Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MANIFESTACIÓN

Dez mil persoas piden en Nantes a reunificación de Bretaña

Entre os manifestantes estaban o presidente da rexión bretona e do Consello do Loira Atlántico, ademais dos músicos Alen Stivell ou Dan Ar Braz.

Redacción - 17:43 21/09/2008

Bretaña é unha nación dividida en dúas rexións, a de Bretaña, e o departamento do Loira Atlántico, con capital en Nantes e incluído na rexión do País do Loira. Precisamente en Nantes os seus habitantes reclamaron este sábado a reunificación administrativa de todo o territorio da Bretaña nunha única rexión, nunha manifestación que reuniu a unhas dez mil persoas. De feito, sondaxes realizadas nos últimos anos confirman a vontade dos habitantes deste departamento de se integrar na rexión, con procentaxe superiores ao setenta por cento (en 2001). Este desexo é crecente, e foi callando sobre todo entre as xeracións máis novas, pasando duns niveis de aceptación do 44 por cento en 1986 até o estado actual.

Na manifestación houbo unha representación institucional moi destacada, encabezada polo presidente da Rexión de Bretaña, o socialista Jean-Yves Le Drian, e o do departamento do Loira Atlántico, Patrick Mareschal, tamén do PSF. Na manifestación participaron así mesmo os músicos Alan Stivell ou Dan Ar Braz. A marcha serviu igualmente para reclamar a oficialidade da lingua bretona e o respecto ás entidades culturais amateurs, que estaban amenazades por un proxecto de lei do Ministerio de Cultura de Francia, que reclamaba a profesionalización para poder actuar. Por este motivo, a presenza de agrupacións musicais, principalmente de gaitas, foi moi numerosa.

Bretagne Réunie
, un comité para a reunificación adminstrativa de Bretaña, lanzou un chamamento para preparar o referendo sobre a reunificación. Esta plataforma creouse nos anos sesenta e conta entre as súas caras máis coñecidas con políticos, profesionais e artistas de Nantes, como por exemplo Jean-Louis Jossic, adxunto de Cultura no goberno local da cidade. Bretagne Réunie vén convocando con éxito manifestacións como a deta fin de semana dende hai máis dunha década.

En Nantes, tanto a UDB (Unión Democrática Bretona), coma os Verdes, manteñen unha posición moi firme a prol da reunificación, e moitísimos cargos socialistas, comunistas e conservadores teñen manifestado o seu desexo, igualmente, por exemplo a través da Charte des élus pour la réunification. O consello xeral da Loira Atlántica, que votou unha petición de referendo en 2001, agarda por un proxecto de lei para organizar a consulta.


Ligazóns

4,68/5 (19 votos)


Comentarios (9)

Atlantico #1 21/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Reunificación Bretona e Galega xa.

Hermerico #2 21/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Alguém imagina Quim e a sua banda de acomplexados numha manifa pola reicorporaçom das comarcas estremeiras?

ecoe #3 21/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Qué preciosidade de país, cántas gañas de ir para alá unha outra vez. Adiante a reunificación, mais non só rexional.
BREITH

Tino #4 22/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Bretagne Réuni? Mal comezan se non saben respeitar o bretón!

Sara_Mago #5 22/Setembro/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#4 O bretom nom é nem nunca foi a lingua de toda a Bretanha. Apenas o oeste, que recebera a maior densidade de inmigrantes bretoes durante as invesioes anglo-saxonas da Grande Bretanha, fala bretom. No leste, falava-se um dialecto do latim chamado Gallo, hoje muito deturpado e quase nom usado, considera-se um dialecto do francês.

Em Nantes, capital do antigo Principado da Bretanha, nunca se falou bretom.

Sara_Mago #6 22/Setembro/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O qual nom impede que o grupo de folk mais conhecido da Bretanha, Tri Yann, sejam de Nantes:

http://br.youtube.com/watch?v=...

La découverte ou l'ignorance

Paroles: Morvan Lebesque. Musique: Tri Yann

Le breton est-il ma langue maternelle ?
Non ! Je suis né à Nantes où on n'le parle pas.
Suis-je même breton ???... Vraiment, je le crois...
Mais de pur race !!!... Qu'en sais-je et qu'importe ?
Séparatiste ? Autonomiste ? Régionaliste ?
Oui et non... Différent...
Mais alors, vous n'comprenez plus :
Qu'app'lons-nous être breton,
Et d'abord, pourquoi l'être ?

Français d'état civil, je suis nommé français,
J'assume à chaque instant ma situation de français.
Mon appartenance à la Bretagne
N'est en revanche qu'une qualité facultative
Que je peux parfaitement renier ou méconnaître...

Je l'ai d'ailleurs fait...
J'ai longtemps ignoré que j'étais breton...
Français sans problème,
Il me faut donc vivre la Bretagne en surplus
Et pour mieux dire en conscience...
Si je perds cette conscience,
La Bretagne cesse d'être en moi.
Si tous les bretons la perdent,
Elle cesse absolument d'être...

La Bretagne n'a pas de papiers,
Elle n'existe que si à chaque génération
Des hommes se reconnaissent bretons...

A cette heure, des enfants naissent en Bretagne...
Seront-ils bretons ? Nul ne le sait...
A chacun, l'âge venu, la découverte... ou l'ignorance !

zecastrocurunha2 #7 23/Setembro/2008 zecastrocurunha2
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



trasancos #8 24/Setembro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para cando 10.000 persoas no Obradoiro pedindo a reunificación de todas as bisbarras estremeiras con Galicia??

A desidia e o histórico silencio do Bloque sobre este tema é máis que decepcionante...é impropio dun partido que dise chamarse nacionalista.

Afortundamente no noso país si empezan a aparecer partidos que sí apostan pola incorporación deses territorios á nosa terra.

http://www.terra-galega.org

Garrano #9 25/Setembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De-Nantes Mortos Qve Divididos!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete