Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Queren a papeleira a pé da cidade

O PP pontevedrés achega un plan para trasladar ENCE ao polígono do Campiño

Co apoio do comité de empresa, propoñen que unha fábrica de papel e un centro de investigación relacionado co sector "completen o ciclo" en Galiza.

Redacción - 09:00 27/06/2008

"Pontevedra non debe quedar sen a súa primeira industria", insistiu Alberto Núñez Feijoo, presidente do PPdeG, durante a presentación na tarde deste xoves do plan deseñado polo seu partido para manter a celulosa no contorno de Pontevedra. Na súa opinión, a cidade pode converterse "na capital do papel" do norte do Estado. Feijoo afirmou que con esta proposta os populares queren abrir "un debate sosegado e positivo" sobre o futuro desta industria e dixo considerar que a iniciativa da súa formación é "difícil de discutir dende o punto de vista empresarial e cando menos, susceptíbel de discutir con rigor e cautela".

Na mesma liña, o presidente do PP local, Telmo Martín, explicou que o proxecto do PP "quere converter Pontevedra no referente mundial da industria forestal". Segundo Martín, trataríase non só de trasladar o complexo industrial de Ence Elnosa, senón de facilitar ademais unha ampliación aproveitando o contorno do parque empresarial do Campiño. Di o voceiro da oposición municipal que alí podería "pecharse o ciclo produtivo do sector" coa construción dunha fábrica de papel e a creación do que se chamaría o Instituto Universitario do Papel. Os populares bautizaron o conxunto como Parque Tecnolóxico do Papel. Aseguran que deste xeito sería posíbel "recuperar a ría e a fachada marítima" e á vez "ampliar os postos de traballo" do actual complexo de Lourizán.

Apoio do comité de empresa
A empresa pasaría así a ocupar 600 mil metros cadrados na parroquia de Bora, con conexión ao porto de Marín. O terreo ocupado por ambas as dúas empresas estaría rodeado dun "anel verde" cunha extensión de 1,2 millóns de metros cadrados. Segundo os datos do PP crearía 1.636 novos empregos, e pasando de facturar os 260 millóns de euros anuais a 400 millóns de euros.

Ao acto organizado polo PP asistiron diversos representantes veciñais e sindicais, entre eles o presidente do comité de empresa de Elnosa, Xaime Iglesias, de CCOO, quen expresou o seu apoio ao proxecto do PP, asegurando que "vai na liña marcada" desde a propia dirección da empresa.


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

Tino #1 27/Xuño/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

tem razón o PP kerer a ,,fábrica do cheiro" em Pontevedra: ja é um sinal identificativo dessa cidade.
Lembro akeles dias quando trabalhei alí, amorrinhados no verám por causa do calor abriamos as janelas e akel cheiro espabilaba-nos moito melhor ca um café: MAIOR PRODUTIVIDADE GRAÇAS À PAPELEIRA!

Hai outras cidades q tamém tenhem no seu acervo cultural cheiros vários graças às depuradoras de augas fecais feitas polo PP: Ribeira, Ourense, Vigo...

Deveria estar incluida a visita a essas referências turísticas e já tam nossas...

ecoe #2 27/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A indiscutible "intelixencaia" dos amigos de Telmo i ele mesmo é probervial: tomarán a inxente auga necesaria para o proceso onde hoxe o fai ENCE-CELULOSAS-ELNOSA, esto é, a uns 6 km. de Pontevedra hacoa o interior, dirección Ourense, na presa de Bora -que asulaga a mesmísima confluencia dos fermosísimos Almofrei e Léres, o mesmo que se impón a ponte na estrada-, uns 4 km. río arriba.

Ónde pensan que os susoditos "ecoloxistas planificadores mediambentais" capitaneados no terreo polo siñor Telmo (nº 1 nas listas locais do PP): pois no mesmo lugar, NO LÉRES !!. Eso sí, faltaría máis, "depuradas".

Uns grandes e acreditados entendidos en depuracións (!) como o grupo de quen falamos, nos queren colar agora o NOVO NEGOCIO, redondo, con subvencións de traslados nocivos (de alí para alá, todo á redonda) entre outras múltiples subvencións, que sin dúbida a Xunta do falante de touriñés ten convenientemente artelladas para a ocasión.

Quérennos manter inzados de polucións ambentais e líquidas, incluída a INTOCABLE eucaliptización da GZ por sempre xamáis. E non me estranaría qsue mantendo o negocio de Lourizán ó tempo!

En qué malas mans andamos, digo eu!

ecoe #3 27/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comentar que xa saberedes aquila cantiga de qué verde era o meu anel!!

Pois en consonancia directa!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete