Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNHA SEMANA DESPOIS DE SER APROBADO

Lobeira marca máis distancia co Plan Acuícola: “O BNG non é o pai desta criatura”

O deputado nacionalista advirte que as consellarías nacionalistas aínda teñen que analizar cada un dos proxectos.

Redacción - 18:00 04/09/2008

O deputado nacionalista Bieito Lobeira marcou claramente a postura do Bloque con respecto ao Plan Acuícola: “O BNG non é o pai desta criatura”. Lobeira considera que o documento aprobado en primeira instancia no Consello da Xunta é “manifestamente mellorábel”.

Os nacionalistas explicitan así a súa disconformidade cos plans dos seus socios de goberno. Lobeira lembrou que houbo actuacións como as da Consellaría de Cultura que van evitar que as piscifactorías afecten a áreas de interese arqueolóxico.

Porén, o deputado do Bloque cre que aínda é preciso limar máis os plans da consellaría. Como exemplo puxo as piscifactorías de Laxe Brava (Ribeira), Camelle ou a de Merexo (Muxía), que, segundo explicou, poñen en perigo a riqueza produtiva e natural das zonas.

A este respecto, Lobeira advertiu que os proxectos piscícolas aínda teñen que ter o visto e prace das consellarías de Cultura, Industria e Medio Rural: “Imos facer todo o posíbel para que os proxectos que nos parecen máis agresivos non cheguen a facerse realidade”.


4,58/5 (12 votos)


Comentarios (21)

carlosroca #1 4/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E Patxi Conselleiro tendo que defender este Plan Acuicola, que papel máis triste lle asignaron os seus colegas...

Gaias #2 4/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

So faltaba que ademais afectasen a áreas de interese arqueolóxico!
Coma se non fose suficiente co destrozo ecoloxico, os poucos postos de traballo que crean e o feito que coticen fora.
Cando son poucos os que gañan e moitos os que perden na sociedade galega, dame que pensar se alguns poden estar untados, xa que non me esplico que se aprobe este plan tan destructor.

signatus #3 4/Setembro/2008 signatus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.goear.com/listen.ph...

Gaviotero #4 5/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ay, Lobeirita, no será el padre, pero sí el padrino, pues con sus votos el BNG, con tu voto, Benedicto, estás promoviendo y manteniendo las decisiones de esa otra mitad del gobierno.

¿Y por qué? ¿Será acaso por el peazo sueldo que tienes, ese A6 que te lleva y te trae de aquí para allá y todos los demás beneficios de estar ahí de diputadillo regional?

Hay que ser caradura...

Tino #5 5/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, Lobeira, está ben q nos distanciemos deste monstro de 25 cabezas, mais algunha responsabilidade teremos: o BNG como parte do Consello de Governo onde se aprobou (ainda q estivera en contra) tivo q achantar para q non se creara unha crise.
Por iso Touriño non kixo adiantar as eleccións: aprobamos o plano ou hai eleccións e non se aproba.
Algunha culpa tamén teremos ainda q non nos guste.

Troita_de_pe #6 5/Setembro/2008 Troita_de_pe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois é moi sinxelo distanciarse: abandoades o goberno e listo. Mira ti qué doado!
ah? pero non o abandoades... vale.

lura #7 5/Setembro/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quintana dixo despois : " Lobeira non soubo explicarse ou non foi comprendido polos periodistas"
Unha de cal e unha de area, que tal van as negociacións da tallada eólica?

ulo #8 5/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tino, vexo que comezas a ver as cousas como son, e non como as contan.
E Gaviotero, cala dunha vez... que para Audis, mira o PP de Mallorca, que estan a piques de meter na prision a todos. Alen máis, tedes unha debeda coa Xunta bipartita.
Se ista quixera, levaba ao fiscal dende Feijoo ata Fraga: concesions de minicentrais, Gaias (herdanza, que estes de agora van e collen, que ha que ser..., porque agora a responsbilidade é compartida), do Prestige (a comision pechou sen responsabilidades, porque non o BNG nin o PSdG quixeron, eu penso, tiveron medo, de ir máis aló), do AVE -o mesmo que co Gaias, estes son parvos, recollen a herdanza envelenada do PP, e agora son corresponsbéis dos desastres-
E cala sobre o plano acuicola, porque si o da Xunta bipartita é un desastre... o voso -o do PP- sería como unha bomba atomica sobre a costa galega.
Tedes moito polo que calar, porque si esta Xunta fai cousas mal, é porque son continuistas cos 17 anos do PP.
Esa é a esencia da critica: non o continuismo, polo cambio de verdade e non este troco cosmético que manten o fundamental do pasado.

bainha #9 5/Setembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As razóns de Lobeira aquí:
http://xgaliza.blogspot.com

elrr #10 5/Setembro/2008 elrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, e Lobeira ten razóns e todo... O que veña del hai tempo que o poño en corentena.

mceleiro #11 5/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Todas as desfeitas do PP têm a graça da AMISTIA SUPREMA por parte no novo governo (alguém tive responsabilidades no Prestige?). Mas agora entendo o porquê. Eles fazem o mesmo e seria um precedente.

O BNG deveria deixar de botar às culpas aos que desgovernaram antes, ou ao sócio dos socialistos, e GOVERNAR.

Que teria que fazer o PSOE para os do Bloco romperem o pacto de governo?

Para fazer tudo quanto o PSOE queira, pois não faz muito sentido votar ao BNG...

carlosroca #12 5/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah claro, e así o PSOE ou PP gobernan en solitario e montan o Plan que queren sen restriccións. Moi intelixente... estes das consginas 8ou consignatarios) sonche humorísticos... ou todo ou nada.

carlosroca #13 5/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E logo non é máis intelixente, responsábel e realista recurtar primeiro na negociación, despois desde os departamentos da xunta e ao final coa mobilización. Así se logra o que se pode dacordo coas forzas que se teñen.

Pero xa vexo que os da consigna e os platónicos no canto de apoiaren aos que manexan a realidade e turrar na mesma dirección, prefiren nada a algo.

Cousa do minifundismo pátrio?, neoplatonismo?...

ulo #14 5/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

carlosroca o teu prantexamento seria o correcto, se falarmos de ideas... mas falamos de diñeiros, de interese, de contas de resultados e lucros empresariais, é dicer, de relacions de forza entre os poderosos e os seus interese, e os que defenden a racionalidade que aos poderosos importalles nada,.... enton o camiño é xusto o contrario.
Cando un entra nunha negociacion co inimigo, sexan as piscis, ou sexa a patronal nunha negociacion colectiva, ten que saber de entrada con que forzas conta. Por dicilo dunha maneira militar, forma as súas fileiras, presenta as armas e fai algunha demostracion de forza: no caso dos poderosos non recurren a mobilizacion, pois teñen os seus estudos, as liñas directas cos ptes de gobernos, as reunions regulares coa patronal, etc. etc.; mentras, os que estamos enfrente só temos unha maneira de demostrar a nosa forza: a mobilización.
E dependendo desta marcas os obxectivos. Se tés moita, como foi o 17 de febreiro na manife. Galiza Non se Vende, adiante, e a impediro a lei.... Logo foi debilitandose, e o inimigo tomou a iniciativa: campañas de prensa -unha das súas armas preferidas, pois a controlan totalmente-, presions, ameazas (voume para Portugal, fixo Pescanova), etc. E por último, que adianto as eleccions!, ameazou. Esta foi o remate para que o Consello aprobara UNANIMENTE o Plan.
A correlacion de forzas foi modificada e ao final da loita... , so fica o desencanto e o dereito o pataleo, porque as declaracions de Lobeira e das consellerias non son máis que dereito o pataleo.
Mas temos que tirar conclusions políticas: porque se admitiu o plan, porque a loita non tivo máis tiron, etc. e, sobre todo, que temos que facer diante dos novos planos (eolico, de estradas e autoestradas, TAV, contra crise sobre a base de subvecions a patronal, ou máis xerais como a directiva europea das 65 horas, etc. etc.)
Como dixo unha gran revolucionaria, Rosa Luxemburgo, "o camiño da victoria esta jalonado de derrotas". E temos que aprender delas.
Os utopicos son aqueles que pensan que loitan contra muiños,.... non carlosroca, loitase contra xigantes e a experiencia demostra que só a loita, paga.
Remember Nunca Máis e Prestige, os metalurxicos vigueses, as loitas contra a guerra.... As folgas xerais contra Aznar e o PP.
As Folgas Xerais contra o PSOE de Gonzalez...
Que non foron tan lonxe na historia, que foron hai pouco tempo. A maioria de nós vivemola, e a temos na memoria.
So para alguns hoxe no poder, a mobilizacion social deixou de ser a ferramenta dos oprimidos.

Outro #15 5/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moito Lobeira ten razón pero o que de verdade a ten é Patxi Vázquez, se ao Bloque non lle gustaba o plan por qu o votou no Consello da Xunta; podería terse abstido ou mesmo votar en contra e sairía adiante igual coa maioría dos consellerios do PSOE, de contra foi aprobado por UNANIMIDADE. De todos xeitos parece que o amigo Quin xa puxo as cousas no seu sitio e o de Lobeira foi unha saída de tono de alguén que xa ten antecedentes neste senso. Non vos enganedes, o BNG está dacordo co plan Acuícola, ainda que unha vez máis haxa quen quere estar na misa e tocando a campá ao tempo, cousa que imposible como sinala a sabedoría popular. O Plan e da Xunta, do bipartito PSOE-BNG, o demais é demagoxia barata.

Gaviotero #16 5/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ya lo ha desautorizado Quintana...¡es que este Benedicto Lobera! ¡A veces se le olvida que le debe su sueldo a los socialistas!

Quintana considera que las críticas de Lobeira al plan acuícola fueron «excesivas»
El vicepresidente de la Xunta recuerda que el plan ahora «é un proxecto do «goberno».

http://www.lavozdegalicia.es/g...

Manuelaldao #17 5/Setembro/2008 Manuelaldao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non se pode estar fora e dentro a vez.

Outro #18 5/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os que antes barullaban con que o BNG non estaba dacordo co plan agora que teñan a decencia e a valentía de rectificar, porque supoño que no Bloque manda algo máis Quintana que Lobeira

Vakaloura #19 5/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A moitos do común non nos gusta o que está a facer o BNG en todo iste asunto. Non nos gusta que por un cachiño de poder anden axeonllados aos pés do PSOE. A iste paso remataran fagocitados polo poder e polo mesmo PSOE. Dirixentes do BNG, se non estades dacordo co plan acuícola, por qué o votades no Consello da Xunta? Aí, tivestes a oportunidade de desmarcarvos e se non o fixestes será por que estades de acordo con el? Da a impresión que amades máis un chisquiño de poder que o facedes a Galiza. Así levamos toda a lexislatura, uns matando e os outros esfolando. Mesmo parece que vos estades a rir dos cidadáns. Governar implica tomar decisións. Vós (BNG) estades a facer un seguidismo pueril dos señoritos do PSOE. ¡Recapacitade se ainda vos queda vergoña! Non se pode escoitar misa e repinicar as campás ao mesmo tempo. É non nos vale que lle botedes as culpas aos anteriores governos. Agora governades vós? Pois entón, os do común, teremos que exixirvos os que governades, non a oposición. Ou...pretendedes facer oposición e governar ao mesmo tempo? Imposíbel.

ulo #20 6/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, menos mal que o vendepatrias Quintana apareceu para pór as cousas no seu sitio: o plan acuicola, como o eolico, é de toda a Xunta, do BNG tamen.
A pregunta obvia é: e que van facer todos aqueles do BNG que lexitimamente rexeitaron o Plan acuicola?
O pobo traballador galego necesita, xa mesmo, outra organizacion que defenda os intereses dos traballadores e traballadoras, dos veciños, dos xovenes. O BNG demostra co apoio ao plan acuicola que a súa cabeza esta na defensa dos interese das grandes multinacionais... GALEGAS, con Pescanova e Isidro de la Cal ao fronte.
O BNG é a organizacion do Mausoleo a Fraga Gaias, do TAV de Aznar, do Plan acuicola e do plan eolico... é a organizacion que acorda con Touriño (Quintana dixit, tamen) adoptar medidas contra a crise, medidas que xa foron aprobadas pola Xunta, e pactadas con CC OO e UXT; e rexeitadas pola CIG.
O BNG xa é unha organizacion que representa uns interese que nada teñen que ver cos traballadores e as traballadoras, co pobo traballador. Que o fai en galego, como se o fai en chinés....
Quén representa a iso traballadores e traballadoras, ao pobo traballador.... Iso temolo que construir entre todos aqueles que rexeitamos as politicas neo liberais do PP, ou social liberais da Xunta Bipartita, teñamos o carnet que teñamos.

ulo #21 6/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, menos mal que o vendepatrias Quintana apareceu para pór as cousas no seu sitio: o plan acuicola, como o eolico, é de toda a Xunta, do BNG tamen.
A pregunta obvia é: e que van facer todos aqueles do BNG que lexitimamente rexeitaron o Plan acuicola?
O pobo traballador galego necesita, xa mesmo, outra organizacion que defenda os intereses dos traballadores e traballadoras, dos veciños, dos xovenes. O BNG demostra co apoio ao plan acuicola que a súa cabeza esta na defensa dos interese das grandes multinacionais... GALEGAS, con Pescanova e Isidro de la Cal ao fronte.
O BNG é a organizacion do Mausoleo a Fraga Gaias, do TAV de Aznar, do Plan acuicola e do plan eolico... é a organizacion que acorda con Touriño (Quintana dixit, tamen) adoptar medidas contra a crise, medidas que xa foron aprobadas pola Xunta, e pactadas con CC OO e UXT; e rexeitadas pola CIG.
O BNG xa é unha organizacion que representa uns interese que nada teñen que ver cos traballadores e as traballadoras, co pobo traballador. Que o fai en galego, como se o fai en chinés....
Quén representa a iso traballadores e traballadoras, ao pobo traballador.... Iso temolo que construir entre todos aqueles que rexeitamos as politicas neo liberais do PP, ou social liberais da Xunta Bipartita, teñamos o carnet que teñamos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete