Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Colombia

A radio suíza di que Uribe pagou un rescate ás FARC pola liberación dos reféns

A canle pública cita unha "fonte fiábel", que seguiu de perto os acontecementos. Estados Unidos "estaría na orixe da transacción".

Redacción - 18:50 04/07/2008

A emisora de radio pública francófona de Suíza, Radio Suisse Romande (RSR), publica este venres en exclusiva a información dunha "fonte de fiabilidade contrastada en reiteradas ocasións durante os últimos anos", que asegura que o goberno do presidente Álvaro Uribe puido pagar un rescate de 20 millóns de dólares (12,5 millóns de euros) ás FARC pola liberación de Ingrid Betancourt e outros 14 reféns da guerrilla.

Esta mesma fonte afirma que Estados Unidos "estaría na orixe da transacción", xa que os tres estadounidenses retidos forman parte do FBI (axencia federal que habitualmente non actúa no estranxeiro), e que foron alí enviados por encargo da DEA (axencia encargada de perseguir os delitos de narcotráfico).

Segundo a RSR, a esposa dun dos gardiáns dos reféns, tamén guerrilleira, exerceu de intermediaria para a transacción, logo de ser detida polo exército colombiano. Unha vez reintegrada nas FARC, conseguiu que o seu marido, Geraldo Aguiar, cambiase de campamento.

Eleccións anticipadas

A "posta en escena" da liberación dos reféns permítelle a Uribe manterse "na súa liña que exclúe calquera negociación cos rebeldes até que non se libere os reféns", segundo a mesma fonte. "Este golpe de efecto permítelle recuperar o seu prestixio" pouco despois de pedir no Congreso unha convocatoria de eleccións presidenciais anticipadas, segundo a RSR.

Argumenta ademais, que os propios reféns foron enganados, e que salvo raras imaxes non se distribuíu a gravación completa da operación. En xeral este tipo de actuación sempre se filman dende o principio até o final por un membro do comando.


4,5/5 (8 votos)

Comentarios (27)

ecoe #1 4/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nada de extraño tería, mais ben sería propio de un narcoestado como Colombia.

A estas alturas é xa obvio que nin houbo rescate nin farrapo de gaitas -e o método "ilumina" o seguido polo mesmo tandem, os USA (a DEA,os Bush e mafia gobernante, por certo, amigos e mentores dos Gobernos españois)- no caso de Raúl Reyes. E por certo, o goberno protexido ou recibido (coido que tamén declarado, a cousa vai de amor)polo noso Zorro Pratexado.

Tamén é claro que tanto as FARC como o ELN son a consecuencia da VIOLENCIA do €stado contra a población (2.500 sindicalistas asasinados sño desde 1991, e un número moi superior de candidatos políticos, por non ir máis atrás nos datos, que acadan a Belisario Bethancourt e outros moitos).

ecoe #2 4/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Colombia é conflicto desque os EEUU americanos interviron contra Gaytán, democráticamente elexido, alá na década dos 50 do século pasado. (Mirar os feitos puntuales sirve para non poder botar unha ollada comprensiva, histórica).

Hoxe hai máis razóns da VIOLENCIA CAPITALISTA, política claro, pois é a política seguida a que empeorou as cousas e as vidas no mundo:
Hai agora CINCOENTA MILLÓNS DE FAMENTOS MÁIS NO MUNDO, só no ano 2007.(http://www.rebelion.org/notici...

Qué lles parece?

micsha #3 4/Xullo/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Radio Oleiros dice que todo fue gracias a las camisetas del Che Guevara que llevaban los soldados. Así que, a ver a quién creemos...

Gaviotero #4 4/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algunos, con tal de no darle la razón a Uribe, son capaces de inventarse cualquier gilipollez...

Gaias #5 4/Xullo/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aconsello ler:
Álvaro Uribe, el narcotraficante Nº 82
http://mundodesconocido.com/Wo...

RICARDOREIS #6 4/Xullo/2008 RICARDOREIS
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

alegrome muito por o sucesso da liberacão de a Ingrid Betancourt, meus parabens, seja como for a liberação o fin é que pessoas que ficavam sem liverdade, estão livres. Bom, dito isso, não creio na operaçao "jaque" tal e como relata o Governo Colombiano. é case imposivel, acho que havía unha negociaçao, que iam a libera-los e que hoube engano por parte do exército regular. Lícito se se quer porque neste tipo de guerras influe tanto a propaganda como a eficacia, e é um momento importante na propaganda. Non me creio que se movilizasem en tres grupos, casualmente neses grupos havía tres americanos, con Ingrid vêm as pessoas que estavam mais perto dela ultimamente e ainda creendo en tudo só subem o helicóptero dous guerrilleiros para vixilar a um grupo de quince pessoas. Não acredito, não é creivel.
Fico muito contento pela sua liberacão.

micsha #7 4/Xullo/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anda, Gaias, o sea que tú eres un nazi de esos que leen basuara como esta: http://mundodesconocido.com/Wo... Vaya, vaya, a ver si Vieiros espabila y echa de sus foros a gente que viene a hacer propaganda de tal basura....

prometeo #8 5/Xullo/2008 prometeo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non é a primeira vez, que EEUU e Colombia negocian a liberación de reféns e, tampouco será a última.
Iso si, cando lles pregunten, diran que foi unha operación militar calculada ata no seu último detalle; porque, eles, non negocian con terroristas.

Polo demais, alégrome por este final feliz.

COUTOVEN #9 5/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou molesto, moi molesto. Como é posible que Uribe poña en ridículo ao meu COMEDIANTE EN XEFE Hugo Rafael Chávez Frías.

Caramba, que malagradecidas son as FARC. Chávez as axuda, permítelles facer campamentos en Venezuela, dálles atención médica aos seus feridos, facilítalles armamento e municións, ordena un minuto de silencio logo da morte de Raúl Reyes e case se vestiu de loito co deceso de Marulanda. E agora resulta que lle venden os reféns a Uribe por 12 asquerosos millóns de euros.

O que máis lle molesta ao noso COMEDIANTE EN XEFE é que agora a xente vai pensar que el non tiña diñeiro para pagar o rescate e que Uribe ten unha chequera máis gorda. Seguro que o imperio fináncioo. Seguro.

Señores. Foron liberadas persoas secuestradas de forma inxusta. Por anos padeceron vexacións e foron utilizados como escudos humanos e moeda de cambio. Se Uribe pago, se Uribe bailo, se Uribe dixo misa. Iso que importa. Parecese que hai persoas que lles doe máis que as FARC queden en ridículo ou que simplemente se confirme a súa condición criminal.

Afortunadamente hoxe hai familias que celebran por estar cos seus seres queridos. Mentres outras persoas destilan odio e dan renda solta ás súas máis baixos instintos regodeándose nun espírito descalificatorio co cal pretenden esconder a súa pobreza moral e falta de humanidade.

Que verdade gústalles máis? Que as FARC foron enganadas como bobos ou que simplemente se venderon ao mellor ofertante. Escollan a que mellor lles guste.

Gaviotero #10 5/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los de la Radio Suiza igual son tan ignorantes que no han visto todavía este video de la liberación:

http://www.elmundo...

Por cierto, COUTOVEN, si llamamos "COMANDANTE EN JEFE" a Chávez, entonces tendremos que aceptar que otros llaman "GENERAL" a Franco.

El ridículo internacional del gorila rojo no da ya más de sí con sus supuestas misiones de liberación del niño aquel que llevaba ya años liberado o ahora esta liberación por parte del ejército colombiano y del Presidente Uribe de Ingrid Betancourt y el resto de secuestrados por los terroristas de las FARC.

Y es que al gorila rojo le pierde el populismo barato propio de cualquier dictador bananero como sus colegas cubanos, los carceleros miserables, Fidel y Raúl Castro.

COUTOVEN #11 5/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Señor GAVIOTERO. Encarecidamente le ruego. Lea bien. No es COMANDANTE EN JEFE yo lo que escribí en dos oportunidades fue. COMEDIANTE EN JEFE. Suena parecido pero no es lo mismo. ¿No le parece?

COUTOVEN #12 5/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Señor GAVIOTERO con un gran respeto le agradecería que no profiriera insultos en estos foros. Es más, se expone a ser denunciado ante la asociación protectora de animales.

Sepa, que los GORILAS están profundamente indignados al pretender compararlos usted con Hugo Chávez. Es más, los expone al desprecio y la burla de la comunidad selvática. Ya que ellos no utilizan armas de fuego ni dan golpes de estado y muchos menos son consumidores de coca. Ya sea en hojas o pasta. Es más, consideran que si hay algún animal, alimaña o cosa que pueda ser comparada con Chávez. Esta debe estar extinta desde hace siglos. Como por ejemplo el TIRANOsaurio y solo por las seis primeras letras de su nombre.

Saludos.

ecoe #13 5/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E semella ainda que a Bethancourt non resultou ser nada do outro mundo, só unha personaxe mitificada que deixa moito que desexar, seica:
http://www.rebelion.org/notici...

xacataca #14 6/Xullo/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero e Coutoven = RACISTAS, FASCISTAS

COUTOVEN #15 6/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

XACATACA = PARÁLISIS CEREBRAL

COUTOVEN #16 6/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ecoe. Xa me parecía raro que Pascual Serrano non xustificase o sueldito que lle pagan en Telesur.

http://www.rebelion.org/autore...

Se este xornalista “independente” iso se do imperio. Xa que non hai que escarbar moito para atopar as súas conexións co goberno ROBOILUSIONARIO de Chávez.

É máis, só hai que recordar o seu vehemente defensa do peche de RCTV e como repetía como unha cotorra as liñas editoriais da Axencia Bolivariana de Noticias.

Todo un exemplo de xornalismo independente.

DoutorEsweider #17 6/Xullo/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

COUTOVEN = Gaviotero = Falange = PP

DoutorEsweider #18 6/Xullo/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué COUTOVEN, qué tal no país dis ananos?

DoutorEsweider #19 6/Xullo/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"dos ananos", perdón, e que a idiocia é contaxiosa...

COUTOVEN #20 6/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

DoutorEsweider. Home outro iluminado. Como se nota que posiblemente sexa un participante destes foros que fixo tanto o ridículo que tivo que cambiarse o nome para esconder a súa ignorancia.

Imaxínome que estarás falando do libro de Celso Emilio Ferreiro VIAXE AO PAIS DOUS ANANOS. Se cadra me equivoco e atendendo á idade mental dalgúns dos que escriben neste medio o estas confundindo co programa da TVG “Ou pais dous ananos”

Bo Doutor. Primeiro é bo que che aclares. O que morde a man do que lle dá para comer “aínda que sexa un anano” é un malagradecido. Se en Venezuela atópase a segunda comunidade galega de Hispanoamérica é porque lles permitía MEDRAR en todos os ámbitos. Bos e malos.

Fíxese vostede, a emigración foi tan transcendente para a Galicia actual. Que hai pouco celebraron os 100 anos do himno en Cuba xa que o enanismo intelectual non foi capaz de facelo na súa propia terra. É máis, este medio que lle permite rebuznar “perdón balbucear” xa que falar quédalle demasiado grande. Naceu por inspiración e compromiso coa emigración. Da cal pouco se acordar traizoando o que di “Que é Vieiros?”.

http://www.vieiros.com/vieiros...

É máis, ata o responsable da páxina dedicada a Venezuela neste medio tivo o seu periplo neste país de ananos onde puido estudar unha carreira universitaria e é vendido como unha autoridade en materia de inmigración galega en Venezuela por escribir a biografía de catro ilustres galegos. Lamentablemente hoxe dedícase a ser un tradutor dos lineamientos da axencia bolivariana de noticias e non vela polos intereses dunha das comunidades galegas máis importantes que durante décadas foron unha fonte de divisas importante para que a galiza actual sexa o que é hoxe. É máis, nin sequera ten o valor de admitir comentarios xa que poden ser desmotados cunha facilidade abraiante.

Recoméndoche que leas o que escribiu Xosé Manuel Hixinio Beiras T. con respecto ao libro de Celso Emilio.

E rógalle a Deus para que as cousas en Venezuela melloren. Senón beiras unha invasión de ananos retornados empobrecidos coas súas familias saturando a seguridade social e competindo polos postos de traballo con algúns ananos intelectuais como ti.

Por certo, o meu pai Q.E.P.D. certamente tiña moi baixa estatura 1,52 Mts. Pero lle sobraba estatura moral e espiritual do mesmo xeito que miles de galegos que abandonaron a súa terra en busca dun mellor futuro, e grazas a eles e os seus fillos hoxe en día galiza é algo mellor que o que deixaron. Aínda que un pode polo en dúbida cando le o escrito por algunhas persoas nestes foros dos cales vostede forma parte.

COUTOVEN #21 7/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Onde di: xa que poden ser desmotados cunha facilidade abraiante..

Tería que dicir: xa que poden ser desmotados os seus artigos cunha facilidade abraiante.

xacataca #22 7/Xullo/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero e Coutoven = RACISTAS, FASCISTAS

baltar69 #23 7/Xullo/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pois eu non me elegro nada da liberación da colombiano-francesa íngrid betancourt. ou mellor dito: non me alegran as formas exibidas polos medios masivos de información/desinformación nin polas dádivas e parabéns nin do goberno encabezado por álvaro uribe nin por tódolos corifeos e amanuenses que, polo orbe, se expresan sobre o asunto.
tanto a sr. betancourt como o resto dos retidos das farc que foron obxeto de esta montaxe mediática, pertenecen á oligarquía política e social dun país, colombia, donde a hexemonía do liberalismo a ultranza e o desprezo total pola vida e facenda dos máis menesterosos é un desastroso exemplo para todo américa latina.
ignoro si se tratou dun canxe, dunha venta ou dun acto de intelixencia e toma de forza por parte do exercito colombiano, pero o control de esas persoas parecía máis adecuado para as farc que o feito definitivo de perdelas tal e como sucedeu.
unha liberación pactada e negociada podía dar unha forza mediática ao grupo insurxente; pola contra, o resultado actual está ben á vista e, anque non coñezo en profundidade os impedimentos que impediron chegar a bon porto os esforzos de chávez e de piedad córdoba ( anque poda imaxinarme algúns ), dende un punto de vista político trátase dunha derrota para o movemento guerrilleiro e un balón de oxíxeno para os intereses que representa a administración uribe.
sopoño que algúns dos que pululan por estas páxinas con retrúecanos ou trapalladas meridianas considerarán esta toma de postura coma un acto de apoio á violencia e algún incluso o terá tipificado, pero a loita vai moito máis por enriba dunha imaxe de abnegada mullerciña presa na selva sen tratamento médico e sen hixiene íntima.
ao lado da sra. íngrid topábanse, tamén, un trío de usaméricanos que os medios definen de forma magnánima, como contratistas. eu sei o que significa eso; sei tamén os intereses que defenden uns e outros; coñezo o camiño que correu o pacto andino dos anos 70 nos despachos políticos de todos eses vendefumes...
non me veñan con historias nin con trapalladas de salón. si non estamos cás farc, estamos ca barbarie especuladora, aquela que mantén 200 mil millóns de dólares en préstamos ó tesouro usa, ás multinacionais e ás bancas estadounidenses, europeas e xaponesas a unha tasa do 2% mentras que eses países pagan ao fmi, ao bm e ó bid préstamos ó 8% de interés. estamos con esa clase política que arbitra favores a la inversión extranjera, como diría calderón, ó tempo que malvende a propiedade de todos ás multinacionais petroleiras que lle entregan o maletín por debaixo da mesa. hai unha guerra entre ricos e pobres e si tomamos partidos polos primeiros de forma tan descarada case soio me quedan dous agrupamemntos para as persoas: os parvos, que serían aqueles que subliman o séu instinto e a súa intelixencia ante os bustos parlantes do telediario mediodía e os ladróns e criminais que apoian estes latrocinios. e dende venezuela, e nestas páxinas, temos un excelente exemplo de esto último que, ante o desastroso da súa prosa, eu en tempos poría no primeiro grupo, pero que, ante a insistencia e furibundez da súa participación, casi estou por meter no último grupo.

COUTOVEN #24 7/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pobreza de argumentos que teñen algúns, faios ver as cousas con só dúas cores, o branco e o negro. Lamentablemente non se dan conta que entre as dúas cores hai unha infinidade de grises que posiblemente se achegan máis á realidade.

Por outra banda, se as limitacións lingüísticas dalgúns dos que participamos nos foros é a mellor critica que poden achegar. É polo simple feito de non poder ter unha educación formal no idioma galego. Sigan facéndoo e vivindo nese mundo bipolar e utópico.

Por certo. Se todo foi unha montaxe Por que as FARC non dixo nada? Canto tempo van esperar para dicir algo?

E xa que alguén menciono algo como “multinacionais petroleiras que lle entregan ou maletín por debaixo dá mesa” Recórdolle que efectivamente existen 1 maletin repletos de dólares asociados a industrias petroleiras. Non precisamente imperialistas senón ENARSA e PDVSA onde 800.000 dólares saíron de Venezuela en voo privado pagado polas petroleiras antes sinaladas e foi detido na aduana Arxentina. Bo, o que traía o maletín deixárono escapar. Cando o goberno venezolano mando aos seus amiguitos a USA a invitar ao señor Antonini Wilson a que non falase. Simplemente capturáronos e declararon en tribunais norteamericanos que Chávez e o seu combo estaban ao tanto de todo. Entre os involucrados está incluído o vicepresidente de Venezuela Jorge Rodríguez (O honrado ex garante da xustiza electoral venezolana) isto sen contar que o presidente en Arxentina da petroleira venezolana e seu fillo están sendo xulgados nese país por este caso.

Por suposto, hai quen dirá “é unha montaxe imperialista” E eu diríalle. Pode ser certo. Agora, como me explica que poidan saír 800.000 dólares en efectivo dun país onde hai control de cambio e o único que autoriza divísalas é CADIVI (ente do goberno). Ata o día de hoxe a fiscalía non detivo a ninguén en Venezuela, mentres en Arxentina e USA xa hai procesos xudiciais en proceso.

Branco e negro verdade?

Queren montaxes? Estúdense este. Como o Ex Fiscal Xeneral da república de Venezuela e Ex presidente baixo o goberno ROBOILUSIONARIO de Chávez. Acuso, privo de liberdade e ata sentencio a venezolanos coas declaracións dunha falsa testemuña estrela (hoxe estrelado) forxando actas e manipulando tribunais. Caso Danilo Anderson

Facendo honra á visión en branco e negro cando din “si non estamos cás farc, estamos ca barbarie especuladora” Home, Que estas esperando? Venche para Colombia e metete a guerrilleiro creo que as FARC están escasas de persoal ultimamente. Iso si, tráeche unha boa cantidade de cueiros. Faranche falta cando empezos a escoitar tiros sobre a túa cabeza. E se a alternativa paréceche moi forte atendendo á túa delicada e impoluta calidade literaria. Pásache un fin de semana nun barrio de Caracas para que vexas o inferno de sangue e morte en que se transformou este país grazas ao teu ídolo apocalíptico.

xacataca #25 7/Xullo/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coutoven = Racista e fascista
http://www.vieiros.com/nova/67...

COUTOVEN #26 7/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

XACATACA. Grazas por compararme contigo. Pero me deixas o listón moi alto.

roixordo #27 9/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

COUTOVEN, di a verdade, un pouco racista si que es, eh, pillabán!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete