Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LIORTA

Fóra da 'clase' para rematar o 'curso parlamentario'

Expulsan o voceiro do PPdeG da Comisión parlamentaria de Pesca por "vir montar lea", segundo o seu presidente, Pose Mesura.

Redacción - 13:15 30/06/2008

"Chega un momento en que cando hai un desafío, non se pode consentir". O presidente da Comisión parlamentaria de Pesca e Marisqueo, Modesto Pose Mesura, deixou o seu segundo apelido por uns intres fóra da Cámara e mandou a ese mesmo sitio ao portavoz popular, Xosé Manuel Balseiro.

Ben é certo que até en dúas ocasións Pose chamou á orde ao do PPdeG, por falar sen estar no uso da palabra, interrompendo a intervención do director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, Xosé Manuel López, que disertaba sobre a crise no sector pesqueiro.

Xunto con Balseiro, último expulsado da 'clase' nesta fin de curso (político, enténdese), marcharon o resto de deputados populares presentes na comisión. Ficaron os de PSdeG e BNG, que coincidiron en cualificar a actitude do díscolo Balseiro de "estratexia", "provocación" e cunha "intención política descarada". Pose, simplemente, dixo que viñera "montar lea".


3/5 (2 votos)


Comentarios (6)

Atlantico #1 30/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben feito, no noso Parlamento Nacional hai que ter educación, que non é unha tasca.

Dogma #2 30/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿quen aposta que van a decir que certas persoas usan o seu poder de forma dictatorial e caciquil?, ha ha ha

Se queria ir de vacacions antes que tibera avisado... pero esperemos a ver que manipulación disto vai a facer o PP..

Gaviotero #3 30/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La actitud fascistoide de Modestito es harto conocida por todos los parlamentarios, incluida los de su propio partido.

¿Por qué estará tan nerviosillo Modestito? ¿Tendrá algo que ocultar? Habrá que estar atentos...

teixugo #4 30/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.

Tino #5 1/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cantos votiños vai arrepañar o partido PPaifoco grazas a ese mentecato.

teixugo #6 2/Xullo/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Falta-lhe um dente.

OPOSIÇÃO!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete