Acusa ao PSOE e PNV de intentar un novo pacto autonómico para “desactivar a loita pola independencia”.
ETA fixo público un comunicado no diario Gara no que se responsabiliza dos últimos atentados de marzo e abril. Mais no mesmo, aproveita para acusar ao PSOE e ao PNV de estar a negociar unha reforma estatutaria á vez que cualifican de “fraude” calquera solución política para Euskadi que non recoñeza o dereito de autodeterminación.
No mesmo comunicado, acusan aos nacionalistas vascos de coincidir na estratexia co PSOE, coa fin de “aniquilar a esquerda abertzale, desactivar a loita pola independencia e impoñer un novo ciclo autonómico español a Euskal Herria”.
Poucas son as novas que ultimamente se poden ler en Vieiros en relación ao País Vasco.Que está a pasar na Audiencia Nacional?Que pasa coas "mocións éticas"en distintos municipios vascos?Que se pode dicir dos reingresos na cadea despois de case 21 anos?...Nada deso merece estar neste xornal dixigal? Cordiais Saúdos.
Sei que esses temas são espinhentos, Xosé Lado, têm medo de tratá-los como se estivéssemos em plena inquisição... (e estaremos?)