Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PROTAGONISMO DOS LECTORES

Novos Vieiros para a participación e o debate

A partir deste luns os usuarios poderán valorar positiva ou negativamente os comentarios. Buscamos que a propia comunidade contribúa a regular os debates.

Redacción - 12:50 22/09/2008

Vieiros introduce unha nova funcionalidade para aumentar a participación dos usuarios. A partir de agora, será posíbel valorar positiva ou negativamente os comentarios. Para poder facelo, só é preciso estar rexistrado.

Cando os seus votos negativos superen en cinco os positivos, quedará oculto, aínda que será posíbel visualizalo premendo nunha ligazón. Esta medida ten como obxectivo permitir que sexan os propios lectores e lectoras os que regulen o normal funcionamento do sistema de comentarios e eviten que se empregue para descualificar, insultar ou facer 'spam' con temas non relacionados coa información que se comenta.

En Vieiros decididimos dar este paso para reforzar os mecanimos de libre pensamento. Consideramos que as opinións máis dispares, incluídas as máis críticas, matizan e enriquecen as informacións. Porén, tamén cremos que determinados comentarios, lonxe de contribuir a isto, limitan a libre contraposición de ideas. Ninguén mellor que os propios usuarios para determinar que opinións desvirtúan un debate ou aquelas que buscan a provocación gratuita

Con esta medida queremos depositar nos lectores, imprescindíbeis protagonistas deste xornal, a reponsabilidade de seguirmos construindo entre todos un medio comprometido co país dende unha perspectiva aberta e plural, na que todas e todos temos espazo.


4,56/5 (18 votos)


Comentarios (119)

Xabi1 #1 22/Setembro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Pois esta medida pode ser usada polos "usuarios" de xeito totalmente contrario ao que se pretende.
Bastaría con que varios comentaristas dun comentario (por exemplo, sobre o encontro dunha comunidade relixiosa de base-e sei do que falo porque a min tocou-me apandar coas descualificacións) concordaran en votar e facer desaparecer o meu comentario.

Non, penso que non vai amañar o asunto e non vai server para "autocontrolar" esta web. Penso que, a maiores, esta web debería pendurar outras novas que andan por aí pero non aparecen, por exemplo, o conflito que teñen os informáticos/as do SIEGA, na Consellería de Educación, despedidos todos.

Xabi1 #2 22/Setembro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



ANGR #3 22/Setembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Parabéns a Vieiros por buscar novas canles de melhora da comunicação e do debate no foro da web, só espero que tod@s o façamos bem e não aconteça isso que adverte Xabi1.

galeguzo #4 22/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Acho que se devia desabilitar a possibilidade de que cada usuário se vote positivamente a si próprio... ou bem que, por defeito, quando um usuário enviar um comentário, automaticamente se vote já positivo o dito comentário. Mais que nada porque parece contraditório deixar a um usuário a potestade de se votar positivo... ou negativo :D!

DoutorEsweider #5 22/Setembro/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Senhores de Vieiros, fagan caso a galeguzo, e miren ben o das Ips dinámicas, ou concretando, evitar o que foi este ano o cachondeo e o despropósito das votacións de A Polo Ghit 08, que devaluaron moi seriamente o ghrande concurso.

pucelano #6 22/Setembro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

eu por moito que o intento non dou votado a ninguen. premo na man verde e non pasa nada

carxeva #7 22/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Creo que é contraproducente porque a xente moitas veces non é seria e calquera grupo organizado pode desfacer unha opinión, imaxínome o grupo de fachas habituais (gaviotero, mischa) xuntiños votando contra a opinións galegas. O que tedes que facer é banear ou bloquear a estes "señores", o resto xa nos entendemos moi ben. E que volten os foros que había antes.

Galizoo #8 22/Setembro/2008 Galizoo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Vexamos si co tempo funciona ou polo contrario orixina a perda de opinións e informacións útiles... Agás os trolls, por suposto, que só crean polémica espúrea...

Barcelos #9 22/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Isto é como os xurados populares. Vieiros lávase as mans e non vai saír bicho vivo destes foros, porque como din por aí, votamos para facer dano.

E por exemplo os comentarios de Gaviotero, Mischa... non vai dar tempo nin a lelos para ver o que puñan. Digan o que digan. (Aínda que seguro que non nos perdemos nada interesante, pero si algo gracioso)

E por certo, se un comentario está oculto con -5, pode volver ser visible cun voto positivo?

Carlinhos #10 22/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#9 Vou-che votar negativo para ver o que passa ;)

Barcelos #11 22/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#10 Pasou que mo puxeches negativo, pero eu neutraliceino cun voto positivo. Gran inxustiza, poder votarse a si mesmo.

Carlinhos #12 22/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#10 Nom me tes ética ninghumha, meu rei; mais isso tanto tem, o que me amola é que me fastidiaches o esperimento :)

Lidor #13 22/Setembro/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Concordo con Xabi1: se calquera grupo sectario decide bloquear unha opinión, cinco votos requiren unha organización mínima. Pensemos nas longuísimas mensaxes spam lusitanista ou nos fachas gavioteros e micshas, só precisan catro amigos para que por exemplo esta opinión (veredes) desapareza da pantalla. Será unha arma de dobre gume.

breixoak #14 22/Setembro/2008 breixoak
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu creo que o que di Xabi1 e Lidor non ten pq pasar. Aínda que haxa cinco gaivoteros que quixesen boicotear un comentarios, sempre poderá haber lidores ou xabis que voten positivamente e anulen os negativos. No fondo, eu entendo que é unha cuestión de participación global. De todos os xeitos, esto vaise ir sabendo coas semanas.

redaccion #15 22/Setembro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

En ningún caso os votos negativos van acabar desactivando definitivamente un comentario. Este pode ter cinco valoracións negativas e volver ser visíbel se así o deciden outros usuarios (o texto fica oculto cando o número de votos negativos supera en cinco os negativos). En breve melloraremos o sistema para que o autor dunha opinión non poida votar por si mesmo.

Optamos por este modelo para ver de mellorar os debates e que sexan os propios lectores quen se corresponsabilicen de que Vieiros sexa máis aberto e plural e nunca para derivar as nosas responsabilidades de moderación. Tal e como viñemos facendo, procederemos a borrar aqueles comentarios insultantes que buscan a mera descualificación.

De todos os xeitos, seguiremos con atención nos vindeiros días todas as vosas suxestións para ver de mellorar a ferramenta. Se isto non se conseguise non dubidariamos en volver ao anterior sistema.

Grazas.

BonKarallan #16 22/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Komo en YuTuve. Non está mal este sistema, aínda que tampouko sei si está ben. Ou sexa, nin bo, nin malo, nin o kontrario da vizeversa.

Carlinhos #17 22/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#16 Home, isso depende

UnDeTantos #18 22/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

BonKarallan es un galego de pura cepa,non o podes negar

teixugo #19 22/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Magnífico Vieiros.

teixugo #20 22/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Entendo que se há fazer com profesionalidade e os moinantes... não manipulem o foro.

Carlinhos #21 22/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



BonKarallan #22 22/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carlinhos #23 22/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como isto vai se pôr quente; ofereço-lhes a tod@s @s Vieireg@s o seguinte repertório, para que o o usarem como melhor lhes parescer:

Faramalleiro, mazabarrigas, rascamulas, tumbalobos, lapacaldos, baldragas, choqueiro, lampantín, lacazán, palurdo, felpudo, canón, nubeiro, lareyro, codeo, canaves, escoler, estantiga, zancado, zorregapei, macanque,bruxa, demo, candonga, porca, brouxa, lacazán, xurafaz, desleigado, Natillas, Chata, O Valente de Cospeito,
Chilindrainas, Currecurre, Cacharulo, Pansofo (continurá...)
Fonte: Conselho da Cultura Galega

Carlinhos #24 22/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Brais #25 22/Setembro/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



teixugo #26 23/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#21

Já nos vamos conhezendo, né?

Há que falar com propiedade, a justa palavra.

#23

E algum que outro castelanismo muito útil: MAMONA!

;-)

Celso #27 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Pois eu quero votar nos votos positivos e negativos. Quero que a clicar nas maõzinhas (verde como a Esperança, vermelha como o Comunismo ou o Diabo) se abra uma caixa de Comentários. E quero que estes comentários às valorações dos comentários dos artigos de Vieiros se possam votar também. Se não não há Democracia!

Agora votai neste comentário muitas muitas vezes em negativo, para que desapareça e demos trabalho a JavaScript.

Celso #28 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Galeguzo #4,

Acabo de votar-che negativo porque, por que um(a) mesmo/a não se pode votar negativo a um comentário próprio? Às vezes dizemos parvoíces horrorosas que, a relê-las, dão vergonha. Ou é que um debate internético é o jogo da perfeição?

É que isto de ser(mos) Democrata(s) não che tem final ;-). Agora vai resultar que a Razão Verdadeira Mundial depende da visibilidade, e a visibilidade da Maioria.

E, amig@s de Vieiros, por que não se pode aplicar o mesmo dispositivo de invisibilização aos próprios artigos dos/as Importantes Autores/as? Os que tenham votos negativos, FORA!, a clicar para vê-los, e se não che funciona o navegador, não o lês.

Ainda mais: Eu proponho que se vote mãozinhas em Vieiros inteiramente. O dia que tenha mais 5 votos negativos do que positivos, castigado ao quarto escuro!

Por último: em lugar de dous ícones, podedes fazer um GIF dinâmico da mão, que soba ou baixe o polegar, como faziam os romanos no circo? ;-)

Celso #29 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Quem raios me votou positivo em #27?? Agora tenho que perder o meu voto a corrigi-lo p'abaixo.

Celso #30 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Isto não funciona. Por exemplo, ANGR, com uma parvada de comentário em #3 ("Parabéns a Vieiros", etc.), tem 8 votos positivos. Eu quero poder votar várias vezes!

Suponho que Vieiros preparará também estatísticas dos/as comentaristas melhor ou pior votados/as. Se não, não jogo.

Ainda mais: Resulta que os comentários só podem ser votados como Bons ou Maus (como a vida mesma), mas as estrelinhas que se dão aos Importantes Artigos vão de 1 a 5. Isto é: sistema eleitoral maioritário frente a sistema proporcional. Ainda che há classes, neno!

Celso #31 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Celso #32 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Celso #33 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



teixugo #34 23/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#30, 31, 32 Para o que te deu meu... olala.

Os de Vieiros, pela conta que lhes tem, saberão o que fazem.

Como já se disse, e todos sabemos, o sistema de youtube está muito bem.

Aos poucos.

Grão a grão enche a galinha o papo.

Celso #35 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Hala, bem andamos! ANGR #3 já tem +9! Devem ser @s lusistas tod@s a votarem em tribo.

alboiando #36 23/Setembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

a verdade que a inmadurez e sectarismo da maioria dos comentaristas oculta comentarios verdadeiramente interesantes...

dedo arriba ou abaixo... a mudanza estimula a participación pero dubido de que a melhore...

galeguzo #37 23/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Lidor tem tanta falta de madurez como paranoia com o reintegracionismo. Alguns pseudo-reintegracionistas fazem SPAM (e já foram pertinentemente denunciados à direcção de Vieiros), mas é que algum ultra-isolo (como tu) o que faz é TROLLEAR. Hazte una pajita, meu rei.

alboiando #38 23/Setembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

eu non xulgo ás persoas por usaren "nh" ou "ñ" na medida que escriban galego. en todo caso, o teu comentario "galeguzo" vén a ratificar o meu. neste caso non só inmaduros senon chairiños.
por certo, a masturbación é unha práctica recomendada para próximas e alleas, próximos e lonxanos. na miña terra decímoslle "pera" ou "vai cuspir" en metafórica alusión.

COUTOVEN #39 23/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Calquera forma de participación é boa. Se fose argumentada sería mellor.

Hai que darlle tempo ao tempo e ver o comportamento deste sistema. Entendamos que ao ser simples votaciones. Poden existir prejuicios xa que nalgúns casos (esperamos sexan os menos) prevalezca a paixón por encima da razón e a análise.

Recordemos que nalgúns foros hai posicións moi controversiales e criticas. Nalgúns casos, estas pasan da análise a unha confrontación irracional e isto pode determinar o establecemento de condutas sistemáticas de valoración entre os participantes. É dicir "Ti non me gustas sempre votarei negativo contra ti" ou "O tí compartes o meu punto de vista e votarei automáticamente a favor de ti. Sen ler en moitos casos) Isto é unha posibilidade con todos os matices entre ambos extremos.

Reitero o dito. Só o tempo diranos como funcionase isto. E ocorra o que ocorra sera unha aprendizaxe que sempre será útil.

Por certo. Sería moi bo que se aplicase en GZ-EXT Venezuela.

teixugo #40 23/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Neste caso tem um voto positivo meu.

Jatopardo #41 23/Setembro/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galeguzo #42 23/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



micsha #43 23/Setembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carlinhos #44 23/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

#43 Cada um fala da feira segundo lhe vai nela...
A diferença do sistema escolhido por Vieiros com outros espaços de debate é que um nom pode votar polo seu vídeo próprio; caso de youtube, ou que, automaticamente apareça cum positivo, caso das notícias do CHUZA!. Acho que o sistema de Vieiros tem de negativo que nos formula o dilema ético de votarmos positivos por nós próprios (eu prometim-me onte que nunca faria e já incumprim a minha promessa, o que nom diz muito bom da minha "catadura moral") mais tem, depois de reflexionar, a enorme vantage de poder votar negativo por um próprio quando escreve um disparate E TOD@S ESCREVEMOS ALGUM DISPARATE, POR ISSO (exceptuando o caso do professor españolito) TENTO REFERIR-ME SEMPRE A X# OU Y# e nom ao nick ou alcume do comentarista se nom é para dizer algo positivo del. Saúde e debate.

Galizoo #45 23/Setembro/2008 Galizoo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

E incribel que frente a maioria de ideias que nos unen, o asunto das valoracións termine sendo decidido por cuestións polarizadas polo reintegracionismo/RAG ou Bloque/FPG/Nos -Up ou carallo 29. Pois a zouparse, veña.

carxeva #46 23/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Este sistema non funciona:

1) Vótase por filias e fobias contra a xente sen ter en conta o comentario.

2) É anárquico, podes votar por ti mesmo e a varios reducíndo os negativos e poñendo positivos.

3) Calquera grupo pode boicotear un comentario, como xa se ve neste fío.

4) Se o que se tentaba era eliminar aqueles mensaxes que amolaban, con banear ou bloquear a certos personaxes (gaviotero, micsha) non facía falta enredar o asunto.

5) Coidar que a xente vaia votar como se estivese xogando a poñer votiños pero con senso é impensábel.

6) Áínda eliminando as mensaxes poden aínda verse.

Conclusión: un completo fracaso e tratar de traspasar a responsabilidade dun moderador de Vieiros que tería que existir a que o fagan os propios foreiros, o que fala dunha comodidade folgazá.

ANGR #47 23/Setembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Será cousa do tabu, mas sinto que finalmente vão ser os comentários que fiquem ocultos os que antes chamem a minha atenção...

Caro e irónico Celso, sê piedoso, ou nunca poderei alcançar o meu verdadeiro e escuro objectivo: ser o comentarista melhor valorado de Vieiros.

galeguzo #48 23/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Postos a implementar um sistema como este já se podia implementar o karma, porque isso de que os votos de um troll como Gaviotero ou Lidor valham o mesmo do que os de usuários cívicos e respeitosos (entre os quais não me incluo) é uma tomadura do pêlo.

Ainda, deveria primar-se os usuários frequentes, porque eu, por exemplo, apesar de que levo dez anos (aí é nada) comentando nos fóruns (e mais tarde nos artigos) de Vieiros, nos últimos anos só passo de forma muito ocasional, e vejo injusto que um voto meu tenha o mesmo valor que o de um leitor habitual.

O que precisa Vieiros, e já o comentou alguém antes, é que ALGUÉM MODERE. Uma "pessoa humana", que diriam os Tonechos. Alguém que se ocupe de banir os trolls e spammers, de apagar os comentários sexistas, xenófobos, injuriosos... Alguém, em definitiva, que se ocupe de manter as regras de correcção, que envie advertências aos usuários que incumprem as regras, etc.

O contrário são só experimentinhos que demonstram a evidência: que nos últimos dez anos, Vieiros não foi capaz de manter um sistema de debates minimamente civilizado.

Lembro nos antigos fóruns, de formato arbóreo (e mui manejáveis), nos quais um troll só tinha de enviar 20 vezes a mesma mensagem para que as do resto desaparecessem (havia um limite de mensagens na página dos fóruns). Mais tarde, fóruns feitos em phpBB, não entrava nem uma mosca comentar. E nos últimos tempos, os comentários a pé de artigo são um autêntico cristo.

Jatopardo #49 23/Setembro/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Supoñamos que plantexo un tema que pode xerar polémica, como é a miña oposición ao plan acuícola, ao plan eólico ou a que me prohiban levar ao meu can á praia. Argumento o tema. Perdo parte do meu tempo facéndoo. Non lle falto ao respecto a ninguén. ¿Que cinco persoas non estén de acordo coas miñas ideas é razón suficiente para que me censuren?

Penso que Vieiros debería reconsiderar o tema da censura por aclamación popular. Unha nova versión de lavarse as mans como Poncio Pilato.

felipin #50 23/Setembro/2008 felipin
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carlinhos #51 23/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carlinhos #52 23/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

*51# *O falar tem cancelas; O falar nom tem cancelas. Desculpem e saúde.

Barcelos #53 23/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Vieros: Paréceme interesante que o autor dun comentario teña a posibilidade de anulalo e que saíse unha nota: Este comentario foi anulado polo seu autor.

Eu se tivese un -10 nun comentario e déseme conta de que era unha parvada de comentario, pois seguramente o anularía.

Pasariamos do xulgar aos demais a xulgarse a si mesmo, que é máis edificante.

Barcelos #54 23/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Eu creo que non só se vota negativo os comentarios que non nos gustan, ou os comentaristas que tampouco nos gustan, digan o que digan.

Tamén se vota negativo os rolos de papel hixiénico (e aí se que está ben que queden ocultos e axiña que os abres péchalos enseguida) e probablemente os comentarios que vingan en español, xa que non é casualidade, pero adoitan ser bastante fachas.

Sería interesante saber cantos positivos e cantos negativos ten un comentario ou polo menos cantos votos recibiu, pois non é o mesmo un cero, porque nin fú nin fá, que un cero con 20 a favor e 20 en contra.

kkruxo #55 23/Setembro/2008 kkruxo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

¿Como é posible que haxa tanta xente sen quefacer? ¿Seredes todos funcionarios?

Barcelos #56 23/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#55 O paro. A xubilación. E como non hai obras que mirar pola crises económicas, pois vimos matar o intre no internet.

(Tamén hai algún funcionario bilingüe)

Celso #57 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carlinhos #58 23/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#56 Desculpa; em qual das três categorias incluímos aos tabalhadores e trabalhadoras do ensino que estam sem trabalho porque a Conselharia de Educaçom só lhes doem os quartos que nom vam para o Vaticano via privado-concertados?
#55 Tu quando eras um meninho querias ser polícia, bha que si?

Celso #59 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Celso #60 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Celso #61 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Celso #62 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

PS: O anterior chama-se Sistema FMATP (Faço Minhas As Tuas Palavras). Copyright: Funcionário 31.223CAC, Universidade da Corunha.

Carlinhos #63 23/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#60 Vês como a cousa se pom quente? As paixons operam a traiçom; fizerom que introduzisses um barbarismo "entrismus" pola forma mais estendida em galego-português "aparelho" ;)
http://pt.wikipedia.org/wiki/A...

Cesare #64 23/Setembro/2008 Cesare
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



ANGR #65 23/Setembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Galizoo #66 23/Setembro/2008 Galizoo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Eu propoño beber todos a poción máxica e despois arrearlles os romanos.

outeiro #67 23/Setembro/2008 outeiro
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Celso #68 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



lenin #69 23/Setembro/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Vieiros conseguirá o seu obxectivo(polo menos durante algúns días), que é revitalizar os foros, e así gañará "audiencia" coa novidade, o que non me parece mal.
Cada un véndese como pode, senón mirade Celso, ANGR ou micsha. XD.

Celso #70 23/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]