Conta con oito mil mulleres traballando en locais de alterne e 543 que exercen na rúa, situándose moi por riba doutros lugares con máis poboación, como Cataluña.
Segundo os expertos que veñen de comparecer no Congreso dos Deputados, no Estado Español existen unhas cen mil persoas adicándose á prostitución. Segundo os seus estudos, un 6% da poboación é usuaria habitual destes servizos, o que depara unha cifra de negocio que ascende a 50 millóns de euros cada día, é dicir, os españois gastan 50 millóns de euros diarios en acudir ás prostitutas.
Galiza é o quinto territorio do Estado con máis meretrices: contabilízanse oito mil locais de alterne e 543 prostitutas, o que a sitúa por diante doutros territorios que teñen máis poboación, como por exemplo Cataluña. Andalucía con 18.200 prostitutas, Valencia (14.200), Madrid (13.800) e Castela a Mancha son as que encabezan o listado, mentres que os territorios que máis carecen destes servizos son Estremadura (1.400), Euskadi (1.300) e Navarra (700).
Un negocio de 18 mil millóns de euros
Segundo os datos da asociación de propietarios de clubs de alterne, este sector move anualmente 18 mil millóns de euros, ao que hai que sumar os beneficios millonarios que obteñen outros negocios derivados, como o dos medios de comunicación, que cobran pola inserción de publicidade de "contactos". Segundo o informe presentado no Congreso, trátase do segundo negocio mundial máis lucrativo, despois do tráfico de armas e por diante do narcotráfico: a prostitución reporta unhas ganancias anuais de entre cinco e sete billóns de dólares e mobiliza a uns catro millóns de persoas en todo o mundo.
Perfil da prostitución en Galiza
Segundo os datos que manexa Alecrín, organización que traballa na incorporación destas mulleres na sociedade, o número de locais de alterne que hai en Galiza sitúase en torno aos 350. A tendencia na actualidade é a de reducir o seu número, porque o seu traballo se está a concentrar en grandes macroclubs. Así, mentres o número de locais se reduce, aumenta o de mulleres que exerce a prostitución.
A estas cifras hai que engadir os pisos nos que tamén se exerce a prostitución, dos que Alecrín ten contabilizados 300 aínda que sospeita que podería haber moitos máis. Dentro desta tipoloxía encadraríanse aqueles que tamén están xestionados polos proxenetas dos clubs, aproveitando que xa pagaban o aluguer das mulleres e conseguindo, deste xeito, unha maior impunidade legal. Nestes casos as mulleres están sometidas a unha explotación e un control moito máis férreo. Outra posibilidade é que as propias mulleres, unha vez vencida a súa débeda co proxeneta, continúen exercendo a prostitución temporalmente nun piso. Nestes casos a actividade é moi efémera, xa que por si soas non acadan rendibilidade económica, ao carecer dos contactos dos donos dos clubs e ao non ofrecer a mesma invisibilidade.
E se falamos da prostituiçom intelectual ou até da prostituiçom cultural ou linguística, em que posiçom estamos?
Se falaram da prostituição política seria a primeira posição bem longe dos segundos.
Vaia dúas burradas de comentarios. Describen a indecencia de quen os fai. A prostitución é un grave problma social que merece o máximo respecto. Indignante.
"Territorio do Estado"...O sea, Comunidad Autónoma, que es lo que somos. Ah, y se dice Galicia, no "Galiza".
Este é o momento para lembrar quando há poucos anos umha associaçom de prostituidores galega premiou a guarda civil agradecendo a sua colaboraçom
Pois eu estou amplamente a favor de regular e legalizar a prostituição.
Este "oficio", o máis antigo do mundo, é imposible de combater mais posible de reducir. Unha medida que apunta "alfonso_ch" como é a legalización pode servir para este fin.
Pois eu pensaba que no meu país (que é o que somos) erámo-los primeiros coa cantidade de políticos e outro tipo de xentalla vendidos a Madriz
E quen o di?
Seguro que algún fillo de p...
E os seus filhos no PP¡¡¡¡¡
Grazas Papuxa. Faltoume a outra p.
Que mágoa, pobres mulleres escravas pola forza ante os ollos da xente na Europa do século XXI...
Vaia síntoma de civilización.
En efecto, e un tema moi serio pero non haberia que facer demagoxia co tema de se e ou non explotacion da muller, nin caer tampouco en moralismos caducos que lle fan o xogo aos sectores mais hipocritas e reaccionarios da sociedade.
A prostitucion e escravitude da muller? Eu creo que non o e de maneira intrinseca. Cal e o verdadeiro problema? Que o 90% da prostitucion que se exerce no Estado Espanol faise en condicions que si se poden considerar como coactivas cara a quen a exerce. Non creo que unha lexislacion abolicionista solucione esta lacra porque gran parte das mulleres que exercen a prostitucion fano enganadas e ameazadas polo chulo de turno porque son inmigrantes ilegais, asi que a solucion ten que ser outra, porque tanto ten que a prostitucion sexa ilegal ou non cando se seguiria exercendo por vias ilegais e, posiblemente, moito mais perigosas.
Eu aposto por unha regulacion da prostitucion onde se reconheza o traballo destas mulleres por conta propia, eliminando esa figura sinistra e negra do chulo. Considero que o tema e dabondo serio como para tratalo como o que e, unha situacion inxusta que se da por unha lexislacion inxusta na que tanto a dereita carca como a esquerda supostamente progresista contribuen. Sabiades que a prostitucion estaba regulada durante a republica e que, daquela, as condicions laborais das traballadoras eran moito mais dignas e seguras? Haberia que preguntarse enton, que e o mellor.
Seica a Gaviotero se lhe esgotaron
os argumentos. Agora so discute por
"territorio do estado" e Galicia ou
Galiza.Pronto se ha de retirar de vieiros
Para o indignado #3 Outro:
É indecente falarmos doutros tipos de «prostituiçom» também existentes na Galiza?
E o tema das mulheres sequestradas e exploradas sexualmente é um assunto gravíssimo bem conhecido e consentido polo Governo.
GAVIOTERO PUTERO!!!
tOMA RIMA FAZIL COMO TU GOSTAS!!!
Como outro tema de que quase ninguém fala. Os bares e locais «legais» onde conhecidos proxenetas como, por exemplo, os irmãos Lorenzo em Vigo, lavam o dinheiro procedente desse negócio. O bar «La Porchaba», na rua Rosalia Castro de Vigo, da sua propriedade, é só um exemplo entre muitos outros.
Veja-se:
http://www.lavozdegalicia.es/h...
http://www.alecrin.org/alecrin...
Estou bastante dacordo con que regularizar a prostitución pode mellorar a situaciùon das mulleres prostituídas pero ao meu entender debemos tirar cara o modelo escandinavo de punir aos puteros. Penso que é o mellor xeito de reducir o problema desde o lado da demanda. A min persoalmente tócame moito as bolas que cando se fai unha redada nun clube (lugares que non entendo como están permitidos coa configuración actual)as consecuencias da redada sempre son, prostitutas detidas e expulsas por ser inmigrantes ilegais, namentres os proxenetas rara vez son inculpados e os puteros marchan a casa como se non tivesen nada que ver co asunto. Que os multen por ir a burdeis e que legalicen as prostitutas que denuncien aos proxenetas!
afonso_ch e conde: realmente en que consiste eso da regulación? en poñer unha tarefa homoxénea? en cargarlle impostos para que os nosos políticos teñan máis donde incalo dente?( ive ó 16 ou reducido coma ó pan ), en criar un censo de meretrices como aquel que querían facer de xitanos en lugo? ...
fora de todas esas mandangas, eu tódalas putas que coñezo están encantadas co séu estatus. non desbotan ser xuizas do supremo, médicas especialistas ou mestras de primaria, pero ó que non están dispostas é a gañar menos do que ingresan fodendo. e moven pasta, ollo, que non son mileuristas nin van a turnos a caixanova a través dunha ett: teñen un piso razoable, gastan perfumes de armani e vístense de carolina herrera. comen en bos restaurantes con reservas de juvé y camps, van un par de horas pola mañán ao ximnasio a mantelo glúteo erguido e mandan á casa un bo montante cada semana.
frente a elas coñezo mozas que preparan oposicións nas academias e casan con lampantíns que as deixan plantadas na casa da nai nas tardes de fútbol; coñezo mulleres que levan explotacións agrarias a maior gloria da fábrica de penso, da multinacional da maquinaria e da banca que lles aguanta o envite. tamén coñezo mulleres con negocios e excelentes profesionais como médicas, abogadas e farmacéuticas. nengunha gaña máis que as miñas amigas putas, ningunhas rín igual, ningunhas comen ca mesma alegría, nengunhas viven o día a día ca misma intensidade. e, por suposto, ningunhas de estas santas femias fode con tanta intensidade.
así que deixarse de lerias: a cúspide da escala social é a de puta. o día que a muller se dé conta de eso ( e venza o patriarcado machista e a degeneración masculinizante do feminismo machorro )as relacións económico sociais sufrirán un maremagnum considerable e o sistema capitalista recibirá un mazazo de moito carallo; basta xa, muller, de ser un títere do homo si tes a ferramenta para a túa aténtica independencia: a cona.
e a que non vale para eso que traballe, que prepare oposicións, que se meta empresaria ou que sirva copas nun bar, pero a que poda que vaia para prostituta, que non o pense. en dez anos pode facer pasta e retirarse; non tanta coma un futbolista do madrí, pero moito máis que un do barallobre, do arenteiro, do lemos ou do chantada, e sin unha mala entrada, sin unha triste patada. e si quere darse de alta na ss sempre pode porse como autónoma ou, como fai algunha que coñezo, figurar como secretaria ou directora comercial na empresa de algún amigo.
todo este debate de moralinas pacatas está entroncado en san pedro ( eu era en san pablo? )e na teoría de que o corpo é o vestido da alma inmortal, na maldade intrínseca do sexo e na mazá que eva entrega a adán para alonxalo de deus. o que hai que facer é ir máis as putas e menos á misa ou ó cine, ho.
#7 hai 22 horas e 54 minutos galego83
Este "oficio", o máis antigo do mundo, é imposible de combater mais posible de reducir. Unha medida que apunta "alfonso_ch" como é a legalización pode servir para este fin.
¿E COMO SABES TI QUE É "O OFICIO MÁIS ANTIGO DO MUNDO"?
ÍMONOS DEIXAR DE REPETIR TÓPICOS COMO LORIÑOS.
Baltar69: concordo contigo no que dizes; mas com regularização refiro-me a que as putas ( as que queiram ) poidam fazer todo isso que tu dizes e ademais se poidam dar de alta como autónomas e terem os mesmos dereitos do que qualquer outro trabalhador; sem ter que depender dun empresário amigo nem ter que se disfarçarem de secretárias como tu relatas.
E é que neste tema há moito pessoal que se cree com direito de dizer-lhes as putas o que elas têm que fazer com o seu corpo.
a todos esses que dizedes que se é uma lacra, que se há que ir cara o modelo sueco, que se tal que se qual eu pergunto-vos:
DE QUEM É A CONA DE UMA PUTA???
É DELA OU É VOSSA??
No tema da prostitución hai demasiados prexuízos e puritanismos.
Hai polo menos dúas visións deste problema. A que ten o xeneral da poboación e a que ten o persoal que manexa ITS (Infeccións de transmisión sexual) e sanitario en xeral. Nalgúns países ITS e control de traballadores sexuais son entidades independentes noutros forman unha simbiose funcional. Dunha ou outra forma teñen un fin común profilaxis e tratamento de fracasar esta última.
Certamente a prostitución feminina é a máis común sen descartar que existen outras variedades as cales teñen un sistema de seguimento sanitario específico.
Cando se fala de regulación nesta materia o importante para o persoal sanitario é brindarlles a confianza suficiente a estas persoas para que consulten de forma rutineira aos centros de control e conten con ferramentas e coñecementos para que practiquen toda a variedade de servizos sexuais nun ambiente de seguridade sanitaria.
A regulación sanitaria sempre existiu. Pero recordando que os organismos sanitarios nacionais manéxano con xustificado toque oscurantista de face á poboación. Con todo e iso e eficiente en moitos países e permitiu brindar a estas e estes traballadores sexuais ferramentas para exercer a súa profesión con seguridade para eles e os seus clientes durante décadas. Pola contra nos países onde se lle dá unha connotación delituosa e moralista a esta práctica é onde ven os peores problemas tanto en traballadores como usuarios destes servizos.
Todos somos potenciais clientes destes servizos e á súa vez potenciais ofertantes. As realidades individuais destas ou estes traballadores sexuais son moi variables. Non se adoita profundar nestas consultas en temas persoais, moda, relixión, gustos gastronómicos ou tipo de perfumes preferidos por estes profesionais. O traballador sexual responsable busca na consulta institucional un control sobre un risco laboral específico. Non un confesor espiritual nin un xuíz en materia de moralidade. Isto deterioraría a relación medico paciente e a perda da confianza e polo tanto do control sanitario. Isto só significa problemas na comunidade.
Hai tantas maneiras de nomear a estas persoas como prexuízos ao referirse ás mesmas. Igualmente hai quen o ven como un problema e avogan pola súa desaparición. No medio sanitario adoitan ser máis prácticos. Hai unha realidade sanitaria que afrontar. Que os políticos, relixiosos, moralistas e opinadores de oficio sigan coas súas análises. Levan niso a mesma cantidade de anos que a prostitución como realidade.
É máis, no medio do persoal asistencial dedicado a este ámbito sanitario adoita decirse:
“Un traballa onde os demais gozan”
Baltar69, sinceiramente tómome o teu derradeiro comentario a broma porque prefiro pensar que non pensas así realmente.
Coutoven, nas miñas opinións sobre a prostitucións hai máis ben pouco de moralista e menos aínda de puritanismo (se acaso principios éticos, iso si).
Esta é a realidade da prostitución en España: Ao redor dun 90% das prostitutas respostan a un (ou varios) dos seguintes perfis: inmigrantes ilegais, persoas con algún tipo de adicción, xente con recursos económicos extremadamente baixos.
Ningunha destas persoas exerce a prostitución libremente (o comentario ese de de quen é a cona das putas, ademáis de moi maleducado paréceme que non ten unha resposta tan doada). Non penso que a prostitución sexa unha boa oportunidade laboral para o conxunto das mulleres, entre outras cousas porque entre proxenetas e puteros (o conceito cliente ou usuario para min implica unha relación igualitaria entre ofertante e demandante)as prostitutas teñen pouco que dicir sobre o xeito no que exercen o seu traballo. Ademáis, as posibilidades de marchar dese traballo e buscar outro van desde poucas a ningunha.
Sinceiramente, non sinto ningún respeito por alguén que acode a un prostíbulo e sinto noxo absoluto por alguén que se lucra obrigando a exercer a prostitución a persoas que non teñen ningunha alternativa. E finalmente, se o persoal asistencial ese utiliza frases como "un traballa onde os demais gozan" mellor que asistan á súa puta nai e deixen o seu traballo para alguén un pouco máis profesional
Gaviotero, preocupas-te com o nome do noroeste peninsular, que é, na verdade, GALIZA, e não com a prostituição. Deves ser chulo!!!
condedecotobade:
Completamente de acordo. Por outra parte, dicir que é doado rematar coa prostitución. Como? Con dúas medidas conxuntas:
1. Consideración de delicto do feito de ser "cliente" ou "xefe de bar de putas", as dúas cousas deben estar penadas pola lei.
2. Estabelecemento de medidas de axuda económica ás prostitutas que desexen saires desta merda.
Para TODOS os que dunha maneira ou outra defenden a legalización da prostitución, con cotizacións a SS, etc.:
Póñanse no caso de ser fillos dunha destas mulleres-escravas e que nos seus documentos conste, onde di profisión: "prostituta".
Colóquense no sitio do neno que é interrogado na clase polo profesor e lle pregunta: cal é a profisión da túa nai?
Pensen por un momento na posibilidade de convivir cunha "traballadora" do sector e formar unha familia.
Agora o conto cambia verdade? E sabedes por que? Porque hai moito filósofo hipócrita polo mundo adiante. Desde logo "traballar" na prostitución non é o mesmo que pertencer a unha empresa de limpeza de váteres públicos. A fin de contas, supónse, que todo o mundo limpa o váter cando vai facer as súas necesidades. Sen embargo, a nadie se lle supón a vocación profesional de "exercer".
Non a prostitución por ser a forma de dominación da muller máis antiga do mundo.
A solución non é doada, pero iso implica pensar noutras coordenadas. Investir en servizos sociais, en formación e integración social. O demais é o de sempre.
Para TODOS os que dunha maneira ou outra defenden a legalización da prostitución, con cotizacións a SS, etc.:
Póñanse no caso de ser fillos dunha destas mulleres-escravas e que nos seus documentos conste, onde di profisión: "prostituta".
Colóquense no sitio do neno que é interrogado na clase polo profesor e lle pregunta: cal é a profisión da túa nai?
Pensen por un momento na posibilidade de convivir cunha "traballadora" do sector e formar unha familia.
Agora o conto cambia verdade? E sabedes por que? Porque hai moito filósofo hipócrita polo mundo adiante. Desde logo "traballar" na prostitución non é o mesmo que pertencer a unha empresa de limpeza de váteres públicos. A fin de contas, supónse, que todo o mundo limpa o váter cando vai facer as súas necesidades. Sen embargo, a nadie se lle supón a vocación profesional de "exercer".
Non a prostitución por ser a forma de dominación da muller máis antiga do mundo.
A solución non é doada, pero iso implica pensar noutras coordenadas. Investir en servizos sociais, en formación e integración social. O demais é o de sempre.
Condedecotobade. Moitos saúdos.
Non discrepo para nada do teu punto de vista xa que é o que se corresponde a unha persoa civil en pleno uso dos seus dereitos e cunha forma de pensar a cal creo que non é moralista, senón realista.
Se relés o meu escrito e matízalo co seguinte comentario entenderás que os meus argumentos son de corte SANITARIO. Non dubido para nada que a realidade desta problemática en Galiza e en España difira da doutros países.
Pretendo brindar un enfoque de corte técnico o cal tende a separarse de certos tópicos que poden ser moralistas para algúns pero intranscendentes dentro do manexo profesional sanitario.
Comparto o seu criterio que o exercicio da prostitución en España esta moi relacionado á emigración ilegal e practicas de explotación humana. Iso é unha realidade. Non a discuto para nada. E a solución disto é máis de corte político e xudicial. Pero enténdase. Mentres exista. O sistema sanitario ten que brindar respostas.
En Venezuela, España, Galiza, Cuba, USA, etc. Existen os servizos de ITS e control de traballadores sexuais funcionando en conxunto ou independentemente. Esas é unha realidade pouco publicitada xa que estes son servizos teñen que actuar nunha ambiente de anonimato e privacidade. Crear que isto é conveniente non só para este problema específico senón para outros como TBC, lepra, etc.
É unha definición sanitaria o dicir “TRABALLADOR SEXUAL” do mesmo xeito que outros termos como usuario, contacto, servizo sexual. Estes son termos ligados ao mundo sanitario e non pretenden cualificar a ninguén ou brindar legalidade a unha situación. De tal maneira, mentres exista o sexo como unha actividade comercial ou non. Os traballadores sanitarios (inspectores, traballadores sociais, bioanalistas, enfermeiros e médicos) Terán que asumir as súas funcións e usar termos homologados carentes de ambigüidade e totalmente desligado de moralismos.
O traballo deste equipo é xerar un ambiente de confianza onde o traballador sexual acuda. Onde non senta xulgado nin cuestionado. Simplemente edúcase, trátanse as patoloxías deste tipo de traballo para diminuír riscos epidemiolóxicos á comunidade. Creame é necesario.
Saúdos.
E como lle sinale “Traballamos onde os demais gozan”
afonso, mecagonacona, estamos soios no mundo entre médicos indianos e nobreza bloquerobaturra. a ver si quedamos un día en rabelas, nas rocas, a tomar un vaso cas pupilas da rosa quen, por certo, polas tardes vai facer footing cun chandal azul, ribetado de tonos roxizos, dende o local santa santorium do pracer até o río cúan sílfide negra do trópico trasladada a galicia polo deus eros.
Diz o condecotobade que a minha pergunta de a quem pertence a cona de uma puta que "é moi maleducado, e ademais não tem uma resposta doada". O da boa ou má educação não o discuto, é um conceito que vai moito na sensibilidade de cada quem; agora isso de ter dúbidas da "propriedade" da cona de uma pessoa... acaso tu consideras-te com direito para decidir sobre um corpo que não é teu?
Sim? com que direito se não e muita moléstia?
O ghaviotero também cre ter a varinha mágica para acabar com a prostituição, todo o mundo tem. Mas alguem se preocupou de lhes perguntar as putas o que é que elas querem fazer?
Se alguem pode acabar com a prostitução são precisamente as pessoas que a exercem, que normalmente são as últimas a serem consideradas. Muito moralista e guardião de bons costumes vejo eu!
Baltar, olha que neste tema concordo com a visão técnica do nosso companheiro venezolano: ante um risco de saúde pública uma resposta do sistema sanitário, nem mais nem menos.
O que sim que não sabia era a tua devoção pola rosa, imos ter de combinar uma dia para melhor escarnio de algum companheiro vieirista!
baltar69
Para ser médico indiano. Hai que primeiro ser da india. Está ben que Colon e persoas con limitado acceso á educación non o soubesen. Pero un alto intelectual cunha prosa tan elaborada desdice moito de si ao usar un termo tan usual pero máis que impreciso.
Por outra banda eu exerzo en Venezuela. Só empezaría a ser medico “indiano” como di vostede. Ao exercer en Galiza ou España. Cousa que é ilegal sen antes convalidar.
A miña participación no foro ten motivacións serias. Para min non hai prostitutas, gigolós, travestis ou calquera modalidade de forma de sexualidade ou exercicio da mesma. Podo pensalo e ter as miñas opinións. Pero como profesional existe unha obrigación ineludible que regula o acto médico. As enfermidades matan ou incapacitan a persoas de calquera idade, sexo, nivel intelectual, ideoloxía política ou nacionalidade. Creame o HIV, as tricolomas, a clamidia, o herpes, o treponema, o gonococo, as cándidas, o molusco contaxioso, etc. poden ser moi daniñas. Pero iso si. Para nada prejuiciadas e clasistas. Elas son afíns a Raimundo e a todo o mundo.
Se algo nos ten que contentar como persoas que traballamos na saúde desde fai mais de 2 décadas é que os servizos de ITS e control de traballadores sexuais en case todo o mundo traballaron á marxe de prexuízos políticos, relixiosos, moralistas e até da ignorancia das persoas. É unha obrigación moral e profesional informar á comunidade e aclarar tópicos e esta é a base da participación. Creame é moi duro e faiche moi duro e critico ver a un ser humano novo comprometer o seu futuro por non ter unha formación sanitaria. Por desgraza nos últimos 20 anos o perfil das infeccións sexuais variou en función do aumento da resistencia e a prevalencia de infeccións controlables mais non erradicarlles. Iso significa que o que antes curabamos cunha dolorosa inyección de penicilina hoxe transfórmase nun calvario eterno para a persoa a familia e a sociedade e un consumo de recursos materiais e humanos os cales puidesen ser utilizados noutras problemáticas sanitarias menos prebenibles. Só doulle un exemplo. Co custo dun só tratamento retroviral estándar durante un ano, pódense salvar 3000 nenos con cadros disenteriformes, previr a malnutrición maternoinfantil de máis de 500 embarazadas, etc. E o máis importante. Se polo menos o 1% da propaganda política dedicásese á formación sexual dos nosos novos isto podería cambiar moitísimo a nosa realidade sanitaria.
Cando nos consulta un ou unha paciente preguntámoslle. En que podemos servirlle? Non lle preguntamos sobre política, relixión e outras cousas que non sexan útiles na interacción medico paciente. E esta é unha obrigación desde o máis humilde inspector sanitario até o máis encumbrado epidemiólogo sanitarista. E non lle digo ministro de Sanidade xa que en Venezuela ese cargo o detenta un militar totalmente carente de coñecementos médicos.
Crear cando vostede di:
“estamos soios non mundo entre médicos indianos e nobreza bloquerobaturra”
Teña por seguro que aínda sabendo quen é vostede e o que poida pensar de min e da miña forma de pensar. Atendereino con respecto e cun sincero desexo de servirlle porque a moita honra son un medico venezolano, fillo de Galegos y tan Galego como calquera, disposto a servilo por encima de todo.
Boas tardes. E desculpe a mala compañía.
LERIA PODRE, ES UM LERIA PODRE.
Que profunda análise. Buscado no Olimpo do ideario comunistofasistoide. Esas profundas análises cheas de tanto excremento ideolóxico no que algúns están mergullados que ao verse nun espello son capaces de matarse por ser incapaces de aceptar a realidade do que son. Fanaticos voluntaristas instrumentos de una ideoloxia desfasada.
Para o fanático a súa razón é a obediencia perruna, e a súa acción é a descualificación, o insulto, o amedrentamiento e se é posible o asasinato.