Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTASE A CURTA 'GALICIA 2098'

"Vasme deixar morrer aquí?"

O filme amosa unha Galiza futurista na que a lingua desapareceu e o derradeiro galegofalante é exhibido nun museo.

Marcos S. Pérez - 09:30 23/07/2008

O 17 de maio apareceu na rede o trailer de Galicia 2098. O tema que se suxería, unha Galiza do futuro, dentro de noventa anos, na que non mudara gran cousa, pero na que desaparecera a lingua, xerou polémica, comentarios e discusións. "Supoño que agora haberá a mesma polémica", di Edu Lavandeira, o seu director. "Agora vese mellor que no trailer o que quero contar, a oposición entre dous mundos que se enfrontan, a distinta actitude do galegofalante e do castelanfalante. No final da curta, gravada no Marco de Vigo, este derradeiro galegofalante pregúntalle a un dos visitantes se o vai deixar morrer alí.

Esmorece o galego? Existe un perigo real de que desapareza completamente nunhas poucas décadas? "No meu ambiente, entre a xente nova de Vigo, por exemplo, non se fala galego, e o mesmo pasa na Coruña: moitos mozos seguramente nin o saben falar nin o entenden sequera", afirma o director, que defende que o obxectivo do filme é mover a conciencia da xente sobre o asunto.

Preguntado sobre se unha posición tan pesimista sobre o futuro da lingua pode resultar contraproducente, afastando do idioma a posíbeis novos falantes, Lavandeira é claro: "e falo da realidade que vexo ao meu redor, na que a situación é esa: nalgúns ámbitos non é que o galego vaia desaparecer, é que xa desapareceu". A curta péchase coas declaracións realizada o pasado ano por Xosé Ramón Barreiro, presidente da RAG, nas que alertaba de que o galego estaba esmorecendo; "ademais, fronte a estas visións, sempre hai outras máis optimistas, realizadas dende o BNG ou dende a Xunta, que as equilibran".

Lavandeira fíxose hai dous anos coa primeira edición do certame Curtas na Rede co filme De Aldeanos, tamén polémico, no que preguntada unha moza por que non falaba galego, ela respondía que porque iso era "de aldeanos". Despois deste segundo traballo cunha temática centrada na lingua, pensa xa nunha terceira curta para completar a triloxía.


4,6/5 (10 votos)


Comentarios (26)

carlosroca #1 23/Xullo/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min me parece ben actual...en cada vez máis ámbitos.

Ten volta atrás... depende da nosa vontade e de non dispersar as forzas...

Tino #2 23/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vindo no tren de Vilagarcia a Santiago topeime cun grupiño de nenos de colexio de monxas q viñan de excursión: ao falar con eles ficaron estrañados e preguntáronme ,,I tu en q idioma ablas?" outros nin me entendían... en pleno apoxeo do Xabarín Club.
A miña conclusión, á parte de q na escola nin lle explican q existe un idioma propio de Galiza, é q ademais nin teñen sintonizada na tv da sua casa a TVG para q non se ,,contaminen".

Hispanico #3 23/Xullo/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vasme deixar morrer aqui? Vas "a" facelo? "Bueno", cá por mim, vou "a" deixarte morrer aí, a ver se des que morras poderemos reintroduzir o galego original numa forma nom bastardizada ... temos é nom mais do que conservar em gravaçom o galego tal como o falam ainda hoje os poucos galego falantes que ainda conservam o sotaque e fonética galegos, e despois limpalo de castelhanismos e ortografia nojenta castelã ... Eis o galego do seculo XXII! Finalmente, botaremos o castelhano para Castela! A RAG pasará entom a ser um museo chamado "Museu dos traiçoeiros que quigerom acabar com o galego e crear o seu proprio creoulo galego-castelhano". Num cuarto haverá um holograma tridimensional do crioulo-falante Barreiro dizendo "bueno, creo que vai a esmorecer ... bueno, creo que vai a esmorecer ... bueno, creo que vai a esmorecer ...

bertus #4 23/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hispanico, ti si que tes películas na cachola. Ti mesmo te delatas.
En Cataluña o idioma, que non se fala nin en América nin en África, non che esmorece, e os catalásfalantes tamén che din moito "bueno" por alí e por alá.

Boa idea lle leva á película. Conciencia de apocalipse é o que fai falta para chamar á acción e tirar do freo de emerxencia pra deter ese tren que se dirixe cara degradación do galego convertendoo en peza de museu. Boa mediciña contra as películas hispánicas que nos adormecen a conciencia con lerias de séculos XXII.

Como dicía o Benjamin a resistencia xéstase coa "imaxe dos avós excravizados, non coa dos netos liberados."

Clausewitz #5 23/Xullo/2008 Clausewitz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O primeiro que teño que dicir é que non logrei ver o vídeo enteiro, paréceme unha parvada.

O galego é unha lingua de centos de anos, quen o afoga e o “canibaliza” é quen está a xogar politicamente con ela.

1. Un feito que levo constatando persoalmente dende hai tempo: Cando eu ía a escola, e o que digo é un feito, escoitaba falar aos nenos en galego. Cando vou hoxe non escoito a ningún rapaz, e digo ben a ningún rapaz falar galego.

2. ¿Non é lexítimo deducir deste feito que as políticas de normalización lingüística, postas en práctica dende os anos oitenta, lonxe de potenciar o uso do galego foron reducindo cada vez máis o uso real do galego?

3. Penso que este feito, para min innegable, é o que ten que servir de punto de partida dunha reflexión sen prexuízos sobre se a forma pola que se optou (e óptase de maneira dogmática e cega) na promoción do galego é a máis axeitada.

4. Cando se opta polo doado camiño da imposición, óptase por un camiño que terá a consecuencia de agravar o proceso de perda de galegofalantes (¿É iso o que lle interesa a Mesa para seguir trincando subvencións?). É moi improbable que as mesmas causas non produzan os mesmos efectos.

5. Para que as medidas de discriminación positiva en prol do galego funcionaran, e é un feito que non o están facendo, deberían de ser aplicadas dunha forma reflexiva, restritiva e acoutada no tempo e optando por fórmulas que non teñan efectos colaterais negativos como a creación de resentimento de aqueles que se ven afectados negativamente por esta medida. O paradigma destas medidas sen efectos colaterais negativos é a concienciación.

6. A liberdade e o compromiso libre para falar a lingua é o mellor alicerce para para manter viva a lingua. PENSO QUE ASÍ O DEMOSTRA A FORZA COA QUE O GALEGO VIÑA RENACENDO AO LONGO DOS ANOS SESENTA E SETENTA. Un proceso que desgraciadamente truncouse coas desastrosas políticas de normalización postas en marcha nos anos oitenta e noventa.

7. Pensen na forza coa que o galego viña renacendo ao longo dos anos sesenta e setenta. Daquela era unha aventura mercar un libro en galego na “trastenda” dunha tenda ou dar ou recibir unha clase en galego, despois de anos de persecucións e ostracismo.

E o interesante é que este renacemento era posible porque a xente quería liberdade, quería romper as barreiras física e mentais que durante anos pecharan a difusión do galego.

Non é lóxico pensar, tomando como base este feito, que o galego se desenvolvía mellor nun medio no que había liberdade, no que a xente podía comprometerse libremente na fala da súa lingua.

¿Canta porcentaxe da poboación galega falaría hoxe galego se este proceso non fora truncado polas desastrosas políticas de normalización (un dos promotores das cales, por certo, escribe en La Voz de Galicia sempre en castelán)? Evidentemente nunca o saberemos.

Pero penso que é necesaria unha reflexión para analizar se convén seguir polo mesmo camiño. Unha reflexión, que se quere levar a diante con seriedade, hoxe debe centrarse na conveniencia de retirar ou cando menos modificar o decreto do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

8. [Nota para os que pensan que o galego o inventaron Manolo Rivas e Gayoso: Simplemente repasen (se os teñen na casa) o ano de edición das grandes obras da literatura galega (Celso Emilio, Blanco Amor, Cunqueiro, as reedicións dos clásicos de Galaxia de Cabanillas, etc.). ¿A que teñen data dos anos sesenta e setenta? Pois si señor moitos as mercaban e as lían xa daquela. Mentres outros arriscaban e empregaban o galego nas clases, para facer conferencias, sufrían a visita e os “chivatazos” da Brigada Político Social (os inspectores e equipas de normalización lingüística da época), etc...]

(E non confundan o marketing e lavar a imaxe con enganar a todos todo o tempo)

Democracia= instrumentos para facer política= persuasión e convencemento=concienciación=lingua forte e falantes comprometidos

Ditadura= instrumentos para facer política= imposición e criminalización=decretazo=lingua débil e sen falantes

“Quen queira ser libre, ten que querer tamén a liberdade dos outros”

9. Unha Galicia, e o mesmo vale para Europa, de xente que fale varias linguas, só vai ser posible sobre a base da intercomprensión e non do monolingüismo (sexa en inglés, español ou galego). (Véxase: Ploquin, Françoise, « Esprit de famille», Le Monde Diplomatique, enero 2005, páx.23 ; Cassen, Bernard, «Un monde polyglotte pour échapper à la dictadure de l’anglais», Le Monde Diplomatique, enero 2005, páx.22-23).

10. A intercomprensión é o feito de comprender diversas linguas sen falalas: cada un fala e escribe na súa lingua, e comprende e le as dos outros. A intercomprensión baséase na capacidade dos falantes de encontrarse falando cada un a súa lingua propia e entendendo a do outro, a pesar de non falala fluidamente (ibid.)

11. Para un falante dunha lingua que procede do latín as outras linguas que tamén proceden do latín son relativamente doadas de comprender. Esta noción de familia de linguas, comprendérona ben os escandinavos: un danés, un noruegués e un sueco compréndense, mentres falan cada un a súa lingua. O costume de apoiarse sobre as similitudes (e utilizalas preferentemente cando se fala) e os estudio das diferenzas (e coñecelas para non perturbar a comprensión) permiten aos escandinavos comunicarse doadamente entre eles. Así, dende hai máis de un século en cada un destes países, ensínanse na escola as bases da gramática das linguas dos outros (ibid.).

12. Esta aprendizaxe pon en marcha unha dinámica de multipolaridade e de democracia lingüística fronte ao poder esaxerado da lingua única (ibid.).

OBSERVADOR #6 23/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

H O R R Í V E L !!!!!!!!!!!!!

MAS QUEM CARALHO SE PENSAM QUE SÃO ESTES IDIOTAS?????????????

NUNCA UM GALEGOFALANTE VAI IMPLORAR DESSE JEITO. N U N C A !

NUNCA, APESAR DE TODOS OS BARREIROS COVARDES QUE FOGEM DA CÂMARA ASSUSTADOS ("FRONTEIRAS").

NUNCA, APESAR DE TODOS OS INCONSCIENTES GALEGOS CASTRAPOFALANTES.

NUNCA, APESAR DE TODOS OS QUE NÃO ESTÃO CONOSCO E VÃO FORA FAZER AS SUAS VIDAS, PERDENDO-AS.

N U N C A !!!!!! SEMPRE QUE HOUVER GALEGOS HAVERÁ GALIZA E HAVERÁ PORTUGAL.

OBSERVADOR #7 23/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E reparai que querem que pensemos que isso que se falava no documentário era "galego" e "castelhano"...

E UMA MERDA!

OBSERVADOR #8 23/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

BARREIRO ASSASSINO. FORA DA GALIZA!

COVARDE!

OBSERVADOR #9 23/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"GALICIA" "2098"??????

Ou seja, já nos dão por perdidos em 90 anos. E o Barreiro pelo meio.

C O V A R D E!!!!!!

bertus #10 23/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que ter pouca vergonza pra falar de imposición do galego cando os galegofalantes vemos vulnerados os nosos dereitos a diario. Aquí a única imposición que hai é a do castelán.

Clausewitz, a pregunta que debes facerte é: por que en Cataluña as políticas de noramilización dotaron dunha excelente saude ao catalán e en Galicia á inversa?
Concordo co da intercomprensión, pero como ti mesmo recoñeces, dacordo co video, o galego esmorece. Polo que imos cara un monolingüismo do castelán mentres estamos nunha situación, non de bilinguismo, senón de diglosia. Cataluña, en troques, é perfectamente bilingüe.

Demagoxia barateira é a de comparar unha situación de cooficialidade lingüística, anque con xerarquía xurídica do castelán actualmete, coa época de Franco...

O video parecerache unha parvada pero ti mesmo lle das a razón cando recoñeces có galego pérdese.

Hispanico #11 23/Xullo/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 Caro Bertus,
Em Catalunha as elites som catalano-falantes, a situaçom é muito diferente. Ao invés, as elites galegas nunca falarom castelhano, pola conta que lhes tinha ... apenas é agora que começam a falar uma espécie de galego acastelhanizado ... pola conta que lhes tem.
O facto de ti escreveres com a ortografia castelhana é uma face mais do nível de deturpaçom que está a afectar ao galego. Seica ti empregas tamén a ortografía castelhana para escrever inglés, ou frances ou italiano? O facto de empregares palavras nom galegas coma "xestar" é outra proova de "ese tren que se dirixe cara degradación do galego". El-terá qualquer relaçom com o humilhante predominio da lingua castelhana na Galiza?

"Boa mediciña contra as películas hispánicas que nos adormecen a conciencia con lerias de séculos XXII." E logo como?, se esta película nom é mais do que uma produçom hispánica regional ... igual os que a fizerom estavam a falar galego no seu trabalho ... seguro

#5 Clausewitz
"O primeiro que teño que dicir é que non logrei ver o vídeo enteiro, paréceme unha parvada."

Concordo 100%, mas, como esperar creatividade e arte dos filhos duma subcultura castelhana, disfarçada de galega ... !?

bertus #12 23/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hispanico, "xestar" é a verbalización dun sustantivo que existe mesmo no portugués.
Claro que en Cataluña hai unha burguesía que defende o catalán, pero falando tamén che din moito "bueno". E non sei de onde sacas que as élites empezan a falar galego pola conta que lles ten. É unha parvada, as élites seguen a falar castelán en Galicia nunha porcentaxe altísima. Os acomplexadiños, ao ver que non hai elites que respalden a súa lingua, teñen que ir buscar elites a Portugal que falen galego.

Hispanico #13 23/Xullo/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bertus, acho que queres dizer "gerir" ... eis a prova da ingerência do castelhano no galego ...

O fracasso da política linguística em prol do galego evidencia ainda mais a ineptitude, prevaricaçom e ruindade dos dirigentes políticos galegos, os RAG ILG e afims. A maioria dos galegos enquanto isso somos victimas, verdugos ou cúmplices deste crime cultural.

Com uma fracçom dos quartos gastados nesta política nefasta ter-se-ia podido introducir a norma padróm portuguesa e o ensino obligatorio em galego. O galego estaria a rexurdir agora. Mas os galegos sempre quigerom o dominio castelhano, dá mais dividendos e sempre se pode ir a Madrid, a tentar a sorte ...

Hispanico #14 23/Xullo/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lamento, "gestar" de "gestaçom", nom de "gestão" ... nom sei se essa palavra existe ... nom a encontro nos meus dicionários ...

Clausewitz #15 23/Xullo/2008 Clausewitz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

1. A lei de normalización lingüística non protexe os dereitos dos galegofalantes porque ese non é o seu obxectivo. Esa é a razón de fondo polo que as políticas de normalización lingüística, postas en práctica dende os anos oitenta, lonxe de potenciar o uso do galego foron reducindo cada vez máis o uso real do galego..

2. A situación en Cataluña, ao contrario do que aquí se pensa, non é nin moito menos ideal en canto á protección dos dereitos dos falantes: “En demasiadas ocasiones, un ciudadano intenta ejercer sus "derechos individuales", pero debe renunciar a ser atendido o entendido en su propia lengua [o catalán]. En la práctica es obligado a usar la otra lengua oficial”. (Ernest Maragall i Mira, 23 de xullo de 2008, en El País)

3. Sábese que as medidas de “discriminación positiva” (“affirmative action”), se se quere que sexan efectivas, deben ser aplicadas dunha forma restritiva, reflexiva, acoutada no tempo e optando por fórmulas que non teñan efectos colaterais negativos. A obxección con máis peso que se ten feito contra a “discriminación positiva", e que se castiga (cando se ve privada de dereitos fundamentais) a unha xente por un dano que non cometeu; noutras palabras, a maioría da xente de hoxe non formou parte do sistema que oprimiu ás minorías discriminadas. Por último, unha cuestión, a “discriminación positiva” ¿funciona?. A experiencia de EE.UU, por exemplo, demostra que as políticas de discriminación positiva, sendo necesarias, poden ter efectos contrarios a aqueles que se perseguen acentuando os prexuízos e minando os logros das minorías. Incrementando a tensión racial e beneficiando aos máis privilexiados dentro dos grupos minoritarios. (Recentemente o Tribunal Supremo de EE.UU rexeitou a raza como factor de discriminación positiva nas escolas, argumentando que “non é maneira de loitar contra a marxinación porque sería buscar unha solución ao problema sobre a base do concepto de raza”).

4. A discriminación positiva ten, ademais, dous efectos negativos:

4.1 Oculta cales son as verdadeiras raíces da discriminación: por exemplo, sociedades cunha cada vez máis esaxerada desigualdade económica, democracias que perpetúan os privilexios de grupos minoritarios autonómicos ou nacionais. Do cal evidentemente ninguén quere falar.

4.2. Lexitima a discriminación sobre a base da lingua, o que é incompatible con calquera respecto aos dereitos dos falantes. (STC 337/1994: “La Constitución permite al legislador regular de diferentes formas los sistemas de impartición de la enseñanza en una Comunidad Autónoma bilingüe, atendiendo a razones objetivas de apreciación de circunstancias de hecho esencialmente diferentes y basadas en la protección de intereses públicos, siempre que sean compatibles y respetuosas con los derechos fundamentales y libertades públicas”.). Doutrina que na práctica tivo a consecuencia de facer posible que as administracións públicas puideran facer e desfacer ao seu antollo en materia lingüística.

OBSERVADOR #16 23/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este vídeo parece-me a cousa mais vomitiva que tenho visto nos últimos tempos. Deixai-vos de caralhadas, o que querem é que engulamos isso do "gallego" versus "castellano", quando NINGUÉM FALA BEM CASTELHANO NESSE VÍDEO.

Teremos de ser sempre pailães os galegos, então, Sr. Barreiro????

bertus #17 23/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"gesta" existe en portugues coa mesma acepción co castelán, non sei se tamén coa propia galega de xesta (tamén ten a outra). Eu fixen un xogo de palabras, da resistecia e a xesta. Quizais castelanisos. que lle queres non son perfectos pero non conocrdo con: ou puro ou nada que dixeches. Insisto, eis o "bueno " do catalán falante.

Observador: "vomitivo" é portugués? Meus avós din gomitivo.


Clausewitz,
a discriminación positiva funciona en Cataluña desde hai 20 anos. Aquí inda é cedo pra falar de resultados.

Hispanico #18 24/Xullo/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bom, se os catalás dizem "bueno" digámolo nós também.
Ou, ainda melhor, por que nom "well", que está ainda mais espalhado polo mundo adiante?
E admitamos também "y luego?" que também é muito popular.
E despois dios.
E, por suposto, Galicia.
Compre nom sermos tam escrupulosos, nom é?

tato101 #19 24/Xullo/2008 tato101
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A curta é tan boa que nos ten a todos falando do tema e facendo comentarios. Se logra a nosa atención acerca do problema que pode vivir o noso idioma penso que é un éxitos ben grande. Saúde a todos.

bertus #20 24/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

penso que si, tato101, pódese dicir que a curta é boa se conseguiu provocar náusea e gomito en conciencias adormecidas.

Hispanico, non te enteras de res... Galicia é 100% galego. Os acomplexadiños, que pensades que o castelán é superior, credes que este idioma non ten influencias do galego. A denominación castelá medieval é Gallicia, e daí, gallego.
Escrupulosos non, a palabra é repunantes. Haiche moito repunante!

OBSERVADOR #21 24/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vomitivo
adj.,
que provoca vómito;

s. m.,
vomitório.


Os teus pais podem dizer como quiserem.

bertus #22 24/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gomito, tamén con gheada, é como se di en galego.
Gomita, gomita todo o teu autoodio, que hache prestar.

OBSERVADOR #23 25/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em galego diz-se de muitas maneiras. Não só fala galego o teu pai.

Vomitivo este vídeo. Ou "ghomitivo", como quiseres.

bertus #24 25/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

se eu fose o autor, estaría satisfeito: efecto desexado.

bertus #25 25/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

en desleigados

bertus #26 25/Xullo/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dégueulasse
http://www.farodevigo...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: