Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A LUZ NECESARIA

A memoria dos galegos represaliados pola ditadura resoará na Audiencia Nacional

Cultura anunciou que lle vai enviar a Garzón un informe con datos de 14.600 perseguidos. O estudo tamén localiza 26 foxas e 11 lugares da costa onde se fondearon cadáveres.

Redacción - 16:00 03/09/2008

“De inmediato”, así o anunciou a conselleira de Cultura, Ánxela Bugalo. O departamento da Xunta ten previsto remitirlle esta mesma semana á Audiencia Nacional un censo de vítimas da represión franquista en Galiza. O listado que elaborou no seu momento a consellaría conta con datos de máis de 14.600 persoas represaliadas (3.588 delas foron asasinadas). Ademais, Cultura tamén anunciou que poñerá a disposición do xuíz Baltasar Gazón un mapa con 305 “lugares de represión”. Este documento localiza 26 foxas e 11 lugares da costa onde se fondearon cadáveres.

A documentación que partirá cara Madrid nos vindeiros días é froito dun traballo, 'As vítimas, os nomes, as voces, os lugares' que no seu momento impulsou a Consellaría de Cultura e no que participaron as tres universidades do país. Bugallo lembrou que "o único xeito de poder xulgar a verdade é coñecéndoa". Á mesma vez, a conselleira dixo que, contra o que algúns sosteñen, a verdade "non ten que facerlle mal a ninguén". Con este movemento, a Xunta dá un importante paso para constribuir ao proxecto de Baltasar Garzón, que pretende elaborar un censo estatal de desparecidos logo do golpe militar de 1936.

O coordenador do traballo histórico, o profesor Lourenzo Fernández Prieto, lembrou que o estudo sobre a represión en Galiza aínda non rematou e que polo de agora a documentación concéntrase no período 1936-39. Porén, xa se traballa na represión dos anos posteriores. Neste senso, a conselleira insistiu na necesidade de que outros departamentos da Administración galega colaboren para esclarecer o acontecido.


4,88/5 (8 votos)

Comentarios (10)

Gaviotero #1 4/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ahora Angelita Bugallo nos sale desenterradora...lo que nos faltaba. Se podía poner a trabajar de una vez.

Hermerico #2 4/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Muita propaganda, vai ser julgado alguém?. Fascistas do 36 nom ficam muitos, mas dos 40, 50 ,60 70, 80...Polícias , ministros que assinavam penas de morte.... Todo está atado e bem atado.
Garzón toma sério outras cousas, e sobre todo e ele quem vulnera os direitos fundamentais.
Venha fascistas, toca-vos retruncar

COUTOVEN #3 5/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha realidade lapidaria.

Alguén sinalo acertadamente. Quen queda vivo para ser xulgado por estes asasinatos? Se queda algún. Posiblemente mórrase do susto cando lle digan que vai ser sometido a xuízo e se sobrevive posiblemente cumpra a súa pena en casa. Cousa que pola súa idade é case o mesmo que estar libre.

Realmente alguén cre que se está rescatando a memoria histórica destas persoas. Eu non o creo. Penso máis que estes horrendos e inxustos crimes están a usarse cun fin político e máis nada.

Se a tecnoloxía permitísenos resucitar a estas persoas a partir dos seus restos. Dubido moito que unha boa parte dos políticos actuais estivesen a buscar estas fosas. Xa que ao traer á realidade estes homes e mulleres, verían que as motivacións polas cales loitaron e morreron hoxe do mesmo xeito que onte non se cumpriron.

Estas persoas loitaron por unha república, por unha democracia, pola abolición dun anacronismo monárquico que cada día ten menos xustificación. Con tristeza descubriran que o militar golpista que o mando á fosa morreu plácidamente na súa cama e atá deixo o caramelo envelenado dunha monarquía. Que aínda que permitiu a apertura á democracia isto non a transforma nunha institución valida. Lamentablemente todo isto ocorreu ante a mirada compracente de moitos dos que hoxe defenden esta profanación. A cal deixase de selo no momento que eses ollos e memorias etéreas poidan ver un sol de democracia e as bandeiras Galega e Republicana ondeando como un símbolo de nación e non como unha cortina que lles impida ver que hoxe do mesmo xeito que onte non se alcanzou a liberdade política que eles conseguiron e morreron defendendo.

teixugo #4 5/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

PONHAS COMO TE PONHAS, ES UM LERIA PODRE!!!

COUTOVEN #5 5/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que profunda e variada argumentación sustentan as túas ideas e criticas. Es o mellor exemplo do fanatismo totalitarista. Que ben che sentou o adoctrinamiento ideolóxico.

Hermerico #6 5/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A República espanhola fijo o que pudo para impedir que se aprova-se o estuto do 36, antes , durante e mesmo após a guerra. U

Hermerico #7 5/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

(esta é a boa)
A república espanhola fijo o que pudo para impedir que se aprovasse o estatuto do 36, antes, durante, e mesmo depois da guerra. Os espanholistas som espanholistas, e também os outros preferirom umha Espanha facha a umha Espanha "rota". Fora a bandeira espanhola da Galiza tenha as cores que tenha

COUTOVEN #8 5/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tes razón. Por iso fálase da Bandeira Galega e Republicana de forma independente. O feito de ter un inimigo común nun momento. Non significa para nada ter intereses comúns o resto da vida. Non lles parece?

teixugo #9 6/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

PONHAS COMO TE PONHAS: ES UM LERIA PODRE.

COUTOVEN #10 8/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

IGUALMENTE

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete