Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Loita polo tráfico aeroportuario

Portugal dálles voltas ás liñas de baixo custe en detrimento de Galiza

Un estudoso sobre o sistema aeroportuario do Norte de Portugal e Galiza aposta por gañar vantaxe competitiva a través do Sá Carneiro.

Redacción - 14:20 22/09/2008
O metro do Porto chegando ao Sá Carneiro / Flickr: ruivilela

O metro do Porto chegando ao Sá Carneiro / Flickr: ruivilela

O xornal portugués Público publica esta segunda feira unha entrevista con João Marrana, profesor da Universidade Portucalense e co-autor dun estudo sobre o sistema aeroportuario do Norte de Portugal e de Galiza, na que volven debater sobre a importancia de ter unha base con liñas de baixo custe no Sá Carneiro, o aeroporto do Porto.

Segundo conta Marrana, é preciso que o aeroporto do Norte de Portugal consiga varias bases de liñas de baixo custo ou low-coast, referíndose especialmente á da empresa Ryanair, o que lle daría unha forte vantaxe competitiva sobre os aeroportos galegos. O único problema que atopa o profesor portugués é o que aumentarían as taxas ao darlle cabida a esta aeroliña no Porto e as negociacións serían difíciles, pero, polo demais, todo serían cousas boas como "crear unha relación máis estábel dende o punto de vista de chegada de pasaxeiros".

"Calquera aeroporto galego faría de todo por ter esa base"
João Marrana contesta cun simple "con toda certeza" cando lle preguntan se "cualquer aeroporto galego faria tudo para ter essa base". Para Marrana, que os galegos teñan unha base fixa de Ryanair daríalles maior beneficio, posto que en relación aos aeroportos portugueses, "a capacidade dos aeroportos galegos está mais limitada". Neste sentido, o profesor portugués salienta que o aeroporto de Vigo ten "uma pista muito pequena" e aínda que o de Santiago "o maior da Galiza, tem uma capacidade maior", o do Porto ten "a duas horas de distância, seis milhões de habitantes, o que na Galiza não é possível em lado nenhum". Porén, a única vantaxe que lle ve este experto aos nosos aeroportos en detrimento do Sá Carneiro é a "maior capacidade financeira para viajar" que hai en Galiza, en relación co Norte do Portugal.

A alta velocidade Vigo-Lisboa
Marrana tamén é preguntado, nesta entrevista, pola necesidade de vertebrar unha boa infraestrutura ferroviaria entre Vigo e Lisboa, ao que el contesta que é totalmente necesaria e que debe estar preparada para a alta velocidade. O experto portugués, quen xa se amosou varias veces defensor deste eixo ferroviario no norte da península, ve o TAV Vigo-Liboa esencial para alimentar, ademais, o aeroporto Sá Carneiro. Mais tamén ten outras vantaxes, segundo Marrana, alén da aeroportuaria, como crear un "desenvolvimento sustentável" preciso entre os dous países.


5/5 (4 votos)


Comentarios (21)

pruebasa #1 22/Setembro/2008 pruebasa
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

É o que ten Galicia non aproveitou os recursos e Portugal cómella. tirou o diñeiro en Santiago e proxectos pantasmas e esqueceuse das grandes cidades galegas e da industria.

Galicia non pode competir con Portugal vémolo co leite, areopuertos, portos de mercancias, menos mál que nos queda Portugal...

Ibamos mal con Fraga e imos mal agora, hei problema do animal, menos mal que inda podemos emigrar.

Os politicos galegos como Quin falan dá centralización de Madrid e temos ou memos en Santiago... cal é a diferenza?

Atlantico #2 22/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

A culpa dos nosos problemas aeroportuarios non é a centralización en Santiago, obviamente, a culpa é da centralización en Madrid, que boicotea calquer intento de que teñamos aeroportos decentes, para que non lle quitemos mercado a T4.

Consigamos as plenas competencias en infraestructuras e tráfico aereo, e veremos como podemos competir con calquer aeroporto.

Gueceteiro #3 22/Setembro/2008 Gueceteiro
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

O problema nom é o centralismo santiagués, é o localismo corunhés e o localismo vigués. Como é possível que numha naçom de 3 milhões de habitantes haja três aeorportos?

O lógico seria ter um em Compostela e aproveitar-se do de Porto, mas este país é assi, se Compostela tem umha universidade, Corunha, e como consequência Vigo, querem umha de seu.

A algum nom lhe ficou claro que a pesar de nom ser a cidade mais grande, Compostela é a capital da naçom e por isso tem de ter cousas que o resto das cidades galegas nom tenhem.

E nom comparemos o centralismo de Madrid, que é capital dum Estado, com Compostela, capital dumha naçom, pequena, mas naçom.

pruebasa #4 22/Setembro/2008 pruebasa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Estou ata os collons de oir o tema das competencias!!!
Temos compentencias para ter as rias galegas limpas e témolas cheas de merda!! e o peor é que ignoramos o problema e vemos para outro lado mentres é necesario importar marisco de Francia e Canada, manda collons!!.

Estou de competencias ata vos collons, desculpas e cortina de fume para politicos incompententes.

pruebasa #5 22/Setembro/2008 pruebasa
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

e compostela no he nada home... salvo unha cortina de fume para que os politicuchos de merda vivan como dios... de donde cona sacamos os impostos para pagar iso, se as pobacions de Galicia non poden ser competitivas y soamente de paga o despilfarro e o teatro de Santiago

Atlantico #6 22/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pruebasa, ti non das o coeficiente así que paso de falarche. Se as competencias estan en Madrid, as responsabilidades serán dos de Madrid, se non entendes eso e que non eres moi listo, ale a lamber os zapatos do madrileños.

pruebasa #7 22/Setembro/2008 pruebasa
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



danielovalle88 #8 22/Setembro/2008 danielovalle88
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

e aninguén lle sorprende que en portugal só teñan un aeroporto (sá carneiro) para todo o norte e nós na galiza teñamos tres? o maior atranco que ten a galiza en temas aeroportuarios (falando de tráfico de pasaxeiros) chámase alvedro e peinador.
Deberiamos ter un único aeroporto para que puidese se-lo máis competente posíbel, e o de Lavacolla é o que está en mellores condicións de selo, por situación dentro da galiza, dentro do eixo atlántico e no territorio de santiago, con terreo de sobra ao redor para medrar.
agora ben, torpeza onde as haia non pasa-lo AVE do eixo atlántico por Lavacolla como van facer en portugal (o TAV vai facer parada en Sá carneiro antes de chagar ao Porto, isto deixará no 2013 o aeroporto portugués a menos dunha hora do centro de vigo en transporte público. Canto se tarda dende o centro de vigo a Peinador en transporte público hoxe en día? será o TAV a morte do aeroporto de vigo para tráfico de pasaxeiros????)

Gueceteiro #9 22/Setembro/2008 Gueceteiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#8 Totalmente de acordo contigo

Cuevillas #10 22/Setembro/2008 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ten razón Gueceteiro...En Galiza ten que haber un só aeroporto e ten que ser o de SANTIAGO. É o mellor e o que ten a maior pista. O de Vigo somentes para cargas e para a industria e o da Cruña pechalo directamente.
Así e todo temos que ter 1) Descentralización: non pode ser que haxa que pasar sempre por Madride, mesmo para ir as Canarias ás veces 2) O aeroporto ten que estar comunicado mellor coa cidade. Ollade o metro de Porto. Non pode ser que neste país haxa que ir en coche a todos lados porque existe un ou dous autobuses por día. Facer un METRO é unha das solucións e a outra mellorar os comboios cara á Coruña e o sul (Pontevedra e Vigo) 3) Santiago fica no centro de Galiza do eixo Atlántico e é o mellor lugar, pero se entramos en luitas para ver quen é a cidade máis grande e con máis servizos, non facemos nada. 4) Galiza para todo isto ten que ter a competencia dos seus aeroportos. Os españois o único que fan é encher de cemento Barajas e logo quixarse de que non dan feito e gabarse que teñen o máis grande de Europa. Logo dicir que os demáis non son rendíbeis e pechalos.
Se non temos un aeroporto ben comunicado, feito para Galiza e por Galiza, pensando na súa populación, endexamáis poderemos competir co Porto máis que por termos poder económico superior.

Barcelos #11 22/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#8 Son da Coruña. Viaxo de cando en vez en avión e non me opoño a que só haxa un aeroporto en Galiza.

Agora ben. Antes de eliminar os outros dous, póndeme un metro que faga Praza de Ourense-Labacolla en 20-30'. Unhas liñas de autobuses regulares e acotío, ata polas noites, cando salguen e chegan os avións, unha autoestrada desde Sigüeiro a Labacolla, un parking tres veces máis grande...

Non se pode pagar un taxi de Labacolla-A Coruña 100 euros ou máis, porque non hai orzamento que chegue.

galegodosul #12 22/Setembro/2008 galegodosul
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Tanta discussão para quê?
Um aeroporto no Porto (capital da Galiza do Sul) e outro em Santiago (capital histórica de toda a Galécia).

Saudações galaicas

teixugo #13 23/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Metro Vigo-Pontevedra e... já!

teixugo #14 23/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

TGV em L Ferrol-A Corunha-Santiago-Pontevedra-Vigo-Braga-Porto-Madrid.

Tudo o demais é cacicada, vazquiana, xuntiana...

Gueceteiro #15 23/Setembro/2008 Gueceteiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#10 e #11. Estou de acordo convosco. Se suprimimos os aeroportos da Corunha e de Vigo, também teríamos mais orzamento para fazer linhas de metro, auto-estradas...

Aloquete #16 23/Setembro/2008 Aloquete
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ouça lá, GalegodoSul.

Sou (também) português e sou divulgador em Portugal da cultura galega. Peço-lhe, por favor, que acabe com esses ademanes pedantes de chamar aos portugueses nortenhos «Galegos do Sul».

Na melhor hipótese, chama-se a isso 'leitura historicista' das realidades. Na pior, chama-se parvoíce pura. Fiquemos pela primeira.

Concordo com a sua proposta de dois aeroportos grandes no noroeste peninsular. Mas deixe a História em paz, sim?

condedecotobade #17 23/Setembro/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu non comparto a idea de ter un só aeroporto central (e son de Santiago). Na miña opinión A Coruña e Vigo precisan de voos diarios a Madrid e Barcelona como mínimo. Son cidades dun tamaño suficiente como para precisar desas conexións. Se o Norte de Portugal ten un só aeroporto é só porque Porto (+Gaia) é a única cidade de gran tamaño nesa área.
Que a Sá Carneiro lle vaia ben é unha oportunidade para Galiza, non unha desvantaxe. Non é necesario concorrer nunha carreira por ver quen ten máis pasaxeiros, o que se precisa son infrastruturas que resposten ás necesidades de mobilidade dos galegos e dos visitantes de Galiza. E isto vale para aeroportos, portos (nos que por certo a Leixoes non lle vai mellor que aos galegos), ferrocarril ou estradas.

condedecotobade #18 23/Setembro/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min paréceme máis útil para potenciar Lavacolla que se cree unha variante da liña de tren Coruña Santiago, que que se puidera pechar Alvedro.

dumiense #19 23/Setembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non hai problema por ter tres aeroportos, o que hai que facer é especializar cada un deles en determinadas liñas. Non vexo problema co centralismo en Santiago, as distancias son curtas. Tanto me da ir a Santiago a coller un avión dende GZ.. pero imaxinade que tiveramos que ir a Madrid... o noso problema é a centralización en Madrid, o rollo Santiago poderíase mellorar pero hoxe é secundario.

condedecotobade #20 23/Setembro/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Estou dacordo contigo dumiense os aeroportos deberan ofertar rutas complementarias. A min dame igual ir a calqueira dos tres (incluso a Porto), pero cando se fala de voos tan curtos como Madrid ou Barcelona nos que podes ir e voltar no día, desprazarse 1 hora para coller o voo si que é importante. E tamén dacordo en que a centralización en Madrid é un coñazo pero iso foi unha decisión de Iberia que temos que soportar até que esa compañía perda o dominio que ten no mercado

galegodosul #21 24/Setembro/2008 galegodosul
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ouça lá, Aloquete
Em primeiro lugar, quero dizer-lhe que, pelos vistos, o senhor desconhece totalmente a História da Galécia. A não ser assim, não ficaria tão perturbado por eu ter dito que o Norte de Portugal e a Galiza são duas faces da mesma realidade cultural, sociológica e linguística.
Em segundo lugar, não posso deixar a «História em paz», porque a História transforma-se a cada momento que passa. Em termos futebolísticos, poder-se-á dizer que «o que hoje é mentira, amanhã poderá ser verdade».
Para finalizar, dir-lhe-ei que a «parvoíce pura» ficará com quem primeiro a escreveu.
Saudações galaicas (ou galegas)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete