras saia moito nos medios de comunicación. Estou farto de escoitar parvadas de "xénero", estupideces culturais "progres" de Ánxela Bugallo e ter o mesmo programa económico có PSOE e co PP!!!! dando subvencións a eito para os vellos. Así o que imos facer é que o PSOE recolla as noces da nogueira sen sequer mover a árbore.
Non, o BNG non é que aprenda dos erros, e se iso é ao máximo ao que chega na súa autocrítica, apaga e vámonos.
Anque o erro, claro, é seguir confiando no Bloque como alternativa real socialista e soberanista, se é que o foi algunha vez...
e que che fixo Galiza Nova oh!?
"...a ilusión e mobilización é sempre máis difícil para as forzas políticas cuxa base estrutural descansa en sectores máis críticos e exixentes."
Conclusión:
Hai que centrarse nas festas dos vellos, como facía Fraga, un verdadeiro viveiro de votos...; o futuro do noso país!
Iste non é Pais para Vellos. Qué carraxe a escrita de algúns comentaristas,contra os nacionalistas do Bng. Permítense todo tipo de comentarios, até insultantes. Non chego a comprender esta posición xa que mais que crítica convértese nun desafogo de tipo persoal por iso está ben, que reciban a súa valoración.
Para empezar, hai que ir cambiando esas saias da foto, que a estrela está esbrancuxada.
E logo, haberá cambios mais profundos e non kero entrar en detalhes.
Pois estou totalmente dacordo con #4, pero moitas desas cousas non son competencia do bloque e mais sí do PsdeG, aínda que para sermos xustos hai que dicir que en 3 anos non é posible un cambio radical.
En referencia ao do Gaias pois a verdade e que o bipartito tiña as mans atadas, o Tiranosaurius Fraga deixou todo ben atado, e hipotecado nese tema.
Resumindo:
A prioridade nom é fazer transformaçons reais e mais profundas, mas convencer a gente (em primeiro lugar à base social e militante) de que nom som precisos mais cámbios nem mais avances.
Há que dizer aos nossos IDOSOS que o PP não vai ganhar.
O próximo presidente da Xunta está nas suas mãos, querem um socialista ou querem a Quintana.
Está claro que num país de VELHOS não se pode pretender mudar democráticamente a situação politica sem contar com eles.
E ademais, so estão/foram enganados, as comedias Fraga mata porcos e Fraga canha brava... fez que a gente o vira coma um deles. Um galego do país e não era mais que Pro-castehano com pele de cordeiro/ anho.
Bem forte: NINHADA DE RATOS!!!!
se no ncriticas es complaciente, se criticas insuficiente... que queremos ló?
Son discusións tontas,ó BNG non se lle poden botar a culpa de todo o malo que pasa no pais, porque só ten 13 escanos. Cando teña 30 xa lle botarás a culpa da "eucaliptización", reganosa ou as piscifactorias.
Nin critica nin farrapos de gaitas, eles mesmos o din claramente que van seguir nas mesmas coa que esta caendo, baixo o eufemismo de hai "un amplo (sic) campo de xogo".
Non hai peor cego que o que non quere ver, e non me refiro a direccion do BNG, que si o ten claro.... senon a xente que ainda confia nela e no seu carácter "galego" e de "esquerdas". Senon, lean ben a nova que reproduzo, para que logo non insulten os quintanistas e arrechegados. O din Vieiros, citando ao mesmo BNG.
- Na análise do contexto político estatal o Bloque entende que o PSOE está a xirar “cara a posicións máis xacobinas”. Con respecto á crise, os nacionalistas temen que o goberno Zapatero aposte por reducir o gasto público e pola “flexibilización” do mercado laboral o que fará que “boa parte dos custes recaian nos sectores máis desfavorecidos”. No que respecta ao PP, o Bloque considera que hai un simple cambio nas formas que non se está a traducir en movementos de fondo. Como exemplo sinalan a “ofensiva españolista contra o galego, euskera e catalán”.
Aínda así, o Bloque cre que hai “un amplo campo de xogo para influír na política estatal”. A este respecto, o documento subliña que o PSOE intenta por todos os medios a capacidade de influencia do BNG no Estado “polo temor a repercusión nas eleccións autonómicas”.
E hai "amplo" campo de xogo... para qué, para seren complices disto?. Para acadar un AVE, un porto exterior máis e un Gaiás... para iso ha "amplo" campo de xogo, porque as 65 horas vainos tocar se non facemos nada para evitalo, porque a directiva da vergoña é un feito co silencio do BNG.
Ata cando os traballadores e as traballadoras galegas teremos que aturar que os que nos defenden levan coche oficial e teñen garantido, como calquer burocrata máis, o seu salario para toda a vida...
Ata cando estaremos atados a unha mentalidade de submision, agora aos que baixo o de "crer" no país, pensan que teñen un "amplo campo de xogo" para ser quen na politica estatal.
"Xiro xacobino" (pobres xacobinos, que fixeron unha revolucion), eufemismo de xiro centralistas, ataques ao idioma, etc.
"reduccion do gasto publico", "flexibilizacion", que fara recaer "a crise sobre os máis desfavorecidos". Si directiva da vergoña, aprobada co voto dos aliados do BNG no europarlamento. Si directiva das 65 horas, contra só se abstiveron. Si diñeiro de todos para as inmobiliarias. Etc Etc.
O acceso galego do AVE é o único que non terá financiamento da UE
O eixo Zamora-Ourense queda sen fondos comunitarios, mentres o Antequera-Selecta recibirá 1.200 millóns
Europa inxectará 1.088 millóns ao corredor de Levante, 548 ao asturiano, 481 ao estremeño e 322 ao vasco.
La Voz de Galicia de hoxe.
E conste que estou contra o AVE... mais este é o "amplo campo de xogo" no que quere xogar o BNG?
Tino, non valen os ventiladores: o plan acuicola, por si non te decataches, foi VOTADO POLO BNG, un, e dous, Quitana desmintiu a Lobeira e dixo que era o seu plan.
Xa esta ben de que os do BNG, nun alarde de fundamentalismo e fanatismo, sexan máis papistas que o papa.
Ulo: Só unha cousa con respecto á nova de La voz que citaches. É unha nova sensacionalista da Voz que busca inisitir no tema de que Galiza queda marxinada por Europa. No propio corpo da noticia di que o tramo Santiago-Ourense recebe financiamento do Fondo de Coesión. Que non o teña o tramo Zamora-Ourense pois xa me dirás que importancia ten sempre e cando existan partidas para el nos orzamentos do Estado.
Tina, aquí o único 'indefinido' é o BNG traidor da súa tradición, ideas e militancia histórica.
Moita da xente que confiamos no BNG, que lle votamos, que o defendimos, que loitamos por el sentímonos lexítimamente traizoados pola deriva en que rematou, e pola incríbelmente decepcionante e conservadora política do Bipartito, da que o BNG é total e absoluto responsábel, tanto por acción (en industria, en cultura) coma por consentimento tácito (nas outras consellerías do 'seu' goberno'). Para este patético continuísmo, unido ao diluírse de todo programa soberanista e de esquerdas non nos tíñades que ter vendido a moto. Para facer as políticas de Fraga na Xunta xa podía quedar el mesmo na poltrona. Para facer unha alternativa 'regionalista' ao PSOE, non necesitábades o noso apoio.
Dirase que dende moitos anos atrás, o BNG sempre se decantou por certo 'posibilismo', como inevitábel corolario da posibilidade de mudar 'realmente' as cousas e escapar ao sectarismo autocompracente. Mais qué abismo (e non é facer culto á personalidade) o do BNG de Beiras do de agora! En Beiras podías confiar: o seu programa e o seu discurso eran marxistas e soberanistas, e as súas concesións eran claramente tácticas. No caso do quintanismo baixo patrocinio upegallo (que só lle queda do comunismo o peor: o caciquismo manipulador e pantallista), a ideoloxía deixou de ter valor en sí, e o táctico convértese no centro. O BNG perde interese en todo o que non sexa ter e xestionar poder para sí e os seus protexidos, quizaves coa esperanza -ben diluída- de 'cambiar algo máis as cousas' cando se conte con máis poder. As contas da leiteira, vamos. Coma o 'socialismo' dos partidos socialistas occidentais.
Pero bueno, vos seguide polo voso camiño. Ese que leva á que un partido claramente de dereitas, coma o PNV, tumbe ao Bloque mil veces no seu valor soberanista. Ou a que as políticas económicas do Bloque non sexan máis de esquerdas que as do PSOE (manda carallo!). Tan ben o levades, como demostra o ton dos vosos comentarios prepotentes sobre outras opcións minoritarias (aprendíchedes ben do PP, eh? Agora son outros 'os do non')que igual que na granxa de Orwell, xa andan os porquiños a dous (zeta)pés. 'Catro patas bo, dúas patas tamén!'
Algúns están encantados de coñecerse e non son capaces de recoñecer a realidade. As únicas consellerías que fixeron política transformadora foron a do BNG. Creouse o Sistema Galego de Benestar. Aí están as Galescolas (non estades contentos sequera de termos un termo noso?) e os Centros de Día. Aí está a riqueza eólica ao servizo do país. Aí está a Rede Galega de Comercio. Aí están as vivendas protexidas e as normas do Habitat (os sucursalistas atacáronas por autocentradas e singulares). Aí está unha administración ao servizo dos nosos creadores culturais, que nunca tal viran. Queda moito por facer, pero bo traballo, madia leva!
Maiakovsky: eu non che vendín nada, son un votante coma calkera.
Se te deixaches convencer sería pola tua propria falta de análise ou capacidade mental: analízao ti. Non lle botes as culpas aos demais.
É certo q o BNG se deixou levar en certas cuestións como a polémica aprobación do plano acuícula, pq está con quen está e débese ao acordado no seu dia, por desgraza.
Mais non lle botedes a culpa de Reganosa, nin do Mausoleo, e si podedes comezar a valorar as políticas de esquerdas q levan feito:
-Vivenda pública como nunca se fixo neste país, e fomento do aluguer para xente nova de forma clara e limpa
-Recuperación de cidades históricas
-Pulo ao deporte galego a nivel astronómico e coa confrontación do partido con maior capacidade destrutora a nivel mediático
-Eliminación do chabolismo, co desgaste político e persoal q lle ten provocado (iso chámase valentia)
-Promoción da cultura e o libro galego en xeral
-Políticas agrarias como o Banco de Terras, pulo aos sectores vitivinícolas e agrícolas.
E mentres q fan os da esquerda iluminada polo pano palestino q lle agora a gorxa? Pois seguir iluminados e pensando q se deberia transformar este país coa lei de birlibirloque: se se chega ao poder, malo pq se está no poder; se non se está no poder, malo tamén pq non facemos nada...
Amiguiño, estou seguro q ti na vida tamén tomaches decisións q non che gustaron pero q as tiveches q tomar traizoando as tuas ideas por non amolar aos q tes arredor ou como mal menor.
Ala, vai votar entón aos de Nós-Up&Down, aos de IU-OI-EU-Alí-aquí-acolá, aos da Frente Impopular Galega ou aos da Terra Galega Vendida.
-
Visto desde fóra a análise quiçá seja mais objectiva. Muitos simpatizantes e militantes abandonamos a organizaçom depois do congresso do Carvalhinho e tentamos organizar um projecto independentista e socialista unitário posicionado de jeito explícito e patente contra o marco jurídico-político do Estado espanhol que, como sabemos, fracassou.
Acho que esse projecto lhe fizo muito bem ao BNG, já a salvo de ser alvo da propaganda monárquico-nacional-católica e da nom menos perigosa propanganda monáquico-banqueira-pseudo-progre-constitucional-otanista, facilitando a estensom da sua base social e a sua presença institucional. Quiçá as bases do Bloco estavam luitando sem sabe-lo por um caminho que tem, agora, como consequencia imediata a perda do carácter assembleário(pouco adequado para a agilidade e mando único que requer a rivalidade com outras organizaçons políticas institucionais e, portanto, em competéncia co Bloco quanto a sufrágios, que é do que se trata) da organizaçom que logrou o que pretendia; governar aceitando as regras impostas desde Madrid, com banda sonora de marchas militares, e demonstrando que podem ser bons gestores, ter umha boa imagem e fazer cousinhas proveitosas para @s galeg@s; que acho que é no que consiste a oligocracia burguesa disfarçada de democracia. Por todo o anterior considero positivo e parabenizo ao BNG polo seu labor durante estes vinte anos em que a minha relaçom com a organizaçom limitou-se a votar por ela nas eleiçons nas que nom houvo alternativa rupturista e fago (auto-)crítica a tod@s os que fomos incapazes de organizar-nos num projecto unitário independentista e socialista.
(Escrevim o que penso, nom hai nem um átomo de ironia em ningumha das minhas palavras)
So fica a forma.... galescolas, en galego, mais fora do sistema de ensino, como defende a esquerda, senon asistencial, como defende a dereita.
Os centros de dia... non fagades rir. E as listaxes de espera na saúde (xa levades 3 anos, e ainda seguimos cos mesmos argumentos que daba o PP, que os medicos estan de vacacions... Pois contratade máis, e deixade de gastar os nosos diñeiros no Gaias e cousas polo estilo).
As axudas ao aluguer, que só serviron para que os propietarias subiran os prezos. As vivendas protexidas, construidas polas promotoras e constructoras en crise, van polo mesmos camiño.
E os creadores culturais... Vaia, cooptando estomagos agradecidos. Mais o Gaiás... canto dixeches que se levaba do orzamento cultural: 600 millons. Catro subvencions/esmolas para os creadores culturais, e asi telos calados (como os ZPs de Victor Manuel e demáis seguidores do PSOE)... mentras dende a Consellería subvencionase a privatizacion e a mercantilizacion da cultura.
Maiakovski, fas honra o teu seudonimo: un grande poeta revolucionario. Concordo con todo o que dis.
Home ulo,canto tempo sen verte. Que sepas que te considero o mesminho que ao Gaviotero,era so por saudarte ;)
Governar é arriscarse e máis coa partilla acadada logo de anos de governo de Fraga, quer dicer, un herdo excesivo(Gaiás, piscifactorias, concesions eólicas, canteiras, contaminación das rías e dos ríos, descapitalización de recursos (I+D, humanos,etc),construción abafante,língua ,etc).Dito isto, estes anos foron abondosos en moitos eidos: sirveu para amosarlle a moitos galegos que Fraga é prescindibel, como a chamada paz lingúística (o falaz bilingüismo harmónico) se produce porque os tan ben educados galegofalantes pasan ao castelán antes de que llelo pidan, renunciando aos seus dereitos de cidadanía no seu país (a reación inxusta e insultante verbo das galescolas e do 50%,Clube Fianancieiro, Más gallego.. pode ser unha oportunidade de viralas tornas),coma o balbordo mediático dos españolistas é tan mediocre como abafante, que malia a providencia Fraga é agora cando se están a facer dispositivos asistenciais públicos para unha povoación envellecida e dependente,etc.Non abonda, temos alternativa ?
No contexto galego onde a maioria da população é de direitas, conservadora e espanholista, as soluções terão de ser sempre complexas. Acho contudo que se perdeu muito do sonho e das utopias, e que, o possibilismo instalado no Bloco é pouco sedutor e motivador para as transformações que se desejam para o país. Creio que se deve regressar à Política (com P grande), não tendo vergonha dos nossos valores e ideais e, tendo sempre a consciência que a actividade política não se esgota em eleições nem em cargos de poder.
está ben que haxa posibilistas anclados na realpolitik que permite madrí e tamén está ben que haxa maximalistas que persigan cotas máis complexas; xentes que ven o vaso medio cheo ou medio valeiro dependendo, eso sí, da sede que teñen.
os que nunca tocaron ubre, coma mín, andan a vélo medio valeiro e parécelles unha tracallada e unha deixazón a lexislatura que agoniza. ós outros, os que viaxan no asiento de atrás dos audis, collen o avión galiza madrí e cortan cintas logo de sentarse no medio das mesas máis engalanadas, piden paciencia e confianza: máis poder para lograr maiores cotas, para acadar ser máis maniobreiros á hora de sacarlle os diñeiros a solbes.
cómo nas fábulas de esopo, cada sector representa ben as craras un sector da sociedade e tróuxome á cabeza o acontecido fai anos durante a campaña electoral dunhas eleccións municipais, nas que fun convidado ó mitín/céa dunha lista local que integraba moito bloqueiro resentido, algún que outro olvidado do entón náufrago pesoe e varios empresarios especializados en acadar subvencións públicas que achaban demasiado caciquil e insolvente ó partido popular.
o cabeza de lista era un paisano que me cae bastante ben ( que non trato máis aló do saúdo ) e no que coinciden duas actividades ben afíns á política ibérica: funcionario e constructor.
chegoume con escoitalo cinco minutos para olvidarme do mitin e porme á triste cea, xa que todo o séu descurso basábase en que, cara a esas eleccións, a ideoloxía non importaba e que o destiño de aquel ralo batiburrillo de persoas que compuñan a lista ó que viñan, realmente, era a encauzar a política zozobrante do concello de chantada e que, para tal cousa, facer gala de unha ou outra ideoloxía non importaba e, incluso, nin conviña: xestión, multixestión, polixestión e supraxestión era o que precisaba a capitalidade municipal e o séu contorno e para elo non era necesario estar adscrito a ningunha corrente en concreto nin ter lido a ideoloxía alemana ou a familia,a propiedade privada e o estado. cada un ten a súa, decía este candidato con voz afable e ollada confiada, pero damos este paso común na percura dun futuro mellor para todos e bla bla bla.
anque os resultados de esa intentona non foron moi estimulantes para a cuadrilla de este mestre, sí serviron para colocar nas poltronas municipais a varios dos integrantes de esta colorista plataforma de nome xa olvidado por tódolos contribuíntes, que aproveitaron a lexislatura para posicionarse en busca de novas maxias que os acercaran a ansiada alcaldía.
pero a perorata que vos endilgo ven a que esta fallida plataforma tivo o séu talón de aquiles, baixo a miña óptica, na súa renuncia específica á ideoloxía e de aquí debería sacalo candidato quintana e os séus postuladores e asesores un pequeno e sinxelo exemplo acerca do séu proceder. si, tal e como vaia cousa, acada bos resultados ( un ou dous deputados máis que os que ten agora o bloque ) a reválida estará salvada e manterase como líder, pero si a caga como a historia recente se empeña en pronosticar, non soio se quedará fóra do goberno, se non que deberán retirarse do dolce seno do benegá a oubear polos montes tanto el como uns cantos máis, que eu non os vexo dictando conferencias tipo bill clinton a 60.000 dólares hora. e o partido e a súa militancia quedarán ben tocados e, ó peor, abocados á desintegración. a pregunta é: merece correrse semellante risco se temos en conta o írtigo panorama que, sendo obxetivos, amosa a realidade ?
é indudable que os que están enganchados da vaca opinan que sí. e eu, no caso de eles, faría o mesmo.
undetantos, "berran logo cabalgamos". Pois podes considerarme o que queiras... o subxectivo é libre. Mais os feitos son os feitos.
E Gaviotero, como ti, defendéis os mesmos eixos de facer politica e que teñen un mesmo nome: Gaiás, proposta dos Gavioteros e construido polo BNG; AVE, proposto polos Gaviotero e defendido polo BNG/PSOE, Porto exterior, proposto polo Gaviotero, feito polo PSOE BNG; Reganosa construida polo Gaviotero e defendida polo PSOE BNG. ETC.
Ti pensarás que eu son como o Gaviotero. O problema é que ti ES o Gaviotero, so que asina con outro nome e fala en galego.
Aznar tamen falaba catalan na "intimidade", mais non deixaba de ser Aznar.
Despois de vintecinco anos da presencia do Bloque como aglutinante dos nacionalistas galegos, ainda hai xente que non acredita na súa necesidade Histórica, sí histórica. Ao bloque tanto lle vota a fruteira da miña casa, como o sindicalista, o profesor como o artista. Todos saben que só si esta o bloque nas Institucións, algo pode cambiar para a nosa nación. Quintana defende esa posición, e pasamos de ser uns pardillos no conxunto do Estado a ser un Pais que reclama e se lle escoita.(escoitade as cadenas fachas de televisión) Consigamos conciencia nacional, defendamos a nosa língua e intentemos recoller o voto galeguista superando aos do Psoé.
Un partido galeguista de centro-esquerda coma o Bloque é necesario. Pero agora faise urxente unha opción nacionalista de esquerda, que practique unha política de protección do noso territorio, sen componendas, e que defenda os intereses das traballadoras e dos traballadores por enriba de todo. Ou non?
MOITA XENTE DECEPCIONADA,A REALIDADE CAMBIO MOI POUCO,E TODO A MESMAS COUSA PP,CHOE,BENEGA, EN CANTO SE COLLEN OS CARTOS DO PRESOPOSTO,E PODER, TODOS IGUAL, EN ALGUN CASO O PAI DO PP DEIXOULLE O POSTO O FILLO
Exacto Prado... o espazo que esta valeiro é o que rexeita na rúa as politicas da UE, do goberno de ZP e da Xunta contra os traballadores.
So un descerebrado sectario pode rexeitar as cousas que mudaron... mais iso é politica obamista, de centro esquerda. A tarefa é xusto construir esa opcion da esquerda soberanista, que lle fale aos traballadores e as traballadoras, aos asalariados.
Un exemplo: o plan acuícola, máis alo da desfeita na costa, alguen se preocupou de pór coto as nefastas condicions laborais que vai levar a politica das multinacionais.
Outro exemplo: proméntense, co plan eolico -outra desfeita- miles de postos de traballo. Aceptemolo como bo. Fernando Blanco exixe nas ofertas que os empregos sexan fixos, cunha xornada laboral de 35 horas e salarios de máis de 1000 euros o mes?. De seguro que nas ofertas ha outras exixencias, mais isas non.
E que non se diga que iso é demagoxia. Por chamar demagoxia a defender os dereitos dos traballadores e as traballadoras é facer politica de dereitas. So un Feijoo ou Solbes poderia pensar que porlle condicios a patronal é demagoxia.
eu coido que ao bng cómprelle un pouco de autocrítica. a súa imaxe hai que recoñecer que non vaiou demasiado, e agás os nacionalistas, niste país segue sen se ver con bos ollos o nacionalismo. O Bng non medra demasiado e corre perigo de se es tancar. asi que han facr autocrítica e penso que mellorarán. pero non podemos dalo todo por feito cando ben sabemos que non é así
#34 Sem vontade de meter os focinhos em poleiro alheio, cuido que aí falache; ainda que che faltou acrescentares "e os sufrágios do PP", que acho que a vossa organizaçom também persegue e deve perseguir. Até onde eu entendo, qualquer organizaçom política ao que aspira é a alcançar o Poder mais, depois de ler algum comentário, semelha que sou curto de entendemento.
Onte no programa da tvg "Hai debate", dous xornalistas coincidían: mentres unha, da crtv, afirmaba que o BNG tendía ao centro o outro, da coz, observaba que o Bloque se moderaba, e ademáis o expresaban cunha especie de satisfacción dunha batalla que se está gañando, que a min como nacionalista, me da arrepíos.
E isto vai tamén na liña das declaracións do actual portavoz de vicepresidencia, que cando tomou pose do cargo dixo que o BNG estaba moi esquerdizado e que había que centralo.
Non sei se son un disidente ou catastrofista, prometo sometelo a consulta do meu psiquiatra, pero o que si vos podo asegurar e que na última revisión do otorrino non me viu ningún problema de oído.
A ver se o dos cambios máis profundos vai cara diante!
Penso que o BNG, se pretende acadar unha posición de representación real do país, ten que seguir unha política pragmática ainda que sen traizoar de cheo aos seus principios (cousa que aínda non pasou).
O que está claro é que nestes últimos anos o BNG está gañando presenza pública e institucional (o lugar dende o que se deben impulsar os trocos).
Alguén apuntou antes, sobre que cómpre unha maior presenza do Bloque nas vilas medias e no rural; ben, só vou poñer dous exemplos representativos do avance do BNG nese marco: Arzúa e Vilasantar. Por outra banda recentes estudos demoscópicos, indican que o BNG podería acadar un bo resultado na provincia de Lugo nas próximas eleccións ao Parlamento.
O resultado xeral, entendendoo como chegar ser unha forza decisiva e maioritaria no arco parlamentar semella ir ben encamiñado. Mais nese carreiro, longo, poden producirse tropezos e paróns derivados da acción executiva que nunca até o de agora, non tivera o BNG.
Realmente pretendemos cambiar nunha lexislatura 16 anos de fraguismo!!
O proxecto é de envergadura, poderemos diverxir en aspectos parciais pero non na súa finalidade. De non ser así hai está Nos-UP, FPG ou mesmo como dixo Tino 'IU-OI-EU-Alí-aquí-acolá' a ver se desta vez entre todos eles conseguen 1001 votos.
Um partido sem ideologia é algo que não faz sentido. Vejamos: Galiza mão é um país de clones, existem muitos interesses contraditórios entre os seus habitantes. "Construir país" é algo que sempre me pareceu vago. A questão é também: que tipo de país queremos construir. Aí entram as ideologias.
Não é possível agradar a gregos e a troianos!
Creio que continua a haver dentro do Bloco quem continue a acreditar numa alternativa de esquerda e socialista, e que há outra opção para além do capitalismo, ou não?!
Nin disidente nin catastrofista, coma ti outros, es o chamado acomplexado de esquerdas, que é aquel que practica o esquerdismo oralmente, todo falar, falar, falar.....vive do sistema mellor ca outros e moitas veces traballando pouco, participa as veces no traballo militante . Son sibaritas
Iso de que o documento o analiza a militancia é unha coña, jajaja. A ver a quen llo enviaron, porque se fose o cargo para pagar a convención do 5 de outubro á que só van os amiguetes dos catro que van as asambleas, ó mellor avisaban ca dilixencia co fixeron, pero ata agora eu non recibín nada.
Gustaríame ver o citado informe e poder engadir que me gustaría non ter unha Conselleira de Vivenda que torce a cabeza ante as corrupteladas dos funcionarios e dos promotores, que non respeta os prazos administrativos, que non se digna a contestar os escritos dos cidadáns, a pesar de que estos denuncian graves irregularidades cometidas polos funcionarios as súas ordes e que ésta obvia de correxir, a pesar de que é a súa obriga, que o seu delegado provincial tamén fai o mesmo, que non contesta nin cumple co seu cometido nin insta os seus subordinados (enchufados do pp como dixo o director xeral do instituto galego de vivenda e solo na comisión nacional de vivenda do bng)a facelo. Que o Sr. Quintana, o cal lle comuniquei estos extremos por burofax, tamén obviou o tema de incompetencia e irregularidades nunha consellería que é do bng, etc. Máis cousas que non reproduzo por economía. Esto é o que debería de constar no informe e que debería de coñecer a militancia para non estar enganada polos incompetentes e pasivos dirixentes cos que contamos neste intre. Análise de conciencia é o que se debería de facer. Parece que o único que se fan son chiringuitos. A merda sempre flota e antes ou despois págase. Voltade a lugar do que non deberíades de haber saído ou ídevos para a vosa casa antes de que sexa demasiado tarde e acabemos como os do PP, na fiscalía ou en comisións de investigación, que tarde ou cedo vóltase á oposición e despois non hai amaño.
Cando os nacionalistas galegos empezamos a levantar cabeza, saen quintacolumnistas falando de corrupción, merda flotante e demais lindezas .Señor denuncie vostede non se quede eiqui, no desafogo persoal, necesita un reforzo de vitaminas para superalo . O Bng ten moitos enemigos e agora que estamos as portas das eleccións máis ainda. O comentarista destila bilis. A dereita cabalga con calquer xinete.
O máis simpático deste debate é que TODODIÓS VOTA-SE EM NEGHATIVO!! jua jua, SOMOS GALEGOS E NOM NOS ENTENDEMOS!!
Que si home, que o mellor era cando era o BNG segunda forza (xa non digo cando so había un parlamentario), con Beiras a tope e alcaldías nas cidades. A ver se algún día algúns se dan de conta que aquilo era inflado completamemte, que fai falta máis caldo (cada vez menos).
Gobernar non é só ter votos, é ter algo de man, ou polo menos non en contra, as organizacións sociais e sectoriais, institucións, funcionarios, que che respeten os medios, etc...
Aquí hai moito listo, pero non hai moita intelixencia.
Nestes tres anos e medio de bipartito a nosa gandería e agricultura perderon máis de trinta mil postos de traballo (un cuarto do total), as obras do mausoleo da Cidade da Cultura seguiron adiante, vimos como as enchentas gastronómicas á sempre agradecida terceira idade (desta vez con pasodobres incluídos) se volvían a repetir por todo o país e tamén puidemos contemplar como esa tradición tan arraigada en Galicia como a do enchufismo se volvía a dar (inda que desta vez disfrazada de Galescola). E eu me pregunto...onde quedou a defensa a ultranza dos nosos "sectores produtivos"?? onde quedou a loita por unha cultura creativa e alternativa, lonxe dos mausoleos e grandes despilfarros?? onde quedou a loita contra o caciquismo e os trifásicos???........e máis...que foi da loita polo noso idioma?? que pasou co cinema, a televisión ou a universidade en galego???
Sincera e realmente, hai catro anos esperabades isto??? Para isto estivemos agardando 25 anos??
http://www.terra-galega.org
Pdta: que ninguén pense mal, malia ser militante de Terra Galega eu ao Bloque deséxolle o mellor porque son nacionalista e considero que Galicia precisa de partidos propios, e oxalá nas vindeiras eleccións obteña moitos máis escanos e votos dos que ten, máis iso non quer dicir que teña que pechar os ollos e non poder criticar aínda que outros prefiran ollan pro outro lado.
Lugris, xa está denunciado no xulgado, pero esta xustiza cheirenta que temos non vai contra o poder cos ascende. O Consello Xeral do Poder Xudicial tampouco, é corparativista. A xustiza como os nosos políticos son merda de vaca. Toda esta basura só contribúe a radicalización da xente.
Este e o cambio que propon a Xunta dos dous (do PSOE e do BNG), financiar a Igrexa e ao OPUS.
Educación volve subvencionar colexios privados que non permiten aulas mixtas
A Xunta non segue os pasos doutras comunidades que decidiron deixar de destinar fondos públicos a un modelo de ensino que rexeita a “coeducación” de nenos e nenas.
R.V. - 17:20 23/09/2008
Tags: colexios privados Opus Dei subvención
O feito de segregar na educación a nenas e a nenos segue sen ser motivo para retirarlle as subvencións a centros privados. A Consellaría de Educación volve destinar fondos para costear catro colexios que separan os alumnos por sexos. O pasado 27 de agosto publicouse no DOG a listaxe cos centros privados e na mesma volven aparecer os colexios coruñeses Montespiño (feminino) e Peñarredonda (masculino) e os vigueses Las Acacias (feminino) e Montecastelo (masculino). Os catro centros pertencen á federación Fomento de Centros de Enseñanza, unha institución estreitamente vinculada ao Opus Dei.
Tal e como xa denunciaba Vieiros o pasado mes de xuño, a filosofía destes centros é radicalmente oposta á educación mixta e ás directrices da Lei Orgánica de Educación (LOE) que recolle a necesidade da “coeducación” dos sexos.
A subvención deste tipo de centros volveu ás portadas dos xornais o pasado mes de xuño. Entón, o Tribunal Supremo dáballe a razón á Xunta de Castela-A Mancha que decidira negarlle a posibilidade de subvención a aqueles centros que segregasen nenos e nenas.
Fontes da Consellaría de Eduación aseguráronlle a Vieiros no mesmo mes de xuño que estudarían seguir os pasos da comunidade manchega (gobernada polos socialistas). Porén, este curso 2008/09 os catro centros citados continuarán recibindo fondos públicos.
E que non se diga que o fai o PSOE, porque estou farto da hipocresia: OS DOUS SON A XUNTA E NON VALE A INFANTILADA DE "EU NON FUN", "FOI O OUTRO". Se tí es da Xunta és da Xunta, e senon, vaite dela, e que gobernen os que sempre lle deron diñeiro a Igresa o PSOE -estos non enganan a ninguen, son coherentemente dereitosos- e o PP -tampouco enganan a ninguen, é a extrema dereita franquista-.
Que isto supon volver a loita contra a dereita, a Hai Que Botalos, pois Si, voltase.
O pior que lle pode pasar ao pobo galego é que baixo un barniz progresista, se lle pague a Igrexa e a educacion privada. Pois ao final a conclusion do pobo é unha, e terribel: TODOS SON IGUAIS.