No roteiro que percorrerá a zona vella participarán Domingos Merino, Justo Beramendi, o Mago Antón, Loretta Martin e Méndez Ferrín, entre outros.
A galeguidade da Coruña e mesmo a súa raigame fondamente galeguista, histórica e socialmente, é algo que debería quedar fóra de calquera dúbida ou debate. Ou así é até que nas últimas tres décadas unha serie de actuacións políticas construíron "unha versión distorsionada da cidade e dos seus habitantes", en palabras de Pepe Barro, que a través da Asociación de Veciños da Zona Vella da Coruña, é un dos promotores do Cortexo Cívico que dende hai cinco anos percorre as rúas do barrio.
Nesta ocasión, o cortexo cívico terá un cariz medieval, celebrando os 800 anos da cidade e lembrando a Roi Xordo, líder irmandiño soterrado na Colexiata de Santa María do Campo. O roteiro rematará no agro da Colexiata, onde Domingos Merino (primeiro alcalde democrático da cidade despois da ditadura) lerá catro actas das xuntanzas que na Idade Media mantiñan neste lugar os habitantes da cidade para decidir os asuntos públicos. Son as únicas que se conservan, escritas evidentemente en galego, e dan conta, en palabras de Pepe Barro, da tradición democrática da Coruña, "única cidade do país libre de señores no medievo".
O roteiro, que o pasado ano xuntou unhas mil persoas, comezará ás 11.30 na praza de María Pita e percorrerá a Igrexa de Santiago, a rúa Afonso VIII, Capitanía, Porta de Santo André, Casa de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, Rúa da Sinagoga e, contra as dúas da tarde, a Colexiata. En cada unha das estacións deste cortexo cívico, distintos veciños da Cidade Vella presentarán a importancia dos lugares polos que discorra o percorrido, e falarán das persoas que viviron ou traballaron alí.
Participarán, entre outros, Justo Beramendi, Cándido Pazó, Manuel Cao (Patrón Maior da Confraría de Pescadores da Coruña), Uqui Permui (Presidenta da Asociación de Deseñadores Galegos) e varios conxuntos musicais. Entre eles destacan a Fernando Llorca Ensemble, que presentará unha peza composta para a ocasión, e a actuación do Mago Antón, que en tres minutos e a través da maxia, explicará a orixe da bandeira galega.
No acto final, no agro da Colexiata, intervirá tamén Xosé Luís Méndez Ferrín, que a través do teléfono móbil (o sábado participará nos actos da Academia en Vigo), lerá para todos os asistentes o seu poema Roi Xordo.
Parabens. Para qsue vexan outras vilas, que se sinten "máis".
Excelente iniciativa. Toda GZ tiña que estar inzada de actos similares. Onde non hai, non hai!
nos tamen somos galegos como calquer outro habitante deste pais chamado galiza, e sentimonos galegos a pesares dos anos no que algun madatario decianos o contrario.
sempre en galiza.
Viva Corunha galega!
Poucas cousas fam mais sentido na nossa cidade que ver o galeguismo, com toda a sua história de vínculos que mantém com Corunha, saír às ruas.
Viva!
Hai que rematar com vergonhas como:
http://br.youtube.com/watch?v=...
Estou feliz de que un día, como o das letras galegas, volva a ser motivo de celebración na Coruña. Xa pensei que a miña cidade esquecera celebrar que é Galiza.
Paco ten que estarse a revolver dende o Vaticano
Eu lembro cando ía a Coruña e celebraban o Día da Patria no Parque se Santa Margarita. Ou estou trabucado?
Por fin, a realidade coruñesa que Paco Vazquez tentou soterrar, volve saír á luz.
E aínda tiña el, e máis os seus "amigos", a cara de chamárense coruñesistas.
un novo blgue dende a esquerda:
http.//amoscaesquerdosa.blogspot.com
Cuando tienen que reivindicarse como ciudad gallega es porque ante todo, y bien lo saben los totalitarios del BNG, es una CIUDAD ESPAÑOLA!!!
¡¡¡VIVA LA CORUÑA!!! ¡¡¡VIVA ESPAÑA!!! ¡¡¡VIVA JUAN CANALEJO!!!
é de agradecer que Gaviotero, militante do PP e comentarista asiduo de Vieiros, confirme coa maior claridade posíbel o que todos pensabamos de el. Que é un fascista, capaz de dar vivas a un pistoleiro falanxista.
Por desgraza na Coruña fálase moi pouco galego, aínda. A xente que emigrou da aldea faláballe ós fillos en castelán, e agora a xeración dos mileuristas é unha xeración castelanizada, agás algúns concienciados.
Herrín através do celular! Mas que moderno é este homem e mais o seu público...
hahahahahahahhaha
Pq te alteras ghaviotiña?, pero non dixeches ben en grande "viva juan canalejo"??? hahahaha, colazo o único que di e que se agradece po-la túa parte o admitir tan claramente por fin o que todos nos pensamos e sabemos de ti dende fai anos...que gústache iso.
agora, que "pensa o ladrón qeu todos son da súa condición", e claro, chamasnos a nos fascistas...hahaha, juan canalejo foi un **** ** ****. e eu non lle diría un "viva" a non ser que eu fora un fascista...retrátaste rapaz-radical!. hahahahahahhahahaha.
"¡¡¡VIVA LA CORUÑA!!! ¡¡¡VIVA ESPAÑA!!! ¡¡¡VIVA JUAN CANALEJO!!!"
Gaviotero é um camisa azul da velha guarda que, com os seus "argumentos" fascistas, esta-lhe a fazer um dano mortal ao PP. Obrigado.
A Coruña e Vigo son as cidades nas q me sentín estranxeiro no meu propio país. Para non voltar... e non o fixen.
#15..esse comentario nom deveria ser apagado?? Pode-se insultar dessa gravidade (a nai dumha pessoa)e nom passa nada?? Pode-se ceivar semelhante violencia verbal e surprender-se de ser chamado "fascista"?? (Juan Canalejo era um asassino e um repressor fascista...magoa que entre os "vivas" nom ha ningum viva "a morte" como o companheiro e amigo de Canalejo o sr Millan Astray adoitava dizer...Gaviotero, estou seguro que tes que ter sensibilidade humana...so que a falta de educacom nom e culpa das crianzas...Sorte e Viva a Nonviolencia (fisica e verbal)...
#15..esse comentario nom deveria ser apagado?? Pode-se insultar dessa gravidade (a nai dumha pessoa)e nom passa nada?? Pode-se ceivar semelhante violencia verbal e surprender-se de ser chamado "fascista"?? (Juan Canalejo era um asassino e um repressor fascista...magoa que entre os "vivas" nom ha ningum viva "a morte" como o companheiro e amigo de Canalejo o sr Millan Astray adoitava dizer...Gaviotero, estou seguro que tes que ter sensibilidade humana...so que a falta de educacom nom e culpa das crianzas...Sorte e Viva a Nonviolencia (fisica e verbal)...