Poucas horas despois de que se coñecese a decisión da Audiencia Nacional estouraron tres bombas en Arrigorriaga e Donostia que só causaron danos materiais.
O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón ordenou a última hora da tarde deste mércores o ingreso en prisión da rexedora de Arrasate, Inocencia Galparsoro (ANV). O maxistrado considera que a alcaldesa da localidade guipuzcoana cometeu un delito de colaboración con ETA e outro de desobediencia á orde de suspensión de actividades de ANV.
Galparsoro encabezou en maio de 2007 a candidatura de ANV, que logrou sete concelleiros. No municipio de Arrasate, que conta con 22.000 habitantes, tamén están representados o PSE (4), PNV (4), Ezker Batua (3), Eusko Alkartasuna (1), PP(1) e Aralar(1).
Os grupos municipais de Ezker Batua, Eusko Alkartasuna e Aralar fixeron público un comunicado no que exixen a posta en liberdade da alcaldesa de Arrasate, ao considerar que non hai razóns obxectivas para un encadeamento que cualifican de "inexplicábel".
Bombas
Poucas horas despois da decisión xudicial, e coincidindo co Primeiro de Maio, estouraron tres bombas en distintos puntos de Euskadi. As explosións producíronse poucos minutos despois da medianoite deste xoves. O primeiro artefacto estoupou na localidade biscaína de Arrigorriaga, fronte a un local do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e os dous restantes, colocados en Donostia, tiñan como obxectivo o Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral. Só produciron danos materiais, e de escasa importancia.
Ola! bos dias! dirixome a vostedes por un caso, vivo en castela e leon, botaronme fora dun local por non falar castelan, staba a falar galego cun compañeiro, e botaronme fora do local por falar "raro", so quero saber se a lei me ampara neste caso... dibidoo... grazas... que fariades vosteces???
se non funciona a moción de censura, aplicamos o auto de censura...
Xa se sabe, a autocensura é unha posibilidade que che impón os Garzóns de turno.
Pero ir contra un muro se ariete tamén é unha barbaridade.
Se pensas que tes razón, non a perdas, impoñela con bombas non
é a mellor maneira.
Se Garzón mete na cárcere á Inocencia, que lle fará á culpable?
E Garzón con quen colabora?
Inocencia, non che preocupes que eu che vou a acompañar dentro duns días, porque vou conducir sen carné e fumar un pito no traballo e queimar rastroxos sen permiso e botar a basura antes das oito do serán... (Son un malvado. Son un criminal)
Como cantaba Paco Ibañez: "Todas estas cosas había una vez, cuando yo soñaba un mundo al revés"
Os amigos de gaviotero, os das bandeiras con touros, son os perigosos, en andan soltos pola rúa.
Entrementes a extrema direita faz duas manifestações em Madrid, que é a capital do reino bourbónico, contra os imigrantes... A manifestação era autorizada pelo delgado do governo do pEsoE.
Entrementes processam a um moço que se manifestava em prol do galego, quando os libertinos de "galicia" se manifestavam no obelisco de Acrunha contra o galego.
Entrementes o tribunal super de andalucía proíbe que no ensino se ensine que todos somos iguais perante a lei (mutila a programação da bendita disciplina essa sobre não sei que de "ciudadanía"...)
Entrementes o reino bourbónico proíbe partidos políticos e manifestações e outras atividades cívicas sob pretexto de que quem os protagoniza e organiza e faz é a ETA.
A única sentença não firme contra políticos independentistas bascos é a do tribunal de orden público ou audiencia nacional no processo 18/98. Talvez o supremo tribunal dl reino bourbónico a ratifique, mas que fará o tribunal constitucional? Já declarou improcedente aquela sentença contra a Mesa Nacional de HB.
E que sentençará o tribunal dos direitos humanos de Estrasburbo sobre a ilegalização de Batasuna?
Menos mal que no reino este não há prisioneiros políticos...
Para "galeguinho_18"
No sé lo que harían los seres como tú, pero si sé lo que haríamos las personas decentes, independientemente de nuestra nacionalidad y/o lugar de origen, credo político, etc: no mentiríamos, no levantaríamos calumnias ni espolearíamos bajos sentimientos buscando crear un clima de tensión y de rabia que nunca se sabe a donde puede conducir. Eres un embustero y un embustero en temas peligrosos. Los seres como tú suelen ser carne de cañón para aquellos grupos políticos (siempre totalitarios)que buscan el odio y la división entre las gentes, de modo que si todavía no lo eres pronto pasarás a formar parte de ellos. Eso sí: tendrás que inventarte calumnias y mentiras convincentes, pues ésta no se la creen ni los más ignorantes, salvo que, además, sean de muy corta inteligencia y que nunca hayan salido de "o pote das papas", porque que pretendas hacer creer a alguien que en un país que es una de las primeras potencias mundiales en turismo y que recibe inmigrantes de todos los continentes te han echado por hablar "raro"... ¡haz el favor de no insultar la inteligencia de las personas!.Si te expulsaron es que algo hiciste, por borrachera o por mala uva, pero no por no hablar castellano, eso es una calumnia y el que diga creerte no es mejor que tú: se sumaría para verter insidia en los pobres desgraciados que no dan más de sí.
Y por cierto: tú no eres gallego ni aunque hayas nacido aquí,lo de "Galleguinho" te delata, porque nosotros tenemos una hermosa ñ que no sustituiremos nunca por "nh".Bienvenidos sean todos los portugueses, desde luego, pero que muy bienvenidos, como siempre, pero no confundamos "las churras con las merinas" o, si lo prefieres en "gallego", "las amarelas con las suizas".¡Vivan la ñ y la x!.
Viva a democracia! Esta é a justiça espanhola: falham as moçons de censura, pois aí vem Garzón solucionar o problema.
De qué vale votar e presentarse a e(r)eccións nunha situación onde si non se fai o que mandan uns poucos que controlan o poder, teñen un aparello de €$tado para as emerxencias, ilegalizador de todo borde ou esquina non controlada? Pois coido que somentes de SOSTÉN DO RÉXIME! (Ahí chegou o Fascismo)
O CONTUMAZ PREVARICADOR A PERPETUIDADE:
http://www.gara.net/paperezkoa...
Grazas a Sabrexo e Ecoe por achegar outro artigos sobre o particular.Vexo, ou eso me parece a min, que en Vieiros ultimamente non se resaltan novas dos sucesos tan graves que están ocorrendo no País Vasco
zapatero ten tropas invadindo afganistán e o líbano ( non quero entrar nin no derrocamento de najibullah alí no 1996 nin na crise do 2006 aquí, na que o sionismo esmagou a infraestructura e asolou ao país dos cedros ca connivencia internacional que antes puxara por sacar as tropas sirias e ahora pretende deslixitimar o hizbullah ) e non fai moito tívoas tamén ocupando haití, logo da intervención franco-usamericana que puxo fín ás aspiracións revisionistas de aristide con respecto ao trato que dispensaron as metropolis ás vellas colonias do terceiro mundo.
imaxinémonos, pois, que calquera medio de prensa ou calquera cidadán cabal, cando falase do presidente do goberno español, topase un lugarciño para falar dos invitados despanzurrados dalgunha boda ou dos nenos acribillados polos tiradores de élite do exercito xudeo; incluso da vergonzosa postura, da retórica aberrante e prepotente, ca que pontificou durante aqueles insulsos 43 minutos no cumio de santiago de chile donde o borbón se saliu por soleares. sen dúbida sería razoable asentala figura do líder do pesoe con estas imaxes, pois son ben reais e coñecidas de todos, anque na foto de portada aparecese ese persoaxe entre anenado e autista que nos trasmiten, saúdando con xesto suave a un grupo de mulleres andaluzas que aseveran querer un fillo do leonés.
a cousa estaría un pouco fóra de lugar, non?
pois o mesmo pasa ca alcaldesa de arrasate. por qué resulta necesario, nos poucos párrafos que se lle adican á nova, falar de bombas e violencia?
esta manobra dilatoria (" poucas horas despois da decisión xudicial, e coincidindo co primeiro de maio " ) ben a establecer, ás claras, o espíritu informativo da redacción de vieiros e merece, sen dúbida, un estudo interpretativo máis cabal que este que estou esbozando, apuntando unha relación causa/efecto que resulta totalmente suxetiva e para a que non parece toparse nengún elemento cabal de xuizo.
por contra sí se pasa de forma máis lene polo calificativo que tilda a actitude no impoluto torquemada de turno de "inexplicábel" ó tempo que se ten bon tino en indicar que esa dificultade de comprensión polo feito non está acuñado por vieros, se non que parte de os " grupos municipais de ezker batua, eusko alkartasuna e aralar ".
hum.
Contra a força da razão,a razão da força! Franco não faria melhor. Mas quem é este senhor todo poderoso chamado de Baltasar Garzon?? Algum primo do Bush? Liberdade para Inocencia Galparsoro JÁ!!! HAa uma canção de resistência portuguesa que diz: « Não ha machado que corte a raiz ao pensamento, porque é livre como o vento, porque é livre....» Viva ao POVO da IRLANDA que soube dizer NÃO!