O campamento lingüístico desenvolverase entre o 25 de agosto e o 5 de setembro.
Ou 'speak ao xeito', que o mesmo ten. A Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa organiza un campamento lingüístico para nenos entre 6 e 12 anos. A particularidade desta actividade é que se trata dun campamento bilingüe, e que as dúas linguas nas que se desenvolverá serán o galego e o inglés. Terá lugar todas as mañás entre o 25 de agosto e o 5 setembro no pavillón do colexio do Piñeiriño, en horario de 10.30 a 13.30.
Caracterízase, principalmente, polo carácter lúdico de todas as actividades, baseando a aprendizaxe en xogos, cancións e na representación de obras de teatro. Hai un total de 25 prazas dispoñíbeis, e o prazo para a inscrición estará aberto entre o 11 e o 22 de agosto. So, let's speak galego.
Manda cock! Isto sim que é uma new bastante curious, mas nowadays já não resulta demasiado estranha.
Que cunda o exemplo!
Hai que ir sacudindo a lousa do bilingüismo galego/castelán, e mudala por un bilingüismo máis útil para a Comunidade Lingüística Galega e os seus membros.
¿Quen o ia a decir? XD "en Vilagarcía" onde todos os do Salnes lles chaman ingleses opla teima que teñen de falar úncamente coma "señoritos" castelans XD....
Bueno agora soio falta que volte a Royall British Navie ou coma se escriba.
Ou sexa que o bilingüismo galego/castelán é unha "lousa" para os galegos, e semella que é maís útil un bilingüismo galego/inglés, segundo o egrexio xurisconsulto Lois de Silán, famoso por certas aportacións á teoría da igualdade dos dereitos lingüísticos (nada que ver coas de Lagerspetz e outros defensores dunhas políticas lingüísticas democráticas). Home, eu poño en dúbida tal "teoría" a día de hoxe, dada a realidade socioeconómica de Galicia e da inmensa maioría dos galegos. Para comezar, recomendarlle a Súa Excelencia Lois de Silán que mellore sequera o seu nivel de bilingüismo, xa que"lousa" en galego significa "pizarra" en castelán, e que "losa" en castelán dise "laxa" en galego ("gravestone" in english Milord); ou sexa que mellor en castelán que en galego a Súa Eminencia; ben, ben.
Xogar coas utilidades das linguas eche un pouco perigoso se se trata de defender certas posicións, porque se hai un bilingüismo útil para calquera galego - e se me apura neste momento para calquera terrícola promedio - ese sería un bilingüísmo inglés/castelán. E que non me veña a Súa Eminencia con teorías de lingüismo telúrico; ou sexa, que as linguas son emanacións xeolóxicas e que o galego ten que ser a lengua dos habitantes dunha terra que, por razóns históricas, chámase a día de hoxe Galicia (mañán quen sabe, xa que as persoas son libres de adoptar a lingua que mellor lles vaia aos seus intereses (polo menos nunha democracia). A maioría dos arxentinos falan español e supoño que non deixarán de ser arxentinos por non falar unha lingua que "emanase" da terra na que viven (agás os emigrados), e outro tanto cabe dicir de os habitantes de moitos países do mundo (especialmente de Ámérica, Oceanía ou África: ¿que é consecuencia de situacións coloniais? ¿non me diga? Creo que o galego xurdíu como consecuencia de que aquí chegaron xentes chamadas "romanos"). Polo tanto, vaia con coidado a Súa Eminencia coas "utilidades" lingüísticas. E por favor, non me veña coa "matraca" da lusofonúa, que é un conto para nenos incautos. En primeiro lugar, un dominador do galego normativo non está en condicións de redactar informes en portugués culto sen dedicar un bo esforzo de anos no estudo desta lingua. Sen Brasil a lusofonía, en termos de falantes quedaría reducida a moi pouca cousa (con todo o respecto para os nosos veciños portugueses,). Angola e Mozambique aportarían no seu conxunto uns 30 millóns de falantes e a día de hoxe e a súa producción en bens culturais, e xa non digamos en bens industriais, no é moi elevada (xa sei o das riquezas naturais deses países, pero aposto a que os contratos sobre elas están redactados en... inglés, como mínimo). Se a lusofonía tivese tanta importancia desde o punto de vista socioeconómico, e tendo en conta que Brasil aporta case o 80 % dos falantes de portugués (en diferentes variantes) a demáis do maior potencial de desenvolvemento económico, o lóxico sería que a febre por aprender portugués debería ser maior nos países que limitan con Brasil; pero non. Case ninguén estuda portugués nos países nos que predomina o español e veciños de Brasil. Curiosamente, o español é obrigatorio para todos os alumnos de Brasil desde este ano, polo que xa se ve por onde vai ir a tendencia: con español poderaste mover, e facer contratos, por Brasil razoablemente ben de aquí a 20 anos, mentres que con portugués non vai ser tan doado moverse, e facer contratos, por Chile, Arxentina, Uruguay, México, Venezuela, Colombia, etc. (como acontecerá entre moverse por España en Portugués e moverse por Portugal en español: c'est la vie!). E cun bilingüismo en español e inglés Galicia tería a súa identidade (diferente da de hoxe e non digamos da de hai 2.000 anos, que de galego rien de rien): esa precisamente (semellante á de Miami, aínda que con outro "acento", ¿ou non ten Miami a "súa identidade"?). Por certo, como ben di Dogma, aínda que semella cabreado, en Vilagarcía o predominio do español entre os galegos que alí viven é aplastante, polo que se os poñen a escoller, non o dubide a Súa Eminencia: bilingüismo anglohispánico abafante: faga unha enquisa e o comprobará (xa sei que á Súa Eminencia o que queira a xente non lle importa moito: a lingua "da terra" é a ñingua "da terra" e ahi que impoñela por collóns). Dígoo porque supoño que seguirá coas súas delirantes teorías de cando é lexítimo que unha persoa descoñeza o galego en función do tempo que leve en Galicia: mire a Súa Eminencia: un demócrata condideraría que é perfectamente lexítimo que unha persoa - que non sexa empregado público - descoñeza o galego (e calquera lingua, o español incluído), xa non digamos empregalo, leve o tempo que leve en Galicia. Outra cousa é cando teña que comunicarse coa administración (terá que buscarse a alguén que lle faga de intérprete se non sabe ningunha lingua oficial). Pero cando se dirixa a el outro particular, res de res meu amic. E se no futuro ven a Galicia a instalarse unha "colonia" de francofalantes e non lles peta falar en francés, e montan negocios de maneira que poden facer vida exclusivamente en francés (alá eles se non sinten a necesidade de comunicarse cos que non falan outras linguas), e contratan profesionais que resolvan os seus trámites administrativos e xudiciais nunha das linguas oficiais, a Súa Eminencia ten que aguantarse porque perfectamente lexítimo, e se a Súa Eminencia se dirixe a eles en galego (ou en castelán, ou en arameo) e non a entenden ou non a queren entender (que dadas as súas neuras é moi problable e se un día me topo con vostede na rúa poderá comprobar como non lle respondo se non me falka en castelán; por borde máis que nada), á Súa Eminencia, con todos os respectos, tócalle "foderse". ¿Ou vainos/vaime sancionar? E se non quere que o atendan en francés nunha das tendas que monten, o dereito lingüístico que ten como consumidor, se isto segue a se unha democracia (que vai camiño de que non sexa así: de feito xa non o é), é irse con vento fresco a outra tendan onde lle dean polo seu pau lingüístico. Do you understand, Milord da "lousa, louseira"? Cada día es máis fanático e máis curto: ti e os que son coma ti si que sodes unha verdadeira laxa para que en Galicia haxa unha democracia.
Xa che dixen before que non petes na door.
Mcnally for president xD gha gha gha
aplaudo a iniciativa,e unha maneira de normalizar a cultura do noso pais, non é que teñamos que aborrecer ó castelán, pero hai que sacudirse os complexos de que sen el non imos a ningures. temos que aprender cantas máis linguas millor pero partindo da base firme de aprender ben o noso idioma o GALEGO.
McNally,a idea que tes da vida,da sociedade e do ser humano é miserable e falsa.
As linguas non son letras do estado,non son accións de telefónica.Hai cousas que non son doadas de calcular en euros.
Fala cos vellos,fala cos pobres,solta a lingua para gozar.Dese xeito aprenderás máis que co Financial Times.
rebiorassempre, deixa de soñar por favor, polo menos opina coma breogan co que estou completamente de acordo (se fora galegofalante)
caro mcnally estráñame q unha persoa tan liberal coma vostede non poida entender que un falante empregue un xiro doutro idioma no seu propio... que sería do filispín, dos bichicomas, dos pícaros galegos ou mesmo dos mozos ou as vieiras do seu todopoderoso castelán con intranxisentes coma vostede!!!
O importante é comunicar, e penso que ao lois de silan entendémolo todos.
Aínda que entendo que pouco entendemento se lle pode supor a alguén que menospreza as posibilidades culturais e económicas dun achegamento á lusofonía do xeito que vostede o fai. Vaia axiña á Estremadura española, para llelo dicir a todos os que alí aprenden portugués!! Quizais o problema sexa que vostede olle o Brasil como un sitio para "facer contratos" e o resto da xente mire os países de lingua portuguesa como un lugar onde poder ir traballar.
Os galegos poderiamos estar arestora a ocupar masivamente postos de traballo que requerisen un coñecemento práctico de español e portugués, postos que aumentan a medida que se globaliza o mercado ibérico: servizos de atención ao cliente, comerciais, servizos de mantemento ou postos directivos de empresas que traballen toda a península. Pero o conto é que moitos que enchen a boca a falar de democracia, de dereitos dos cidadáns, de "apertura de miras" fronte a "cerrazón nacionalista" foron e son os primeiros en sabotar calquera iniciativa de inserción do portugués no ensino galego polo seu medo cerval a que rache a súa idea de nación, unha, grande e libre.
Qual é a percentagem dos genes da população que fazia parte do Reino da Galiza até à independência de Portugal na população dos actuais territórios da Galiza e Portugal?
Pensa-se que a informação mais rigorosa segundo estudos em profundidade os genes de origem galega na população actual da Galiza e Portugal são os seguintes:
1-Mais ou menos 85% na população da actual Galiza e municípios galegofalantes retirados administrativamente à Galiza pelos ocupantes.
2-Mais ou menos 94% na actual população entre os rios Douro e Minho. Território que fazia parte do Reino da Galiza e não sofreu ocupação castelhana.
3-Mais ou menos 87% na actual população entre os rios Douro e Tejo. Território que fazia parte do Reino da Galiza e não sofreu ocupação castelhana. Não inclui Lisboa e Santarém.
4-Mais ou menos 60% na actual população de Santarém.Território reconquistado aos mouros.
5-Mais ou menos 53% na actual população de Lisboa. Cidade reconquistada aos mouros.
6-Mais ou menos 51% na actual população a sul do rio Tejo. Território reconquistado aos mouros.
7-Mais ou menos 59% na actual população das ilhas da Madeira e Porto Santo. Descobertas pelos portugueses desabitadas.
8-Mais ou menos 51% na actual população das ilhas dos Açores. Descobertas pelos portugueses desabitadas
9-Mais ou menos 50% na actual população de Olivença e Tágila (Territórios portugueses ocupados ilegalmente por Espanha desde 1801 face ao direito internacional. No tratado internacional de Viena em 1815 Espanha reconhece a ilegalidade da ocupação e compremete-se a devolver a Portugal o mais breve possível os territórios de Olivença e Tágila. Até hoje nunca cumpriu. Enquanto Espanha tiver este comportamento de ocupante ilegal não tem legitimidade de falar de terrorismo de nacionalistas sejam eles Bascos, Galegos ou Catalães).
Isto prova que Galiza e Portugal são Nações irmãs. Ambas Lusistas e Galeguistas.
Por isso naturalmente a língua materna é comum. O Galego-Português escrito na norma internacional. Idioma materno de cerca de 300 milhões de falantes em todos os continentes do mundo.
Vamos todos fazer um esforço em escrever em galego-português porque mais vale escrever com erros em português na norma internacional do que em “galenhol” ou “portunhol” da RAG como lhe queiram chamar.
O idioma dos nossos pais desde o século IX foi o GALEGO-PORTUGUÊS durante 7 séculos até à opressão castelhana. É esta a única língua com poder de tornar a Galiza uma Nação soberana no mundo livre da vassalagem a Madrid.
Seja você de esquerda, de direita ou sem ideologia se é galego escreva em galego-português na norma internacional. Honre nossos pais e avós. Escreva e diga GALIZA e não “galicia” que é indigno para um galego, por ser Galiza na língua do ocupante.
sr Mcnally #4
Está muito mal informado o Português é língua de ensino obrigatório em países sul americanos como o Uruguai por exemplo.
Sabe que na Venezuela até há um estado que se chama PORTUGUESA? No Brasil ninguém fala espanhol.
Sabe porque a RAG nos está a criar um novo idioma com norma escrita diferente se o galego com desenvolvimento livre foi conservado pelos portugueses?
É uma questão meramente política. O receio que alguém ainda tem, que a Galiza se torne independente se tiver um idioma, com uma norma escrita de valor internacional. O português/galego é o idioma oficial de 10 países, incluindo a Região Autónoma de Macau na China. Adiciona ainda que sem ser idioma oficial é também a língua materna de milhões de pessoas de territórios em vários continentes, com destaque para a Índia no antigo Estado Português da Índia ( Goa, Damão, Diu, Dadrá e Nagar-Aveli) que foi português durante 5 séculos. É também língua oficial na União Africana, no Mercosul e na União Europeia. É a língua materna de mais de 300 milhões de pessoas de países de todos os continentes do mundo.
Se o verdadeiro galego, conhecido hoje como português devido à opressão na Galiza pelos castelhanos não valorizasse o nosso país os españolistas não o tentavam afastar dos galegos o mais possível com a invenção do “portuñol”, gastando com isso muitos milhões de euros dos nossos impostos. O galego-português é um dos idiomas mais falados e importantes no mundo.
O “portuñol” da RAG não tem qualquer futuro e é uma arma para destrocer e destruir o que resta do galego na Galiza. Na verdade o galego do século XXI é o português tudo o resto é política de destruição da nossa cultura e idioma materno. Faça como eu, diga não ao “portuñol” tente escrever o melhor galego-português que sabe.
Veja estes filmes:
http://br.youtube.com/watch?v=...
http://br.youtube.com/watch?v=...
Aldeanismo paleto...por más que se empeñen algunos en eliminar el castellano, no lo van a lograr nunca. Y menos en Villagarcía...¡jajaja!
Pois a mim parece-me boa ideia. Nesse acampamento, ou galego ou inglês, ou uma mistura das duas.
Isto do galego é como o Nescafé, só entra bem se misturado com outra cousa...
Home, aprender inglés en Vilagarcia .. igual ... ora, galego, nom sei eu ...
Este é o "galician middle way", quer dizer, do "middle of the stairs"
Qué grande Mcnally!!! canta razón tés!, igual que breogan!
por outro lado xa está Xosepinto co roio "copy paste" de sempre, a ver se te enteras que Galicia e Portugal tiveron moita relación no pasado como boas rexións veciñas que son, pero a min porque fai tropecentos séculos formaran parte dun mesmo Estado ibérico paréceme non máis que outra curiosidade histórica...
e porqué non falamos latín que tamén foi idioma común durante os mesmos ou máis séculos?¿?¿
Respecto ó español en Brasil, eu coñecín moitos brasileiros fóra de España e TODOS SABÍAN FALAR ESPAÑOL.
Saúdos.
E por que tu não fazes o mesmo que esses brasileiros e aprendes a falar português, galego83? Não estás à sua altura?
#4, Mcnally!, coido que queres comentar as seguintes consideracións xurídicas; mais, tes que ter algo de paciencia.
Sonche coma un sudoque: semella que non; mais, tenche solución.
"1ª) Desafortunadamente para as comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá , e para os seus membros, existe a crenza xeralizada, desgrazadamente tamén entre xuristas (xudicatura, avogacía, procuradoría,...), de que do réxime de cooficialidade ligüística vixente nos territorios propios das linguas españolas distintas do castelán se deriva o “dereito” a usar indistintamente calquera das linguas oficiais en calquera acto de comunicación lingüística; mais, esta crenza é manifestamente contraria á lóxica (iuslingüística) propia da regulación normativa vixente e aplicábel en materia de linguas e dereitos lingüísticos.
En efecto, xa hai máis de vinte anos que o TC tivo que manexar o concepto de oficialidade aplicado ás linguas españolas, e dixo (STC 82/86, fx 2º): "Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos, como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)".
Daquela, nada impide que calquera poder público recoñeza ou declare como oficial calquera lingua allea (ou a propia, claro!), vg. o concello de Burela o portugués; mais, como se pode tirar doadamente, dese concepto constitucional de lingua oficial DE NINGUNHA MANEIRA SE TIRAN DEREITOS DE USO POR PARTE DOS PARTICULARES, nin en concreto o DEREITO a usaren unha ou outra linguas oficiais os empregados públicos.
Dese concepto constitucional de lingua oficial só se pode derivar a obriga dos poderes públicos de COÑECEREN, na persoa dos seus empregados e autoridades obviamemte! e, eventualmente, USAREN, tamén a través dos seus empregados e autoridades, a ou as linguas declaradas oficiais.
Ven isto a conto porque os galegoexterminadores obxectivos, conscientemente ou non, os defensores obxectivos da progresiva extinción do galego por medio da indebida merma dos seus usuarios, afirman teimuda e temerariamente que da oficialidade do castelán e mais do galego na Galiza se pode deducir o (INEXISTENTE!) dereito a escolleren de entre as oficiais a lingua de uso en calquera actividade ou circunstancia de comunicación lingüística.
Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.
Como o dereito de uso non se limita á facultade de expresarse, senón que integra as facultades de expresarse e mais de informarse (uso activo e pasivo, oral e escrito), cando dous interlocutores pretenden exercitar o dereito de uso de linguas distintas, expresándose en cadansúa lingua, a comunicación resulta imposíbel (agás que se coñeza a lingua do outro!, que será en todo caso algo alleo ó dereito de uso), e o exercitamento do dereito tamén!
Nesta circunstancia o dereito dun deles NECESARIAMENTE ten que quedar suspenso para que o outro poda exercitar o seu. Nesta situación preséntase o problema de discernir cal dos dereitos entra en suspensión e cal deles se exercita. E, a solución, para o caso da Galiza é a seguinte: a) Se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego (14 CE) usarán o galego (3.3 CE); e, b) Se algún dos interlocutores, ou ambos!, sendo españois ambos, descoñece LEXITIMAMENTE o galego (porque razoabelmente non puido aínda aprendelo) usaran o castelán ou outra lingua que coñezan (14 CE).
A solución non é, como algúns pretenden, que cada un se EXPRESE no que lle pete, con tal de que se entendan; pois, o DEREITO non é unha liberdade, é un poder que o titular ten sobre alguén, o dereito ó uso dunha lingua non é viábel sen coñecela e significa esencialmente dispor, coa intermediación do Estado de ser o caso, de interlocutores nesa lingua (uso pasivo); ten unha finalidade social (comunicación, tamén da identidade cultural!) e non só unha satisfacción individual (emitir sons, lingüísticos ou non!, por propio pracer ou interese).
Por outra banda, a CE esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España (3.3 CE) e, daquela, a fortiori, con moita máis razón!, das linguas españolas (calquera que sexa o significado que lle queiramos dar a "modalidade lingüística").
Así, se existira o dereito a ESCOLLER lingua de entre as oficiais na Galiza e todos escolleramos o castelán (de tal “dereito” serí
iamos titulares todos os españois na Galiza, obviamente!), é máis que obvio que o galego NON recibiría absolutamente NINGÚN tipo de protección nin respecto (que como mínimo esixen que se conserve como lingua viva, que non morra, se extinga ou vire en lingua morta!), infrinxíndose manifestamente o art. 3.3 CE. De aí que esta redución ó absurdo nos leva a concluir con clareza que ese dereito de escolla é INEXISTENTE.
Á mesma conclusión se chega se todos escolleran o galego porque; en primeiro lugar, quen non o sabe non o pode escoller (e hai españois que non o saben, non o dubidemos!, e hainos que non o queren saber!), non podería razoabelmente ser titular dun dereito que non pode exercitar e, caso de que o escolla sen ser capaz de usalo, a súa escolla sería gora, inútil, non desempeñaría ningunha función social, sería antixurídica e irracional, algo NUNCA buscado polo dereito nin por ningunha norma xurídica.
Así as cousas, xuridicamente, en dereito é IMPOSÍBEL a existencia do por algúns pretendido “dereito” de OPCIÓN ou escolla de lingua oficial na Galiza ou, analogamente, en calquera outro territorio español con lingua propia oficial distinta do castelán (como é sabido, o caso do uso do castelán no seu territorio propio e do uso de linguas alleas no seu territorio non experimenta ex constitutione ningún cambio verbo da situación preconstitucional).
2ª) Non sendo admisíbel en dereito a pretensión da existencia do “dereito” de opción ou escolla de lingua oficial nos territorios españois con réxime de cooficialidade lingüística procede determinar cando se poden exercitar os dereitos de uso do galego ou do castelán na Galiza, cando hai obriga, no seu caso, de usar un ou o outro e cales son as cargas, prexuízos ou sancións que conleva o incumprimento desas obrigas lingüísticas. Vexámolo!
Como é ben sabido, xa no seu preámbulo a Constitución Española de 1978 constata que a Nación española (os pobos de España) proclama a súa vontade de, entre outros moi poucos obxectivos xerais!, o de “protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos DEREITOS HUMANOS (v.g. art. 27 PIDCP da ONU), das súas CULTURAS, das súas LINGUAS e istitucións”. E, presidindo a relación dos máis valiosos dereitos e liberdades da persoa humana, indica (art. 14 CE) que “os españois son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha..... por calquera condición ou circunstancia persoal ou social” (cfr. co tamén art. 14 CEDH, vía art. 10 CE). Impoñéndolles asemade ós poderes públicos a obriga de “promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removendo os atrancos que impidan ou estorben a súa plenitude..” (art. 9 CE).
Esta prohibición constitucional de discriminación lingüística, xunto cos valores superiores do ordenamento xurídico (1.1 CE), principio xeral do dereito e dereito fundamental á igualdade (14 CE) esixen, por unha banda, TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias entre si e as linguas alleas entre si; isto é, tratar igual os usuarios dunha lingua española no seu territorio propio que os de calquera outra no seu, e tratar igual os usuarios dunha lingua allea que os de outra tamén allea no territorio propio doutra terceira) e, por outra, TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea; isto e, tratar diferente os usuarios da lingua propia no seu territorio verbo dos usuarios de lingua allea no territorio propio doutra).
Mais, ese TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES por motivos lingüísticos non pode ignorar que “a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas” (art. 2); que “os españois teñen dereito a elixiren libremente a súa residencia e a circularen por todo o territorio nacional (art. 19.I CE), e que, “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado (art. 136.1CE).
Por iso xa o constituínte estableceu unha lingua (o castelán, que aínda que no momento de aprobación da Constitución puido ser unha opción herdeira do autarquismo franquista e, daquela, pouco internacionalista, hoxe debería ser substituído como lingua común ou universal por outra que permitira unha comunicación lingüística directa entre membros dun maior número de comunidades lingüísticas do mundo, sen prexuízo da conveniencia de coñecermos os membros de cada comunidade lingüística española a lingua ou linguas das comunidades lingüísticas veciñas) como lingua común ou universal no pequecho universo das linguas españolas impondo a súa oficialidade (deber de coñecemento e eventual uso por parte dos poderes públicos a través dos seus empregados e autoridades) e mais o deber xeral de coñecela PARA, EVENTUALMENTE, USÁRMOLA tamén os particulares con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio (art. 3.1 e 2, e 14 CE).
Esta estrutura complexa do Estado español, tanto desde o enfoque da distribución territorial do poder político-administrativo coma da realidade plurilingüística determinan un réxime de usos lingüísticos no que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso xeral, normal ou habitual no seu territorio propio respectivo (o castelán en Castela, o galego na Galiza, o ... en ... ), como condición necesaria para o seu respecto e protección constitucionalmente esixidos ex art. 3.3 CE e garantía do preceptuado no art. 14 CE; e a lingua común, interlingua, lingua de integración ou antidiscriminatoria (o castelán fóra do seu territorio propio, a substituir por outra de maior potencialidade interlingüística coma o inglés, esperanto, ... ) a lingua que permita a comunicación lingüística directa entre españois membros de distintas comunidades lingüísticas españolas e mais a integración dos españois dunha comunidade lingüística española noutra.
De aí a regra-resumo en materia de dereitos lingüísticos na Galiza: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, SEN PREXUÍZO DE USARMOS LINGUAS ALLEAS, NOMEADAMENTE O CASTELÁN COS OUTROS ESPAÑOIS (inglés, esperanto, ... cos outros terráqueos), CON QUEN LEXITIMAMENTE AÍNDA DESCOÑEZA A LINGUA PROPIA DA GALIZA.
Así todo, como xa se adiantou, o que existe é a obriga de usarmos a correspondente lingua territorial (obxecto de especial respecto e protección) no seu territorio propio respectivo con carácter xeral ou habitual, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente (por falta de arraigamento v.g.) descoñeza a lingua propia do territorio, nomeadamente o castelán cos españois doutras comunidades lingüísticas españolas que descoñezan a nosa, e todo isto sen prexuízo asemade doutros usos de linguas alleas iocandi causa, docendi causa ou por outras causas debidamente xustificadas.
Réxime lingüísico que, completado co art. 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, tamén permite que ENTRE ELES usen a súa lingua persoal os membros de calquera comunidade lingüística distinta da propia do territorio; mais, coa obriga (ex arts. 3.3 e 14 CE) de se integraren na respectiva comunidade lingüística española de cada territorio.
Así o entendeu xa tamén o propio Tribunal Constitucional na referida sentenza 82/86 (fx. 3º), ó dicir que “a posibilidade de usar só unha delas (das linguas oficiais) en vez de ambas á vez, e a de usalas indistintamente, aparece CONDICIONADA, nas relacións cos particulares, polos DEREITOS que a Constitución e os estatutos lles (ós particulares) atribúen....sendo o dereito das persoas (naturais) ó uso dunha lingua oficial un dereito fundado na Constitución e mais no respectivo estatuto de autonomía”.
Tamén o ven entendendo así o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza na súas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo nº 573/95 do 14.09.95, e nº 739 do 16.11.95; cando di que “é oportuno lembrar que o problema suscitado non é o da validez ou carácter oficial do galego ou do castelán, senón o do dereito do cidadán a que se utilice unha ou outra lingua nas súas relacións coa Administración, e a conseguinte obriga desta última a posibilitar o exercicio de tal dereito.
Daquela, se a posibilidade de usarmos os particulares unha ou outra lingua vén condicionada tanto por dereitos subxectivos (non discriminación e igualdade) coma por obxectivos colectivos (respecto e protección do patrimonio cultural da humanidade), tamén está sometido a eses condicionamentos o uso das linguas por parte dos órganos dos poderes e administracións públicas (que adquiren a súa lexitimidade das potestades que lles atribuímos a cidadanía).
Por outro lado, segue plenamente vixente o art. 6.3 do código civil (malia non ter sido aínda publicado en galego) establecendo a nulidade de pleno dereito dos actos contrarios ás normas imperativas e ás prohibitivas (“ Los actos contrarios a las normas imperativas y a las prohibitivas son nulos de pleno derecho, salvo que en ellas se establezca un efecto distinto para el caso de contravención”).
Daquela, sendo imperativas ou prohibitivas tanto as normas constitucionais aludidas coma as estatutarias e legais en materia de dereitos e usos lingüísticos, resulta inexorábel a nulidade dos actos que non se acomoden ó por elas prescrito.
E, amais, ex art. 53.1 CE, corresponde ex officio A TODOS OS PODERES PÚBLICOS (e Administracións públicas) impedir calquera violación do dereito fundamental á igualdade e á non discriminación TAMÉN!! por mor ou causa de lingua (NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo...) e, daquela, aprezar a nulidade e ausencia de todo efecto das condutas lingüísticas infractoras do ordenamento imperativo ou prohibitivo.
3ª) En boa lóxica xurídica, falar de obrigas lingüísticas ou de dereitos lingüísticos é falar da mesma relación xurídica aínda que vista, respectivamente, desde a posición xurídica do obrigado ou do que ten o poder, coa intermediación do Estado de ser o caso, de obrigalo."
Para non extinguir ningunha lingua, para non destruírmos o prezado e útil patrimonio da humanidade que constitúen as linguas, todas as linguas!, éche polo que propoño o bilingüismo necesario formado pola lingua propia (do territorio ou da comunidade lingüística sen territorio) e mais por unha interlingua (viva, morta, artificial ou non, que sexa compatíbel coas aptitudes lingüísticas dos membros da humanidade) escollida DEMOCRATICAMENTE polos membros das distintas comunidades lingüísticas da humanidade.
Así para a Comunidade Lingüística Galega o bilingüismo necesario estaría integrado polo galego e mais por esa interlingua (que tamén pode ser o galego!, se para iso fose escolleito), e para a Comunidade Lingüística Castelá estaríache conformado polo castelán e mais pola interlingua (que se é escolleito o galego poderías ir con el por todo o mundo!).
Por outra banda, unha cousiña cousa, canto pensas que pode chegar a pesar unha lousa?
Non desesperes co sudoque!
Non sei onde está a polémica.
Ah! xa... é porque unha das dúas linguas nas que se desenvolve o campamento lingüístico é a galega.
Habrase visto, a donde vamos a llegar.
Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!! Entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org
ENGANASTE DE CLIENTELA asterix VAI SEMENTAR A LA VOZ DE TU PUEBLO OU AL CORREO DE LA FRAGUA OU AL FARO DE LAS RIAS MAS AQUI ACHO
NÃO É O MELHOR SITIO.
COM TUDO ISTO, SORTE.
Un pouco de sentidiño...
En vez de andar á lea enre dous bilingüismos,optemos polo trilingüismo
O castelán non vai desaparecer de Galicia.Nin é desexable que o faga
Se o galego se vai consolidando como lingua vehicular,as novas xeneracións sairán trilingües si se reforza dende moi cativos a aprendizaxe do inglés
Co cal poderíamos movernos doadamente no Brasil,no resto de Latinoamérica como falantes nativos (unos 500 millóns de falantes) e no resto do mundo con certa capacidade polo inglés.Sumemos,non restemos
Eu aplaudo tamén a iniciativa do campamento