Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Caravana protesta

A 50km/h entre Santiago e Vigo para "salvar o tren"

A Plataforma en Defensa do Tren de Proximidade prepara unha nova mobilización en denuncia pola "falta de resposta" sobre o futuro de ferrocarril en Galiza.

Redacción - 09:00 24/06/2008

Son xa máis de 10 mil sinaturas as recollidas pola Plataforma en Defensa do Tren de Proximidade en apoio das reivindicacións esgrimidas diante do Ministerio de Fomento para que non só non se supriman os escasos servizos de proximidade senón que se despreguen novas oportunidades para o tren no país. O colectivo "Salvar o tren" mobilízase así contra os plans que o goberno español leva adiante coincidindo coa chegada da alta velocidade e que implican a supresión de numerosas paradas das que o ferrocarril dispoñía.

"Unha vez desaparecidos os trens rexionais e sen existir unha alternativa a este servizo, os usuarios verémonos abocados a utilizar o automóbil", quéixase Fernando Gómez, coordinador da Plataforma. Advirten de que a estratexia favorecida polas administracións vai en favor dun sistema protagonizado polo transporte por estrada, insustentábel e causante de accidentes e colapsos de tráfico. Por este motivo, o colectivo decidiu que a próxima protesta a organizar sexa unha caravana de vehículos que viaxarán pola N-550 entre Santiago e Vigo á velocidade mínima fixada polo código de circulación nese tipo de vías, é dicir: a 50 quilómetros por hora.

A marcha transcorrerá baixo o lema "No 2012 o Tren irá por estrada". Con probabilidade, será durante a primeira semana de xullo, malia que aínda non se comunicou a data final.


4,73/5 (11 votos)


Comentarios (8)

ecoe #1 24/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sumarémonos no tramo entre PO e Vigo, si é a hora axeitada e convocada e apoiada pola esquerda galega realmente operante na sociedade, sindicatos e demáis asociacións sin exclusións (salvo si defenden intereses privados ou contrarios).

Lástima non conleve a nova unha ligazón co seu site.

ecoe #2 24/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A millora na rede local ferroviaria afectaríame ó duplicar o espacio afectado, mais, lóxicamente, entendería como ben empregada esta pexa (se fora axeitadamente ben idemnizada, pois afecta directamente a casas e leiras entre pobos).

Miro lóxico que a millora -duplicamento i electrización da vía, e planeamento de servicios- utilice os terreos xa afectados, NON que vaian machacar máis territorio -que é o que planifican sempre os políticos e técnicos do capitalismo-, como no caso do innecesario e costosísimo AVE ou novas autovías (por qué non aproveitar xa os terreos AFECTADOS pola autopista, con eles engadirlle un carril máis, e LIBERALIZALA DE XUROS)? Para qué outra autopista/autovía?).

Deixámonos andar en moi malas mans!

Abaixo o TAV, precisamos os investimentos PARA A MAIORÍA DE GALEG*S, para o 100%, non para minorías nin para madrileños nin militares!

carlosroca #3 24/Xuño/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois vaia, para defender o tren manifestamonos en coche, que pouca imaxinación.... e ademais cabreamos a os outros coches...vaia resultado...

E non haberá mellores opcións, mais imaxinativas:
-carreira popular a pé
-andaina
-en bici
-no propio tren con bicis
-enchendo o tren
........

Todo o meu apoio mais un chisco de imaxinación....

Bran #4 24/Xuño/2008 Bran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Creo que esta é a web da Plataforma:

http://salvaeltren.zasentodala...

ecoe #5 24/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia: usan o galego só na publicidade....Oi! Cheira a can! (UGT?)

mceleiro #6 24/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#3 Ou um minuto de silêncio....

Os problemas só há vontade de solucioná-los quando são um problema também para aqueles que têm na mão a solução.

carlosroca #7 24/Xuño/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Certo! non cheira moi ben, e é moi cutre na composición....

mceleiro #8 24/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

...mas deixam o número duma conta bancária.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete