Os veciños poderán beneficiarse de balde deste servizo que eliminará as pintadas das fachadas e se encargará do mantemento das estruturas.
A limpeza dos graffitis dos edificios xa non correrá da man dos propietarios na cidade de Vigo. O Consorcio do Casco Vello, participado nun 90% pola Consellería de Vivenda e Solo e nun 10% polo Concello de Vigo, vén de adxudicar esta actividade. A empresa Clinarte S.L. encargarase dun elaborado "Programa de Limpeza de Graffitis", un plan que se marca o obxectivo de erradicar as pintadas das fachadas viguesas.
Os veciños que desexen acollerse a este programa terán que presentar a documentación pertinente (solicitude, DNI, copia do rexistro e recibo do catastro) e, a cambio, esta empresa encargarase da limpeza integral dos seus edificios. Ademais de eliminar as pintadas, asumirán o mantemento das estruturas para que os efectos dos graffitis se poidan paliar inmediatamente.
O orzamento previsto ascende ata os 50 mil euros e o Consorcio do Casco Vello proponse obter beneficios inmediatos tanto na calidade de vida dos vigueses, como sobre o comercio e o turismo. Ademais, unha vez posta en práctica a medida, non se descartan medidas sancionadoras para os propietarios que descoiden os seus edificios.
E irám também limpar o grafitti do espanhol? Porque entóm tenhem para um bó anaco ...
A realización de grafitis é un delito, pese a quen lle pese (lusistas incluidos).
Home, se essa é uma óptima iniciativa. O que passa é que também poderiam gastar uns cartinhos em limpar o "graffiti legal", esse que apaga os nomes galegos e pom no seu lugar os castelãs, como "calle de ..."
A min pareceme ben que borren as "pintadas" porque sonche ben feas, en troques de "pintadas" o que hai que facer e facer "graffitis" con gusto, como Basquiat ou Bansky, xa veriamos logo se as borraban ou non...
http://www.banksy.co.uk/
Non hai nada que investir, mándase limpalos a quen os puxo ou algún que se colla mexando na rúa, tanto fose el como o seu can.
Aínda encima van pagar unha multa os donos do edificio por non limpalos. Pois non lle vai a saír caro ao PP.