Proxectarase tamén en Compostela e en Pontevedra. No noso país só o 12 por cento da poboación apoia a tauromaquia.
A primeira proxección do filme documental Animal, de Ángel Mora, farase en Ferrol, a vindeira sexta feira, ás 19:00 horas no Ateneo. A entrada é de balde.
O día 21 poderase ver en Compostela, na sede do Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6 baixo ), e en Pontevedra (a única cidade galega na que aínda hai unha praza de touros), tamén se ha proxectar, mais a data e o lugar aínda non están fechados.
O filme chega ao noso país a través da campaña Galiza, mellor sen touradas, que organiza a Asociación Animalista Libera!, a plataforma internacional Stop Our Shame e o CAS. O obxectivo que se persegue levándoa por Galiza adiante é desenvolver "unha clara contraprogramación de verdadeira cultura ao 'espectáculo' taurino" que ten lugar cada ano en varias cidades galegas.
Animal, o filme
Como contan na súa web, Animal é unha longametraxe de ficción que inclúe unha metraxe documental sobre as "torturas e posterior agonía que á que é sometido o touro bravo". Ademais, recolle os testemuños de personalidades, activistas pro-dereitos dos animais, políticos... abordando a "cruel realidade que se agocha" tras a chamada "festa nacional", mais deixando, ao final, a pesar das duras imaxes, "unha mensaxe de esperanza".
Esquécense nesta noticia q PacoLalalá representa como mínimo o 50% do peso popular, así q 50+12 fai o 62%: prazas de touros en todas as vilas de Galiza! Custe o q custe como o dispendio do L en Lacueruña.
Basta xa de subvencionar corridas de touros con cartos públicos. En Noia retiraron este ano a subvención a tortura taurina que se facía todos os 25 de abril por San Marcos, e a corrida desapareceu polo seu propio peso.
Q
Claro, claro...sólo el 12 por ciento apoya la tauromaquia. Por eso las plazas de La Coruña y Pontevedra están a reventar y se esperan largas colas para adquirir las entradas para la Feria de Pontevedra.
¡¡¡VIVA LA TAUROMAQUIA!!! ¡¡¡VIVA LA FIESTA NACIONAL!!!
¡¡¡VIVA ESPAÑA!!!
Añado, lo que sólo acepta un 12-15% en Galicia es el nacionalismo.
Unha chea de estranxeiros de Tras do Telón de Grelos, de vacacións baratas por estas terras, son quenes encherán esa noxenta movida
Erra o artigo ó dicir que a única praza de touros está en Pontevedra, na Coruña tamén hai, aínda que non o pareza, pois está dentro do Coliseo, que serve pra todo.
Ben pola película e por tódalas iniciativas antitaurinas.
Un conto choqueiro e verídico: a avoa dun colega meu vía as corridas pra ver se collían ó toureiro.
sophia, praza como tal só hai en Pontevedra. Na Coruña, é un espazo público administrado por unha empresa pública que se cede para unha tortura pública, valga a redundancia...
E ademais disto, tamén o Concello regala un diñeiro público para pagar o sadismo dalgúns.
GAVIOTERO, que se enchan 2 espectáculos ó ano, con 30.000 persoas entre ambas "plazas" dunha poboación autonómica que supera os 3 millóns de habitantes, non di moito da afición.
Na campaña Galicia, mellor sen touradas hai unha organización adherida que multiplica por tres a poboación galega...
Ai, pois grazas pola aclaración, non sabía dese matiz...
Ola Sophia, eres choqueira, ou sexa, de Redondela? Hoxe mesmo puxenme en contacto via mail, ca organización das proxeccións a ver si se enrollan e o proxectamos en Redondela. En Redondela houbo unha vez Touros, unha praza desmontabel e mobil, creo que ahi 20 anos. Dende sempre houbo xentes de Redondela que participaron na "festa" dos touros de Pontevedra, pero máis ben polo botellón e a festa adxunta ás "corridas", non polo espectaculo criminal. Tamén coñezo xente que vai por ver ós famosos do corazón, Fran Rivera e compañía.Ainda que en Redondela xa non hai touros hai moito que facer,a favro dos dereitos dos animais, pois tódolos anos recibimos a visita dalgún circo, ou atraccións con ponis, etc. Ademáis ainda existe en Redondela en pleno parque infantil aquelas antiguas xaulas de paxaros que estiveron tan de moda nalgunhas épocas nas vilas de Galicia pero que hoxe están desfasadas e fora de lugar. Hai moito que facer, ainda que non haxa touros deberamos conseguir que Redondela fose declarade vila antitaurina e contra os circos que empregan animais, prohibindo incluso a publicidade deste tipo de "espectaculos".