Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Detidos coa escusa "antiterrorista"

Esíxenlle ao novo goberno paquistaní que desvele o paradoiro de centos de desaparecidos

Logo do cambio de goberno en Paquistán, Amnistía Internacional publica un novo informe sobre as desaparicións forzadas durante o goberno de Pervez Musharraf.

Redacción - 17:45 23/07/2008

A organización a prol dos dereitos humanos Amnistía Internacional (AI), fai público o seu último informe acerca das desaparicións forzosas no Paquistán. Forma parte da campaña que AI está levando a cabo co propósito de poñer fin á práctica da desaparición forzada en todo o mundo.

Prácticas negadas e ocultadas durante anos

Nos últimos anos, centenares de persoas “desaparecidas” foron detidas en aplicación de medidas antiterroristas adoptadas por Paquistán no contexto da “guerra contra o terror” dirixida por Estados Unidos. Ducias destas desaparicións xa foran documentadas en 2006 pola organización. Daquela o presidente Musharraf negou o denunciado por Amnistía Internacional, sinalando: “Non quero nin sequera contestar a elo. É absurdo. Non mo creo. Non é verdade”. Pervez Musharraf mantivo esta mesma postura en 2007 cando asegurou que a afirmación de que desapareceran centos de persoas baixo custodia dos servizos de intelixencia paquistanís non tiña “absolutamente ningunha base” e que en realidade estas persoas foran recrutadas ou captadas por “grupos yihadíes” para combater.


"O novo goberno de Paquistán deberá revelar de inmediato onde se atopan recluídas as persoas que están en paradoiro descoñecido, vítimas de desaparición forzada, investigar todos os casos e facer render contas aos responsábeis, incluídos os servizos de intelixencia e seguridade do Estado", pide o novo informe de Amnistía.

Xuíces destituidos

As desaparicións forzadas están, pola súa natureza, rodeadas de segredo, polo que é imposíbel coñecer o número exacto de vítimas. As organizacións paquistanís que traballan en favor das familias das persoas desaparecidas afirman que hai polo menos 563 casos.


Amnistía Internacional pediulle tamén aos líderes do novo goberno de Paquistán que rehabiliten os xuíces destituídos que andaban a investigar casos de desaparición. Cando o presidente Pervez Musharraf impuxo o estado de excepción en novembro de 2007, depuxo os xuíces que esixiran unha resposta do Estado en relación coas desaparicións forzadas.
No seu novo informe, Denying the undeniable, enforced disappearances in Pakistan, Amnistía bota man de actas xudiciais oficiais e declaracións xuradas de vítimas e testemuñas de desaparición forzada para demostrarlle ás autoridades paquistanís que os intentos de localizar ás persoas desaparecidas se viron obstaculizados por funcionarios do Estado, especialmente dos servizos de intelixencia e de seguridade.


No informe tamén se lle pide a outros gobernos, especialmente ao de Estados Unidos, que garantan que non son cómplices da práctica da desaparición forzada, nin a facilitan nin a toleran. Moitas persoas que estiveron recluídas en segredo en centros de detención de Paquistán afirman que foron interrogadas polos servizos de intelixencia paquistanís, pero tamén por axentes estranxeiros.


3/5 (2 votos)


Comentarios (2)

Carlinhos #1 23/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estes de AI... se se precuparem dos grandes crimes de Chávez, Evo e os irmaos Castro, quanto melhor lhes era..!

COUTOVEN #2 24/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non se, pero as veces que Amnistía Internacional referiuse a Venezuela non foron precisamente para falar das bondades do proceso ROBOILUSIONARIO no que respecta a tolerancia política e persecución á disidencia. Por suposto, cando dixo cousas boas “santa palabra” pero cando fixeron críticas sobran os descualificativos.

É patético ver como máis do 50% dos xuíces son temporais e polo tanto manipulables. Tanto é así, que só falta que o COMEDIANTE EN XEFE diga tal ou cal cosa dunha persoa e ao día seguinte xa está sendo imputada. Creando un verdadeiro terrorismo xudicial.

Por suposto, cando se di que Venezuela é un país violento onde o índice de mortes por arma de fogo é o máis alto do mundo segundo a UNESCO e segundo Amnistía Internacional hai máis de 6 millóns de armas de fogo nas rúas e só 1,5 millóns rexistradas. Aínda existen persoas que o pon en dúbida. É por esa razón que o bo Hugo segue comprando armas.

http://venezuelanoticia.com/ar...

É triste ver como se reprimen as manifestacións estudantís e iso que boa parte da alta dirigencia do chavismo provén desas universidades que hoxe atacan a sangue e lume superando a saña de cuarta república. Hoxe decatámonos que son “burguesas e controladas pola CIA”. Como cambian as cousas?

De Evo Morais. Son tan frecuentes as súas visitas a Venezuela que non me sorprendería que fose nomeado como ministro. Pero ministro da pedigueñeria. Que caro saíulle a Venezuela o “san hábito” do noso COMEDIANTE EN XEFE de consumir follas e PASTA DE COCA.

http://es.youtube...

E violando a lei (peculado de uso) asígnalle helicópteros militares con tripulación incluída para os traslados do bo Evo para múltiples actividades algunhas delas de corte proselitista. Fai uns días calo un destes aparellos perdéndose este xunto ás vidas dos seus ocupantes “case todos venezolanos. Xunto a isto, non falemos das millonarias doazóns que obtén cada vez que vén a territorio venezolano. É tanto o seu descaro que ultimamente suxeriu que lle entregasen o Cheque a el directamente para que non pasase polo Banco Central de Bolivia. Xa entenderán o motivo polo cal non quitámonolo de encima.

De tal xeito que Amnistía Internacional seguirá facendo as súas denuncias. Cando sexan contra o imperio serán postas con xustiza en primeira plana. Pero cando se denuncie a outros dirixentes os cales sonlles simpáticos (Seria bo saber o porqué) Simplemente non se publica nada ou se procede a descualificar e punto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete