Segundo o avance do informe presentado esta sexta feira por Cultura, case dous mil dos represaliados non tiveron ningún tipo de xuízo.
Estes datos "contradín visión de que o pobo galego se rendeu aos sublevados", dixo a conselleira de Cultura e Deporte Ánxela Bugallo, na presentación do avance do proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, no que traballan, a un tempo, a súa Consellaría e as Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.
O traballo ha continuar até o ano que vén, pero esta sexta presentáronse os primeiros datos, que conclúen que a represión franquista en Galiza acabou coa vida de 3.588 persoas entre 1936 e 1939. Destas persoas, 77 eran mulleres, 1.911 foron mortas sen que mediase ningún tipo de proceso xudicial (o 53,3% do total), 845 foron executadas en procesos militares, e outras 391 foron executados de forma sumaria, sen formación de causa. Contabilizáronse ademais 240 persoas que morreron na cadea, e a causa da morte doutras 201 persoas non está identificada.
Estas cifras son o resultado dunha minuciosa investigación co baleirado da documentación das causas militares da IV Rexión Militar, dos rexistros civís dos concellos de Galiza e algúns de fóra, e a realización de 349 entrevistas en Galiza, Asturias, Barcelona, Girona, Arxentina, Cuba e Uruguai.
As características da represión
A maior parte das mortes producíronse no 36, especialmente nos primeiros meses despois do golpe militar, entre agosto e outubro, e outro dato significativo é que a maior parte dos falecidos tiñan entre 19 e 45 anos, é dicir, que estaban na idade socialmente máis activa. En canto á profesión e o extracto social, o informe desvela que hai un amplo reparto entre labregos e mariñeiros, operarios e clases medias e profesionais.
Segundo a conselleira, o que se buscaba era "deixar o país descabezado, polo que a represión se cebou nos dirixentes políticos e nas persoas menores de 45 anos".
Recuperar a memoria das vítimas da represión
O proxecto "As vítimas, os nomes, as voces, os lugares" ten por obxectivo recuperar e recoñecer as voces dos represaliados do réxime franquista, de forma que o seu testemuño chegue ás novas xeracións de galegos e galegas, para o que se está a constituír un fondo gráfico e documental dixitalizado.
Borrar os nomes dos represores
Por outro lado, esta sexta feira sóubose tamén que a Consellaría de Educación comezou a traballar para rebautizar varios colexios galegos que levaban, aínda hoxe, nomes relacionados co franquismo.
Cumprindo os trámites que recolle a Lei da Memoria Histórica, e despois de saber que Sanidade vai mudar o nome do complexo hospitalario coruñés, a Consellaría que dirixe Laura Sánchez Piñón comezou a traballar na supresión das denominacións franquistas que aínda conservan 11 colexios galegos. De momento, está aprobada e a piques de ser publicada no DOG a nova denominación de tres dos 11 centros afectados: o Colexio Francisco Franco de Beariz (O Carballiño) e dous de Marín (o instituto Almirante Salvador Moreno e Escola de Educación Infantil Calvo Sotelo). O de Beariz vaise chamar, dende agora, Centro de Educación Infantil e Primaria de Beariz, e o instituto de Marín, IES Illa de Tambo.
Os trámites son algo máis lentos neste eido, porque os cambios dos nomes deben pasar polos consellos escolares dos centros, pero adquiren carácter formal unha vez os publica o Diario Oficial de Galiza.
Así e todo, o anteriormente coñecido como Colexio Francisco Franco de Beariz seguirá estando na Rúa Carrero Blanco da vila, e aínda quedan (sobre todo en Ferrol e na Coruña) centros con nomes como o da dona do ditador, Carme Polo, ou o dos seus adeptos o Marqués Suances, José Ibáñez Martín, o militante fascista Montel Toucet, Enrique Salgado Torres ou Sanjurjo de Carricarte, o do cruceiro Baleares (sublevado no golpe) e o do Doutor Eijo Garay, bispo moi achegado a Franco.
Un dos feitos FULCRAIS que non se aporta nesta nova, e que constitúe se cabe o MÁIS HORRIPILANTE aspecto a considerar da BARBARIE FASCISTA DO FRANQUISMO, é que a Represión e os ASASINATOS, literalmente a "caza" do home (en xenérico, mulleres e homes) douse en TODA A GALIZA, na que NON HABÍA GUERRA, nin ENFRONTAMENTOS ARMADOS DE EXÉRCITOS.
Un outro aspecto tamén definitorio é si se considera o FRANQUISMO ata a proclamación da "constitución" da Segunda Restauración Bourbónica, ou mesmo ó período, longo e determinante, da "transición" ó POSFRANQUISMO.
1# Concordamos 100%, creio que um TERROR tal que ainda nom estamos recuperados nisso que os sociológos chamam subconsciente colectivo. Em ningures da retaguarda como aqui se pode aplicar a palavra genocídio com mais senso. Dato significativo era que o índice de afiliaçom à UGT (comunista e socialista), e à CNT eram bem superiores à média do Estado; sem falarmos das organizaçons campesinhas (a influéncia dos naquistas no agrarismo levaram ao Clero à organizaçom de sindicatos agrários católicos) e marinheiras, tamém ácratas, socialistas e comunistas.
O dano que lhe fizerom à Galiza acho que é irreparável.
No que dis no segundo parágrafo; só hai que ler as notícias de hoje para ver "o atado e bem atado" que deixou o Assassino todo.
Eu baixei o PDF do informe; tinha outro da Ilha de Sam Simom que vém na web do Ano da Memória.
Saúde.
Ahora ya sólo nos falta saber a cuántos mataron los rojos...
Agora só falta saber cando a dereita "democrática" vai condear o golpe de Estado contra o ESTADO DE DEREITO da 2ª República que o xeneral Franco, traidor, felón e fascista, liderou e que conduciu á Guerra Civil.
E a ver se esa mesma dereita "democrática" se aplica con tanto rigor a tirar os nomes de fascistas de rúas, prazas, colexios e outras institucións, como o que aplican para que os etarras non teñan nomes nas rúas de Euskadi. Porque tod@s sabemos que os fascistas tamén foron terroristas, e moito.
A direita "centrada"?
A direita centrada na extrema direita
A direita centrada no centro da EXTREMA DIREITA?
Xa condenou ca "transición" (martíns villas) que para a maioría da población foi TRA-(NS)-ICIÓN!
DanielErreCe, la derecha democrática (bastante más que la izquierda, y absolutamente más que cualquier nacionalismo español; o sea, catalán, gallego o vasco) YA ha condenado el Alzamiento del Caudillo. Y lo pongo así, intencionadamente, de la misma forma que algunos os empeñáis en seguir llamando revolucionario al Ché, que no es más que un vulgar asesino, o Presidente a Castro, el uno o el otro, que no son más que unos vulgares dictadores.
Y lo mejor, es que esta condena a Franco se produjo estando el PP en el Congreso con mayoría absoluta y con Aznar:
http://www.elperiodicoextremad...
El problema es que como esa condena os fastidia enormemente vuestra deseada "realidad" que no es otra que asociar el franquismo a la derecha democrática actual, pues no queréis verlo y estáis siempre con la misma matraca: que lo condenen, que lo condenen...pues llegáis tarde. Ya hace más de 6 años que lo condenaron. Cosa, por otra parte, absolutamente innecesaria. De la misma forma que no se condenó la Revolución de Octubre o tantas y tantas atrocidades cometidas por la izquierda en la historia española del siglo pasado.
Pero claro, es lo que tiene que algunos sigáis viviendo en el siglo pasado. Que no os dais cuenta de que el revanchismo y el querer acabar con la derecha DEMOCRÁTICA utilizando a Franco de excusa, son más propios de totalitarios como vosotros que de una democracia moderna y de una Nación plena como es España.
Aquí, en España, hay unos que matan, que curiosamente siempre provienen de la izquierda nacionalista, y otros que mueren por defender sus ideas.
¿En qué lado estás tú?
Home, gaviotero, ese comentario fáiseme pouco acertado pero, en Galiza (Galicia, para usted) é aínda máis absurdo. O alzamento triunfou dende as primeiras horas en Galiza e, nin anteriormente á guerra fora unha rexión especialmente belixerante nin contra o clero nin contra a monarquía (cando a houbo) nin, tra-lo comenzo da guerra, foi unha grande preocupación. De feito, os destacamentos galegos, foron decisivos na caída da rexión norte republicana. Si, con todo a favor dos nacionais, houbo 3500 mortos, imaxina cómo serían as cousas en provincias máis complicadas coma as extremeñas, algunhas andaluzas (onde reinaba o esperpéntico Queipo). Según moitos historiadores, quizáis a represión durante a guerra máis brutal, foi a da provincia de Málaga ¿sabes quen decidía cómo se sembraba o terror nesa provincia ata ben entrados os anos 40? Carlos Arias Navarro, "el carnicerito de Málaga" ¿Sónache? Un vínculo máis entre a dereita á dereita da dereita que está na oposición e a dictadura franquista.
Galiza pouco ten que contar pero bueno, podes leer algunha obra do historiador Xulio Prada (que non é Pío Moa pero se documenta mellor ca el) sobre a guerra civil en Galiza, outra sobre a represión, outra sólo en relación á provincia de Ourense. Xa verás o malos que eran os roxos e que bos os outros. Se queres saber o pouca que era o oposición ó réxime e o "sanguinaria" que era, recoméndoche "O regreso dos maquis" de Reigosa, sobre a vida no monte durante 10 anos da Federación de Guerrillas Galaico-asturianas.
Sobre os maquis galegos sen dúbida: Helmur Heine
#8 Helmut Heine, *Helmur Heine
http://journals.cambridge.org/...
A Gaivota morrendo por defender os seus direitos???
Antes acho que a veremos suplicando clemência e arrastando-se no lameiro.
toivonen1978, Galicia se denomina así para mí y oficialmente para todos los gallegos, por ser esta la ÚNICA denominación oficial de nuestra comunidad autónoma.
Respecto a tu afirmación, imagino que no hará falta aclararte que tras el Alzamiento, no sólo aquí en Galicia sino en toda España, hubo numerosos casos de ajustes de cuentas que poco o nada tenían que ver con la situación política.
Respecto a vínculos, te remito al vínculo entre la izquierda actual y uno de los mayores carniceros de dicho periodo, el "carnicero de Paracuellos", Santiago Carrillo, responsable de la muerte de varios miles de apresados, a sangre a fría, en dicha localidad madrileña. Ese mismo carnicero fue homenajeado no hace mucho por la izquierda actual, esa que se dice democrática.
Es fácil decir que Julio Prada se documenta mejor que Pío Moa, pero sería bueno que argumentaras de alguna forma tu afirmación, pues si no se convierte en una afirmación más bien vacía.
En resumen, te diría que no creo que uno por ser de derechas (o de izquierdas, o incluso nacionalista...) es intrínsecamente bueno o malo. Y en la Galicia del 36, como en la España del 36, afloró el odio de unos contra otros y de los otros contra los unos. Y no creo que los unos fueran un punto más bueno que los otros. Entre otras cosas porque cualquier historia de buenos y malos no deja de ser un cuento para niños, como evidencia el hecho de que se produjeron episodios miserables y sangrientos por ambas partes. Igual es que al final todo depende de la condición humana y no de la condición política...
Por eso, un titular como el que encabeza este artículo de opinión, que no noticia, resulta tan parcial y sectario como irrelevante.
Los republicanos españoles muertos en la guerra civil nunca fueron honrados. Los nacionales muertos han sido honrados durante 40 años. Cual es el problema?
El caso de Galiza es aún peor. Los gallegos republicanos muertos están en el olvido. Sólo saben de su existencia sus familiares.
A MÁGOA É QUE OS REPÚBLICANOS NON MATARAN A TÓDOL@S FEIXISTAS NA DEFENSA DA DEMOCRÁTICA REPÚBLICA E QUE HOXE O SEÑOR "Gaivotero" SOUBERA O QUE DI.
DA MÁGOA VER COMO ALGUÉN PODE TER A CABEZA TAN PERDIDIÑA...
A Carrillo eu nom sei como nom o fusilarom por frouxo, caralho, porque polo visto nom matou os suficientes fascistas. Polo menos, já que acusades, que poidades acusar com razom.
En Galiza, a represión baseouse principalmente en eliminar a todas aquelas personas que estando en contra do golpe de estado, poidesen influir sobre os seus veciños e crear estado de opinión crítico coa situación.
Por iso foron, non solo a por políticos ou sindicalistas, senón tamén, a por médicos por exemplo, ou simplemente xente respectada polos seus veciños, e que a súa opinión podia influir nos seus conciudadanos.
Tamén se deron casos de aproveitar para "desfacerse" da competencia, caso dun famoso médico de Vigo que o mandaron matar para poder quedarse cos seus pacientes.
Moitas das familias máis ricas e con sobrenome de Vigo fixeron as súas fortunas a partires de aquí.