Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA A CITA DE OUTUBRO

O Encontro Irmandiño demanda unha asemblea aberta para elixir o candidato do BNG

A corrente que lidera Xosé Manuel Beiras rexeita unha votación na que só participen os delegados, tal e como propón a Executiva Nacional.

Redacción - 10:30 23/08/2008
Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana

Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana

Unha Asemblea Nacional na que poidan participar todos os afiliados da organización. Esta é a principal demanda do Encontro Irmandiño de cara a asemblea que se celebrará a primeiro fin de semana de outubro e na que se escollerá o candidato á Xunta. A corrente crítica rexeita a posibilidade dun evento no que só teñan dereito a voto os delegados tal e como propón a dirección.

Dende a corrente crítica liderada por Xosé Manuel Beiras subliñan que abrirán o debate no Consello Nacional que se vai celebrar o 30 de agosto. Dende o Encontro Irmandiño aseguran que é hora de “xuntar esforzos” e de demostrar que no BNG todo o mundo ten capacidade de decisión.


3,78/5 (23 votos)


Comentarios (27)

Xeonllo #1 22/Agosto/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os da UPG queren ter como líder do BNG xente do estilo do Quintana. Parece que están contentos así, por algún motivo. Con xente negativa para o nacionalismo, xente de pouco peso, por dicilo así, políticos de mala calidade galeguista, que destrozan o idioma, etc.

pedrochosco #2 23/Agosto/2008 pedrochosco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se en vez de dar a lata traballasen mais mellor nos iria

ranciadas #3 23/Agosto/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Totalmente de acordo co Encontro Irmandiño.

Carbalho #4 23/Agosto/2008 Carbalho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Podendo estar de acordo coa lóxica de que nas asembleas debera participar todo o mundo, non hai que esquecer que a democracia interna tamén implica respectar os acordos tomados, e máis se os acordos proceden dunha asemblea nacional.

E neste senso non hai que esquecer que a decisión de pasar a organizar asembleas por delegación non foi da executiva nacional, senón que foi unha resolución da pasada asemblea nacional.

Así que menos lerias, os debates hai que dalos onde hai que dalos, e ese deuse onde procedía. Se non gusta o resultado, volverá a haber procesos asembleares con teses a debate nas que se poidan facer este tipo de propostas, pero montar debate por esto non procede, simplemente. Hai que respectar as decisións das asembleas.

Artritris #5 23/Agosto/2008 Artritris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 Os bos e xenerosos traballan e calan, non é?

Alberto #6 23/Agosto/2008 Alberto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Adiante Encontro Irmandiño! Asambleas abertas sempre!

xaiminho #7 23/Agosto/2008 xaiminho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gostame ver a quintana,ca sua gravatiña,co seu traxe,ousexa un politico comun e corrente.agardemos que outro nos de a victoria,que seria do BNG sen o zapatazo de BEIRAS......

lugris #8 23/Agosto/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O candidato do BNG xa o temos. Nos està Quintana de portavoz? non é o vicepresidente da Xunta. Imolo cambear agora? Sería tirar pedras no propio tellado. Estao facendo ben. Estamos as portas das eleccións, seguramente serán convocadas para novembro. Imos agora nos a buscar un novo candidato? pero de que imos. Claro que temos que falar de todo o que se fixo e de todo o que temos que facer, pero no nos podemos meter agora nunha discusión debuscar ao candidato. O Sr.Beiras presentounos o seu pupilo que era Quintana e foi ben recibido, agora non pode xogar a ser mais esquerdistas que ninguén. Temos que ganarlle ao Psoé. eso è o que nos ten que guiar nestas eleccións.

bainha #9 23/Agosto/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Admitindo de antemán que todas as opinións son respectabeis, hai que facer referencia que a demanda do Encontro Irmandiño, segundo se pode ler na sua web, vai fundamentalmente en promover unha reflexión colectiva sobre a actividade do BNG nos catro anos de cogoberno; e en segundo lugar, apuntan que ese debate sería mellor para todos se implicase a toda a militancia, pois a fin de contas é o principal axente electoral do BNG, por diante dos seus líderes e da propaganda das axencias. Perder esta perspectiva é esquecer cal foi a liña de actuación do BNG desde a súa fundación, quer dicer, a profunda participación. Outra cousa, que tamén é lexítima, sen dúbida, desde o ponto de vista dos estatutos, é converter ao bloque-frente nunha organización vertical, de tipo partido, co seu secretario xeral e un comité central que deseñan e aplican a política por centralismo democrático ou antidemocrático.
Está por ver as bondades deste modelo. Os riscos son moitos. Remontará o BNG ata os 18 deputados como outrora. Ese é o reto, penso que o resto son ambicións para ser sempre unha muleta no goberno, un espellismo de poder.

Anti_Lusista #10 23/Agosto/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Malia co señor Quintana non ten a altura intelectual do señor Beiras, ten unha cousa que este non ten, xestión. Ten o aval do seu traballo en Allariz e as consellerías do bloque son moito mais eficaces cas do Psoé. O bloque esta a adoptar unha imaxe de moderación na procura de votos, e coido que se a xente ten senso vai aumentar os seus deputados dun xeito mais que merecido.

Coido que Beiras non busca un troco de candidato isto será un movemento táctico.

Istas eleccións sonche moi raras, e moi difícil predecir un resultado tanto se hai adianto coma se non, o único que penso e que habera de novo bipartito, pero non sei como será a relación de forzas.

Xeonllo #11 23/Agosto/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O mellor candidato é Camilo Nogueira ou outro similar. Nin Beiras nin, menos aínda, Quintana.

Quintana pode estar ben para alcalde de Allariz ou para deputado no parlamento autonómico, non para outra cousa. E aínda así, sempre e cando fixese un mínimo esforzo por falar un galego menos descoidado e castelanizado. Vamos, que o galego non pareza o que parece cando o fala el e outros aínda peores: un castelán mal falado.

O líder do BNG tería que ser outra cousa, un exemplo, un punto de referencia. Eu creo que Quintana nunca debeu chegar a onde chegou.

Komun #12 24/Agosto/2008 Komun
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coincido en que ter democracia interna é bo (non a "democracia consensual" o-que-eu-digo-é-o-que-vale, coma a U) pero é que AGORA MESMO son ganas de darlle ós da Voz temas de conversa, e de plantexar disensións innecesarias (Ganas de tocar os c***). Deamoslle ao amigo d'"os nosos maiores" o beneficio da dúbida, polo menos ata as elecións. Despois xa comezarán a rodar cabezas se é preciso(nun senso ou noutro). Beiras e Camilo son xente moi válida, pero xa están AMORTIZADOS políticamente, e son xente relacionada co pasado. Hai que crear equipo co que temos, e eu coido que ademáis hai canteira.

Komun #13 24/Agosto/2008 Komun
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coincido en que ter democracia interna é bo (non a "democracia consensual" o-que-eu-digo-é-o-que-vale, coma a U) pero é que AGORA MESMO son ganas de darlle ós da Voz temas de conversa, e de plantexar disensións innecesarias (Ganas de tocar os c***). Deamoslle ao amigo d'"os nosos maiores" o beneficio da dúbida, polo menos ata as elecións. Despois xa comezarán a rodar cabezas se é preciso(nun senso ou noutro). Beiras e Camilo son xente moi válida, pero xa están AMORTIZADOS políticamente, e son xente relacionada co pasado. Hai que crear equipo co que temos, e eu coido que ademáis hai canteira.

Atlantico #14 24/Agosto/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con Komun, Beiras e Camilo xa non están para dirixir a Xunta. ¿Cal sería o seu papel? Na miña opinión serían bos conselleiros, eu gustaria de ver a Nogueira de Coselleiro de algo. Só hai que pensar que moitos dos problemas do BNG na xunta son de visibilidade, de que a xente recoñeza a labor do BNG no bipartito, se Nogueira tivese unha conselleria, a xente identificaria a súa acción de goberno co BNG, porque él e Beiras son moi coñecidos, mentrés que outros non tanto. E con isto non estou atacando a canteira nin moito menos, algún veterano nun equipo xoven da moito xogo.

Erasmo #15 24/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Canteira seguro que a hai... polo menos no Courel abondan...!
Dicer que Beiras e Camilo están 'amortizados' é tanto como afirmar que Bautista ou Paco Rodríguez sonche savía fresca nestes momentos...?

Pero o que sí está claro é que a Cidadanía debe ter a última palabra e non vexo moita dificultade en que a Votación do Candidato se faga polas bases (coma sempre debeu ser feita se non queremos un Polit Bureau que decida todo de espaldas á militancia e ós simpatizantes e votantes do BNG).

Moito me temo que Paco Rodríguez chegou para Mandar: agora disque toca o Nacionalismo Internacionalista (manda carallo!)

Ver minuto 11'40'' do vídeo:
http://video.google...

Xabi1 #16 24/Agosto/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se fora do BNG, concordaría na convocatoria dunha asamblea para debater qué se fixo e cómo se fixo o traballo na administración.
Se fora da estrutura do BNG, liberado, cargo, etc., non apoiaría ese tipo de reunión porque, como se dí aquí, vai haber elecións anticipadas e un debate político, cos correspondentes encontronazos, pode non ser beneficioso para o BNG.
Tamén penso que a solicitude dos Irmandiños está fóra de lugar porque saben que Quintana sairía como candidato, sen dúbidas.
Así que a ver qué raio significa isto.

Xeonllo #17 24/Agosto/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non sei se agora mesmo, coas eleccións á volta da esquina, será conveniente cuestionar ao paifoco de Quintana, mais o que si digo é que Camilo Nogueira é moito mellor candidato para dirixir o Bloque que o matasáns de Allariz.

Din por aí que Camilo é moi válido mais que "está amortizado", noutras palabras, que pertence ao pasado, que non vale para agora porque non é "modelno". ¡Vaia estupidez! Precisamente Nogueira está avalado polo seu pasado e pola súa validez presente.

No caso de Beiras, non opino igual porque se pasou varios anos (non os últimos) dirixindo o BNG, na miña opinión, moi mal porque empregaba unha verborrea absurdamente radical e equivocada mentres o ¿partido? (para min o BNG é unha coalición que pretende ser partido) facía na práctica, e facíaa baixo a súa dirección, unha política supermoderada (como fai agora ou case).

Así que coido que o BNG, que non está no seu mellor momento, debería cambiar cousas e, entre elas, a xente que o dirixe, aínda que me temo que o problema principal está na "alma" do Bloque, que é a UPG. ¿Como pode ser que un especialista en lingua, un intelectual tan válido como Paco Rodríguez avale xente tan pouco adecuada como Quintana para líder do BNG?

Barcelos #18 24/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Quintana fáltanlle os zapatos que ten Beiras para facer un pouco de ruído.

Que volva Beiras.

Atlantico #19 24/Agosto/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quintana será un mantas, pero diante de Feijoo e de Tontiño sácalle duas cabezas.

Gaviotero #20 25/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero si al final votan todos estos del Encuentro Irmandiño al que les digan como si fueran borreguillos...

El enfermero Quintana, efectivamente, le saca dos cabezas e incluso más como "tonto del pueblo" a Feijóo y a Touriño. Y como mamarracho racista ya ni te cuento.

Xabi1 #21 25/Agosto/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, Gaviotero, mamarracho non sei, hai que ter un pouco de respeto, pero racista, Quintana, racista non che é.

Tino #22 25/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O BNG é especialista en facerse o hara-kiri nos momentos mais inoportunos.
Lembro de neno as primeiras eleccións democráticas autorizadas polo imperio central: conseguiu unha cantidade de votos impresionante, mais a sua mala xestión levouno ao abismo, e ainda non pudo remontar voo.

Quintana está demostrando dentro das suas posibilidades e dentro dos dificiles equilibrios q ten q facer, un traballo excelente, como nunca se fixo neste partido.

AVONDA DE CROMANGONS, semella q non estades no partido certo.

lura #23 25/Agosto/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai outros candidatos que poderían ter unanimide asamblearia: Fernando Blanco saldando cuotas eólicas, canteiras e gasísticas; Ánxela Bugallo co seu consistente proxecto de Cemiterio da Cultura ou Suarez Canal coa súa efectiva política de desertización rural....Ao menos a terían se a asemblea a formaran os consellos de administración de Caixa Galicia, Banco Pastor e Caixanova...

Xabi1 #24 25/Agosto/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tino, penso que o BNG non nacera cando as primeiras elecións democráticas permitidas polo imperio central. Chamaba-se doutro xeito. E Beiras ía cos seus, o PSG, se non erro.
E Lura, concordo na totalidade co que dis, agás no de Suárez Canal.
Quén sabe se Teresa Táboas, por quen non daban un peso nen na Xunta nen no BNG, podería montar unha equipa con xeito, profesional, pegada á realidade, para se enfrontar a Kim que, con todo respeto, non me parece o gobernante que o nacionalismo galego precisa.
Claro que, se abres ese debate no nacionalismo galego, aparece un tipo como Camilo Nogueira que, con todo respeto, amosar na política non amosou moito, agás estar en partidos extintos e defuntos, sen que por iso minusvalore a súa capacidade inteletual, agás como historiador, porque aí, no eido histórico, non vale nen para nada.

Claro que o BNG ten que dar contas do que fixo na Xunta e os exemplos de Lura son claros.
E se non vai Kim da India, quén vai? Paco Rodríguez, o principal valedor da actual política do BNG, ou sexa, a de pactos co PSOE?
Quén acredita en Paco?.
E quén acredita en Xosé Manuel Beiras, que, vale, non está amortizado porque hai poucas cabezas tan ben amobladas coma esa, pero que está pasado e difícilmente poderías ser apresentado como "renovación", dado que ten case tantos anos como Fraga?

Ai, qué problemas ten o nacionalismo galego, nao sen rumbo nen azimut, inventores dun País inexistente.

lura #25 26/Agosto/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu suscribía xa o troco de Quintana por Taboas: pragmática, intelixente, ambiciosa (eso non ten porque ser malo)..Se lle está a pasar a man cos proxectos de parques industriais, pero podería ter o caracter necesario para pararlle os pes aos mangoneantes de turno, cousa que non ten o de Allariz

FROUXEIRA #26 26/Agosto/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que pandiña ¡ Pero onde estades e onde vivides? Pero alguén pensaba hai anos que o BNG ia estar gobernando a día de hoxe? E que todas as Asembleas feitas até de agora non valeron para nada?.
Estou farto de que vos dediquedes a buscar puntiñas onde non as hai.
Na vez de lle dar ao pico apoiade ao BNG e deixade de filosofar do que puido ser e non foi.
Estou de acordo en que Beiras e Camilo inda non están amortizados, e como eles moitos máis que quedamos no camiño.
O tempo deles dous será na seguinte asemblea pois inda teñen moito que dicir.
Agora o tempo xoga en contra e todos debemos arrimar o lombo en unión en torno ao único grupo politico que ten os pes na Galiza.
ADIANTE XA CO BNG.

Xabi1 #27 27/Agosto/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mira, Frouxeira, os tempos aqueles cando o xefe tocaba o pito e todos formabamos en liña, están rematados.
Os tempos de "aparcade a crítica, que os intereses de Galiza son o primeiro..." por sorte non retornan agás baixo as novas formas de submisión ao aparello político atornillado e, agora, con salario público.
Podemos comentar ou non algo sobre a Cidade da Cultura e sobre o Plano Acuícola contra o que, por certo, a Plataforma Galiza non se vende, convoca mañá xoves unha manifestación en San Caetano (Compostela)?
Sí podemos.
E os teus consellos son para calar, non para debater, que é o mínimo que se pode facer.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete