Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FESTA-MITIN DO PSDEG-PSOE EN VILAGARCÍA

Blanco: "Agora Feijoo suplica deitarse cos nacionalistas para arrebatarnos a presidencia da Xunta"

Pola súa banda, Touriño esixiulle ao PP "que deixe de atacar á nosa lingua".

Redacción - 17:43 20/09/2008

Ausente Zapatero, Xosé Blanco foi o gran protagonista da festa-mitin que o PSdeG-PSOE celebrou en Vilagarcía de Arousa, coa participación de case cinco mil militantes. Malia as dificultades económicas, Blanco prometeu que o Estado "non vai fallar" a Galicia e, neste sentido, deu por seguro que o Estado aumentará "de forma considerable" a inversión nesta comunidade e destinará a ela os fondos necesarios para que a totalidade dos tramos da TAV entre Lubián e Ourense se poidan licitar o próximo ano 2009.

Blanco concluíu que "a Galicia vaille ben co PSOE e ao PSOE vaille ben con Galicia" e, en consecuencia, mostrouse convencido de que os galegos apoiarán a reelección de Emilio Pérez Touriño como presidente da Xunta, a quen cualificou como "un valor seguro". "É unha persoa de palabra", dixo do xefe do Executivo galego, polo que deu por feito que "en marzo ou cando toque as rosas florecerán e máis galegos confiarían" no PSOE.

Finalmente, o vicesecretario xeral do PSOE recomendoulles aos militantes socialistas que non se preocupen "nin un minuto" polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, porque, segundo ironizou, "a súa carreira pende duns hilitos". "Como os hilitos de Rajoy, que son de plastilina, brandos e moldeábeis, de quita e pon", apostillou, e criticou o líder da oposición por formular unha hipotética alianza estratéxica co BNG para acurralar ao PSdeG. "Perseguiu os nacionalistas nos últimos catro anos e agora suplica deitarse con eles para arrebatarnos a Presidencia da Xunta", interpretou.

"Se queren volver ao galeguismo, que deixen de atacar a nosa lingua"
Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño considerou que o PP "ahora anda chamando á porta dos nacionalistas, pois se queren volver ao galeguismo, que deixen de atacar á nosa lingua. Se queren deixar de mirar para Madrid que non sigan boicoteando a reforma do Estatuto de Galicia".

O presidente da Xunta concluíu: "Núñez ten un problema de frivolidade e de insolvencia: tanto lle ten defender unha cousa como a outra". Cualificou ao partido popular como "o partido moroso por excelencia que non recoñece nin responde ás débedas que ten con Galicia e coloca a un insolvente como Feijoo á fronte do destino de país".


3,67/5 (6 votos)


Comentarios (12)

micsha #1 20/Setembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Putos y puteros. Eso es lo que dice Blanco.

Anti_Lusista #2 20/Setembro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cinismo do PP por sempre. Non perdades ollo, non acadarán a maioría absoluta. O noso país NACIÓN.

Atlantico #3 20/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que sorte que estes en Madrid, Pepiño, non voltes nunca máis.

Erasmo #4 20/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿Dende cando ó PSOE importoulle un pemento a lingua galega?
¿Dende que co-gobernan co BNG de Quintana?

Xa avisamos que ía ser a 'lingua' o gran traballo que fixeron os señoritos con apartamento de luxo (ilegal?) na Illa de Arousa, a carón do mar...!

Pepiño pode deitarse con calquera pois o resultado sempre será o mesmo: Negocios e máis negocios!

Galiza Non Se Vende ten unha web na que se ve ás claras o que quere dicir este 'sociolisto' cando afirma que o PSOE vaille ben con Galicia!

Como non espabilemos vanos deixar sen territorio a cambio dun miserento Decreto de Normalización Lingüística 'coyuntural'...

O Pepiño saiu espabilado... eh?

Caotinha #5 20/Setembro/2008 Caotinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Que deixen de atacar a nosa lingua" diz o Torinho. Quanta hiprocrisia. Ele que nem sequer fala em galego. Bom, nem ele nem nenhum dos dirigentes da franquia que o PSOE tem na Galiza. O PP ataca a nossa língua,com certeza, mas o Tourinho e o PSOE também a atacam. Não há nem um ou uma dirigente do PSOE na Galiza que trabalhe em defesa da língua.Hipócritas¡

Gaias #6 20/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Feijooo, coma a Touriño, importalles un carallo Galiza, eles o que queren e o poder sexa coma sexa. Por iso non teñen problema en definirse coma "galeguistas" cando van pedir o voto, mentres durante todo o ano apoian plataformas galegofobas ou non fan nada a prol do galego e os dereitos dos galegofalantes.
Por iso un dia califican de "radicais" os partidos nacionalistas, e outros estanlles chorando e eses mesmos partidos para que pacten con eles para gobernar a Xunta ou para aprobar os presupostos do estado.

Gaias #7 20/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E triste que cando Zapatero vai a Catalunya fale en catalan, mentres cando este ven a Galiza e Touriño o que fala en castelan nos discursos en Galiza. E outro tanto con Feijooo, sobre todo se os mitines son na Coruña ou Vigo (coma se estas cidades foses parte de Castela e non galegas!).
PPdeG e PsdeG son meras sucursais do PP e Psoe na Galiza. Fan mais 2 deputados do BNG no parlamento español que todolos deputados galegos do PP e psoe xuntos.
Pq os deputados galegos do Psoe non se opuxero o estut catalan se perxudica economicamente a Galiza. E pq o PPdeG boicoteu un estatuo galego de primeira, igual que o catalan,valencian e andaluz para Galiza?.

Caotinha #8 20/Setembro/2008 Caotinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta é a mostra do compromisso com a língua desta gente. Vejam o blog na nova secretária de organização da sucursal do PSOE na Galiza, Mar Barcón:
http://barconblog.blogspot.com...

breio #9 20/Setembro/2008 breio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Faille máis dano á lingua Touriño cando abre a boca...

Carlinhos #10 21/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#1 Micsa, micsa, espanholito; que quanto mais "micses" agora, menos chorarás depois.

alenmar #11 21/Setembro/2008 alenmar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Blanco, mira a Galicia e presiona para que medre. Non te ocultes na pel do PSOE central. ¿Ti es galego? Pois actúa como tal. Deixate de politiquerías e apoia, definitivamente, á Galiza.

lugris #12 21/Setembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os poucos galeguistas que tiña o Psoé, quitáronos do medio, vexase o caso de Miguel Barros que pudo ser Alcalde de Vigo, pero interesaba maìs un españolista defensor a ultranza de Españaaaaa., como foi o Perez Mariño. Os nacionalistas sabemos ben quenes son estes do psoe. Moi modernos pero sempre apoiando a "fala común".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete