A consellaría destaca a aposta pola profesionalización e pola pesca sustentable.
O proxecto de lei que agora será debatido no Parlamento, recolle por vez primeira a figura da licenza de pesca profesional, que substituirá ao permiso de explotación. Esta licenza estará ligada á embarcación e terá un carácter indefinido, agás no caso do marisqueo, que terá un prazo de vixencia de cinco anos.
Outro dos puntos nos que a nova lei fai fincapé é na 'introdución da cultura do seguro no mar', como xeito de loitar contra a inestabilidade dun sector que depende en boa medida de variables como a situación meteorolóxica. Segundo explicou Touriño, esta nova concepción incide directamente na seguranza marítima.
No referido ás organizacións do sector, a lei regula por vez primeira o funcionamento do Consello Galego de Pesca e promove novas fórmulas de xestión das zonas costeiras coa creación da Axencia de Desenvolvemento Sustentable das Zonas de Pesca e o Turismo Mariñeiro. Do mesmo xeito, o novo texto cambiará a denominación do Servizo de Gardacostas, polo de Servizo de Inspección e Vixilancia Pesqueira, e terá entre as súas funcións a inspección, vixilancia e loita contra a contaminación, ademais do salvamento.
Polémica das bateas
Un dos colectivos que xa amosaran previamente a súa oposición a este proxecto que agora coñecemos é o de algúns bateeiros. Os detractores da lei querían que se garantizase os seus dereitos históricos e que se establecesen medidas para que puidesen quedar coa súa batea e que esta non saíse a concurso como plantexaba Pesca.
Os termos exactos que recolle a nova regulación prevén que a concesión se faga por concurso público, se ben os criterios de outorgamento 'valorarán preferentemente' ter sido titular dunha autorización para o exercicio de acuicultura mariña en zona marítima no mesmo subsector de actividade'. Ademais, outorgaranse por un período máximo de dez anos, que se poderán prorrogar até un máximo de trinta. A Xunta subliñou que estes artigos contan co apoio da comisión representativa do sector mexilloeiro.
Ao que pase o traballo de ler o proxecto de lei, na primeira lectura parécelle boa, máis dándolle voltas a algúns temas aparecen algunhas dúbidas claras:
practicamente todas as decisións están en mans da Consellería e a participación do sector nas decisións é mínima, é iso bó?
aparecen unhas diferenciacións entre "concesións" e "autorizacións" marisqueiras, e nunha delas non fai falla licenza de mariscador, é a empresa a que a ten, parece privatización e proletarización do mar, non si?
e a licenza é para a embarcación non para o mariñeiro, máis do mesmo, non?
dáselle unha importancia enorme á pesca deportiva como actividade comercial(non lle pon límite), e ao turismo pesqueiro como "diversificación" do sector, non os estarán botando directamente fora nunhas rías masificadas de portos deportivos? ou vendendoos como "indíxenas folckóricos"?
hai máis, e tamén parece que se omite bastante..