Doar sangue, ir á misa, poñerlle un determinado nome a un fillo ou ir a un prostíbulo, xeitos de conseguir combustíbel de balde.
A crise económica e, concretamente, a suba dos prezos dos carburantes, está tamén a ter un forte impacto nos Estados Unidos. Moita xente está disposta a case calquera cousa por conseguir tarxetas de combustíbel de balde, que son o premio de moda. E iso que, ao cambio, o prezo medio do litro de gasolina nos EUA anda lixeiramente por riba dos 70 céntimos de euro.
Un dos casos máis peculiares é o dun habitante de Florida, David Partin, que lle poñerá ao seu fillo Dixon Willoughby, como os presentadores dun programa de radio, a cambio dun bono de 100 dólares de gasolina.
Segundo conta Reuters, o bordel Shady Lady Ranch, en Nevada, dá vales de 50 dólares de combustíbel aos clientes que gasten, cando menos, 300 dólares durante este mes. Xuño e xullo son temporada baixa, explica o propietario do negocio. Nunha semana xa se repartiron 200 tarxetas.
En Texas estanse a producir roubos de gasolina por valor de 100 dólares dos autobuses do centro de día da igrexa Higher Ground. Pola súa banda, unha parroquia de Massachusetts sortea un vale de 50 dólares entre as persoas que acudan á misa semanal.
Entre tanto, a Cruz Vermella dos EUA está a desenvolver unha campaña de verán pola que os doadores de sangue poden gañar un subministro anual de combustíbel.
arredemo, vaia marketing o da Cruz Vermella
Os EUA o que sempre fixerom foi tirar sangue, prostituir, pôr nomes (Kosovo, Panamá...) e financiar o fanatismo religioso; nom é tanta novidade. Ah! é que o fam nos próprios EUA..!
¿70 céntimos o litro de combustible?
Mi ma, varatísimo e eles tolos
Parécelles perverso o que fan os gringos coa gasolina e o petróleo. Queren ver algo peor? Bo, pregúntenlle a un venezolano ou a un galego que este de turista por eses lados Canto vale un litro de gasolina en Venezuela? Eu non llos digo xa que é un insulto. E non pregunten polo gasoil xa iso non se utiliza nos automóbiles e aínda vale menos.
O interesante é que se algo aprendeu o noso comediante en xefe. É que o único que non pode aumentar neste país é o combustible. Senón preguntenlle a Carlos Andrés Pérez.
Mentres o consumo irracional de combustible en Venezuela e o enfermizo costume do noso COMEDIANTE EN XEFE de regalar diñeiro e petróleo aos seus amigotes compromete o futuro económico deste país. Hai quen se ruboriza polas prácticas do imperio.