No mesmo día, o actual goberno do ente provincial defendeu os fondos europeos conseguidos "grazas á reorientación das políticas" da Deputación de Lugo.
O vello barón provincial do PP volveu este luns á sede do ente provincial para asistir á colocación do seu retrato no Pazo de San Marcos. No acto estivo presente o actual presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro, e quen tamén estivera á fronte da institución, Xulio Ulloa Vence.
"Estas paredes teñen unha resonancia afectiva para min", confesaba Francisco Cacharro, quen foi presidente da Deputación de Lugo durante case 25 anos, entre 1983 e 2007. O seu retrato quedou colocado na parede da chamada Galería de Presidentes, no acceso ao salón de plenos. Fora encargado pouco despois da toma de posesión do actual mandatario, en cumprimento dunha das cláusulas do "regulamento de honra" da Deputación para os ex presidentes. O propio Cacharro elixiu como autora do retrato á artista María Xesús Carballo. "Con actos coma este recordemos determinadas etapas e pensamos como facemos as cousas antes, agora e despois", comentou Gómez Besteiro.
"Reorientación" cara ao aproveitamento dos fondos europeos
Na mesma xornada en que o ex presidente da institución chegaba de visita, o actual equipo de goberno aproveitaba para presentar o que consideran que é un dos exemplos da viraxe na xestión do ente. Así, subliñaron a captación "en só un mes" de até 20,6 millóns de euros de fondos europeos, xestión que consideran froito da "reorientación" das políticas da Deputación luguesa. Deste xeito, son xa 36,3 millóns de euros os que se ingresarán nos orzamentos do ente procedentes da UE.
Os proxectos concedidos son o Innova-TE, adicado ás novas tecnoloxías e promovido polo Inludes, organismo dependente da Deputación; LugO2, pensado para o aproveitamento económico dos espazos naturais da provincia; Lugo-Pacto Provincial polo Emprego, para a promoción laboral en colectivos con dificultades de inserción; e o Plan Urban, para a revitalización da zona vella do Concello de Lugo.
Vaya titular más estúpido. Sólo le salvaría el hecho probable de que el redactor no haya pisado en su vida una facultad de Periodismo, o que su sectarismo le haya impedido redactar un titular mejor.
Despois de aturar durante tantos anos por expreso desexo do amigo Cacharro a insufrible colección Nelson Zumel no Museo Provincial de Lugo pensaba que o tería escollido como retratista, máis cas cousas importantes un non se xoga o tipo. Fixo ben, so pena de ficar para a posteridade coma un churro de cores aplastado cun cristal e fixado con laca de perruquería.
Non miro por qué non colocar os de Franco ou Rosón, poñamos por caso, non hai tanta diferencia...ou?
No, ecoe, no...al que se parece Franco es a Anxo Quintana, pues ambos promovían la imposición y el totalitarismo, apoyados por ciertas dosis de violencia. Ambos promovieron la exclusión idiomática y la de aquellos que lo hablaban.
No hay nada más parecido al fascismo que el nacionalismo.
De hecho, te sugiero que te mires al espejo, porque igual ves a Franco reflejado en él.
DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...
'Uñaa00!!
pois a min a deputación esta de lugo, que seica goberna cousas do territorio onde vivo, recordame a eses fidalgos e caciques do seculo dezanove que din estan tan lonxe.. uns dician q non valia para nada, pero ben q agora montan nela. Tantos anos despois do rexionalismo e seguimos así, vaia por dios.