Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisa de 'The Washington Post' e 'ABC News'

Estados Unidos vai "polo mal camiño"

Máis do 80% dos estadounidenses considera que o seu país non vai ben. O 70% rexeita a xestión de Bush á fronte do goberno.

Redacción - 11:30 14/05/2008

Máis do 80% dos estadounidenses considera que o seu país marcha polo mal camiño, a maior cifra nos últimos 15 anos, segundo revela unha enquisa conxunta do xornal The Washington Post e a canle de televisión ABC News, realizada entre o 8 e o 11 de maio.

Neste senso, o 36% dos entrevistados afirma que a economía é o seu principal tema de preocupación, namentres que a ocupación de Iraq representa o 21%. Ademais, segundo a sondaxe, case o 70% dos cidadáns rexeita a xestión do presidente George W. Bush á fronte do goberno de Estados Unidos.

A maioría dos entrevistados considera, tamén, que o Partido Demócrata está mellor preparado ca o Republicano para tratar os problemas do país. No entanto, o candidato desta última formación, John McCain, continúa moi perto en intención de votos con respecto aos seus rivais demócratas Hillary Clinton e Barack Obama.


Documentos

Ligazóns

0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 15/Maio/2008 ecoe

Que lles "pasen" a enquisa a aqueles que adoitan SEGUIR AS DIRECTRIZES USAMERICANAS e FALAR NO NOSO NOME SIN NOS PEDIR OPINIÓN NIN PERMISO: os ZPs Pepiños González, Ánsares Rajoys, etc. para ver si acertan a revisar o seu papel colonizado e imperialista, mesmo no mismísimo seo da NATO/OTAN (de PREGUNTAR sobre a saída, NADA).

BonKarallan #2 15/Maio/2008 BonKarallan

Unha boa foto onde se ve a Bush di...xestionando

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: