Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPARECENCIA NO PARLAMENTO

Touriño: “Avecíñanse meses especialmente difíciles”

O presidente da Xunta anuncia peores tempos para a economía e subliña que non se agarda unha reactivación da mesma antes de mediados de 2009.

Redacción - 14:00 09/09/2008

Touriño non evitou este martes a palabra crise. Nunha comparecencia diante do Parlamento, Emilio Pérez Touriño advertiu publicamente que a crise vai comezar a notarse especialmente coa chegada do outono e que se prolongará, até polo menos, mediados de 2009. Aínda así, sostén que Galiza é menos vulnerábel que o resto do Estado xa que nos últimos tres anos de goberno bipartito “non só reforzou a súa musculatura económica, senón que modificou substancialmente o seu patrón de crecemento”.

Pero o presidente advirte que a pesar das boas condicións, o noso país “non é inmune porque non é unha illa”. Diante disto, afirma que o Goberno vai saber “estar ás duras e ás maduras” e apelou ao “esforzo compartido” de toda a sociedade referíndose especialmente a empresarios, sindicatos e oposición.

Touriño destacou que socialistas e nacionalistas conseguiron mudar nos últimos tres anos o modelo de cremento cara outro “máis equilibrado, menos dependente do consumo e da construción residencial e menos lastrado polo sector exterior”.


2,5/5 (4 votos)


Comentarios (8)

Gaviotero #1 9/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nos negaban la crisis hace tan sólo unos meses, cuando todos los demás ya la veíamos, como para que nos digan lo que pasará al año que viene. Obviamente, siempre con promesas de tiempos mejores.

A ellos no les va mal con sus sueldazos, su plus de altos cargos y sus flamantes Audis de 350 caballos.

BonKarallan #2 9/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Meigas fora!!

Carlinhos #3 9/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://br.youtube.com/watch?v=...

LOIS_DE_SILAN #4 9/Setembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Difíciles para quen dixo?

Vakaloura #5 9/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 Moi boa pregunta. A resposta sabémola tod@s e eles tamém. Para os de sempre. De tanto apretar o cinto imos quedar coma chamizos.

ObdulioVarela #6 10/Setembro/2008 ObdulioVarela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Traballo nunha oficina do SPEE (antigo INEM) e vexo tódolos días a chegada continuada de traballadores desempregados a doquier, cada vez máis, sobre todo do sector da constuccíón e da hostelería...a crisis non a pode negar ninguén pero polo menos case todo o mundo accede a unha prestación, feito este que non ocurría en crisis anteriores, non é un cónsoelo pero polo menos é algo...

Gaviotero #7 10/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menuda tontería, ObdulioVarela...las prestaciones SIEMPRE han estado aseguradas y se han pagado, si bien es cierto que con los gobiernos socialistas, tanto de González como ahora de ZP, su pago se ha visto siempre amenazado por la descomunal bancarrota que suele acompañar al socialismo en su gestión:

http://www.eleconomista.es/eco...

Lo que está igualmente claro es que con Aznar bajamos del 22% al 11% de paro y con ZP vamos camino de volver al 22% de paro.

Toma socialismo.

trasancos #8 11/Setembro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E onde quedaron todos aqueles comunicados e anuncios de hai tres meses dicindo e negando rotundamente que non había crise??

O PSOE sabía de sobra a que se nos viña enriba...vía como toda persoa cuon dous dedos de frente escuros nubarróns no horizonte e o único que fixo foi negar o que estaba a suceder. Xa se sabe que o primeiro paso para solucionar un problema é recoñecer a existencia dese problema, e estes aínda o están aceptando agora....O caso é que os meses foron pasando e os nubarróns e a treboada xa se colocaron enriba nosa. E o goberno aínda sen chubasqueiro. Preparémonos para unha boa pulmonía.

http://www.terra-galega.org

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete