Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Condena de 300 euros que pode ser recorrida

O PPdeG pide a dimisión da vicepresidenta do Parlamento por "insultar" un alcalde

O BNG di que non se pode comparar o caso de Tareixa Paz, que lle chamou "cabrón" ao mandatario de Barbadás, cos casos de "prevaricación" dos populares.

Redacción - 19:35 26/06/2008
Tareixa Paz

Tareixa Paz

O portavoz do PPdeG no Parlamento, Manuel Ruíz Rivas, pediu esta quinta feira a dimisión da vicepresidenta primeira da Cámara, a nacionalista Tareixa Paz, condenada por dúas faltas de "coacción" e "inxurias" contra o alcalde de Barbadás, Xosé Manuel Freire Couto.

"Este cargo institucional non pode ser ocupado, nun parlamento democrático, por unha persoa que foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia", afirmou Ruíz Rivas, que cualificou a conduta de Paz de "matonismo político". O PPdeG, que considera o suceso de "especial gravidade" dado que a nacionalista xa formaba parte da mesa do Parlamento cando ocorreu, advertiulle ao BNG que as súas siglas "quedarán tinguidas de negro polo uso da violencia" se non lle piden que abandone.

A sentenza relata que o 15 de setembro de 2005 "produciuse unha discusión" e que nun momento dado Paz "agarrou da solapa" ao alcalde "dicíndolle fillo de puta e non volvas mencionar aos meus pais, ao tempo que basculou a muleta, que levaba a consecuencia dunha escordadura de nocello". A segunda das faltas fai referencia a unha manifestación en que se berrou "Freire cabrón, queremos dimisión".

O BNG fala de "cinismo político" do PPdeG

O BNG, pola súa banda, manifestou o seu "desacordo" coa sentenza, que non é firme. O seu voceiro parlamentario, Carlos Aymerich, apuntou ademais que a condena é "por feitos que non cometeu e que, por outra parte, non teñen nada a ver coas súas funcións como vicepresidenta da Cámara".

Aymerich cualificou a actitude do PPdeG de "cinismo político", e amosou a súa sorpresa polas peticións de dimisión ou destitución de Paz neste caso, cando houbo "militantes do PP condenados por violaren os dereitos fundamentais dos deputados como o señor García Leira e Vitorino Núñez e non instaron á dimisión destas persoas".

"Están a pedir que fagamos algo que eles non aplicaron en casos moi graves", continuou o deputado do BNG, e lembrou o caso do alcalde de Tui, do PPdeG, Fernández Rocha, condenado a sete anos de inhabilitación e unha multa de seis mil euros por un delito de prevaricación urbanística "e iso si foi no exercicio das súas funcións como alcalde".


4/5 (4 votos)


Comentarios (3)

outrolector #1 27/Xuño/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PPdG non ten lexitimidade moral ningunha para pedir esa demisión.

Teñen moito que calar, que "expiar", e que traballar; ninguén debe esquecer o insulto crónico e enorme á sociedade galega que foi o consentirlle a Fraga nomear un "aparato" de altos cargos incompetentes "ti-come-e-cala", sen lle facer fronte nin lle poñer reparo ningún, para realimentar o sistema do partido, e o da propaganda electoral, e perpetuarse no poder a base de adormecer, enganara e chchar ao pobo.

outrolector #2 27/Xuño/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

chuchar como sambesugas ao pobo.

Tino #3 27/Xuño/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É casualidade q tanto PP coma PSOE inventen falacias?
Lembremos os insultos inventados polo Psoe de Antón Losada a Mendez Romeu.
Agora tamén o PP: como non ten armas para combater ao BNG inventan insultos e pallasadas.

Máxime sendo do PP o primeiro partido en infrinxir o Código Penal e o Civil: ten sentenzas firmes en case todos os apartados deses códigos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete