Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Voto exterior

O PPdeG denunciará o caso da suposta axente electoral ante a Xustiza

Os 'populares' din que trataron de aclarar o sucedido no Parlamento mais que o PSdeG tratou de "agachar a sua culpabilidade" e o BNG "permitiuno".

Redacción - 17:25 04/07/2008
Afonso Rueda

Afonso Rueda

O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, anunciou este venres que o seu partido denunciará ante a Xustiza o caso da suposta axente electoral, ante a imposibilidade de aclarar o sucedido no Parlamento polo "afán escurantista do Goberno".

Serán agora os xuíces os que determinen se en realidade o PSdeG financiou con cartos públicos a campaña electoral na Arxentina. O PPdeG considera que os socialistas estiveron "empeñados en agachar a gravidade dos seus actos", e que no BNG son "cómplices necesarios dun escándalo de proporcións maiúsculas".

Rueda criticou que cinco meses despois de denunciaren os feitos, o Goberno "non adoptou medidas de ningún tipo", e que en troques dos "implicados" achegaren unha "aclaración", estes optaron pola "mentira", a "intimidación", a "calumnia" e o "insulto cara ao PP" por facer público o caso.

O PPdeG, que salientou o "boicot" que sufriron na comisión de investigación parlamentaria, anunciou que poñerá en coñecemento do xuíz todos os datos que obran no seu poder. Ademais pediralle que teña en conta testemuñas e documentos diversos "para analizar e determinar a gravidade deste asunto".


0/5 (0 votos)

Comentarios (5)

Gaviotero #1 4/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hace bien el PP, porque la farsa seudodemocrática de la comisión esa de investigación en la que los investigados se investigan a sí mismos, lo único que hace es dejar a la altura del betún, si no lo estaba ya, al Parlamento gallego.

ecoe #2 4/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E o carrexo de vellos en buses para discotecas ("La Luna") e Feiras gastronómicas...??

Gaviotero #3 4/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sí, esas prácticas de Angelito Quintana también habría que investigarlas, ecoe...

teixugo #4 5/Xullo/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.

unhagrandechea #5 5/Xullo/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O tipo este estivo de Secretario do Concello en Cambados, e as que fixo foron de madre e señor mio. En Cambados si que hai que denunciar cousas do teu partido ven paca e deixate de mariconadas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete