Segundo un seu informe, Angola, Guinea-Bissau, Mozambique, Timor Leste, Brasil e Portugal continúan a ser albo de denuncias de violacións dos Dereitos Humanos.
En Angola, por exemplo, AI considera que durante o ano pasado, "defensores e organizacións de Dereitos Humanos foron vítimas de ameazas e dunha crecente intimidación. A liberdade de expresión foi restrinxida e un xornalista foi metido no cárcere. Houbo casos de expulsións forzadas (sobre todo de congoleses) e de violacións dos Dereitos Humanos cometidas pola policía; porén, en niveis menos elevados do que en anos anteriores...".
Un dos casos máis alarmantes foi o da expulsión dos inmigrantes congoleses das áreas de extracción de diamantes do norte de Angola, para a República Democrática do Congo. Segundo as informacións ofrecidas por varias ONG, moitas das mulleres foron violadas polos militares angolanos durante a expulsión.
Seguindo en África
Na Guinea-Bissau o principal problema denunciado por AI foi a pésima situación económica e o tráfico de drogas, que ameazan a fráxil estabilidade política do país. Ademais, a liberdade de expresión limitouse de tal xeito que os xornalistas e defensores dos dereitos humanos foron perseguidos polo goberno. Tamén se denuncia no informe o crecente tráfico de crianzas, que se envían ao exterior do país para traballar, sobre todo, en plantacións de algodón no sur de Senegal, ou para mendigar na capital senegalesa.
En Mozambique a protagonista deste informe é a policía, que é acusada de matar varias persoas sospeitosas de cometer crimes diversos, ademais de practicar detencións arbitrarias e usar de xeito excesivo a forza. Ademais, un dos principais problemas da illa foron as inundacións que comezaron en decembro de 2006 e que fixeron emigrar a 120 persoas, até febreiro do ano pasado. A situación aínda se agravou máis ao paso do furacán Favio.
En Asia, Timor Leste
Aínda que para Amnistía Internacional as eleccións presidenciais e parlamentares foron relativamente xustas e pacíficas, as protestas e os incidentes violentos sucedéronse todo o ano. Para o ONG, a policía e o sector xudicial continúan a ser institucións fracas, e continuou a impunidade polas violacións dos Dereitos Humanos cometidas durante a ocupación indonesia.
En América, o Brasil
No Brasil e segundo este informe, os moradores das comunidades marxinadas continúan soportando niveis extremadamente elevados de violencia, practicada tanto por grupos criminais organizados como polo policía.
As operacións policiais realizadas nesas comunidades terminaron con milleiros de mortos e de feridos, intensificando a exclusión social. Grupos de exterminio ligados á policía tamén foron responsábeis de centos de asasinatos.
A xustiza tamén error ao non facer que os responsábeis dos abusos rendan contas polos seus actos, e , ademais, incorreu nunha serie de violación aos Dereitos Humanos, torturando ás persoas detidas nas súas prisións e centros de detención xuvenís. Tamén as mulleres detidas foron vítimas de tortura e de malos tratos.
Alén disto, e segundo este informe, tamén activistas rurais e membros dos pobos indíxenas que traballaron polo acceso á terra das distintas tribos foron ameazados e atacados por policías e membros da seguridade privada dos facendeiros. Houbo, ademais, numerosas denuncias de traballo forzado ou análogo ao escravo.
O único bo que salientan dende AI foron os pasos dados dende o goberno brasileiro para combater a violencia urbana, alén de consolidar o seu programa polos Dereitos Humanos, e crear un órgano independente para a prevención da tortura.
En Portugal
As denuncias por malos tratos por parte da policía sucedéronse ao longo do ano, así como a impunidade para quen os cometeu. No informe da AI tamén se fan referencias ás investigación sobre os voos secretos da CIA que pasaban por Portugal.
Que estrano. Agora AMNISTÍA INTERNACIONAL se di verdades.
Efectivamente en todos os países sinalados posiblemente ocorra o que se di. A violencia e a marxinalidad é o pan de cada día. E eu pregúntome. Algunha das nacións sinaladas é a primeira na súa categoría? De forma especial cando falamos de violencia.
Rotundamente, NON.
E entón. Por que non se di que en Suramérica se hai un país que sen ter o tamaño e o número de habitantes que ten Brasil detenta as cifras máis altas de mortes por arma de fuego por cada 100.000 habitantes do planeta. Que é o primeiro comprador de armas do continente e o 9 do mundo. Que os mortos nos seus cárceres durante un ano superan as de Brasil, México e Colombia xuntas en similar período de tempo. E de paso ten a segunda comunidade galega máis grande en Hispano América a cal padece maior inseguridade que estes países lusofonos.
Resulta que preferimos falar dos finalistas e non sabemos ou non queremos ver á estrella do concurso. Que é nada menos e nada máis que Venezuela. A cal a pesar de gozar dunha riqueza petroleira sen parangón na última década, ha sumido á nación na maior pobreza e corrupción da súa historia.
Gran parte dos recursos do pais dedicáronse e dedicanse á promoción persoal dun sanguento líder populista, o cal se propuso a tomar todos os espazos, fomentar as diferencias entre os grupos sociais e facerse do control do resto dos poderes para manterse no poder apelando a un verniz democrático debidamente defendido dentro e fóra do país co financiamiento de medios, xornalistas e intelectuais monicreques que defenden o indefendible por un puñado de moedas nalgúns casos e noutros financiando os seus proxectos.
Xa me imaxino a resposta a estes comentarios. Apelaremos á mesma receita. Botarlle a culpa ao imperio. Ao fin, que é unha rela mais para un tigre. Descalificar ao que expón o comentario acusándome de fascista, racista asasino e pare de contar. Pero refutar o o dito con feitos e probas nada de nada. Os que intentan darlle algo de credibilidade a súas criticas apelan a escritos de persoas como Pascual Serrano, pero non din que o mesmo é empregado de Telesur (Canle situado en Venezuela e ao servizo do goberno Venezolano) ou de Juan Carlos Monedero quen posiblemente faga máis honor ao seu apelido que á súa condición de “intelectual” como é vendido nas continuas visitas a Venezuela. E por ultimo apelar a un apoio popular grazas a “triunfos” nos procesos electorais, onde só hai resultados cando Chávez gana utilizando descaradamente o xigantesco aparello informativo do estado, a logística do exército e a compracente conduta do Consejo Nacional Electoral. Autodefinido como o máis moderno do mundo pero que en 7 meses non puido poñer cifras definitivas a un referendo consultivo do ano pasado. Pero iso si. Xa organizo as inscricións do PSUV e ata realiza a parodia de elección dos candidatos deste partido para as próximas eleccións de Alcaldes e Gobernadores.
Se non puido contar un simple SE ou NON. Como afrontase unha elección máis complexa?
Aquí teñen uns videítos de You Tube para que vexan que ben faino a CIA para recrear situacións que non existen.
http://www.youtube.com/watch?v...
Se votas polo Se está ben. Se é polo Non. Que te fastidies, iso demostra que ata os xornalistas que traballan en VTV comparten o intolerante concepto da disidencia do seu comediante en xefe.
http://www.youtube.com/watch?v...
Nesta descoñece as manifestacións dos Universitarios. Moitos deles de da UCV. Principal casa de estudos do país. Da cal egresaron unha boa parte das dirixentes do goberno actual e ata o responsable de GZ-EXT dedicada a Venezuela. Para variar, lémbralles aos pais dos estudantes que éstános manipulando, para que eviten que protesten. Tal vez como o manipulo á tropa que levo ao seu golpe de estado do 04 de febreiro de 1.992. Onde todo o mundo sabe quen puxo os mortos. Fala da violencia, pero resulta que ata o día de hoxe os únicos civís implicados en balaceras con antecedentes penais son dirixentes do Chavismo. O mellor exemplo Richard Peñalver.
http://www.youtube...
Isto é para que as nais e pais vexan o que lle pode pasar aos seus fillos se se atreven a ir en contra do proceso.
http://www.youtube...
Nesta deixa ben claro. Que para el. Os que non están de acordo “son traidores á patria”. Con todo e iso triunfo o Non. Iso si, o segue cos seus cambios coma se nada. Que democrático verdade?
Hai unha cousa que teño clara. Os países produtores de petróleo que se están enriquecendo de forma brutal coa subida do prezo, manteñen ás súas poboacións na máis absoluta das pobrezas. E Venezuela paréceme que non é unha excepción.
Onde vai entón ese diñeiro?
Pois posiblemente ou aos petos dos seus gobernantes ou a adquirir armamento.
Quén dixo que se enriquezan os países productores?
Fálase dos pelotazos internacionais que colocan os cartos agora nos combustíveis (aquilo da especulación financieira, responsable tamén, como o capitalismo local e internacional, do encarecemento alimentar mundial.
Por certo: porqué o sesgo da lusofonía no estudo?
É lusofóbica a AI? Cómo unha rexionalización por língua?