Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fronte aos cambios pendentes

Aymerich critica os "atrancos" do PSOE ás reformas no voto emigrante

O voceiro parlamentario do BNG advirte aos socialistas da tentación de "levar adiante manobras similares ás que o PP protagonizou no pasado co voto emigrante".

Redacción - 12:15 04/08/2008

A posíbel supeditación da reforma da lei galega á da lei estatal no que lle toca aos cambios na lexislación electoral, foi criticada este luns polo voceiro parlamentario do Bloque. Carlos Aymerich pronunciouse a prol do "cumprimento" do que definiu de compromiso necesario na loita "contra o clientelismo" e en favor da "rexeneración democrática" que "deben chegar tamén ao voto emigrante".

Aymerich dixo ter a confianza en que o PSOE "non tente poñer atrancos a unha demanda apoiada amplamente pola cidadanía". No caso de que, tal e como insinuou o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, se adiase esa reforma, segundo o deputado nacionalista "só cabería concluír que se persegue desde o PSdeG-PSOE levar adiante manobras similares ás que o PP protagonizou no pasado co voto emigrante".

O voceiro do BNG no Parlamento insistiu na importancia dunha reforma que introduciría garantías na emisión do voto dos cidadáns no exterior, recordou que PsdeG e BNG asinaran ese compromiso no pacto de goberno e lembrou ademais que foi unha das recomendacións incluídas pola cámara no ditame da Comisión de Investigación da suposta Axente Electoral do PSOE.


4,43/5 (7 votos)


Comentarios (9)

OBSERVADOR #1 4/Agosto/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois...

UnDeTantos #2 4/Agosto/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aymerich debería ser a cabeza visible nas proximas eleccións á xunta...

Barbara #3 4/Agosto/2008 Barbara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Apoio a AYMERICH CANO para novo conselleiro de EMIGRACIÓN-INMIGRACIÓN. Pódese estudar que a actual Secretaria Xeral de Emigración volva ser unha consellería porque temos máis de 330.000 emigrantes e máis de 85.000 inmigrantes.Sendo coma é unha persoa culta e traballadora arranxará nunha lexislatura toda esta vella trapallada do voto sen urna. Os que máis emigrantes temos non pintamos nada en Madrid e non digamos en Estrasburgo onde nos están machucando coa tristemente célebre "Directiva da Vergonza".

subela #4 4/Agosto/2008 subela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero como o PsdG vai querer poñer arranxo a esta vergoña, propia de paises do terceiro mundo. Se o fixese tería que despedir a Señora Soneira.
O PSOE segue perigosamente os pasos do PP e para ter unha copia a xente, que non sabe escoller nada mellor, vai volver optar polo PP

edreira #5 4/Agosto/2008 edreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Súper Aymerich S. Xeral de Emigración ou Conselleiro de Emigración?. Ti sabes o que dis?. Fai pouquiños meses quería que so votaran os emigrantes nas eleccións xerais e o Parlamento Europeo. Veña, Veña, metédeo de Xefe que ides perder ata o DNI.
No Bloque tedes unha moi boa opción que se chama Ana Miranda, que leva moito tempo abrindo testas co voto emigrante. Menos Súper fotoxénico Aymerich e mais xente que da a cara e traballa coñecendo onde se move, como Ana (Intelixente e boa moza, quen da mais).

AURINEGRO #6 4/Agosto/2008 AURINEGRO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois claro que si Edreira eu tamén apoio a ANA MIRANDA porque é moi traballadora pero antes haberá que volver compartir poder e que o BNG non perda forza porque senón xa me dirás. O tema do voto é unha cousa e a nacionalidade outra...aquí a UCD e logo o PSOE de Felipe acordou o dereito ao voto porque era algo barato (non custaba nada)pero na maioría dos países do mundo aínda que sexas cidadán legal non tes dereito a votar ata pasados unha cea de anos.
A maioría dos galegos son da opinión de que nas municipais os emigrantes non deben votar (a min tamén me parece moi razoable).

OBSERVADOR #7 4/Agosto/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois se o Aymerich é super-fotogénico então deveriam escolher a esse...

edreira #8 5/Agosto/2008 edreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois si debería ser escollido, mais para o Hola, Hello ou People...vaille moito mais. De emigración vai cortiño e ben cortiño, por non dicir que mete ben metida a zoca.

Carlinhos #9 5/Agosto/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gráfico foi; para quem nom visse na TV a intervençom da comisom presidida por Alfonso Guerra nas Cortes Espanholas, hai umha semana quando se levou o acordo do "Parlamentinho" à Capital do Reino de España, forom as intervençom finais da vice-presidenta; o seu tom de voz e os seus acenos que traduzidos livremente à linguage articulada mesetária seriam:
"Pero quién coño se creerán que son estos muertos de hambre gallegos tercermundistas para venir con exigencias y hasta plazos, que hasta me quieren joder las vacaciones, creen que por aprobar algo en su mierda de parlamento de juguete, ya pueden venir aquí como si pintasen algo esos chupa-subenciones gañanes y analfabetos!"
Sinceramente, foi a primeira vez na vida na que me sentim solidário por igual cos porta-vozes de PPdeG e BNG.
Com Aymerich ou sem el; colónia somos, colónia seremos; como naçom assi nada mandaremos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete