Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non ratificará a Carta Europea das Linguas

O Parlamento francés dá marcha atrás no respecto ás linguas minorizadas

A marcha atrás chega despois de que o Senado frease o pronunciamento inicial argumentando entre outros que se atacaba "a unidade nacional".

Redacción - 09:00 09/07/2008

Catalán, éuscaro, bretón ou corso seguen sen contar co favor da lexislación francesa. A última noticia ao respecto é que as linguas minorizadas non serán recoñecidas no primeiro artigo da Constitución na reforma prevista, senón diluídas na espesura dun dos apartados do artigo 75.

Un trasacordo que chega ademais despois de que o Senado eliminase a emenda aprobada en maio pola Asemblea onde se recoñecía que as linguas "rexionais" eran parte do "patrimonio" de Francia. Nun axitado debate, onde houbo desde pronunciamentos que deixaban a lingua nunha categoría patrimonial apenas equivalente á dos produtos gastronómicos ou a belixerancia dos que advertían dos perigos para a "unidade nacional", os representantes franceses volvían atrás nas expectativas inicialmente creadas.


1/5 (3 votos)


Comentarios (10)

luimipi #1 9/Xullo/2008 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xa me costaba crer que Francia avanzase neste tema.

perigos para a "unidade nacional"? recoñecer e lexitimar as linguas que se falan no propio estado e atentar contra a unidade dun país?. Ou é recoñecer a realidade do país!....

A mágoa e que en españa hai moitos destes....algúns ata con alas, que aproveitanse do descoñecemento e ignorancia pra dicir que o castelán está en perigo, e que, como en francia, as outras linguas atentan contra a unidade do país.

Que xente...

fillotolo #2 9/Xullo/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Será que non existe esa Unidade Nacional ao igual que ocorre no que eles chaman España???

-Xavier #3 9/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais uma mostra de que os nacionalismos excludentes são sempre na realidade os protagonizados polos Estados imperialistas sobre outras culturas, línguas e povos, mesmo que estejam dentro desses Estados, mas fora sempre da cultura e língua dominante dos referidos Estados. No caso francês chamam "dialetos regionais" ao que antes (e ainda agora) chamavam (chamam) "patois". No Estado espanhol o extermínio das línguas e dos direitos das comunidades linguísticas como tais comunidades tem outros modos, mas na realidade pode-se chegar ao mesmo lugar por caminhos diferentes. Aqui chamam de "línguas autonómicas" e falam de UMA ÚNICA LÍNGUA paa todo o território, e relegam os outros idiomas à categoria de línguas voluntárias. A única língua obrigatória é a espanhola. E a única língua espanhola é o Espanhol. Portanto, o separatismo espanhol está servido.

França e Espanha não são casos isolados no mundo. Em toda a parte cresce o imperialismo, mas com modos diferentes aos do passado,e em cada lugar mudam as formas, mas não o fundo.

Saúde e reflexão.

galeguzo #4 9/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

França é um estado profundamente nacionalista e excludente (isso é que é o chauvinismo"). Portanto, a única "liberté, égalité e fraternité" é a de ser bons francesinhos e falar francês.

carlosroca #5 9/Xullo/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Franza non é nin foi exemplo de nada. Está camiñando cara o estado racista, xenófobo e imperialista.

A progresía, a intelectualidade e a intelixencia foron e son minoria.

O problema é que a información que nos chega é a través de empresas de capital francés e hai moit@ aparvad@...

Carlinhos #6 9/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Il-égalité para a línguas nom d'oïl. Nom esqueçamos que foi o modelo bourbónico e o herdado e radicalizado por Napoleon o do Estado Espanhol; tamém dos "Liberais". C'est merde.

DeusExMachina #7 9/Xullo/2008 DeusExMachina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto é moi vello. Francia sempre foi así co tema de lingua e a cultura en xeral, dende a Revolución. En Francia existe un centralismo brutal

carlosroca #8 9/Xullo/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E colaborou cos nazis... e foi e segue a ser unha potencia colonial brutal...Alxeria hai nada e segue a machacar a Côte d´lvoire...un estado pseudofascista con conceito de nacionalidade de sangue, onde calquera pode ser expulsado mesmo sendo de nacemento por non ter nome francés...

condedecotobade #9 9/Xullo/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E a foto de Asterix para ilustrar esta nova?

kandinsky #10 11/Xullo/2008 kandinsky
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu vivo en Francia e cada dia parecese mais ao estado franquista, hai policia por todalas partes , represion, falta de libertade de expresion (por influencias do presi despediron a un locutor famoso porque non lle gustou unha pregunta que lle fixo nunha entrevista)menudo dictador, e con todos fai igual, non estas de acordo conmigo ¡¡fora!! Os politicos viven de puta madre contando mil e unha mentiras para xustificar a sua politica. Les caises sont vides. e o que di todo o tempo o Sarkonazi, e a sua ministra de xustiza xa gastou todo o presuposto de protocolo nun trimestre e tdo asim, so espero que a guillotina volte

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete