Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
PATRIMONIO

Unha aperta dende A Coruña "para a humanidade"

O alcalde, Xavier Losada, amosa o cariño dos coruñeses nun vídeo de apoio á candidatura da Torre de Hércules.

Redacción - 14:00 26/06/2008

Así de cariñoso é como se presenta o alcalde da Coruña, Xavier Losada, no seu vídeo de apoio á candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade: "Abracei a Torre porque quero abrazar o mundo. E abrazando unha torre que leva máis de dous mil anos alumeando o mundo estou abrazando a humanidade. E os coruñeses querémoslle á humanidade. Os coruñeses somos solidarios coa humanidade. E por iso abracei intensamente o patrimonio da humanidade máis fermoso: a Torre de Hércules".

O vídeo, que salienta no seu blog Martin Pawley, forma parte dunha serie que se pode ver na web Farodahumanidade.com, onde diversos cidadáns da Coruña e turistas amosan o seu apoio á candidatura dende a praza de María Pita.


5/5 (3 votos)


Comentarios (9)

xoselado #1 26/Xuño/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se coidaran o entorno e se deixaran de tanta política "espectáculo"

Barcelos #2 26/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os coruñeses somos solidarios coa humanidade. E por iso abracemos intensamente o patrimonio da humanidade máis fermoso:
"As mulleres que pasean polas nosas rúas"

Pero que cariñoso son eu tamén. É que ademais, non me chegan os brazos,como a Losada, para abrazar á torre de Hércules,

Anxo #3 26/Xuño/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que se esta a facer en María Pita e unha serie de fotografías que logo se insertan nunha torre virtual na que a xente sae abrazada. Tamén se recollen videos de toda aquela persoa que queira deixar testimonio.

Non sei porque cando se propuxo o casco vello de Santiago o Camiño de Santiago ou as murallas de Lugo, toda Galicia apoiou esas candidaturas, para que lograsen ser patrimonio da humanidade, pero se é A Coruña entón demoslle caña, logo din que somos nos os anti-galegos.

O entorno da Torre de Hércules está coidado en un entorno natural no que non se pode actuar esta protexido ademáis pola lei de costas. O que se fixo foi arranxar os sendeiros colocar bancos, e barandas de madeira, e xa fai anos o parque escultórico, a rexeneración da praia das Lapas, e a recuperación de Punta Herminia entre outras actuacións.

mceleiro #4 26/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Olha Anxo, não creio que ninguém na Galiza não apoie a candidatura da Torre de Hércules. Bom, talvez algum celtarra de poucas luzes, mas não caias no chauvinismo que La Coz cria nos seus leitores.

Mas quanto ao entorno da Torre, estás bastante enganado. O PGOM (Plano Geral de Ordenação Municipal) vigente desprotegeu uma parte importante, o que fica é graças a que a Lei de Costas que é de âmbito estatal e Paco não pudo fazer nada. O passeio marítimo destroçou parte do seu entorno, e as edificações de 10 alturas que agora se apoiam nele, criam uma muralha que a desliga visual e fisicamente de Montealto.

Uma Torre com uma presença visual como podem ser em Compostela as torres da catedral, fica agora como uma estatuinha na beira do mar.

Sobre os bancos, pavimentação e barandas é uma actuação muito desafortunada. Ninguém necessita varandas num entorno natural selvagem de costa atlántica virgem como era. Nem pavimentos. A gente que passeiava ou fazia esporto, não ia em tacões. Perdeu o carácter natural que tinha. Os carreiros e percursos eram feitos de forma natural pela gente aos percorrer. Já se perdeu a sensação de estar "na natureza, fora da cidade".

É típico da cultura neogalega onde há uma paixão pelo cimento(associado á modernidade) e ódio ao natural (rural). Alguém imagina os parques londinenses cruzados de passeinhos pavimentados com corrimãos e bancos cada três metros?

Não era uma praça, era um PARQUE. A intervenção no entorno da Torre sobrava, podia ser muito útil no bairro das Flores.

Amais comeu todo o espaço e o sentido artístico que tinham as estupendas esculturas que lá havia.

Foi um autêntico atentado ao entorno, uma horterada para amosar aos votantes que "o Paco faz coisas" e satisfazer a um turismo da terceira idade que os autocarros levam lá a tirar uma foto, mas perdeu-se a zona um bocadinho para os cidadãos, e muito do seu carácter.

Anxo #5 27/Xuño/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mcleiro, non sei o que coñeces da Cidade, pero decirche, si hai xente que non apoia a candidatura da Torre de Hércules, en concreto por poñerte un exemplo significativo o PP da Coruña, non fixo un so xesto de ese apoio.

As actuacións no entorno da Torre non son edificables pola lei de costas, as obras que se fixeron de mellora no entorno as xa referidas de mellora de Punta Herminia, Praia das Lapas, creación do parque escultórico, tamén se fixo o derrubo de edificacións no entorno da torre, eliminación do espazo onde se ubicaba o canteiro, convertir o accesos en peonil, recuperación dos restos arqueolóxicos, etc.

En referencia ao carreiros o único que se fixo foi engadir unha capa de terra sobre os carreiros xa feitos para mallor comodidade, non se asfaltou nin alicatou nada, as barandas de madeira se puxeron preto da zona de cantís que era perigosa.

Eu vivin e nacín en Monte Alto e pódoche dicir que eran poucos os lugares dende onde se vía a Torre de Hercules, salvo dende a zona das Lagoas dende a casa dos peixes, pola zona do carcere, no descampado do depósito de augas de Monte Alto, dende Adormideiras, e pouco máis, lugares dende onde se segue a ver, as únicas zonas afectadas foron dende a parte de atras do camposanto de orillamar que se ve dificultada polos cabos do tranvía, ou dende a Ronda de Monte Alto, se vas pola rúa pero que si vese dende os xardíns existentes na parte de atras dos edificios.

xoselado #6 4/Xullo/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anxo, como home de Monte Alto e coñecedor da zoa, é certo que está aprobada a construcción dunha urbanización na baixada a Durmideiras, onde está o Taller 7? Pouco a pouco vaise engaiolando o principal monumento da cidade, non si?

Anxo #7 4/Xullo/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xoselado, sei que onde está o Taller 7 está proxectada unha urbanización, máis é certo tamén que todavía non se fixo, e certo é tamén que ainda que se faga non tapará a vista da Torre de Hércules porque a vista dende aí xa esta tapada polo Polideportivo da Torre.

FROUXEIRA #8 5/Xullo/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dende Vilalba en Lugo a miña solidariedade cós cidadáns de A Coruña, para a consecución de Patrimonio da Humanidade para a Torre de Hércules.
Lástima que as institucións só fagan publicidade e non teñen o entorno da Torre como a mesma merece, e que seña útil o seu entorno para disfrute dos Coruñes@s, e de aqueles que nos acercamos de cando en vez a contemplala.
Por certo A Coruña e as suas Institucións pode que non queiran ser moi Galegas, outra cousa son os seus habitantes, pois haber hailos que o son.
Penso que Paco Vázquez foi un Alcalde que alporizou o resto da cidadanía galega contra A Coruña, debemos ser responsables e non atender a este tipo de persoeiros que non buscan máis que a confrontación, para beneficio persoal, e máis realce ante as Grandes Institucións que o aplaudian, algunhas delas da Cidade.

mineru #9 8/Xullo/2008 mineru
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Enhorabuena a la cornisa cantabrica por conseguir el reconocimiento de la Unesco para sus cuevas del paleolitico.Eso si es trabajar bien!!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: