Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Segue a polémica no noso país

Reclámanlle á Xunta unha "acción directa" ante a actitude "belixerante" de Air Berlin

O deputado do BNG, Bieito Lobeira lamentou a existencia dunha compañía "que opera dende Galiza e que verte na súa publicación críticas e prexuízos sobre a lingua galega".

Redacción - 17:45 05/08/2008
O director executivo de Air Berlin, Joachim Hunold

O director executivo de Air Berlin, Joachim Hunold

O grupo do BNG pediulle á Xunta, a través dunha pregunta formulada polo deputado Bieito Lobeira no Parlamento, unha reacción directa e firme ante a actitude da compañía aérea Air Berlin que formulou, en palabras do nacionalista, "críticas e prezuíxos" sobre a nosa lingua.

Esta terza feira a Secretaría Xeral de Política Lingüística respondeulle ao deputado do BNG, Bieito Lobeira, mediante un escrito (en .pdf) no que dicían "lamentar" as manifestacións vertidas polo director executivo de Air Berlin "pois non se axustan á realidade global de sociedades heteroxéneas e plurais nas que é normal a convivencia de valores e actitudes, de linguas e culturas distintas".

Ao tempo, neste seu escrito, a Secretaría Xeral que dirixe Marisol López (PSdeG), consideraba que as compañías de baixo custo "son a referencia no acceso ao transporte aéreo para un número importante e crecente de cidadáns, e por iso o galego ten que tomar posicións neste ámbito". Nesta liña, aseguraron estar a "valorar as posibilidades existentes de cara a integrar o galego" neste eido "a curto prazo".

As verbas do señor Hunold
A polémica xurdira o pasado mes de xuño, cando o director xeral de Air Berlin, Joachim Hunold, vertía, a través dunha editorial publicada na revista da compañía aérea (en alemán e en .pdf), unha serie de prexuízos sobre a nosa lingua, o catalán e o éuscaro.

O directivo escribía aquela editorial despois de que o goberno balear lle enviase unha petición formal para empregar o catalán nas comunicacións da compañía. Nela dicía cousas como que o catalán, non é lingua oficial en Mallorca, que hai nenos que xa non saben falalo e que a partición de España en nacionalismos rexionais significaba un regreso aos reinos medievais. Hunold aínda ironizaba preguntándose "Téñolles que dar agora cursos de catalán por decreto aos meus empregados? E os que voan a Galiza ou a Euskadi, quererán que nos dirixamos a eles en galego ou en éuscaro? É que xa non falan o español?".

O BNG pide un posicionamento firme do Goberno
Naquel momento, a Lobeira resultoulle, segundo dixo, "difícil de entender que un grupo empresarial das dimensións do de Air Berlin, que presume de europeísmo e dunha visión do mundo cosmopolita, se permita o luxo de lanzar ataques directos, a través dunha publicación periódica (...) contra idiomas de pobos como o galego, o vasco ou o catalán".

Despois de recibida a resposta de Política Lingüística, o parlamentar nacionalista pedía que o "posicionamento do Goberno sexa firme e se transmita á compañía aérea" do mesmo xeito que se ten feito "noutras nacións do Estado", para que "de xeito claro e contundente" a aeroliña saiba do "rexeitamento do Goberno Galego ante estas actitudes (...) que desprezan a nosa cultura".


4,86/5 (7 votos)

Comentarios (15)

ulo #1 5/Agosto/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O grupo do BNG pediulle á Xunta... Pero, o BNG non era da Xunta.
Estes coa súa esquizofrenia... agora estou, agora non estou, teñen algo confundida a xente.
O BNG -é dicer, Quintana e demáis- pidelle a Xunta -é dicer, Quintana e demáis, xunto cos do PSdG-, algo.
Que se deixe de preguntar... e fagan, Qué?, pois deixar de subvencionar, deixar de apoiar, como coas subvecions a La Voz de Galicia e demáis polo (non) uso do Galego.
Que non poden. Enton que deixen a Xunta e deixe de cobrar.
Que xogar as agachadas en política non é rendible. Á xente se lle pode enganar un tempo, pero non sempre.

Tavia #2 5/Agosto/2008 Tavia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ulo, ainda concedendo-che a tua parte de razom, acho que devemos apoiar a Bieito lobeira que em geral está a fazer um bom papel.

martin32 #3 5/Agosto/2008 martin32
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e pensar que éste quería ser de neno gardamariña da armada espanhola!!

spider #4 5/Agosto/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha cousa é un parlamentario dun partido político e outra que ese parlamentario pertenza o goberno... son cousas diferentes --> separación de poderes. Touriño é presidente da Xunta, mais tamén é presidente do Psdg... cando fala coma presidente da Xunta ten que facelo dunha maneira e cando fala coma presidente do psdg doutra...

alboiando #5 6/Agosto/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

apoiando a petición do BNG en boca de bieito lobeira, sen prexuizo de criticar outras non peticións, que fique ben claro:
goberno é unha cousa
organización é outra cousa
semella sinxelo, mais seica 16 anos de fraguismo deixan pegadas demasiado profundas.

outrolector #6 6/Agosto/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Despois de ler ese editorial teño claro que este señor sí que ven de regresar á actualidade dende tempos medievais, ou mesmo prehistóricos.

noitarego #7 6/Agosto/2008 noitarego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

moi ben Bieito.
Tamén se lle debía de exixir a Ryanair que poña na web a opción de lingua galega, que tamén chucha os seus euriños.

ulo #8 6/Agosto/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Acho que ha moita esquizofrenia na politica en xeral, e na galega máis. Vexamos, se eu digo, como membro dun partido que esta no goberno, que se esta incumplindo a lei nun aspecto importante para min como é o idioma, o primeiro que fago é propor o organismo onde teño poder executivo que se adopten medidas.
Dependendo da gravidade do tema (e hailas moitas, dende Gaiás ata AVE), sigo ou non no goberno... Mais non me fago complice do que outros fagan.
Un pouco de coerencia na actividade politica: o que eu propoño como politica, é o que levo ao executivo... e senon, voume do goberno e fago oposición de verdade.
Pero ista esquizofrenia de que estou na oposicion cando conven, mas sigo no goberno cando tamen... non é unha política.
Así pasa o que pasa, que as hemerotecas serve e o google é o pior inimigo dos políticos "realistas".
AVE, o BNG en contra. Hoxe a favor.
Gaiás, o BNG en contra. Hoxe a favor.
Estado Español, o BNG en contra. Hoxe a "reformalo".
A explacacion do voceiro do BNG no concello de A Coruña para o seu apoio o actual plan para as Xubias é "surrealista". Nos apoiamolo, sabendo que é malo, porque o anterior é pior.
Ou sexa, a politica do "mal menor". Iso no PP ou no PSdG é normal, porque o unico que lles interesa é, como dixo Zaplana, enriquecerse na politica... Pero que o faga o BNG, suposta forza transformadora, é o colmo.
Esta é a esquizofrenia que ha na politica galega: cunha man digo si, e coa outra digo non. Mais o final, imponse o SI, porque é o carrego, o salario e os diñeiros, que goste ou non, o poder corrompe.

rockandroll #9 6/Agosto/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bom...agora vamos ver se a espécie de "monja alférez" esta de Política Lingüística é capaz de mais algumha cousa à parte das boas palavras. Menos falar em termos abstractos "tratar de integrar a curto prazo, etc, etc..." e mais fazer cumprir a lei. Deste senhor, as suas opinions importam-me pouco. A cumprir a lei ou "a la puta calle, chavalote". Ou pensavas que tinhas liberdade para opinar?

rote_luft #10 6/Agosto/2008 rote_luft
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o que máis me gustou do comentario do tal hunold foi o seu tono insultante. o título "rückfall in mittelalterliche kleinstaaterei" (a volta ós localismos medievais) chegoume á alma. a súa indignación por que "agora" a praia de palma se chame "platja de palma" indica nada máis e nada menos que este señor é un ignorante e ademais un prepotente, porque el (un empresario alemán) sabe mellor que os mallorquíns (ó fin e ó cabo a carta provén dun organismo oficial mallorquín) a lingua que estes deberían utilizar.
e o colofón final vén con tono moralista: se non fose pola UE, as illas baleares non terían nin estradas nin aeroporto. porque o que distingue á UE é un afán de promover o que une as culturas, e non ó que as desune. Bravo! un 10 polo discurso oficialista. que pena que iso siga sen explicarnos por que hai culturas que valen menos ca outras nin por que as que menos valen non teñan nin sequera dereito a pelexar polo seu recoñecemento.
e é que ós alemáns lles encanta o multikulti (multiculturalismo) que para eles é sinónimo de que moitas culturas están ben mentres non molesten á hexemónica.

de todos xeitos os da xunta igual deberían esperar un pouco antes de gastar papel en correspondencia con este señor. porque as accións de bolsa de air berlin non valen nada e é probable que teñan que cerrar en moi curto prazo. un saúdo aberto e multicultural: auf wiedersehen, que che medre (saúdo mindoniense), good bye and farewell.

piorno #11 6/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Têm razom vários dos comentaristas acima. O Governo nom «pede», executa. A notícia do desprezo da Air Berlin com o galego foi denunciada há quase 2 meses polo Portal Galego da Língua, sem que o governo galego, de que o BNG fai parte, tenha feito nada em todo este tempo:

http://www.agal-gz.org/modules...

Nessa ligaçom pode-se ler a traduçom para galego do Editorial da Air Berlin objecto da polémica (rebatizada por um deputado catalám como «Air Goebbels», facto noticiado por grande parte da imprensa internacional).

Galezio #12 6/Agosto/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bom, já sabemos que o BNG co-governa, mas não sejamos parvos,a "Junta da Galiza" é quem tem que procurar como tal governo da Galiza.E é cá quando está clarinho que o BNG não governa só...Assim que não vejo tão dispatado o ato de demandar da "Junta da Galiza" que se exija à companhia esta que quando parta ou venha para ou da Galiza utilice o galego...Ou o Português que é o mesmo.
E a ver se vamos nós agora manipular como hoje o faz um sujeito numa carta no "El País" que pune ao Barça por negarse a viajar nesta companhia porque as "azafatas no saben catalán" Não é isso...

Galezio #13 6/Agosto/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ver ligaço...Galezio

http://lacomunidad.elpais.com:...

LOIS_DE_SILAN #14 6/Agosto/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bieito!, acaso non es membro da Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma da Galiza?; pois, deixa xa e definitivamente de marear: Lei de usos lingüísticos na Galiza.

Lei clariña para todos: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio.

Estas microdenuncias sonche propias de particulares, non de parlamentarios!

A Comunidade Lingüística Galega merece outro tipo de defensa para a súa lingua.

O resto éche propaganda!

Gaviotero #15 8/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Benedicto Lobera, como siempre, encabezando el analfabetismo y el aldeanismo nacionalista con sus estupideces propias de cualquier régimen fascistoide y bananero. Vamos, como él...

Ánimo, Benedicto, que con gentuza como tú terminará desapareciendo la lengua gallega de la que te quieres apropiar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete