Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Celta Wild Rovers

Crean unha peña celtista en Irlanda

A "conexión Celta" e as ganas de sufrir polo equipo chegaron até Dublín e Cork. Hai galegos, pero tamén moitos irlandeses que na vida pisaron Galiza.

Redacción - 13:15 11/07/2008
Escudo da peña celtista de Cork

Escudo da peña celtista de Cork

Segundo explican na súa web, o Celta Wild Rovers é un "club de fan do Celta de Vigo en Irlanda". Teñen membros nas cidades de Dublín e Cork, "moitos deles, sen ningunha relación con Galiza".

Por que non un equipo Celta nun país celta?

Por que o Celta? Preguntan na súa páxina, e a seguir responden: porque o nome do clube significa celta ("Celta means 'celtic' in the galician language"), porque Galiza é un país Celta no verde recanto noroeste de Europa e porque o noso país comparte con Irlanda "tradicións, paisaxes, a cultura e a música tradicional".

A seguir din que o "RC Celta de Vigo é un equipo de fútbol que representa á cidade máis importante de Galiza, Vigo, pero ten seguidores en todas as provincias do país, en España, Europa e América. As cores do Celta son as da bandeira galega e o seu escudo a cruz de Santiago, coma Santiago de Compostela é a capital de Galiza.".

Por todo isto, terminan, "Por que non un equipo Celta nun país celta?".

Na súa páxina (que está tamén en galego) inclúen o manifesto elaborado por un grupo de celtistas (Salvemos o noso Celta), traducido ao inglés, ao que tamén se adheriron, e varias ligazóns a peñas celtistas (Comando Celta, Centolos Celestes, ou á Canteira Celeste...) e, entre outras cousas, á web do Celtic, clube homónimo do galego da cidade de Glasgow (Escocia).


Ligazóns

4,55/5 (11 votos)


Comentarios (3)

MarinhaLucense #1 13/Xullo/2008 MarinhaLucense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu vivo en Dublin e xa enviei lles un correio para xuntarme a eles. Eu son do Deportivo pero sera bon xuntarse con xente que ten interes pola Galicia e o Celta.

Maeloc-do-Rouco #2 14/Xullo/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Celta quere dizer "Celt"...Celtic traducesse ao galego por "celtico". A iniciativa semelha caralhuda (sempre que seja inclussiva e NOM sectaria como adoita passar em Galiza entre o Celta e o Desportivo)...Por certo tudo esse discurssinho semelha um tanto dirigido a simbolizar ao Celta de vigo com Galiza, cando as unicas cidades galegas senlheiramente celticas som as cidades de Lugo (deus Lugh) e a Crunha (Brigantium -ou Betanços- Torre de Breogam, Cova Celtica etc etc...

Outro ponto e o das cores da bandeira galega (em realidade a bandeira civil da nossa naçom e originariamente a da propria comandancia portuaria da Crunha que tamem o Desportivo leva no seu escudo)...Tenho pra mim que a cidade mais importante som todas e ningumha a um tempo...em tudo caso eu ponheria logicamente nesse lugar SIMBOLICO a propria capital do nosso pais, que e Santiago de Compostela (alem do numero de censados que acho irrelevante)....Nom tenho nada contra o Celta nem contra Vigo, de facto eu fum -sendo desportivista como som,mais cando um mora em Londres a galeguidade supera tudos esses parrroquialismos- num numero de ocassons a apoiar ao equipe nas suas andainas europeias, como figem co Desportivo e como faria com qualquer equipe representativo do nosso pais (seria como ir em contra dumha parte de mim mesmo como galego), mais esses sectarismos baseado no "somos mais galegos ca vos" ou "somos o equipe de Galiza e vos nom" ou "bla bla bla" jogam unicamente na contra de tudos e sobre tudo na contra do pais que nos representa a tudos que e a Galiza, representada magnificamente neste caso polo Celta, mais nom em exclussiva, polo que desde aco faria um chamado para que seareir@s doutras equipes galegas se unissem a esta formossa iniciativa e como nom @s seareir@s da propria selecçom nacional da Galiza, que e a que precissa um verdadeiro pulo (internacional jaora...um torneu atlantico ou celtico ou o que for) pola anceiada e necesaria oficialidade...Apertinhas e agardo que se cache o espirito da minha mensagem

subver #3 17/Xullo/2008 subver
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paréceme ben a túa disertación, pero francamente non sei a que carallo vén iso de que as únicas cidades senlleiramente celtas son Lugo e a Coruña. O de "monte do Castro" non che di nada?

Quero dicir, que aínda sendo certo que son cidades que existían durante a época celta, non quere dicir que non haxa un legado de devandita cultura en centos e centos de lugares do país, e exemplos podería poñerche outros centos, non precisamente lugueses nin coruñeses. Isto non é unha competición para ver quen é máis castrexo... O Celta xurdiu coa intención de homenaxear unha identidade propia de tódolos galegos, e fundouse con sede en Vigo, porque xurdiu como fusión dos dous equipos puxantes da cidade, Fortuna e Sporting, nados en 1905. Ninguén quere facerse acreedor dunha identidade, nin moito menos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete