Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Natación

O CN Coruña gaña o Campionato Galego Absoluto

Esta fin de semana, en Pontevedra, o clube coruñés impúxose na categoría masculina e na feminina, e, ademais, bateron varias marcas.

Redacción - 12:00 15/07/2008
Cartaz da proba

Cartaz da proba

O equipo do Club Natación Coruña proclamouse Campión Galego Absoluto esta fin de semana en Pontevedra.

Os nadadores e as nadadoras do CN Coruña dominaron nas dúas categorías (masculina e feminina). Os mozos conseguiron 480 puntos, fronte os 392 do Pabellón Ourense e os 382 de CN Ferrol. As mozas fixeron 680 puntos, polos 425 do CN Galaico e os 351 do Pabellón Ourense. Na categoría conxunta, suma das anteriores, o clube coruñés sumou 1.108 puntos que o fixeron proclamarse campión. Subcampión galego ficou o Pabellón Ourense con 743, e terceiro foi o CN Galaico, con 700.

Na categoría júnior masculina o clube gañador foi o Pabellón. O CN Coruña quedou segundo e o CN Ferrol terceiro. Na feminina o gañador foi o CN Ferrol, seguido das coruñesas e das ourensás.

Batéronse varias marcas
Ademais, os nadadores coruñeses bateron varias marcas. Houbo tres marcas do campionato: a de Javier Martínez en 50 braza, a de Aurora Pérez en 50 braza. Ademais o equipo de relevo de 4 x 100 estilos feminino (formado por Lara Carballo, Aurora Pérez. Alba Franco e Raquel Martínez) bateu a marca galega.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

breio #1 15/Xullo/2008 breio

Grande equipa masculina Júnior do Pavillón Ourense! Campións con só cinco nadadores! Fáltavos dicir que tamén gañamos na júnior conxunta.

Ademais, dicir que González Regueiro bateu a mellor marca do campionato nos 50 libre e Iria Álvarez Liz fixo o récord galego nos 200 bolboreta (Deixo algunha polo camiño, pero son as primeiras marcas que me veñen á cabeza).

Por outra parte, dicir que o nivel que houbo foi bastante baixiño, con malas marcas por parte de todos os clubs.

breio #2 15/Xullo/2008 breio

Ah, por certo. A tipa que falaba pseudo-galego na megafonía de pena. Habería que denunciala á Mesa como mínimo. Soltaba cousas como:

"O nadador da calle número seis ha batido o récord gallego con unha marca de (...)"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: