Afirman que van seguir pelexando no Parlamento até que o Ministerio do Interior explique a inclusión de simboloxía galega como "elementos sospeitosos" en actos formativos da Garda Civil.
O BNG recibiu esta semana resposta escrita á pregunta parlamentaria que remitira á Consellaría de Presidencia sobre diversos "actos formativos" da Garda Civil en que se inclúe simboloxía do noso país, tal como adhesivos coas letras 'GZ', como elementos "sospeitosos" a controlar e perseguir.
Bieito Lobeira, voceiro parlamentario nacionalista, dixo que o grupo "non está satisfeito" coa resposta recibida. Presidencia asegura descoñecer "documentos internos da Garda Civil que criminalizan elementos simbólicos propios de Galicia".
"O goberno galego, como non podería ser doutro xeito, sempre esixirá que a actuación policial sexa considerada como a prestación organizada dun servizo público levado a cabo por profesionais organizados que veñen en todo caso polo mantemento da orde e protección da seguridade, pola garantía do libre exercicio dos dereitos e liberdades, e polo aseguramento do normal funcionamento das institucións", engade a nota.
Lobeira, que afirmou que o BNG vai seguir "pelexando parlamentariamente até que o Ministerio do Interior dea explicacións", exixiulle á Xunta que abra unha investigación sobre este tema "para chegar até o fondo da cuestión". Por outra banda, dixo descoñecer se na actualidade a Garda Civil segue a proceder do mesmo xeito.
Pois ademais de exibir o autocolante de GZ; tenho especial cuidado em nom fregar no E da placa de matrícula quando lavo o carro e já o tenho meio "customizado" mais, infelizmente, é aínda bem visível a pesar da merda acumulada. Temo que essa parte da placa dianteira vai levar algum golpe contra o enganche dalgum reboque. A gente é-che mui arroutada e tem bem pouco cuidado ao estacionar... Vou polo martelo. (Se alguém se lhe ocorrer algum dano que puider sofrer o E dumha placa traseira alta, por riba da defesa, que me informe, para estar prevido).
Precauçom nas estradas e, se vas a umha manifestaçom, pom o casco.
Eu hai pouco tiven por aí unha salpicadura de piche ao pasar pola via rápida do Barbanza. Están pavimentando todo por alí e as veces pasan estas cousas que emporcan o coche. Éche unha mágoa co guapo que o tiña!
A min isto pareceme gravisimo, pq suponse que vivimos nun pais democratico, e decir que non se pode perseguir a ningun polas sua ideoloxia.
Eu proporía o seguinte: Que todos os coches oficiáis da Xunta da Galiza, dende o do Sr. Presidente pasando por todos os dos Sres. Conselleiros e altos cargos até o derradeiro coche dependente da Xunta, levara un distintivo ben grande do GZ. Seguiría a Garda Civil ou a DXT collendo datos por supostos elementos subversivos? Creo que é máis doado iso que andar con leas co Ministerio do Interior Español ou co mesmo governo de España. O resto sonche gañas de liar as cousas par non porlle remedio. Os primeiros que deben mollarse son os nosos representantes políticos. Os do común xa bastante temos con seren sospeitosos de case que todo. Non lles parece? Pois ala a predicar co exemplo e sobre todo a dar trigo. Menos faladurías e máis feitos que de verborreas xa estamos fartos. ¿Si?