Un informe de Caixa Catalunya augura que a baixada vai ser maior no noso país ca no resto do Estado.
A deceleración dos prezos da vivenda que comezou o ano pasado vai facerse máis notábel este ano. Un informe de Caixa Catalunya estima que ao final de 2008 os prezos dos pisos vai ser menor ca o do ano anterior.
Segundo os cálculos da entidade financeira, en Galiza o valor dos pisos vai baixar un 3,4%, mentres que no resto do Estado a media vai ser dun 2,2. De cumprirse o prognóstico do estudo, Madrid sería a comunidade con maiores baixadas (-6,6%) seguida de Valencia (-5,6).
Análise: Un dereito un pouco retorto
Claro, pero é que a Caixa seguro que ten moitisimas inversións no ladrillo, se a construcción cae un 40% o lóxico seria que os prezos caisen na mesma proporción.
A clave é agardar ata que quebren.
Só iso? Entón os promotores van seguir mantendo marxes de beneficio enormes.
Xa estamos a vacilar, subimos o valor dos pisos un 300% e logo decimos que non ten subida durante alguns anos ou é unha subida do IPC. Pero onde está a rebaixa ?. Cando os vendan pola mitade, seguirán gañando un 150%. Xa podería ter eu ise problema con a rendabilidade dos meus cartos no banco ou no colchón. E, si enriba é diñeiro de fariña, a renda é fenomenal e eu un espabilado.