A federación veciñal critica que o alcalde lugués promova a concentración de familias de etnia xitana nun só barrio.
Arredor de tres milleiros de veciños do barrio lugués da Ponte, segundo reconto dos propios organizadores, saíron á rúa este xoves atrás dunha pancarta onde podía lerse a frase "Si á integración, pero non aos guetos".
Os veciños consideran que o alcalde da cidade, Xosé Clemente López Orozco, é o máximo responsábel da adxudicación "masiva" de vivendas de protección pública a familias de etnia xitana nesta zona da cidade. Segundo o presidente da asociación de veciños do barrio, Xosé Antonio Vázquez, o conflito podería resolverse modificando o sistema de adxudicación e estabelecendo que as vivendas públicas ás familias xitanas solicitantes se fixesen en diversos puntos da cidade.
A Asociación Pueblo Gitano critica a petición do censo étnico
"Se lles tocan as vivendas é porque cumpriron os requirimentos esixidos pola lei", expón o presidente da Asociación Pueblo Gitano en Galiza, Sinaí Giménez, ao respecto da mobilización dos veciños. "Mentres non se demostre o contrario, somos inocentes, tan inocentes como os paios que viven nos nosos barrios", subliña Giménez.
O colectivo láiase especialmente da polémica petición realizada esta semana pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, desde onde propuxeron crear "un censo de persoas de etnia xitana" asentadas no poboado chabolista da cidade. Din os representantes veciñais que con esa iniciativa se evitaría que a convocatoria de vivendas sociais provoque "un efecto chamada". "A experiencia di que cada vez que hai unha convocatoria de pisos se dá un efecto chamada de individuos de poboados doutras zonas", aseguraba este xoves para Europa Press o presidente da Federación, Xesús Vázquez.
un censo étnico para a cidade de lugo?
ahahá, que festexaba o oso yogui ante a intranquila mirada do seu paciente fillo bubú, acostumado a sair sempre trasquilado. ahahá: algunha contribución tiña que aportar ao desenrolo da humanidade a auténtica capital de galicia, mecagonacona.
pero, como se establecerá a base de datos? cales serán os campos? haberá algunha subdivisión dos rexistros?
example: si eu son de castroverde, como se me definirá? castroverdiano? caucásico? branco? católico? galego óptimo? xitano? zíngaro? cigano? istrio? eslovaco? sinti? europeo del pro?...
pode a arquitectura interna establecer que podo ser de castroverde, negro e membro enhiesto da galicia bilingüe?
podo ser votante do pesoe, lector de pesoa, ter estudos superiores de veterinaria e traballar no campo cuidando as vacas e a miña avóa enferma ca mesma penicilina?
podo ser muller solteira, nai de familia multicultural, non tomar leite rio desnatado e ser socia/usuaria da pisicina municipal na que os xubilados me tentan o cú mentras falan do viño da cova?
ai, cómo é ese censo étnico, suso?
digo, como é técnicamente? cal vai selo motor organizativo? para que vai servir? quen o vai xestionar? oracle ou informix?
verbigracia, ho, para que o van facer e para que o van xestionar? ocasionará novas cargas impositivas os sufridos cidadáns que circunvalan a muralla en coche ou transitan sobre ela recordando outros tempos menos confusos ou cecais soio vai servir para sentirnos máis donos do territorio que nos venden en hipotecas, para remarcarnos como raza autóctona e superior frente as hordas bárbaras de colombianas guapísimas das noites do corgo ou da carretera de meira?
seremos, así, fin en sí mesmo da capital provincial, que durante décadas soportou a carrachas pardas e obispos antonios sin soltar unha soia queixa en el progreso, entre pelúdez e misceláneas focenses, e que ahora asiste, aterrada, a esta invasión do desorde da cabra, da trompeta e do lolailo ay que doló?
misterio. misterio de voces búlgaras e vulgares.
cun pouco de sorte, e vendo o apoio que a iniciativa concita entre estes lucenses de orgullosa estirpe, unha vez rematada esta grata tarefa inquisitorial, o sr. presidente das asociacións de veciños da heróica e pétrea urbe, coño, optará por etiquetar ao vecindario por mor do valor económico das súas posesións, das súas soldadas ou polo valor que para a comunidade teñen os seus oportunos desempeños laborais, transformando a antiga e agraria lucus augusti de paraguas no cogote e boina calada no centrum mundiale da tecnoloxía relacional.
marca e remarca, suso; eu asegúrolle que, nese caso, poda levarse este patricio algunha sorpresa, pois non vaia sélo demo que algún negro, chino ou gitano se acabe facéndose socio do mismísimo círculo de las artes e acabemos tendo un alcalde bosnio ou kosovar, mentras mozas letonas e rusas desgranan na plaza de españa, con voz suave pero firme, os lamentos lúbricos de claudio rodríguez fer ou as épicas cunqueiriáns de pepe miranda dende o palco da música.
para entonces, todo este esforzo, todo este gasto en arquivar procedencias, nomes e coores rematará como remataron os mapas nos desertos de oriente daquela civilización tan adicta a cartografía que borges nos presentaba en poucos renglóns, fai xa anos, no rigor da ciencia.
hilvanando o caso, venme a cabeza que a miña nai casou a uns dous quilómetros da súa casa natal e, nese espezo físico que para ela foi abismo telúrico, de sempre foi capaz de diferenciar matices entre a poboación que intermediaba entre ambos puntos: arrancando cás vacas en freán, parroquia de líncora, establecía que os habitantes da a devesa xa eran un pouco máis oscuros de tez o sufrir os rigores do vento do faro directamente no séus rostros. os da senra, parroquia xa de camporramiro, podían ser xa identificados con facilidade dada a súa condición de semellar " máis esclavos ", que é a maneira en que miña nai establece os grados de pigmentación da dermis para non decir directamente negros ( e eso que a estos lares apenas chegaron os ecos do políticamente correcto e seguimos a chamar maricóns ós maricóns e feas ás feministas ).
así, unha vez sobrepasado vilaboa, todo o que se topaba despois ( vilaúxe, a lagoa, pepes, castro ) era pouco menos que fauna deshumanizada de cthulhu, semellante á que algúns intuían como pobladores do punto no que os océanos se precipitaban nas simas dos confíns do mundo antes de que colón puxera aquil güevo de pé.
dí lópez orozco que o único censo posibel é o censo de cidadáns. quedoúlle ben a frase e concordo con el por esta vez, pero estes lodos veñen de outras choivas.
neste tempo, nesta pretendida sociedade do coñecemento, non sexamos susos; non sexamos xiquera miña nai. vivamos e deixemos vivir. aprendamos de todo e de todos e mandemos ó seminario o medo ao distinto.
si queren dormir na horta, que durman . e si utilizan o mistol como lubricante para o sexo anal, como contaba o outro día quico cadaval, que o usen.
Pero que pasa, é que os xitanos non están xa censados como todo o mundo? Cómo se non puideron optar a esas vivendas sociais, imaxino que de concesión regrada? Eu pido un censo dos energúmenos estes que crean alarma social e van rebentar plenos, cortar estradas e cousas así cando lles din que cerca deles vai vivir nonseiquén.
Por certo, Bubú era fillo de Yogui? Eu pensaba que eran amigos!
Gostaríame saber o porqué, o señor Orozco non lles da as casas do casco vello, en vez de mandalos para a periferia, ou e que os fillos dos patricios lugueses, que van ter as casas de proteción oficial, non poden convivir coa plebe xintana. Vender a integración desa forma é noxento, o carqueixo está a mesma distanza do centro que a nova ubicación, que non vendan milongas, que falen das vivendas que vai facer algún construtor no sitio onde viven as familias xitanas, que fale da merda de carretera que teñen, que non sei porqué, seguro que se amañará para facer a obra. Vergoña.