Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con 600 euros

Multan a unha asociación da Valenzá por maltratar uns porquiños

Medio Ambiente considerou unha "infracción de carácter grave" un espectáculo con animais, incluído no programa da I Festa da Veciñanza desta vila do Concello de Barbadás.

Redacción - 13:35 11/08/2008
Tres porcos ollando para a cámara / Flickr: gustavovara

Tres porcos ollando para a cámara / Flickr: gustavovara

O pasado mes de outubro (o domingo 28) a Asociación de Veciños da Valenzá, no Concello de Barbadás (Ourense), organizou a I Festa da Veciñanza. Na programación incluíron unha actividade que consistiu na solta de catro porcos pequenos (de entre 20 e 45 quilos), engraxados, para que os perseguisen e collesen os máis cativos: a I Agarrada do Porco.

Segundo contan dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), este espectáculo é "manifestamente contrario á lexislación vixente que prohibe tales condutas de maltrato e 'tratamento antinatural' dos animais". O feito foi denunciada por esta Asociación e por varios veciños da localidade que, porén, recibiron por contestación do Servizo de Protección da Natureza da Comandancia de Santa Mariña (Ourense) que xa sabían de tal actividade. O Seprona non apareceu pola zona, contan dende Adega, malia ser requirido polos ecoloxistas a través dun escrito presentado na Subdelegación do Goberno en Ourense.

A 'Agarrada do porco', unha "infracción de carácter grave"
Porén, finalmente a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, ditou unha resolución administrativa esta segunda feira na que cualifican como "graves" os feitos denunciados. Para este departamento da Xunta, "organizar unha carreira con animais é evidentemente un espectáculo, sendo indiferente que se celebre en local pechado ou ao aire libre, así como que sexa ou non de balde (...). Por outra parte, a relación das persoas cos animais debe respectar, en todo caso, as necesidades fisiolóxicas e etolóxicas dos mesmos, o que impide facelos obxecto de tratamentos antinaturais".

Na elaboración do informe tívose en consideración, entre outras cousas, un documento achegado pola (ANPBA) (que tamén se atopa entre as asociacións denunciantes) que foi presentado ao Departamento de Sanidad Animal da Consejería de Agricultura e Pesca da Junta de Andalucía e no que se conclúe "non hai dúbida de que usar un porco para unha actividade que non sexa para a que se seleccionou é causa de estrés, que pode desembocar na morte do animal".


3,2/5 (5 votos)


Comentarios (14)

cachindiola #1 11/Agosto/2008 cachindiola
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

... e namentras en Pontevedra a torturar e matar touros con subencións das Institucións. A lei do funil

giao #2 11/Agosto/2008 giao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que tinham que ter feito era torturá-los até a morte, clavar-lhes banderinhas e matá-los com umha espada, assi receberiam fundos públicos e iriam a vê-los Rajoy, Louzán e Pereiro.

Se por isto multam com 600 euros, qual é a sançom para as touradas? O cárcere, como mínimo...

elrr #3 11/Agosto/2008 elrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manda carallo! Se isto é un delicto grave, boa parte da poboción que aínda queda nas aldeas vai acabar no cárcere. Coidado coa matanza!!!

E digo eu, Adega non ten cousas bastante máis importantes das que ocuparse???

papuxa70 #4 11/Agosto/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

SIM adega ten que apoiar ó stablisment e dicir amén.

piorno #5 12/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto parece umha brincadeira, depois da matança selvagem que se acaba de produzir na Ponte Vedra, promovida polo BNG, que a incluiu no Programa de Festas da cidade.

Como muito bem diz giao, vam meter na cadeia os promotores das touradas de morte? Vam inabilitar de por vida para exercer um cargo público o sr. Fernández Lores (BNG), o sr. Rafael Louzán (PP), a sr.ª Anxos Riveiro (BNG) e o resto dos autores intelectuais desse espectáculo sanguinário e repugnante?

piorno #6 12/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto parece umha brincadeira, depois da matança selvagem que se acaba de produzir na Ponte Vedra, promovida polo BNG, que a incluiu no Programa de Festas da cidade.

Como muito bem diz giao, vam meter na cadeia os promotores das touradas de morte? Vam inabilitar de por vida para exercer um cargo público o sr. Fernández Lores (BNG), o sr. Rafael Louzán (PP), a sr.ª Anxos Riveiro (BNG) e o resto dos autores intelectuais desse espectáculo sanguinário e repugnante?

ADEGA #7 12/Agosto/2008 ADEGA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sen ánimno de iniciar polémica algunha, aínda que para algúns o que diga ADEGA tanto lles ten, o que sempre defendeu ADEGA é un trato respectuoso cos animais, sen crueldade e sufrimentos innecesarios. Touradas, chegas de bois, porquiños engraxados ou cabuxas guindadas dende campanarios son expresións dun mesmo fenómeno en diferentes graos e formatos. Vai ter que ser entón cuestión de grao, de quen ou onde se produzan estes "espectáculos"?
O que resulta preocupante é que a administración sancione determinadas práticas e mire para outro lado ou mesmo colabore con outras, como as touradas de Pontevedra, A Coruña, Padrón...
E efectivamente, sobre os dereitos dos animais temos tamén máis cousas das que preocuparnos:
http://www.adega.info/index.ph...?option=com_content&task=view&id=1040&Itemid=2">http://www.adega.info/index...
http://www.adega.info/index.ph...?option=com_content&task=view&id=1036&Itemid=2">http://www.adega.info/index...
E poderedes comprobar que seguimos dicindo "amén" en: http://www.adega.info/index.ph...

Fins Eirexas, secretario executivo

galeguzo #8 12/Agosto/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Particularmente, parece-me excelente qualquer denúncia contra dos direitos dos animais, como esta que vem de fazer Adega. Ora bem, também concordo com todas as críticas anteriores, especialmente no referente a que decerto há atitudes QUE VULNERAM AINDA MAIS os direitos dos animais, como no caso das touradas ('espectáculos' que, ainda pior, recebem dinheiro público).

Cuido que é mais prioritário, no mínimo, fazer cumprir a lei polo país adiante nos muitos lugares em que saltam a legislação vigente para matarem os pocos de jeito cruel e bárbaro, o qual também é um perigo contra da saúde pública. A lei diz que o porco deve passar primeiro uma inspecção sanitária para previr patologias mortais para o ser humano como a triquinose, e ademais deve ser morto sem dor (algo que pareceria elemental).

Igualmente, não estaria demais que em temporada de caça houvesse presença efectiva do Seprona para vigiar que bárbaros armados enforcassem cães velhos e outras práticas detestáveis.

O dito, que a denúncia esta dos porquinhos... homem, está bem denunciá-lo, mas dá-me para pensar que noutros casos mais sangrantes essa associação não se tenha pronunciado com a mesma dureza.

Hermerico #9 13/Agosto/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Há muitos motivos para critica ADEGA, mas este nom o é. O maltrato animal aos animais é geralizado. Sim, boa parte da populaçom que fica nas aldeias, e da que nom fica também, teria de ir à cadea ou quando menos umha multa que @s deixasse tremendo. Tod@s conhecemos alguém.

baltar69 #10 13/Agosto/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

en alcázar de san xoán un mozo vinculado ao partido popular foi fotografiado fai uns meses sostendo uns gatos mortos os que lles alumaban os ollos a luz do flash; non se apreciaba delito flagrante no feito pero montouse a de santo es cristo e coido que o bon de mariano non tivo outra máis que botalo da casa común da dereita patria.
na mesma poboación manchega un individuo foi imputado polo xulgado, acusado de lanzar contra unha parede das escaleiras do edificio donde vivía ao cadelo goffy; o cánido presentaba, tempo despois do acto incluso, graves secuelas psíquicas ( tremores, estrés e incontinencias ) que o levaban a facerse pipí na manciña da súa ama, unha sorte de gorda inmunda que depositaba toda a súa afectividade na escasa envergadura do chichí . para acabar, un veterinario constatara a perda parcial de visión nun dos seus olliños húmidos.
antonte vín na prodixiosa tv, concretamente no telediario estrella da era zapatero, que a organización equanimal lograba, logo do asalto a unha propiedade privada vestidos cuns monos tipo " a amenaza de andrómeda ", liberar tres galiñas rubias da maldade do granxeiro e dos séus fillos, aves que se recuperaban, a decir dunha redactora, nun dos centros que a organización ten para eses efectos. a espectacular nova tivo unha duración semellante a outra que se ocupaba dos enfrentamentos no cáucaso e, sopoño, solapou algunhas matanzas perpetradas por grupos humanos de demócratas cosmopolitas nas poboacións atrasadas de afganistán ou de áfrica.
ahora vexo o da agarrada do porco graso en ourense e pregúntome donde vai chegar a moralina de todos éstes ociosos que viven na terra e pensan que viven no ceo logo das portas de san pedro.
en fín, qué decir mentras non marcho tomalo vermú?
contareivos, para ilustrar a aqueles que non sepan de que vai a vida e a pirámide predatora, da que o humano é cénit, algunhas interesantes experiencias, xa que eu mesmo teño bichería: vacas, cans, galiñas... antes até tiña muller, pero decidín desfacerme de ela cando empezou todo éste azoute dos malos tratos: cando casamos non estaba tan mal vista a golpiza, o cachete no cú, a resposta destemplada ou o consello socarrón ante unha demanda orgásmica. a mín a man encima non ma pos, decíame logo de ver na tv o programa de mayte cabezas. pois así non me interesa, hala, veña para a casa da nai.
de vez en cando collo a machada e rabízolle o pescozo a un galo colorado para facelo a lume lento nas mañáns de domingo. non lle dou tranquimazin nen o aloumiño. póñolle a cabeza no talleiro e báixolle o mango; plack, a cabeza cae coma de luis dazaseis e bate un cacho aínda o plumaxe como querendo agarrar o voó que non daba enganchado nin de vivo. descanse en paz.
as becerras non levan mellor sorte, anque de elo encárgase un profesional, rápido como rambo na manigua vietminth: ca cota da bellota mándalle un mamporrazo na frente ó rumiante, que apenas ten tempo de proferir un muuuuú desorbitado o ver, cando o golpe e xa inminente, algo que viaxa coma un lóstrego rumbo a súa cachola cornuda. bamba, cae o cuadrúpedo, atontado e despistado mentras recorda levemente o sabor do pasto verde e do penso composto, xá un infame conglomerado de músculos, nervios, sangre e puses o que a súa forza ciclópea abandona presta pola pequena billa na gorxa que lle practica o matarife co xesto preciso dun nureyev da morte.
e qué decirvos de esa caterva de quinos que atendo con familiaridade durante o ano, pendente sempre que non lles falte comida e auga? trasladámolos á mesa entre cinco ou seis e sometémolos ca forza bruta até que a gorxa está accesible o afilado coitelo templado na forxa do josé de rubiás. a folla corta a pel como si fose un papel de fumar e entra na carne; viaxa entre a succión da sangre até o corazón e cando desgarra os tecidos coronarios o porco dá o séu último estremecemento e relaxa as esfínteres soltando un par de cagarrutas que se mezclan cos olores a inverno, chuvia e sangue que nos rodean.
os que me dan máis pena son os coellos, con esas orellas firmes e ese mirar tan manso. roen con esa boquiña e os séus bigotes bailan unha sinfonía de ternura mentras desgranan os vexetais verdes e o millo fervido. de pronto tópanse xirando no aire; eu sinto a fraxilidade dos osos das súas extremidades traseiras e a suavidade da súa pelaxe, pero un segundo despois xa debruzaron a sú cachola contra as pedras negras do cortello e caen languidos a altura dos méus tobillos. hai que apurarse e esfolalos en quente: a ver, tira por ahí, e o pelexo sae coma o xersei cinguido dunha puta, deixando á vista a maravilla da natureza que con agarimo se transformará en maravilla culinaria na cazola de chisporreante aceite andaluz.
pequenos exemplos dun comportamento atávico e violento dunha mente enferma, sen dúbida. dun nerón ou un calígula do noso tempo, pero alguén poderá incluso absolverme pensando que toda esta violencia está xustificada, pois estes actos están perpetrados ca intención de que tanto eu como a miña familia podamos alimentarnos. algo semellante, pondo un exemplo ben á época, ó que se ven obrigados os soldados estadounidenses no iraq.
pero non, e ahí leva razón meu fillo, aleccionado pola súa naiciña querida: mato moscas, mosquitos e de vez en cando algunha araña. piso formigas, esmago caracois e guíndolles coios ós páxaros que me escarallan o teito do pendello. e a patada que lle deches o can soio por que viñas de malas, recórdame o rapaz. e as golpizas as vacas xuvencas, qué?
esto é todo por que non podo mallar a dios, dígolle mentras a miña nai se santigüa.

Hermerico #11 13/Agosto/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O caso é matar, a experiência ajuda, e chegado o momento... todo o sangue é vermelho

Jatopardo #12 13/Agosto/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Certo é que a min gustaríame non ver a algúns chikilicuatres do BNG tentando meter as súas mans na asociación ecoloxista. Creo que dende Adega deberían poñerlle as cousas claras aos do Bloque que en moitas cousas (plan eólico sin ir máis lonxe) non se diferencian apenas do goberno de Fraga.

Pero unha cousa é certa, a ninguén lle obrigan a facerse socio de Adega, unha asociación á que lle debe moito o medio natural galego e polo tanto todos nos.

A crítica é libre, pero tamén estaría ben de cando en vez recoñecer todas as cousas que están a facer os de Adega a prol da nósa terra. E en vez de tentar calarlles a boca neste foro, animalos a que sexan máis loitadores aínda contra esta marea de portos deportivos, parques eólicos, piscifactorías, estradas a gogo e demáis barbaridades que está a cometer a actual Xunta que está levando a Galiza a unha situación de deterioro irreversible.

Grazas Adega por moitas cousas, e por favor, que non vos camelen eses politicastros.

galeguzo #13 14/Agosto/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#12 Precisamente polas ingerências políticas (muitos responsáveis de Adega tinham também cargos no BNG) é que se produziu no seu dia a cissão que levou para o nascimento de Verdegaia.

buril #14 19/Agosto/2008 buril
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como din que é de ben nacidos ser agradecidos, doulle as grazas a Adega por moitas das loitas que se fixeron en Galiza polo noso patrimonio natural; e despois dígolles tamén que é unha pena que non sexan tan activos en plataformas como Galiza non se vende e noutros asuntos como moitos dos proxectos vencellados á Consellería de Industria, por exemplo, o tema das canteiras e das louseiras. Estou seguro que noutras circunstancias o labor de Adega sería ben diferente. Penso que esta liña de xustificar o inxustificable é unha liña errada, que está a decepcionar a bastantes persoas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete