Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRES SEMANAS DESPOIS DO ESCÁNDALO

Rouban parte dos ficheiros ilegais que custodiaba a Policía Local de Sada

Os arquivos estaban depositados baixo chave nas dependencias dos propios axentes á espera de que a xustiza tomase unha decisión.

Redacción - 18:00 09/09/2008

O que está a acontecer en Sada seméllase cada vez máis a unha película de suspense. Por se non houbese xa argumentos abondo para este esperpéntico “thriller”, o Concello de Sada vén de denunciar diante da Garda Civil que alguén roubou parte dos ficheiros ilegais que estaban depositados en dependencias municipais. Tal e como denunciou no seu momento Vieiros, os polémicos arquivos da Policía Local de Sada, que contiñan datos persoais de veciños (algúns deles menores), estaban baixo custodia do responsábel en funcións deste corpo policial por indicación da propia Garda Civil, á espera da actuación da Xustiza.

Este funcionario comunicoulle este martes ás autoridades do consistorio que desapareceran parte dos arquivos que tiña depositados nun armario pechado. Precisamente, os autores do roubo puxeron especial atención á hora de eliminar todas as fotos tipo 'polaroid' que apareceran canda os ficheiros. As instantáneas recollían imaxes de menores que foran retidos nas quendas de noite que facían os axentes.

O goberno local ten previsto achegarse este mércores até a Fiscalía para pedir consello do que facer cos arquivos que aínda quedan nas dependencias da Policía Local. Tres semanas despois do escándalo das fichas policiais, as autoridades xudiciais aínda non se dirixiron ao Concello de Sada para ver de tomar medidas ao respecto destes arquivos.

Noticias relacionadas co caso publicadas en Vieiros:


5/5 (3 votos)


Comentarios (9)

Brais #1 9/Setembro/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia escándalo! Que veñan os do CSI. Este país é de pandeireta

Hermerico #2 9/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Impunidade policial

galeguzo #3 9/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alguém duvidava que fosse algo previsível?

Afonso_ch #4 9/Setembro/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E que isso de por o zorro a guardar das galinhas nunca deu moi bom resultado!

"...documentos que estavam depositados nun armario pechado..." nem um mísero cofre forte têm?

Ou é que existiu algúm tipo de acordo para fazer desaparecer as provas??

maleiro #5 9/Setembro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Impunidade policial...
E as autoridades xudiciais? pasaron 3 semanas e non foron quén de levantar os ficheiros.
Non creo na xustiza diste país.

UnDeTantos #6 9/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que finos son!!

OBSERVADOR #7 10/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seria de riso se não fosse de chorar.

Devem pensar que somos parvos, mas o certo é que algo parecemos...

pepedaconcha #8 10/Setembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vergonhento e previsibel. Nalgúns comentarios das novas anteriores sobre este tema ja se apuntaba o mesmo. Pero que lhe imos fazer, mentres nom haia um cambio de réxime as cousas seguiram assim, como van a cambiar se seguem estando as mismas institucións, xuices e policía que durante a época franquista??

ecoe #9 10/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O tempo de espera sin actuación xudicial era o necesario para atopar unha solución de compromiso para retirar o material máis perigoso. Pois xa, unha vez máis.

O autoritarismo e a extrema dereita de novo triunfando.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete