Quintana reivindica o BNG como "ferramenta indispensábel" para que comecen as obras do tramo a Ourense.
O voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reivindicou este domingo a formación nacionalista como "ferramenta indispensábel" para conseguir que as obras do TAV, no tramo Lubián-Ourense, comecen "canto antes".
Nun acto reivindicativo na localidade de Lubián, ao que asistiron máis de douscentos militantes e simpatizantes do BNG, o líder nacionalista insistiu "na necesidade" de que o Goberno central "se comprometa" con Galiza para lograr cumprir co prazo fixado de 2012.
"Non abonda con que se cumpra coa partida orzamentaria", sinalou Quintana, ao tempo que subliñou que "agora é necesario que o goberno responda á reivindicación histórica de todos os galegos e dea vía libre ao comezo das obras".
Xa ía sendo hora de que o BNG se preocupe a fondo dos problemas que afectan ao noso país, aínda que sucedan fóra das fronteiras administrativas.. parabéns por esta valente iniciativa.
Moi ben sres do BNG, mentras uds preocupanse de acadar cartos para as constructoras nunha obra que só van usar alguns executivos e turistas (sacou o AVE a Andalucia de ser, con nós, unha das zonas máis atrasadas, mentras outra, como Euzkadi non o teñen), os veciños mobilizanse porque Renfe pecha a estacion de Portas, deixando a centos de veciños sen transporte publico... porque fixeron a variante do AVE.
Moi ben, xa sabemos onde estan alguns.. con ACS, Dragados, FCC, e demáis constructoras do AVE, que esta a significar o desmantelamento da rede ferroviaria galega, e polo tanto a desaparicion de calquer posibilidade de trens de proximidades.
A seguinte vai ser a liña Coruña Ferrol, o seu paso por, nin máis nin menos que Culleredo, Cambre, Betanzos, Miño, Pontedeume, Fene...
Porque este peche xa foi anunciado por Paco Vazquez e ainda non se escoitou nada sobre el.
Pecharon Cerceda, pecharon Ordes, pecharon Portas, pecharan Culleredo e Cambre... E nos pedindo un AVE a Madrid... Estos son os nosos nacionalistas.
Se ao final tera razon quen dixo, "mexan por nós, e dicemos que chove".
Eis a questão, ulo. Concordo totalmente.
Muito falar do TAV e nada dos caminhos de ferro de proximidades que no século XXI ainda não temos.
Tampouco se diz nada dos terrenos públicos das estações e linhas que agora são de Adif, a empresa resultante da privatização definitiva de Renfe e com os que está a especular de forma escandalosa.
O TAV é secundário. O principal é uma rede de proximidades electrificada e de via dupla.
É também uma mágoa que no Bloco (agora Bloque Autonomista Gallego) ninguém esteja a reclamar os CAMINHOS DE FERRO GALEGOS, empresa pública alternativa a Renfe e a cesão a ela do que agora se está a privatizar/remover.
Se tanto olham para Catalunya em temas como os "moços de esquadra galegos" que olhem também para os c.f. catalães.
Actuan como os bos colonizados/as: Temos direiro a ir a Madrid, o noso benestar depende de estar cerca da metrópole para chegar antes que ninguén lamber cus. Para este viaxe, non facian falla tantas aforxas.
O ser colónia e não livre tem os seus custos. As obras do TAV é do poder de uma Região Administrativa, de uma REGIÃO AUTÒNOMA muito mais. Mas continuamos a ser uma colónia de Espanha em plena Europa no século XXI. O colonizador continua a mandar na Galiza os galegos é que não mandam nada. Só servem para pagarem elevados IMPOSTOS...