Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O Mago Antón fará desaparecer os restos do fascismo

A CRMH convoca a III marcha cívica pola supresión da simboloxía franquista

Catro magos farán maxia este sábado n'A Coruña para que desaparezan os recordos da ditadura.

Redacción - 09:40 05/07/2008
Estatua de Millán Astray, na Coruña

Estatua de Millán Astray, na Coruña

No Concello d' A Coruña parece que o tempo non pasa. Mais de trinta rúas e prazas coruñesas manteñen nomes referidos á Guerra Civil, á vitoria de Franco ou á época da ditadura. Ao contrario que noutras cidades do Estado Español, na Coruña non se teñen retirado estatuas como a dedicada a Millán Astray ou os escudos anteriores á democracia, como o que preside a entrada principal do pazo municipal de María Pita, que é ilegal dende hai vinte e seis anos.

Franco, alcalde honorífico
Desde 2004 o BNG ten levado ante o pleno nove rogos, oito mocións e outras tantas preguntas sobre a recuperación da memoria histórica e a supresión da simboloxía franquista. Todas as mocións presentadas, como a que pedía a revogación do recoñecemento de Franco como fillo adoptivo e predilectísimo da cidade, foron rexeitadas sistematicamente polo PSdeG e o PPde G, unha das últimas o pasado 2 de abril, onde pedían a retirada do título de alcalde honorífico da cidade ao ditador.

Percorrido máxico
Esta terceira marcha cívica que convoca a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica ten previsto botar a andar na cidade vella ao medidía, na praza de Cánovas Lacruz -lembremos, Enrique Cánovas Lacruz foi coronel do exército de Franco, ascendido a xeneral tras dirixir a toma pola forza da cidade d'A Coruña en xullo de 1936-, para logo parar diante do pazo municipal e, con acompañamento de gaitas e literatos, rematar na praza de Millán Astray, outro vello coñecido, onde o Mago Antón e o seu equipo teñen preparada unha sorpresa.


4,4/5 (10 votos)


Comentarios (10)

Carlinhos #1 5/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Umha estátua como essa, representando ao militarismo espanhol coa mao no que tenhem por cérebro, deve ser conservada.
Ou é um inocente efeito óptico da fotografia?
Ai, Vieiros, Vieirinhos, que pilhabás sodes!

Gaviotero #2 8/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo más franquista que tenemos en Galicia es el BNG.

teixugo #3 8/Xullo/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!!!

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.

roibran #4 8/Xullo/2008 roibran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os símbolos do nacionalcatolicismo nas nosas ruas son unha proba de que neste país ainda non chegamos a unha verdadeira conciencia democrática. Ainda fica na nosa terra moita cultura intolerante.

Anxo #5 8/Xullo/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Carlinhos, non é un efecto óptico a man está onde está.

Non esta pegada ao corpo, pero case, de feito unha das bromas que se solía gastar a xente que non coñecía a estatua, era que esa estatua nun principio fora unha fonte, e que estaba a mexar, pero que como os militares protestaran lle cortaron o carallo e por eso quedou nesa posición tan estrana.

Gaviotero #6 8/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La utilización exclusiva del gallego en el nomenclátor de las calles y en los rótulos de las administraciones demuestran que en este país todavía no existe una verdadera conciencia democrática. Todavía existe en nuestra tierra mucha cultura intolerante.

Gracias por la frase, roibran.

lavesedo #7 8/Xullo/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

é unha ghavota??, NON TAL! é un avión??, NON TAL!, é un feixista con pluma(s)? NON TAL! É SUPER LÓPEZ!!! parabéns pola túa volta para nos ensinar o mundo aos probes nasionalistas...

roibran #8 8/Xullo/2008 roibran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, os teus constantes insultos a todo aquel que non pensa coma ti son un grande exemplo de cultura intolerante. Desgraciadamente hai moitas persoas así na nosa terra. Cuarenta anos de nacionalcatolicismo deixaron un grande poso cultural moi fondo entre moitas da nosa xentiña.

roixordo #9 9/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿un grande exemplo de cultura intolerante? máis ben de falta de cultura e de ignorancia.

Carlinhos #10 14/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Obrigadinho pola informaçom.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: